lunes, 15 de enero de 2018

TEMA 3 O CORPO HUMANO E A RELACIÓN

Guión ou indice do tema 3 de C. da Natureza é o seguinte:

Tema 3: "O corpo humano e a relación"
1.-As tres funcións vitais
1.1. O corpo humano e a nutrición
1.2. O corpo humano e a relación
1.3. O corpo humano e a reprodución
1.4. A saúde do noso organismo

2.- A función de relación
2.1. A relación co noso contorno
2.2. Os estímulos
2.3. As respostas

3.- Os órganos receptores
3.1. Os órganos dos sentidos

4.- O sistema nervioso
4.1. As funcións do sistema nervioso
4.2. O sistema nervioso central
4.3. O sistema nervioso periférico
4.4. Os movementos voluntarios e involuntarios

5.- Os órganos efectores
5.1. Tipos de órganos efectores
5.2. O aparato locomotor

TEMA 3: O CORPO HUMANO E A RELACIÓN
0.-Introdución: 
As  persoas somos seres vivos e realizamos as funcións vitais de nutrición, relación e reprodución e, para iso, necesitamos órganos e aparatos que traballen de forma coordinada.

1.-AS TRES FUNCIÓNS VITAIS: A NUTRICIÓN
1.1.-O corpo humano e a nutrición:
Para realizar a función de nutrición é necesario que interveñan varios aparatos:
  • aparato dixestivotransforma os alimentos en substancias máis sinxelas que o organismo pode aproveitar. O esófago, o estómago,o páncreas, o figado e os intestinos (groso e delgado) son órganos do aparato dixestivo.
  • aparato respiratorio: toma do aire o osíxeno que necesitamos e expulsa dióxido de carbono. Os pulmóns, a larinxe, farinxe e a traquea son órganos do aparato respiratorio.
  • aparato circulatorio leva sangue con osíxeno e substancias nutritivas a todo o organismo e recolle refugallos e dióxido de carbono. O corazón é un órgano que forma parte do aparato circulatorio ademáis dos vasos sanguíneos (arterias, venas) e o sangue.
  • aparato excretor limpa o sangue de substancias de refugallo. Os riles (órganos secretores), uréteres, uretra e a vexiga son órganos (excretores) do aparato excretor.


1.2.-O corpo e a relación:
A función de relación permítenos captar o que ocorre ao noso redor e reaccionar ante esa información. Nela interveñen estes órganos, aparatos e sistemas:
  • Os órganos dos sentidos, como os ollos, a lingua, o nariz, o tacto ou os oídos, reciben información do exterior.
  • sistema nervioso recolle a información que achegan os órganos dos sentidos e elabora respostas.
  • aparato locomotor executa as respostas que ordena o sistema nervioso e permítenos movernos.
1.3.-O corpo e a reprodución:
Os seres humanos somos vivíparos, nacemos do ventre das nosas nais. Na función de reprodución interveñen os órganos reprodutores másculino nos homes e aparato reprodutor feminino nas mulleres.

1.4.-A saúde do noso organismo: 
Precisamos para coidar a nosa saúde, (non enfermar) os nosos órganos e aparatos uns hábitos de vida saudables coma: alimentarse de forma equilibrada, coidar a hixiene, relacionarnos, boas posturas, exercicio físico, descanso,...


2.-A FUNCIÓN DE RELACIÓN:
Continuamente recibimos información do mundo que nos rodea e podemos responder a esa información de forma adecuada a través dos órganos receptores coma son por exemplo os órganos dos sentidos.
2.1.-A relación co noso contorno:
A función de relación é a capacidade de percibir estímulos ou cambios no noso arredor e elaborar respostas. Os órganos que captan estes estímulos son os órganos receptores. Podemos controlar e coordinar:fases
1.Estímulo (é un cambio no contorno ou no noso corpo) produce unha sensación.
2.Procesado da información:a sensación chega ao cerebro e elabora unha orde.
3.Resposta:a orde tradúcese nunha acción para adaptarnos ao cambio percibido.

2.2.-Os estimulos (dous tipos)
-Estímulos internos: son cambios no interior do organismo.Os órganos receptores que captan os estímulos están no interior do corpo. (ex: a sede, falat de auga).

-Estímulos externos:son os cambios que ocorren no exterior.Os órganos receptores que captan estes estímulos son os órganos dos sentidos (ex: un ruído)

2.3.-As respostas:
Os órganos efectores elaboran unha resposta ante a orde elaborada polo cerebro ante un estímulo interno ou externo.Existen dúas tipos de respostas ou accións:
-Motoras: son os movementos dos músculos (ex: parar un balón coas mans).

-Glandulares: consiste na produción de certas substancias por medio duns órganos chamados glándulas.(Ex: co calor suamos (sudor das glándulas sudoríporas da pel).


3.-OS ÓRGANOS RECEPTORES:
Recibimos a información (estímulos) do exterior e do interior do noso corpo.
Captamos os estímulos do exterior (externos) a través dos órganos dos sentidos (cada un achega un  tipo de información diferente).

3.1.-Os órganos dos sentidos:
-Sentido do olfato: os receptores atópanse na cavidade nasal, na pituitaria.Envían a información ao cerebro.
-Sentido do gusto: receptores do gusto na lingua, nas papilas gustativas.
-Sentido do tacto: receptores na parte inferior da pel ou derme. Captan: (dor, textura, temperatura e presión).
-Sentido da vista: no ollo.A luz entra pola pupila, atravesa o cristalino e chega a retina, que transmite os estímulos ao cerebro a través do nervio óptico.
-Sentido do oído: recolle estímulos sonoros.Desde a orella, recorren o conducto auditivo, chegan ao tímpano, pasan pola cadea de ósos finos e chegan ao caracol e ao nervio auditivo que os leva ao cerebro.





4.-O SISTEMA NERVIOSO:
O sistema nervioso recibe a información a través dos receptores e transmite as ordes a todo o organismo a través duns sinais chamados impulsos nerviosos.

4.1.-As funcións do sistema nervioso son:
-Transmite a información que captan os órganos dos sentidos.
-Interpreta e procesa a información e elabora ordes
-Transmite as ordes ata os órganos efectores.
-Controla o funcionamento dos órganos vitais (movementos involuntarios, ex: latexo corazón, a respiración)
-Intervén no razoamento, memorización,a aprendizaxe, e os sentimemtos.

Para iso ten unha estructura complexa:
-Os centros nerviosos que forman o sistema nervioso central (SNC)
-Os nervios que forman o sistema nervioso periférico.(SNP).
(**As neuronas:son estructuras microscópicas que transmiten os impulsos nerviosos ao SN forman cadeas ou redes.)

4.2.-O sistema nervioso central (SNC)
O sistema nervioso central encárgase de recibir e interpretar a información e de elaborar ordes. Está formado polos centros nerviosos, que son a medula espiñal e o encéfalo.

-A medula espiñal está protexida pola columna vertebral. Elabora as respostas automáticas e rápidas.

-O encéfalo atópase dentro do cranio. Ten tres partes: o cerebro, o cerebelo e o bulbo raquídeo.

Cerebro.
Elabora as respostas voluntarias e inflúe no pensamento, a memoria e a linguaxe.

Bulbo raquídeo.
Controla o funcionamento dos órganos vitais, como por ex: no latexo do corazón.

Cerebelo.
Intervén no equilibrio e na coordinación dos movementos.

4.3.-O sistema nervioso periférico (SNP)
O sistema nervioso periférico está formado por un conxunto de nervios que percorren todo o organismo e que se encargan de transmitir a información. Existen dous tipos de nervios: os nervios sensitivos e os nervios motores.

-Os nervios sensitivos transmiten a información desde os órganos dos sentidos e os órganos internos ao sistema nervioso central.

-Os nervios motores transmiten as ordes desde o sistema nervioso central aos músculos e glándulas.

4.4.-Os movementos voluntarios e involuntarios
Ante un estímulo, o sistema nervioso central reacciona cunha orde que pode provocar movementos involuntarios ou movementos voluntarios.

-Nos movementos involuntarios ou reflexos intervén a medula espiñal, que orixina respostas automáticas e rápidas.( ex: se nos pinchamos cun cactus)

-Nos movementos voluntarios intervén o cerebro, que orixina respostas máis lentas ca as involuntarias.(Ex: golpear unha pelota co pé)

5.-OS ÓRGANOS EFECTORES
O órgano efector e o que executa a orde do sistema nervioso. Por ex: mover os dedos.
5.1.-Tipos de órganos efectores:
Cando os nosos órganos receptores perciben estímulos, o sistema nervioso reacciona e elabora a orde máis adecuada. Esta orde convértese nunha resposta executada polos órganos efectores.

-As respostas adoitan consistir nun movemento. No exemplo anterior, os órganos efectores pertencen ao aparato locomotor
-Porén, cando a resposta consiste na produción dunha substancia, como a suor, os órganos efectores son as glándulas.

5.2.-O aparato locomotor:
O aparato locomotor está formado polo esqueleto, os músculos e os elementos que os unen.
-O esqueleto é o conxunto de ósos que dá forma ao corpo e protexe os órganos internos. Os extremos dos ósos están protexidos polas cartilaxes, que son máis flexibles.

-Os músculos son órganos capaces de contraerse e estirarse para mover os ósos. Únense aos ósos mediante os tendóns.

As zonas de unión dos ósos (de dous ou máis) chámanse articulacións. As articulacións poden ser:
-Fixas, como as dos ósos do cranio, que non se moven.

-Semimóbiles, como as dos ósos que forman a columna vertebral, que teñen un movemento limitado.
-Móbiles, como a articulación do ombro, que teñen gran capacidade de movemento.

Nas articulacións semimóbiles e móbiles, os ósos están suxeitos por uns cordóns fibrosos, os ligamentos.
O aparato locomotor


Principais ósos e músculos:

Principais ósos e músculos do corpo



-Estímulo: Cambio que ten lugar no interior ou no exterior do organismo e que produce unha sensación.

-Impulso nervioso: Sinais que se transmiten a través dos nervios (as neuronas).

-Órgano efector: Órgano encargado de executar as ordes elaboradas polo sistema nervioso.



Esquema da unidade:


A función de relación


Conjunto de Fichas creado con GoConqr por escolapias sotillo

No hay comentarios:

Publicar un comentario