Neste enlace atoparedes un xogo interactivo sobre as provincias de España.Para repasar ou estudar.
Provincias de España
martes, 18 de febrero de 2020
TEMA 4 "A MATERIA E OS MATERIAIS"
Esquema do tema 4 "A materia e os materiais"

Tema 4: A materia e os materiais
Tema 4: A materia e os materiais
1.-A materia: é todo aquilo que ocupa un espazo, é dicir, que ten masa e volume1.1.Propiedades xerais da materia (son aquilas que posúe toda a materia):
-Masa: é a cantidade de materia que ten un corpo (mídese en kg, grs,..),
-Volume: é os espazo que ocupa un corpo. (mídese en litros, cl, ml..)
2.-Propiedades específicas da materia
-Dureza, fraxilidade, elasticidade e densidade entre outras.
*A densidade é a relación que hai entre masa/volume.
3.-As forzas é a interacción entre dous corpos e producen: efectos (=deformacións: fráxil, elástico, plástico), ou cambios de movemento,..
4.-Materiais: son as materias que empregamos para fabricar obxectos.
4.1.-Propiedades dos materiais ( os usos dos materiais depende das súas propiedades)
-Conductividade, opacidade ou transparencia e impermeabilidade.
4.2.-Materiais na arquitectura:
-Arxilas (illantes), ventás (transparentes, opacos,..), madeira, cerámica, formigón, plástico, cobre
Tarefas: (realizar no caderno 1 e 2):
1.-Esquema da unidade.
2.-Actividades da páxina 78, da 22 a 31 (copiando só o texto si é necesario). Ata o día 6 de abril.
3.-Prácticas de laboratorio na semana do (2ª qunicena de marzo, con Rebeca tamén).
4.-Construir con diversos materiais algún obxecto ou móbil. (a volta de S. Santa)
5.-Visionado e reflexión do video " A illa do lixo ou flotante" (Edpuzzle, cuestións)
2.-Actividades da páxina 78, da 22 a 31 (copiando só o texto si é necesario). Ata o día 6 de abril.
3.-Prácticas de laboratorio na semana do (2ª qunicena de marzo, con Rebeca tamén).
4.-Construir con diversos materiais algún obxecto ou móbil. (a volta de S. Santa)
5.-Visionado e reflexión do video " A illa do lixo ou flotante" (Edpuzzle, cuestións)
lunes, 17 de febrero de 2020
Provincias e Comunidades de España
A proba escrita do tema 4 será na primeira semana de marzo (entre o 2 e o 4 de marzo).
Tarefas a rematar na 1ªª e 2ª semana de febreiro.
-Apuntamentos T4 e esquema para repaso.
-Mapa mudo da organización territorial de España. Comprobar e colorear por comunidades.
-Data límite ata o 28 de febreiro.
Recordade: temos 17 Comunidaes Autónomas en España e dúas cidades autónomas: Ceuta e Melilla.
Para completar o mapa mudo entregado na aula. Comprobade ben as provincias e comunidades autónomas antes de colorear!!!. Na parte de atrás do mapa mudo, escribide as comunidades, o nº de provincias e as provincias para un mellor estudo por cores!!!.
Tedes o mapa máis abaixo.
-Galicia (4): Provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra
-Principado de Asturias (1): Provincia: Asturias
-Cantabria (1): Provincia: Cantabria.
-País Vasco (3): Provincias: Áraba, Guipúscoa, Biscaia (Bilbao).
-C.A. Foral de Navarra (1): Navarra.
-C.A. da A Rioxa (1): A Rioxa
-Aragón (3): Zaragoza, Huesca e Teruel
-Cataluña (4): Lleida, Barcelona, Xirona e Tarragona.
-Comunidade Valenciana (3): Castellón, Valencia e Alacante.
-Murcia: Murcia
-Castela e León (9): León, Zamora, Salamanca, Palencia, Valladolid, Ávila, Burgos, Segovia e Soria.
-Extremadura (2): Cáceres e Badaxoz.
-Castela A Mancha (5): Guadalaxara, Cuenca, Toledo, Cidade Real, Albacete.
-Andalucia (8): Huelva, Sevilla, Córdoba, Xaén, Cádiz, Málaga, Granada, Almería.
-Comunidade das Illas Canarias: Provincias (2):Sta Cruz de Tenerife e As Palmas.
Nome das illas Canarias (7): Tenerife, A Palma, A Gomera, El Hierro, As Palmas de Gran Canaria, Lanzarote, Fuerteventura.
-Comunidade das Illas Baleares: Provincia Illas Baleares. Capital:Palma de Mallorca.
Nome das illas Baleares (5): Mallorca, Menorca, Eivisa, Formentera, e Cabrera.
-Ciudades Autónomas: Ceuta e Melilla.
Importante: para practicar:
Recurso: Provincias de España. (Fonte: Didactalia ).
Fonte: Vicens Vives
Tarefas a rematar na 1ªª e 2ª semana de febreiro.
-Apuntamentos T4 e esquema para repaso.
-Mapa mudo da organización territorial de España. Comprobar e colorear por comunidades.
-Data límite ata o 28 de febreiro.
Recordade: temos 17 Comunidaes Autónomas en España e dúas cidades autónomas: Ceuta e Melilla.
Para completar o mapa mudo entregado na aula. Comprobade ben as provincias e comunidades autónomas antes de colorear!!!. Na parte de atrás do mapa mudo, escribide as comunidades, o nº de provincias e as provincias para un mellor estudo por cores!!!.
Tedes o mapa máis abaixo.
-Galicia (4): Provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra
-Principado de Asturias (1): Provincia: Asturias
-Cantabria (1): Provincia: Cantabria.
-País Vasco (3): Provincias: Áraba, Guipúscoa, Biscaia (Bilbao).
-C.A. Foral de Navarra (1): Navarra.
-C.A. da A Rioxa (1): A Rioxa
-Aragón (3): Zaragoza, Huesca e Teruel
-Cataluña (4): Lleida, Barcelona, Xirona e Tarragona.
-Comunidade Valenciana (3): Castellón, Valencia e Alacante.
-Murcia: Murcia
-Castela e León (9): León, Zamora, Salamanca, Palencia, Valladolid, Ávila, Burgos, Segovia e Soria.
-Extremadura (2): Cáceres e Badaxoz.
-Castela A Mancha (5): Guadalaxara, Cuenca, Toledo, Cidade Real, Albacete.
-Andalucia (8): Huelva, Sevilla, Córdoba, Xaén, Cádiz, Málaga, Granada, Almería.
-Comunidade das Illas Canarias: Provincias (2):Sta Cruz de Tenerife e As Palmas.
Nome das illas Canarias (7): Tenerife, A Palma, A Gomera, El Hierro, As Palmas de Gran Canaria, Lanzarote, Fuerteventura.
-Comunidade das Illas Baleares: Provincia Illas Baleares. Capital:Palma de Mallorca.
Nome das illas Baleares (5): Mallorca, Menorca, Eivisa, Formentera, e Cabrera.
-Ciudades Autónomas: Ceuta e Melilla.
Importante: para practicar:
Recurso: Provincias de España. (Fonte: Didactalia ).
Fonte: Vicens Vives
domingo, 16 de febrero de 2020
APPS-Ferrramentas
Estas son algunhas das APPs ou ferramentas dixitais que estamos a empregar e dar a coñecer aos meus alumnos. Serven para elaborar presentacións, exposicións, videos educativos, esquemas,...e un largo etc de posibilidades de mostrar o aprendido doutro xeito.
-Video Collage
-Imovie
-Touch Cast Studio
-My Avatar
-Goconqr
-Poplet
-Mindomo
-Video Collage
-Imovie
-Touch Cast Studio
-My Avatar
-Goconqr
-Poplet
-Mindomo
lunes, 10 de febrero de 2020
TEMA 5 ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA
Temporalización:
Tarefas para a 2ª e 3ª semana de febreiro:
-Elaborar guión despois da lectura e comezar esquema e resumo do tema 5.
-Buscar nas diferentes fontes os países de Europa, en especial os 27 da Unión Europea.
-Completar o mapa mudo de Europa entregado o martes 18 de febreiro, primeiro a lapis, e unha vez confirmado, en bolígrafo e no reverso da folla os países coas capitales da U.E. Data límite ata o 6 de marzo.
1.1.-Que é unha democracia
1.2.-A Constitución garante a democracia
1.3.-Dereitos edeberes dos cidadáns
1.4.-Como funciona a democracia.
2.-A división de poderes en España
2.1.-O poder lexislativo: o Parlamento
2.2.-O poder executivo: o Goberno
2.3.-O poder xudicial: xuíces e maxistrados.
3.-A organización territorial de España.
3.1.-Comunidades Autónomas
3.2.-Goberno das Comunidades Autónomas.
4.-Que é a Unión Europea
4.1.-Orixe da U.E.
4.2.-Obxectivos da U.E.
4.3.-Institucións da U.E e eleccións na U.E.
4.4.-Países da U.E.
4.5.-Vantaxes da U.E.
ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA
1. España, un Estado democrático España é un Estado democrático de Europa. A democracia española caracterízase polos seguintes trazos:
– Todas as persoas teñen os mesmos dereitos e deberes.
– Todos somos iguais ante a lei.
– O poder reside no pobo.
A Constitución española de 1978 é a lei fundamental de España. Segundo esta, o goberno de España é:
– Unha monarquía parlamentaria: o Rei é o xefe de Estado baixo o control das institucións (reina pero non goberna).
– Un Estado de dereito.
– Un Estado social.
– Unha organización descentralizada (17 Comunidades Autónomas e dúas Cidades Autónomas).
A Constitución española recoñece os dereitos, as liberdades e os deberes dos cidadáns e cidadás.
O pobo elixe os seus gobernantes mediante o voto.
2. Como é... A división de poderes en España
O poder lexislativo exérceno as Cortes Xerais ou Parlamento, que é a institución que representa ao pobo español.
As súas funcións son elaborar as leis, aprobar os orzamentos do Estado e controlar a actuación política do Goberno.
As Cortes Xerais están formadas:
– Polo Congreso dos Deputados (350 deputados e deputadas).
– Polo Senado (266 senadores e senadoras).
O poder executivo exérceo o Goberno formado polo Presidente e os ministros. As súas funcións son aplicar as leis e gobernar.
O poder xudicial exérceno xuíces e maxistrados. As súas funcións son xulgar persoas e institucións. O poder xudicial esta formado por:
– Xulgados.
– Tribunais de xustiza (Tribunal Constitucional e Tribunal Supremo).
3. A organización territorial de España
España é un Estado descentralizado, a súa división territorial baséase nas Comunidades Autónomas, nas provincias e nos municipios.
Unha Comunidade Autónoma é un territorio de España cunhas características xeográficas, históricas e culturais comúns.
Unha Comunidade Autónoma gobérnase mediante un Estatuto de Autonomía que establece entre moitas outras cousas as competencias autonómicas nas que a Comunidade por si mesma pode lexislar e gobernar. As Comunidades Autónomas teñen:
– Parlamento Autonómico.
– Goberno Autonómico.
A provincia é unha unidade territorial que inclúe diversos municipios.
Un municipio é a división territorial máis pequena do territorio español e está gobernado polo Concello.
4. Que é a Unión Europea
A Unión Europea fundárona 6 países europeos en 1957 e co nome de Comunidade Económica Europea (CEE). Querían crear un mercado común.
Cos anos, a CEE ampliou os seus membros. España entrou en 1986. Na actualidade, a Unión Europea ten 27 países (* o Reino Unido deixou dende o 31 de xaneiro do 2020 a U.E.)
Os obxectivos da UE son:
– Crecemento económico, solidariedade e axuda económica entre os países membros.
– A libre circulación.
– O progreso científico e técnico.
– Defender os dereitos da poboación infantil e a diversidade cultural.
As principais institucións da UE son:
– O Consello da Unión Europea.
– A Comisión Europea.
– O Parlamento Europeo.
– O Tribunal de Xustiza.
5. Vivo... Nun país da Unión Europea
As vantaxes de ser un cidadán europeo son:
– Poder circular libremente, tanto as persoas coma as mercadorías, grazas ao mercado único.
– Gozar da cidadanía europea.
Formar parte do mercado único permítenos como consumidores:
– Mercar produtos procedentes de calquera país da UE sen pagar impostos.
– Pagar coa mesma moeda, o euro.
– Ter unha garantía da calidade dos produtos que foron elaborados na Unión Europea.
Como Estado membro:
– Axudas económicas.
– Protexer conxuntamente o ambiente ou medio natural.
– Participar nos avances científicos e tecnolóxicos.
A cidadanía europea dános dereito a:
– Defender os intereses propios.
– Viaxar, residir, estudar e traballar libremente en calquera país da Unión Europea.
– Recibir atención médica en calquera país grazas á tarxeta sanitaria europea.
– Ter garantido o cumprimento dos dereitos humanos que están recollidos na Carta dos Dereitos Fundamentais da UE.
– Exercer o dereito ao voto e poder ser elixido nas eleccións municipais e no Parlamento Europeo.
Como se realizan as eleccións
En España hai 4 tipos de eleccións:
– Concellos.
– Cortes Xerais.
– Parlamento Europeo.
– Parlamentos autonómicos.
Calquera persoa maior de 18 anos e de nacionalidade española ou europea pode exercer o dereito de voto nunhas eleccións.
Os resultados electorais dependen do reconto de votos. Cada candidatura dun partido político obtén un número de representantes (escanos) proporcional ao número de votos conseguido.
Fonte: Vicens Vives
martes, 28 de enero de 2020
TEMA 4 A POBOACIÓN DE ESPAÑA E EUROPA
TEMA: A POBOACIÓN DE ESPAÑA E EUROPA
1.-A poboación española e a súa distribución1.1.A poboación absoluta
1.2.A densidade de poboación.
2.-A densidade de poboación española
2.1.-A natalidade, mortalidade e esperanza de vida
2.2.-O crecemento natural da poboación.
2.3.-O crecemento real da poboación.
2.4.-A piramide de poboación
3.-As migracións en España
4.-A poboación europea.
1. A poboación española e a súa distribución
A demografía é a ciencia que estuda a poboación.
1.1.-A poboación absoluta dun territorio é o número de persoas que vive nel. España ten 47 millóns de habitantes; é o quinto país máis poboado da Unión Europea.
A distribución da poboación española é irregular:
– A maioría da poboación concéntrase en zonas de relevo e clima favorables.
– As zonas de montaña e do interior están pouco habitadas.
1.2.-A densidade de poboación é o número de habitantes que viven en 1 quilómetro cadrado de superficie. A densidade de poboación de España é de 93,4 hab./km2 (dividimos os 47 millóns de habitantes de España entre a superficie do país, 505968 km2); a da Unión Europa é de 116,3 hab./km2.
2. Como é... A poboación española
A natalidade é o número de nenos e nenas que nacen nun lugar durante un ano. A poboación española ten unha natalidade moi baixa, 1,3 fillos por muller.
A mortalidade é o número de persoas falecidas nun lugar durante un ano. A mortalidade española descendeu ao longo do século XX.
A esperanza de vida é a media de anos que vive unha poboación. En España a esperanza de vida é de 79 anos para os homes e 85 para as mulleres. Hai unha poboación avellentada.
O crecemento real é a suma do crecemento natural (diferenza entre o número de nacementos e o número de defuncións) e o saldo migratorio (resultado de lle restar ao número de inmigrantes o número de emigrantes). Nos comezos do século XXI, España tivo un crecemento real da poboación grazas á chegada de inmigrantes. Na actualidade o crecemento freouse.
A poboación activa (ocupada ou en paro) de España é do 48,2%. A poboación non activa (nenos, estudantes, amas de casa e xubilados) é do 51,8%
A pirámide de poboación é un gráfico que ordena os habitantes dun determinado lugar por grupos de idade e sexo nun momento concreto. Podemos saber se nacen máis nenos que nenas, se hai moita ou pouca poboación adulta ou anciá...
3. As migracións en España
As migracións prodúcense por mor das desigualdades que existen entre os países pobres e os países ricos do mundo, ou entre distintas rexións ou zonas dun mesmo país. Os factores que inflúen nas migracións son:
– Sociais e económicas.
– Políticas.
– Naturais.
– Familiares.
Ao longo dos séculos XIX e XX España foi un país de emigrantes:
– Emigración exterior.
– Emigración interior.
A finais do século XX e comezos do XXI España foi un país receptor de inmigrantes.
Os inmigrantes estranxeiros de España son maioritariamente de Romanía, Marrocos, América Latina e China.
Para garantir unha boa convivencia débense recoñecer e respectar a identidade e a cultura tanto do país receptor coma do país emisor.
4. Como é... A poboación europea
Europa ten unha superficie de 10500000 km2 e unha densidade de poboación de 70 hab./km2. Ten unha distribución desigual:
– As zonas máis densamente poboadas son as rexións industriais do centro e as costas do Mediterráneo.
– As zonas menos poboadas son as de climas extremos, relevo abrupto ou agrícolas.
Europa ten 740 millóns de habitantes, unha baixa natalidade e un crecemento natural débil. Ten o 7% da poboación mundial.
Pirámide poboacional de Santiago de Compostela


Crecemento natural ou vexetativo de Santiago de Compostela
lunes, 20 de enero de 2020
T3 O clima e vexetación: RESUMO
O CLIMA E A VEXETACIÓN
1.-O CLIMA: É o conxunto de condicións atmosféricas (temperatura, precipitacións (chuvia, neve,sarabia,)vento, humidade,...)que se dan nunha zona determinada da Terra durante alomenos 30 anos.(periodo longo de tempo).
1.1.-O tempo atmosférico:
É o estado da atmosfera nun lugar concreto e nun momento determinados nun espazo de tempo moi breve.
Factores atmosféricos:
-A temperatura do aire (quente ou frío)
-O grao de humidade (cantidade de vapor de auga do aire)
-As precipitacións (chuvia, neve,..)
-O vento:(é o aire en movemento)
-A presión atmosférica.(é o peso do aire)
2.-OS FACTORES CLIMÁTICOS
O clima vése afectado por unha serie de factores atmosféricos e xeográficos que son:
-A latitude: distancia dun punto ao Ecuador (temperaturas máis altas máis cerca do Ecuador e + chuvias)
-A distancia ao mar (o mar suaviza as temperaturas, + humidade).Lonxe do mar= + calor, + frío,- chuvias
-O relevo e a altitude (=distancia ao nivel do mar). Máis altitude ,máis frío ou neve.
3.-AS ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA E DE EUROPA
O noso planeta ten grandes zonas climáticas segundo a súa temperatura.
Europa atópase case na totalidade na zona temperada do Hemisferio Norte.Ten gran variedade climática.
3.1.Segundo a latitude na Terra temos 3 zonas climáticas:
-Dúas zonas frías (nos Polos, temperaturas moi baixas, e invernos longos (baixo 0º, Tª negativas).
-Dúas zonas temperadas: nos dous hemisferios, entre os trópicos e os círculos polares. 4 estacións
-Unha zona cálida:entre os dous trópicos (Cancro e Capricornio).Tª elevada todo o ano.Non existe o inverno.
3.2.-Os climas de Europa:
-Clima Polar: Tª inferiores a 0º agás no verán.Vexetación: Taiga e tundra.Escasa tamén.
-Clima de Alta Montaña:invernos fríos e veráns frescos.Precipitacións abundantes.
-Clima Oceánico ou Atlántico: Tª suaves todo o ano.Precipitacións abundantes.
-Clima Continental: invernos fríos e veráns calurosos.Precipitacións moderadas.
-Clima Mediterráneo:invernos suaves, e veráns calurosos.Precipitacións escasas.
-Clima Subtropical: invernos moi suaves e veráns moderadamente cálidos. Precipitacións escasas. Tª media anual entre 17º (inverno) e 24º (verán) (veranos agradables e invernos moi suaves).Din que é o mellor clima do mundo.Sin grandes oscilacións de temperatura ao ano polos ventos alisios, a corrente mariña do Golfo e o efecto do anticiclón das Azores en inverno, altas presións e a circulación do oeste (pola súa excepcional situación xeográfica).
4.-CLIMAS DE ESPAÑA:
A meirande parte do territorio español (Península e Baleares ten un clima temperado, excepto as illas Canarias que pola súa latitud, teñen un clima cálido, subtropical. Temos 4 variedades na Península Ibérica e débese a dous factores:
-A influencia do mar: suaviza as temperaturas e regula as precipitacións.Abundantes no norte.
-A disposición (colocación ou distribución) do relevo: fai que a influencia do mar no chegue igual ao interior da Península (fai de barreira).
-Clima Atlántico ou Oceánico:Tª suaves, non extremas (invernos suaves e veráns frescos). Precipitacións abundantes todo o ano.
-Clima de Montaña:invernos fríos e longos con Tª moi baixas, e veráns frescos e curtos. Chuvias abundantes en forma de neve no inverno.
-Clima Mediterráneo (típico):invernos suaves e veráns bastante calurosos. Chuvias escasas e irregulares.Na primaveira e verán (as veces no outono tamén) poden ser torrenciais. Estiaxe no ríos.
-Clima Mediterráneo-continental: invernos moi fríos e veráns moi calurosos (grande oscilación nas Tª). Precipitacións escasas (concentradas no outono e verán)
-Clima Subtropical: invernos moi suaves e veráns moderadamente cálidos. Precipitacións escasas.
Localización no mapa:
5.- A VEXETACIÓN DE ESPAÑA
A vexetación natural (as que o ser humano non modificou) dun lugar depende do clima.Existen igual co clima, 4 grandes áreas de vexetación: atlántica, mediterránea, de montaña e subtropical.
Nas áreas modificadas custa máis distinguir que especies son propias da zona climática.
Temos máis de 1500 espazos protexidos en España.
-Vexetación Atlántica: é rica e variada (polas chuvias).Bosques de árbores de folla caduca (carballos, faias, castiñeiros,..)Sotobosque humido (carrizas, fieitos,xestas,..).Prados naturais.
-Vexetación de montaña:dependendo da altitude: bosque tipo mediterráneo, bosque de folla caduca, bosque de coníferas (abetos), prados naturais.
-Vexetación mediterránea: adáptase ao calor e a seca. Bosques de árbores de folla perenne (piñeiros, aciñeiras e sobreiras), sotobosque seco (carrascas, breixo, e plantas aromáticas). Maquia ou garriga (=formación vexetal de arbustos e herbas). Estepa (herbas e arbustos espiñentos en zonas áridas (secas)).
-Vexetación subtropical: é moi distinta segundo as zonas porque cambia coa altitude, a orientación e a cantidade de chuvia. Ten formación vexetais (laurisilva=bosque humido perennifolio de laureis (ou selva temperada) e outras plantas (faial-brezal), abundante vexetación arbórea, tamén chamado "monteverde" en Canarias) e especies (piñeiro canario, drago, cardón,..) que só medran en Canarias.
![]() |
| Laurisilva; bosque humido ou selva temperada de laureis e outras. |
6.-O CAMBIO CLIMÁTICO:
-É o conxunto de grandes alteracións que se producen no clima da Terra e que fan aumentar a temperatura.Son variacións que ocorreron sempre como consecuencia dos fenómenos naturais pero nas últimas décadas sucédense máis rápido debido á actividade humana.
6.1.-Efecto invernadoiro:
É un fenómeno natural que ten lugar na Terra, prodúcese porque o vapor de auga, o dióxido de carbono (CO2) e o metano forman unha capa na atmosfera terrestre que retén parte do calor proveniente do Sol. Permite manter unha temperatura agradable no planeta.
É un fenómeno natural que ten lugar na Terra, prodúcese porque o vapor de auga, o dióxido de carbono (CO2) e o metano forman unha capa na atmosfera terrestre que retén parte do calor proveniente do Sol. Permite manter unha temperatura agradable no planeta.
6.2.-Que causa o cambio climático?:
O aumento da Tª da Terra débese a moitas causas:
O aumento da Tª da Terra débese a moitas causas:
A máis importante é o crecemento das emisións de determinados gases sobretodo dióxodo de carbono (CO2), polo consumo de enerxía (petróleo, carbón, gas,) na actividade diaria (transporte, calefacción, e actividades industriais,..).Acentúan o efecto invernadoiro e provocan meirande retención de calor nas capas baixas da atmosfera.
6.3.-Consecuencias do cambio climático:
A Tª da Terra aumentou 0,7º en 100 anos.Os efectos do cambio son evidentes e moi graves:
a) Fusión dos casquetes polares e retroceso dos glaciares (descende a superficie do xeo no polo N). En España reducíuse os glaciares nos Pireneos. Isto provoca un aumento do nivel do mar.
b) Aumento dos fenómenos meteorolóxicos extremos: (inundacións, secas, ondas de calor, ciclóns.)
c) Desertización dos solos: aumento da Tª e o descenso das precipitacións pode provocar desertización nalgunhas áreas do planeta. Ex: no sur de España (Almeria,..).
d) Ameaza para os seres vivos: moitas plantas e animais non se adaptan ("aclimatan") ás novas condicións de vida do seu habitat (algunhas desprázanse, e outras en perigo).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




