Comeza a partires do 12 de setembro, un novo curso académico en 6º curso de Ed. Primaria.
Neste blog irei colgando as tarefas, apuntes, proxectos, videos, e todo aquilo que precise para levar a cabo a programación das áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais neste curso 2018-2019.
Nas primeiras semanas de setembro faremos unha avaliación inicial nas dúas materias coa aplicación Socrative (ou na primeira de outubro).
En Ciencias da Natureza e en Ed. Plástica, en relación a Tema 1, unha vez feito a estructuración do tema na libreta, construirán unha célula animal ou vexetal orixinal e empregando calquer tipo de material: cartón, froitas, pasta, plásticos, chuches,papel, colores, gomaespuma, fieltros,...CREATIVIDADE e INVESTIGACIÓN, non desexo que sexa un traballo extra para as familias, senón que eles mesmos argallen como facela, e claro está investiguen que partes, orgánulos ten unha célula (clase inversa), logo xa faremos unha posta en común para achar entre todos os contidos clave que debemos saber!!. Sorte!!
Este tarefa debe estar rematada e exposta na aula a primeiros de outubro.(Xa vos contará e dará a profesora de Plástica as pautas, dicir que será feito nos grupos cooperativos.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario