Aquí tedes a modo resumo as tarefas para realizar dende finais de abril ata o 24 de maio, tanto en Ciencias da Natureza como en Ciencias Sociais.
Ollo!!!, xa o repetín varias veces, representarán o 50 % da nota desta avaliación.Coa proba escrita e o caderno é os proxectos saldrán as notas finais.
C.Natureza:
-Rematar o padlet do tema 5 da Enerxia no caderno.Revisión e avaliación ata o 15 de maio.
-Proba escrita coa aplicación Socrative sobre o tema da enerxia e o padlet na semana do 21 ao 24 de maio
C. Sociais
-Mapa de Europa político e países da Unión Europea (algunhas capitais máis relevantes).Proba escrita o venres 18.
-Liña do tempo das etapas da Prehistoria e Historia para o martes 15.
-Liña do tempo do tema 6 Al Andalus para o venres 18.
No hay comentarios:
Publicar un comentario