miércoles, 27 de febrero de 2013

Tarefas Tema 8 "Avances técnicos"

Semana do 25 ao 1 de marzo:

Comezamos co tema 8, "Avances técnicos", cunha chuvia de ideas ( lectura previa da introducción do tema),comproban as partes nas que se divide (neste caso son 4), elaboramos un esquema cos titulos das partes e apartados de cada una, para ter unha idea global do tema e lanzamos a seguinte proposta para profundizar dun xeito máis lúdico e educativo nos contidos de dito tema, para non realizar a proba escrita senón avaliar co feito no traballo cooperativo de grupos. Será así:

-Traballo cooperativo:
-Organízanse en grupos de referencia de 4, e un de 5 alumnos.Elixen as funcións da cada compoñente e o coordinador do grupo reparte as tarefas a realizar na primeira sesión.

1ª Sesión:
-Reparto de funcións,de tarefas: cada compoñente do grupo asignase unha de esas 4 partes do tema.Debe elaborar un resumo, esquema ou mapa mental dese punto.Empregando as diferentes técnicas de estudo (subraido,resume,esquema,palabras claves, frase importante, palabras en negrita, ideas principais...)
-Poden empregar un papel a modo borrador pero despois deben pasalo a libreta.Terá q estar recollido na libreta co titulo,data etc...
-Elaborar dúas actividades sobre o punto ou apartado en cuestión.Poden ser actividades tipo coma as do libro de texto, sopa de letras, crucigrama,tipo test, inventada.....
-Esta sesión ocupará o mércores e 10 minutos do xoves da clase.

2ª Sesión:
-Xúntanse tódolos números 1 nun grupo (é dicir os alumnos que lles tocou o punto 1 xuntaríanse nun grupo), e asi cos nº 2, 3, e 4.Fan unha posta en común, comproban, dialogan e completan o que lles falte ou ocurra.
-Comentan as actividades propostas tamén.
-Elaboran unhas frases clave sobre o punto que lles tocou, a modo idea principal ou resumo.
-Será na sesión do xoves 28

3ª Sesión:
-Reunidos no grupo de referencia de novo, fan unha posta en común dos 4 puntos que deben compartir e elaborar todos na súa libreta.(é dicir, os catro compoñentes comparten o seu punto tratado en individual e no grupo anterior).
-Elaborar o esquema, mapa conceptual completo do tema, e resolven 8 cuestións do tema.
-Posta en común, lectura e resolución de dudas, preguntas entre todolos grupos.Senón dese tempo seguirían nunha cuarta sesión o luns.
-Sería na sesión do venres 1 de marzo.



Aquí podedes ver o esquema previa da unidade, consta de 4 puntos cos seus apartados.


ESQUEMA TEMA 8

Os avances técnicos
1.-Avances na Historia: no pasado
1.1.-Antes do século XX
1.2.-Avances no século XX e XXI

2.-Avances técnicos nas nosas vidas
2.1.-Avances técnicos nas vivendas.
2.2.-Avances na medicina
2.3.-Avances nos transportes.

3.-Avances técnicos nas comunicacións.
3.1.-As comunicacións persoais.
3.2.-As comunicacións de masas.

4.-A informática
4.1.-Aplicación dos ordenadores
4.2.-As redes informáticas.


Profundizando un pouco máis quedaría así os 4 puntos:


1.- Os avances técnicos na Historia: foron creados para solucionar as necesidades das persoas.

1.1.-Avances técnicos históricos: moitos foron revolucionarios no s.XIX por ex:

-A anestesia: o éter líquido do norteamericano Crawford Williamson en 1842.Para a dor.
-O teléfono: Antonio Meucci, italiano en EE.UU,en 1860.Despois Graham Bell desenvolveu a súa idea.
-A máquina de vapor: 1870, James Watt.Grazas a forza do vapor a presión.
-As lámpadas eléctricas: 1879, Thomas Edison (EE.UU), lámpada de incandescencia.
-O cine: 1895 os irmáns Lumière en París, 1º cine.imaxes en movemento.


1.2.-Os avances nos séculos XX e XXI: producíronse moitos que cambiaron as vidas das persoas.

-Medicina: novas técnicas cirúrxicas, microciruxía...
-Transportes: melloras nos vehículos,autoestradas,trens de alta velocidade, novas vías de cominucación...
-Comunicacións: grazas o teléfono, fax, internet....
-Industria: máquinas máis perfectas, precisas e tamén respetuosas co medio ambiente.
-Ocio e entretemento: a fotografía, tv, cine, museos, parques temáticos ofrecen diversión e cultura.


2.- Os avances técnicos nas nosas vidas

2.1.-Os avances técnicos nas vivendas:
-Electricidade (luz artificial) dende as centrais eléctricas,dos xeradores transpórtase mediante cables ou tendidos eléctricos ata as vivendas.
-A auga potable: mediante a potabilización, filtros,trátase con substancias químicas,desinféctase e lévase a través de tubaxes dende as estacións de bombeo.

2.2.-Os avances técnicos en medicina: para mellorar o diagnóstico e rapidez.
-Ecografía: usa o son para ver o interior do corpo.
-Radiografía: imaxes dos ósos.
-Endoscopia: videocámara para ver o interior.

2.3.-Os avances técnicos nos transportes
-Por auga: mellora de sistemas de navegación e comunicación.
-Por terra: mellora de vehículos, autoestradas,trens de alta velocidade,dispositivos seguridade, menos contaminantes....
-Por aire: avións máis rápidos.

*Integración: avances técnicos para facilitar a vida aos discapacitados: cadeiras, braille, sons,alarmas,plataformas elevadoras,semáforos....


3.- Os avances técnicos nas comunicacións:

3.1.- As comunicacións persoais: entre persoas concretas.
-Comunicación escrita: carta,postal, telegrama,fax,chat, correo electrónico, mensaxes de móbil...
-Comunicación falada: teléfonos fixos (por cable) e móbiles (por ondas de radio).
-Comunicación audiovisual: móbiles e ordenadores videocámara,webcam,web,micrófono...

3.2.-As comunicacións de masas: transmitese ao público anónimo.
-Información escrita: xornais, revistas,internet...
-Información falada: radio,
-Información audiovisual: tv, internet videoconferencias..


4.- A informática: crea e estudia os programas para os ordenadores.
Os ordenadores persoais que funcionan grazas a programas (escritos en linguaxe especifica).

4.1.-Aplicacións dos ordenadores:
-Procesamento de textos: escribir textos, imaxes...
-Comunicacións: enviar información escrita,falada,audiovisual..
-Entretenemento e ocio: peliculas, xogar,videoxogos, viaxes, cine..
-Deseño: exemplo autocad, debuxar, deseñar,publicidade...
-Tarefas de control: control de outras máquinas, semáforos, avións...
-Contabilidade: cálculo de cantidades
-Ciencia e medicina: descubrimentos, control médico...
-Comercio electrónico: mercar e vender por internet
-Ensino: simuladores, ex: avións,..


4.2.-As redes informáticas: conexión de dous ou máis ordenadores por cable ou ondas.
-Rede local: poucos ordenadores próximos.
-Rede corporativa: Intranet, unión ordenadores da mesma empresa (rede telefónica).
-Rede mundial, internet: ordenadores de todo o mundo conectados, información.








No hay comentarios:

Publicar un comentario