Estas son as tarefas que imos realizar na aula durante 4 ou 5 sesións dende a derradeira semana de outubro e a primeiras dúas de novembro (dende o 29 outubro ao 12 de novembro)
En C.Sociais
-Elaborar táboa do relevo de España no caderno, ou en Word , PPT, ou coa ferramenta GoConqr que xa expliquei e comentei hai uns días na clase e voltarei a ensinar (debedes ter un pendrive na aula)
-Completar o mapa mudo de España, na clase ( a partires desta táboa do relevo).
(Xa publiquei a miña táboa para comprobar os datos q teñen q aparecer na vosa).
Xa suliñaremos no libro os datos ou contidos a estudar.(Ver páxs. 22 á 27 para elaborar a táboa ou os apuntes que tedes no caderno).
Revisión de tarefas os luns 12 de novembro.
A proba escrita será o luns 19 de novembro para 6ºB, sobre o relevo de España (táboa 1), e para 6ºA e 6º C (seguramente xoves 22 ou venres 23) está sen decidir, sería tamén nesa 3ª semana de novembro.
C. da Natureza
Dúas probas: concurso por equipos é individualmente tamén. Son probas avaliables) coa ferramenta ou app Socrative, o xoves 8 de novembro.
Revisión libretas na semana do 5 ao 9 de novembro.Resumo esquema T1, e táboa-esquema reinos dos seres vivos.
Proba escrita o venres 9 de novembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario