lunes, 15 de enero de 2018

TEMA 3 O CORPO HUMANO E A RELACIÓN

Guión ou indice do tema 3 de C. da Natureza é o seguinte:

Tema 3: "O corpo humano e a relación"
1.-As tres funcións vitais
1.1. O corpo humano e a nutrición
1.2. O corpo humano e a relación
1.3. O corpo humano e a reprodución
1.4. A saúde do noso organismo

2.- A función de relación
2.1. A relación co noso contorno
2.2. Os estímulos
2.3. As respostas

3.- Os órganos receptores
3.1. Os órganos dos sentidos

4.- O sistema nervioso
4.1. As funcións do sistema nervioso
4.2. O sistema nervioso central
4.3. O sistema nervioso periférico
4.4. Os movementos voluntarios e involuntarios

5.- Os órganos efectores
5.1. Tipos de órganos efectores
5.2. O aparato locomotor

TEMA 3: O CORPO HUMANO E A RELACIÓN
0.-Introdución: 
As  persoas somos seres vivos e realizamos as funcións vitais de nutrición, relación e reprodución e, para iso, necesitamos órganos e aparatos que traballen de forma coordinada.

1.-AS TRES FUNCIÓNS VITAIS: A NUTRICIÓN
1.1.-O corpo humano e a nutrición:
Para realizar a función de nutrición é necesario que interveñan varios aparatos:
  • aparato dixestivotransforma os alimentos en substancias máis sinxelas que o organismo pode aproveitar. O esófago, o estómago,o páncreas, o figado e os intestinos (groso e delgado) son órganos do aparato dixestivo.
  • aparato respiratorio: toma do aire o osíxeno que necesitamos e expulsa dióxido de carbono. Os pulmóns, a larinxe, farinxe e a traquea son órganos do aparato respiratorio.
  • aparato circulatorio leva sangue con osíxeno e substancias nutritivas a todo o organismo e recolle refugallos e dióxido de carbono. O corazón é un órgano que forma parte do aparato circulatorio ademáis dos vasos sanguíneos (arterias, venas) e o sangue.
  • aparato excretor limpa o sangue de substancias de refugallo. Os riles (órganos secretores), uréteres, uretra e a vexiga son órganos (excretores) do aparato excretor.


1.2.-O corpo e a relación:
A función de relación permítenos captar o que ocorre ao noso redor e reaccionar ante esa información. Nela interveñen estes órganos, aparatos e sistemas:
  • Os órganos dos sentidos, como os ollos, a lingua, o nariz, o tacto ou os oídos, reciben información do exterior.
  • sistema nervioso recolle a información que achegan os órganos dos sentidos e elabora respostas.
  • aparato locomotor executa as respostas que ordena o sistema nervioso e permítenos movernos.
1.3.-O corpo e a reprodución:
Os seres humanos somos vivíparos, nacemos do ventre das nosas nais. Na función de reprodución interveñen os órganos reprodutores másculino nos homes e aparato reprodutor feminino nas mulleres.

1.4.-A saúde do noso organismo: 
Precisamos para coidar a nosa saúde, (non enfermar) os nosos órganos e aparatos uns hábitos de vida saudables coma: alimentarse de forma equilibrada, coidar a hixiene, relacionarnos, boas posturas, exercicio físico, descanso,...


2.-A FUNCIÓN DE RELACIÓN:
Continuamente recibimos información do mundo que nos rodea e podemos responder a esa información de forma adecuada a través dos órganos receptores coma son por exemplo os órganos dos sentidos.
2.1.-A relación co noso contorno:
A función de relación é a capacidade de percibir estímulos ou cambios no noso arredor e elaborar respostas. Os órganos que captan estes estímulos son os órganos receptores. Podemos controlar e coordinar:fases
1.Estímulo (é un cambio no contorno ou no noso corpo) produce unha sensación.
2.Procesado da información:a sensación chega ao cerebro e elabora unha orde.
3.Resposta:a orde tradúcese nunha acción para adaptarnos ao cambio percibido.

2.2.-Os estimulos (dous tipos)
-Estímulos internos: son cambios no interior do organismo.Os órganos receptores que captan os estímulos están no interior do corpo. (ex: a sede, falat de auga).

-Estímulos externos:son os cambios que ocorren no exterior.Os órganos receptores que captan estes estímulos son os órganos dos sentidos (ex: un ruído)

2.3.-As respostas:
Os órganos efectores elaboran unha resposta ante a orde elaborada polo cerebro ante un estímulo interno ou externo.Existen dúas tipos de respostas ou accións:
-Motoras: son os movementos dos músculos (ex: parar un balón coas mans).

-Glandulares: consiste na produción de certas substancias por medio duns órganos chamados glándulas.(Ex: co calor suamos (sudor das glándulas sudoríporas da pel).


3.-OS ÓRGANOS RECEPTORES:
Recibimos a información (estímulos) do exterior e do interior do noso corpo.
Captamos os estímulos do exterior (externos) a través dos órganos dos sentidos (cada un achega un  tipo de información diferente).

3.1.-Os órganos dos sentidos:
-Sentido do olfato: os receptores atópanse na cavidade nasal, na pituitaria.Envían a información ao cerebro.
-Sentido do gusto: receptores do gusto na lingua, nas papilas gustativas.
-Sentido do tacto: receptores na parte inferior da pel ou derme. Captan: (dor, textura, temperatura e presión).
-Sentido da vista: no ollo.A luz entra pola pupila, atravesa o cristalino e chega a retina, que transmite os estímulos ao cerebro a través do nervio óptico.
-Sentido do oído: recolle estímulos sonoros.Desde a orella, recorren o conducto auditivo, chegan ao tímpano, pasan pola cadea de ósos finos e chegan ao caracol e ao nervio auditivo que os leva ao cerebro.





4.-O SISTEMA NERVIOSO:
O sistema nervioso recibe a información a través dos receptores e transmite as ordes a todo o organismo a través duns sinais chamados impulsos nerviosos.

4.1.-As funcións do sistema nervioso son:
-Transmite a información que captan os órganos dos sentidos.
-Interpreta e procesa a información e elabora ordes
-Transmite as ordes ata os órganos efectores.
-Controla o funcionamento dos órganos vitais (movementos involuntarios, ex: latexo corazón, a respiración)
-Intervén no razoamento, memorización,a aprendizaxe, e os sentimemtos.

Para iso ten unha estructura complexa:
-Os centros nerviosos que forman o sistema nervioso central (SNC)
-Os nervios que forman o sistema nervioso periférico.(SNP).
(**As neuronas:son estructuras microscópicas que transmiten os impulsos nerviosos ao SN forman cadeas ou redes.)

4.2.-O sistema nervioso central (SNC)
O sistema nervioso central encárgase de recibir e interpretar a información e de elaborar ordes. Está formado polos centros nerviosos, que son a medula espiñal e o encéfalo.

-A medula espiñal está protexida pola columna vertebral. Elabora as respostas automáticas e rápidas.

-O encéfalo atópase dentro do cranio. Ten tres partes: o cerebro, o cerebelo e o bulbo raquídeo.

Cerebro.
Elabora as respostas voluntarias e inflúe no pensamento, a memoria e a linguaxe.

Bulbo raquídeo.
Controla o funcionamento dos órganos vitais, como por ex: no latexo do corazón.

Cerebelo.
Intervén no equilibrio e na coordinación dos movementos.

4.3.-O sistema nervioso periférico (SNP)
O sistema nervioso periférico está formado por un conxunto de nervios que percorren todo o organismo e que se encargan de transmitir a información. Existen dous tipos de nervios: os nervios sensitivos e os nervios motores.

-Os nervios sensitivos transmiten a información desde os órganos dos sentidos e os órganos internos ao sistema nervioso central.

-Os nervios motores transmiten as ordes desde o sistema nervioso central aos músculos e glándulas.

4.4.-Os movementos voluntarios e involuntarios
Ante un estímulo, o sistema nervioso central reacciona cunha orde que pode provocar movementos involuntarios ou movementos voluntarios.

-Nos movementos involuntarios ou reflexos intervén a medula espiñal, que orixina respostas automáticas e rápidas.( ex: se nos pinchamos cun cactus)

-Nos movementos voluntarios intervén o cerebro, que orixina respostas máis lentas ca as involuntarias.(Ex: golpear unha pelota co pé)

5.-OS ÓRGANOS EFECTORES
O órgano efector e o que executa a orde do sistema nervioso. Por ex: mover os dedos.
5.1.-Tipos de órganos efectores:
Cando os nosos órganos receptores perciben estímulos, o sistema nervioso reacciona e elabora a orde máis adecuada. Esta orde convértese nunha resposta executada polos órganos efectores.

-As respostas adoitan consistir nun movemento. No exemplo anterior, os órganos efectores pertencen ao aparato locomotor
-Porén, cando a resposta consiste na produción dunha substancia, como a suor, os órganos efectores son as glándulas.

5.2.-O aparato locomotor:
O aparato locomotor está formado polo esqueleto, os músculos e os elementos que os unen.
-O esqueleto é o conxunto de ósos que dá forma ao corpo e protexe os órganos internos. Os extremos dos ósos están protexidos polas cartilaxes, que son máis flexibles.

-Os músculos son órganos capaces de contraerse e estirarse para mover os ósos. Únense aos ósos mediante os tendóns.

As zonas de unión dos ósos (de dous ou máis) chámanse articulacións. As articulacións poden ser:
-Fixas, como as dos ósos do cranio, que non se moven.

-Semimóbiles, como as dos ósos que forman a columna vertebral, que teñen un movemento limitado.
-Móbiles, como a articulación do ombro, que teñen gran capacidade de movemento.

Nas articulacións semimóbiles e móbiles, os ósos están suxeitos por uns cordóns fibrosos, os ligamentos.
O aparato locomotor


Principais ósos e músculos:

Principais ósos e músculos do corpo



-Estímulo: Cambio que ten lugar no interior ou no exterior do organismo e que produce unha sensación.

-Impulso nervioso: Sinais que se transmiten a través dos nervios (as neuronas).

-Órgano efector: Órgano encargado de executar as ordes elaboradas polo sistema nervioso.



Esquema da unidade:


A función de relación


Conjunto de Fichas creado con GoConqr por escolapias sotillo

sábado, 13 de enero de 2018

CLIMAS DE ESPAÑA

CLIMAS DE ESPAÑA
Para consultar: fai clic nos enlaces seguintes:
-Climas de España
-Climas e vexetación de España
-Clima e vexetacion.pdf
-Contidos: climas de España
-Clima e vexetación de España (6º)
-Blog clima e paisaxe**

*Repaso 4º: O tempo e clima.pdf
*Materiais para imprimirclima España (recursos)
*Recursos varios de Sociais e outras: Sociais 5º
*Adaptación Tema o climaO clima (ACI)






1.-Clima Atlántico ou Oceánico en España.
Características:




2.-Clima Mediterráneo Continental (interior)
-Localizado: na Meseta Central, depresión do Ebro, interior de Cataluña e noreste de Andalucía.
-Temperaturas: grandes diferencias entre o inverno e o verán, e entre o día e a noite. Invernos fríos e veráns calurosos e secos.(é un clima alexado do mar, por tanto é seco)
-Precipitacións: escasas sobre todo no verán.
-Vexetación: encinas, pino, matorrais, ...

3.-Clima Mediterráneo típico (costa)
É un clima templado con veráns muy calurosos e secos e invernos suaves. Estacións máis chuviosas son a primavera e o outono.
Precipitacións moi escasas (poden estar 3 a 6 meses sen chover).Zonas d sequía.

4.-Clima de Montaña:
-Localización: zonas de máis de 1200 m de altitude.(Pirineos, Sistema Central, Cord.Cantábrica, Béticas,..)
-Invernos largos e moi frios, con temperaturas por debaixo d 0º e veráns frescos.
-Precipitacións: escasas en verán e primaveira e en forma d neve en inverno e outono.

5.-Clima Subtropical (Illas Canarias)
-Localización: nas zonas templadas próximas aos trópicos.En España nas illas Canarias.
-Paisaxe: moi seco, volcánico.
-Vexetación: adapatda á sequía.Cactus, palmeras, plátanos,..Fauna: adaptada, ovina, caprina,...
-Temperaturas: altas todo o ano.Sen diferencias entre inverno e verán.
-Precipitacións: moi escasas.

viernes, 12 de enero de 2018

T3 O clima e a vexetación.Temporalización.

Apuntamentos: Tema 3 " O clima e a vexetación"
3.1.-O clima
3.2.-Os factores climáticos
3.3.-As zonas climáticas da Terra e de Europa
3.4.-O clima de España
3.5.-A vexetación de España
3.6.-O cambio climático.

Temporalización (das tarefas a realizar da unidade): (Xaneiro.1ª sem. febreiro).
Aprender a aprender / C.Dixital / Ap. Cooperativa:
a)-Esquema: guión ou indice do tema.Elaboración propia de apuntamentos (técnicas de estudo) nas primeiras sesións no caderno persoal.

b)-Actividades no caderno:
Debuxo das zonas climáticas da Terra (esfera, globo terráqueo). Debuxos mapas (colores) dos climas de Europa e climas de España. Cadro climas de España.

c)-Aprendizaxe cooperativa:
Sorteo proxectos sobre climas de Europa ou España, para expoñer e presentar. Guión.Puntos a tratar, reparto de tareas e funcións de cada menbro de equipo.Formato de presentación (papel, cartolina ou ferramentas dixitais). Xestión do tempo.Recollida de datos no diario de equipo e resumo do proxecto no caderno persoal.
Exposición (oral, dixital,..),defensa e respostas de dudas, cuestións, consultas etc..

d)-Elaboración telexornal ou sketch sobre o tempo con TouchCast por grupos ou parellas (opcional) para coñecer as posibilidades e emprego das NN.TT.

3.7.-Aprendiz de xeógrafo e curiosidades.
Interpretar gráficas, mapas, táboas,(ex: periódicos, tv,..)



TEMA 3: O CLIMA E A VEXETACIÓN (APUNTAMENTOS)


3.1.-O clima: amosa as condicións do tempo atmosférico que adoitan darse nun lugar concreto.Na Terra danse diferentes climas, que condicionan a vida dos seres humanos, dos animais e das plantas. As persoas adaptámonos ao clima do lugar onde vivimos: vestimenta, casas, alimentación, horarios, actividades,..
Diferenciamos entre tempo atmosférico e clima.Vexamos os  videos e as diferenzas:
-Tempo e clima
-Fenómenos atmosféricos

3.1.1.-O tempo atmosférico: é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento concreto, e dicir nun espazo de tempo moi breve (é algo cambiante).Depende dos factores atmosféricos que son:
-A temperatura do aire (cantidad de calor del aire (quente ou frío).Mídese en grados Celsius C).
-O grao de humidade (cantidade de vapor de auga no aire).
-As precipitacións (forma de chuvia (mídese en l/m²), neve, saraiba ("granizo")..)
-O vento (aire en movemento, sensación de frío ou calor.)
-A presión atmosférica (é o peso do aire sobre a superficie, mídese en bares).

3.1.2.-O clima: é o conxunto de condicións atmosféricas (temperatura, precipitacións, vento, humidade,..) que caracterizan (ou danse) nunha zona determinada da Terra durante un período longo (uns 30 anos).

3.2.-Os factores climáticos: o clima vese afectado (inflúen) por un conxunto de factores xeográficos e son:
-A latitude: é a distancia dun punto ao Ecuador.Canto máis preto do Ecuador máis calor e chove máis e o contrario.Afastamos menos temperatura.
-A distancia ao mar: as zonas próximas ao mar reciben humidade da auga, e as temperaturas son máis suaves e chove máis.No interior (veráns calurosos e invernos frios e menos choiva).
-O relevo e a altitude: a súa disposición, localización modifica o clima. (Preto da costa, fai de barreira natural aillando as terras interiores).
A altitude é a distancia dun punto respecto ao nivel do mar.Zonas máis altas, máis frío, chove máis ou en forma de neve.





Pincha nos enlaces debaixo:
-Elementos e factores do clima
-Imaxe factores do clima

3.3.-As zonas climáticas da Terra e de Europa:
O planeta Terra ten grandes zonas climáticas, que se establecen en función das temperaturas.
A meirande parte de Europa atópase na zona temperada.
3.3.1.-As zonas climáticas de Europa: (segundo a incidencia dos raios solares nas zonas da Terra)



A latitude determina a existencia de dúas zonas frías (os polos norte e sur), dúas zonas temperadas (no hemisferio norte e sur entre os trópicos e os polos) e unha zona cálida.
-Zonas frías: Nos polos Norte e Sur.Temperaturas moi baixas e invernos moi longos (baixo cero).

-Zonas temperadas:nos dous hemisferios, entre os trópicos e os circulos polares.Se dan catro estacións (fría= inverno, cálida= verán, e dúas intermedias outon/primavera).

-Zona cálida: entre os dous trópicos.Temperaturas elevadas todo o ano (+18ºC).Non hai inverno.


3.3.2.- Os climas de Europa: (está nunha das zonas temperadas) no hemisferio norte e abrangue unha zona fría tamén.
-Clima Polar: temperaturas por debaixo de 0ºC, e precipitacións en forma de neve.
-Clima Alta Montaña: invernos fríos e veráns frescos. Precipitacións abundantes (neve tamén).
-Clima Oceánico ou Atlántico: temperaturas suaves todo o ano. Precipitacións abundantes (ex: Galicia)
-Clima Continental: invernos fríos e veráns calurosos.Precipitacións moderadas.
-Clima Mediterráneo: invernos suaves e veráns calurosos.Precipitacións escasas.
-Clima Subtropical.: as temperaturas oscilan pouco durante o ano (estables), invernos moi suaves e veráns cálidos. Precipitacións escasas, excepto zonas máis elevadas (ex: no Teide).



Imaxes:
Clima Polar




Clima Alta Montaña




Clima Oceánico ou Atlántico:

martes, 9 de enero de 2018

TEMA 3 O CLIMA

Este sería o guión ou índice do tema que demos comezo en decembro e continuamos durante xaneiro.
Tarefas:
-Elaborar guión (mes de decembro) e comezo do esquema da unidade.
-Técnicas de estudo: elaboración dos apuntamentos (dende decembro ata mediados de xaneiro)
-Haberá un proxecto por equipos cooperativos: (de xeito dixital e investigación), para expoñer na clase a finais e comezos de febreiro (Competencia dixital e Aprender a aprender)

TEMA 3 O CLIMA
1.-O clima
1.1.-O tempo atmosférico
1.2.-O clima

2.-Os factores climáticos
2.1.-Os factores xeográficos
2.2.-A latitude
2.3.-A distancia ao mar
2.4.-O relevo e a altitude

3.-As zonas climáticas da Terra e de Europa.
3.1.-As zonas climáticas da Terra
-Zonas frías: Polos
-Zonas temperadas
-Zona cálida
3.2.-Os climas de Europa.
-Clima atlántico
-Clima de alta montaña.
-Clima continental.
-Clima polar
-Clima mediterráneo.

4.-O clima de España
-Clima atlántico
-Clima de montaña.
-Clima mediterráneo
-Clima mediterráneo continental
-Clima subtropical.

5.-Vexetación de España.
-Vexetación atlántica
-Vexetación de montaña
-Vexetación mediterránea
-Vexetación subtropical.

6.-O cambio climático
-Que é o efecto invernadoiro
-Que é o cambio climático
-Causas do cambio climático
-Consecuencias do cambio climático

domingo, 17 de diciembre de 2017

Temporalización 2ª Quincena de decembro

Durante o mes de decembo comezaremos o Tema 3 "O clima" de C. Sociais (a partires do 14).
O tema 3 de C. Natureza dará comezo no mes de xaneiro.
Nesta semana faremos o guión da unidade de xeito individual, para ser comprobado o luns 18 no caderno de área.
Faremos tamén cunha aplicación ou no word un esquema de nubes ou figuras, chaves, etc do tema e de algún punto en concreto como por exemplos os climas de España.
Nos introducimos na interpretación dun climograma e mapas do tempo da prensa (A Voz, ou o Correo etc..). A lenda e os gráficos.Significado e lectura e interpretación da previsión do tempo atmosférico.

TEMA 3 O CLIMA
1.-O clima
1.1.O tempo atmosfércio
1.2.Factores

Introducción do tema:

1.-O tempo e o clima:

Chamamos tempo atmosférico ao estado no que se atopa a atmósfera nun lugar e nun momento concreto; e o clima ás condicións atmosféricas dun lugar concreto que se repiten cíclicamente ao longo dun ano (ou 5 anos mínimo).

Recordamos:
Tódolos fenómenos relacionados co tempo e o clima desenrólanse na atmosfera. Ésta é a capa gasosa que envolve  á Terra. Ten un espesor de máis de 1.000 km e os gases que contén (nitróxeno 78% e o osíxeno 21%) filtran parte dos raios solares que chegan á superficie. A capa en contacto coa superficie da Terra é a troposfera, na que se producen tódolos fenómenos meteorolóxicos. Grazas á atmósferas é posible a vida na Tierra debido a que:
  • Mantén unha temperatura adecuada.
  • Posé os gases necesarios  para cos amimais e as plantas desenrolen  as súas funcións vitais.
  • Protexe das radiacións  solares perxudiciais (raios gamma e ultravioleta)
  • Protéxenos da caída de corpos extraterrestres como os meteoritos que se desintegran ao pasar pola atmosfera.
  • Produce os procesos meteorolóxicos que xenera a chuvia ou o vento dos que dependen os seres vivos.
Por iso, calquer cambio importante que experimente a atmósfera terá consecuencias directas sobre os seres vivos que habitamos na Terra




Variacións da temperatura dependendo da latitude polo tanto temos tres zonas climáticas (zona fría (polos), zona temperada e zona cálida (Ecuador).) segundo a incidencia dos raios do Sol.


domingo, 3 de diciembre de 2017

Tema 2 C.Sociais

Un exemplo de esquema en árbore do tema: "A terra representación" feito na aula coas palabras clave.Seguimos coas técnicas de estudo! !.

Para saber máis:
A representación da Terra


viernes, 1 de diciembre de 2017

Próximas probas de C.Natureza e C. Sociais.

Xa nos atopamos no final do 1º trimestre e faltan por facer dúas probas, unha de C. da Natureza do tema 2 Os ecosistemas que será o mércores 13 de decembro (coa apliación Socrative) e a de C. Sociais, tamén do tema 2 "A representación da Terra", que sí será unha proba escrita para o martes 12 ( terá actividades coma: localizar, situar nun mapa (coordenadas xeográficas), interpretación e localización nun plano de metro, definicións,..)
Coas probas, máis as feitas anteriormente e o rexistro doutra serie de datos: caderno (técnicas de estudo), tareas, proxectos, actitudes, etc saldrá a nota de este trimestre.
Sigo a recalcar o traballo, coñecemento e asimilación das técnicas de estudo que se ven reflexadas no caderno e posteriormente nas tareas, probas e proxectos. É importante que revisedes as libretas das diferentes áreas e comprobedes o feito, o proceso, os contidos e a recollida de información así como, as miñas anotacións para poder levar un control conxunto (avances ou retrocesos no proceso).
Ánimo que veñen 15 días intensos de traballo pero xa pronto, tócavos descansar!!.