viernes, 12 de enero de 2018

T3 O clima e a vexetación.Temporalización.

Apuntamentos: Tema 3 " O clima e a vexetación"
3.1.-O clima
3.2.-Os factores climáticos
3.3.-As zonas climáticas da Terra e de Europa
3.4.-O clima de España
3.5.-A vexetación de España
3.6.-O cambio climático.

Temporalización (das tarefas a realizar da unidade): (Xaneiro.1ª sem. febreiro).
Aprender a aprender / C.Dixital / Ap. Cooperativa:
a)-Esquema: guión ou indice do tema.Elaboración propia de apuntamentos (técnicas de estudo) nas primeiras sesións no caderno persoal.

b)-Actividades no caderno:
Debuxo das zonas climáticas da Terra (esfera, globo terráqueo). Debuxos mapas (colores) dos climas de Europa e climas de España. Cadro climas de España.

c)-Aprendizaxe cooperativa:
Sorteo proxectos sobre climas de Europa ou España, para expoñer e presentar. Guión.Puntos a tratar, reparto de tareas e funcións de cada menbro de equipo.Formato de presentación (papel, cartolina ou ferramentas dixitais). Xestión do tempo.Recollida de datos no diario de equipo e resumo do proxecto no caderno persoal.
Exposición (oral, dixital,..),defensa e respostas de dudas, cuestións, consultas etc..

d)-Elaboración telexornal ou sketch sobre o tempo con TouchCast por grupos ou parellas (opcional) para coñecer as posibilidades e emprego das NN.TT.

3.7.-Aprendiz de xeógrafo e curiosidades.
Interpretar gráficas, mapas, táboas,(ex: periódicos, tv,..)



TEMA 3: O CLIMA E A VEXETACIÓN (APUNTAMENTOS)


3.1.-O clima: amosa as condicións do tempo atmosférico que adoitan darse nun lugar concreto.Na Terra danse diferentes climas, que condicionan a vida dos seres humanos, dos animais e das plantas. As persoas adaptámonos ao clima do lugar onde vivimos: vestimenta, casas, alimentación, horarios, actividades,..
Diferenciamos entre tempo atmosférico e clima.Vexamos os  videos e as diferenzas:
-Tempo e clima
-Fenómenos atmosféricos

3.1.1.-O tempo atmosférico: é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento concreto, e dicir nun espazo de tempo moi breve (é algo cambiante).Depende dos factores atmosféricos que son:
-A temperatura do aire (cantidad de calor del aire (quente ou frío).Mídese en grados Celsius C).
-O grao de humidade (cantidade de vapor de auga no aire).
-As precipitacións (forma de chuvia (mídese en l/m²), neve, saraiba ("granizo")..)
-O vento (aire en movemento, sensación de frío ou calor.)
-A presión atmosférica (é o peso do aire sobre a superficie, mídese en bares).

3.1.2.-O clima: é o conxunto de condicións atmosféricas (temperatura, precipitacións, vento, humidade,..) que caracterizan (ou danse) nunha zona determinada da Terra durante un período longo (uns 30 anos).

3.2.-Os factores climáticos: o clima vese afectado (inflúen) por un conxunto de factores xeográficos e son:
-A latitude: é a distancia dun punto ao Ecuador.Canto máis preto do Ecuador máis calor e chove máis e o contrario.Afastamos menos temperatura.
-A distancia ao mar: as zonas próximas ao mar reciben humidade da auga, e as temperaturas son máis suaves e chove máis.No interior (veráns calurosos e invernos frios e menos choiva).
-O relevo e a altitude: a súa disposición, localización modifica o clima. (Preto da costa, fai de barreira natural aillando as terras interiores).
A altitude é a distancia dun punto respecto ao nivel do mar.Zonas máis altas, máis frío, chove máis ou en forma de neve.





Pincha nos enlaces debaixo:
-Elementos e factores do clima
-Imaxe factores do clima

3.3.-As zonas climáticas da Terra e de Europa:
O planeta Terra ten grandes zonas climáticas, que se establecen en función das temperaturas.
A meirande parte de Europa atópase na zona temperada.
3.3.1.-As zonas climáticas de Europa: (segundo a incidencia dos raios solares nas zonas da Terra)



A latitude determina a existencia de dúas zonas frías (os polos norte e sur), dúas zonas temperadas (no hemisferio norte e sur entre os trópicos e os polos) e unha zona cálida.
-Zonas frías: Nos polos Norte e Sur.Temperaturas moi baixas e invernos moi longos (baixo cero).

-Zonas temperadas:nos dous hemisferios, entre os trópicos e os circulos polares.Se dan catro estacións (fría= inverno, cálida= verán, e dúas intermedias outon/primavera).

-Zona cálida: entre os dous trópicos.Temperaturas elevadas todo o ano (+18ºC).Non hai inverno.


3.3.2.- Os climas de Europa: (está nunha das zonas temperadas) no hemisferio norte e abrangue unha zona fría tamén.
-Clima Polar: temperaturas por debaixo de 0ºC, e precipitacións en forma de neve.
-Clima Alta Montaña: invernos fríos e veráns frescos. Precipitacións abundantes (neve tamén).
-Clima Oceánico ou Atlántico: temperaturas suaves todo o ano. Precipitacións abundantes (ex: Galicia)
-Clima Continental: invernos fríos e veráns calurosos.Precipitacións moderadas.
-Clima Mediterráneo: invernos suaves e veráns calurosos.Precipitacións escasas.
-Clima Subtropical.: as temperaturas oscilan pouco durante o ano (estables), invernos moi suaves e veráns cálidos. Precipitacións escasas, excepto zonas máis elevadas (ex: no Teide).



Imaxes:
Clima Polar




Clima Alta Montaña




Clima Oceánico ou Atlántico:

No hay comentarios:

Publicar un comentario