Breve liña do tempo, feita con word, sobre a Historia de España no século XX (1902-1999) para a área de C. Sociais de 6º de Ed. Primaria, que corresponde este ano, co tema 8.
lunes, 3 de junio de 2019
viernes, 24 de mayo de 2019
España s.XX: da monarquía á República
T.8.-España: da monarquía á República.
Historia de España s.XX
1.-A monarquía de Afonso XIII (1902-1931)Historia de España s.XX
Iniciouse en 1902 oca maioría de idade de Afonso XIII.
Características e antecedentes desta época: crise de 1898, caciquismo, conflitos entre obreiros (folga xeral 1917) e patróns, tensións militares pola guerra de Marruecos (1909) e perda de colonias.
Neste contexto de crise, impúxose a ditadura do xeneral Primo de Rivera (1923-1930), que suspendeu a Constitución, clausurou o Parlamento e suprimiu as eleccións e as liberdades democráticas.
2.-A Segunda República (1931-1936)
En 1930, Primo de Rivera dimitiu e convocou eleccións municipais.Gañarou os partidos republicanos e proclamouse a II República o 14 de abril de 1931, o reí Afonso XIII abandonou España.
A República trouxo un sistema democrático: eleccións, un novo parlamento, unha Constitución e reformas sociais ( reforma agraria, acabar coas grandes extensións de terra latifundios, limitar o poder do exército, diminuir o peso social da igrexa, e concerderlles a autonomía a Cataluña, Galicia e País Vasco (Estatutos).
Houbo nesta época (primeiras décadas s. XX) movementos feministas que esixiron dereitos, igualdade, (sufraxistas como Clara Campoamor, Victoria Kent, e anteriormente a galega Emilia Pardo Bazán,..) a Constitución de 1931 otorgoulles o sufraxio ás mulleres españolas por 1ª vez no ano 1933)
Problemas: oposición dos partidos conservadores as reformas republicanas. Tensións políticas (enfrentamento ideoloxías de esquerdas, sindicatos, conservadores, ...)
Nas eleccións de 1933, gañaron as dereitas, e paralizaron as reformas.Protestas obreiras.
No ano 1936, unha coalición de esquerdas (Frente Popular) gañou as eleccións e propuxo continuar coas reformas republicanas.
3.-A Guerra Civil (1936-1939)
O 18 de xullo de 1936, iniciouse unha sublevación militar apoiada polos sectores sociais contrarios á República contra o triunfo electoral das esquerdas. Dividíu o país en dous bandos opostos: que den lugar a unha Guerra Civil (1936-1939).
Dous bandos militares sublevados baixo o mando do xeneral Francisco Franco, e os partidarios do goberno republicano.Venceron os franquistas, e moitos republicanos tiveron que fuxir (exilio) por temor ás represalias.
Consecuencias:
Penurias sobre a poboación civil.País desvatado e moi empobrecido.
Represalias en ambos os dous bandos, asasinatos, persecucións , fame (cartilla de racionamento , falta alimentos, numerosas vítimas civís, en definitiva moitas penurias para a poboación
Os anos do franquismo (1939-1975): A dictadura de Franco.
Etapas (3) da DICTADURA de FRANCO:
-1939-1952 Posguerra. Autarquía económica (abastecerse só cos seus propios recursos) e proteccionismo.
-1952-1959 Apertura ao exterior, a Europa, co ingreso na ONU.
-1959-1975 Desenvolvemento económico.Cambio social. Houbo unha mecanización, crece o turismo, o crecemento de cidades grazas á poboación do rural, da industria, (axudas americanas do Plan Marshall, non ao nivel de Europa pero sí importantes para axudar ao desenrolo),...
Algunhas das características da dictadura trala posguerra:
-Todo o poder nas mans do xeneral F. Franco.
-Inexistencia dunha Constitución.
-Prohibición dos partidos políticos e dos sindicatos obreiros.
-Ausencia de eleccións.
-Existencia dun único partido (Falange Española e das JONS) e un só sindicato Central Nacional Sindicalista.
-Persecución e o encarceramento dos opositores ao réxime.
-Goberno centralista do Estado e á supresión das autonomías.
4.-Transición democrática (1975-1978)
Desde a morte do xeneral Franco, o 20 de novembro de 1975 ata a entrada en vigor da Constitución democrática de 1978.
Feitos:
Regencia de Arias Navarro ata 1976
Goberno de Adolfo Suárez
Eleccións 1977
Constitución do 6 de decembro 1978.
5.-A monarquía democrática ou parlamentaria do rei Juan Carlos I de Borbón (1975-2014)
Feitos máis relevantes:
-Constitución 1978
-Golpe errado de golpe de Estado o 23 de febreiro de 1981 (Coronel Tejero,etc..)
-Eleccións de 1982, gaña por primeira vez un goberno de esquerdas (PSOE de Felipe González)
Personaxes galegos do s. XX
-María Barbeito (1880-1970) mulleres adicados a ensinanza e á renovación pedagóxica. Dereitos e liberdades das mulleres.Novas correntes educativas e membro da Real Academia Galega.
-Daniel Castelao 1886-1950, impulsor do nacionalismo galego, escritor, político, caricaturista: Partido Galeguista, revista NÓS, Real Academia Galega.....Tamén vivíu en Bos Aires e foi enterrado no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval en Santiago, moi preto do colexio noso.
-Carlos Maside (1897-1958), Maruxa Mallo, Asorey,.. pintores galegos da época.
-Camilo José Cela (1916-2002), escritor, Premio Nobel de Literatura (1989), escribíu A familia de Pascual Duarte, A colmena,..Na Real Academia Galega, Premio Principe de Asturias, Premio Cervantes. Outros escritores: Álvaro Cunqueiro, Torrente Ballester, Ramón Cabanillas,..
Arte e Literatura:
-Arquitectura funcional, formas simples, sinxelas, e novos materiais (cemento, vidro, aceiro,..).
-Nova escultura: todo tipo de materiais e formas.
-A pintura deixou o realismo para ofrecer: expresionismo (sentimentos humanos), o cubismo (xeometría do espazo), surrealismo (o mundo dos soños), e a arte abstracta (formas imprecisas, liñas, cores, provocaban emocións). Destacan: Picasso, Dalí, Miró,
Literatura: Xeración do 27, durante a II República, Rafael Alberti, Miguel Hernández, Vicente Aleixandre, Federico García Lorca, Luís Cernuda, Dámaso Alonso,..
lunes, 20 de mayo de 2019
Tarefa: Lapbook T5 C.Natureza
Para completar o tratamento das unidades 5 e 6, Materia, enerxía, e Electricidade e electromagnetismo, vades a realizar un lapbook sobre un dos dous temas ou un só.Podedes emplear calquera material: cartón, cartolinas, telas, folios, etc,...Realizarase na aula, nas clases, e poderase completar na casa senon dese tempo ata o día da proba escrita, alá pola 6 de xuño.
Terá un valor e peso para a avaliación do terceiro trimestre da área de C. Natureza.
Serán correxidos o 7 de xuño.
Terá un valor e peso para a avaliación do terceiro trimestre da área de C. Natureza.
Serán correxidos o 7 de xuño.
domingo, 28 de abril de 2019
TEMA 7 C.SOCIAIS: DO ABSOLUTISMO AO LIBERALISMO
TEMA 7: DO ABSOLUTISMO AO LIBERALISMO
Proba repaso con Socrative na semana do 13 ao 15 de maio.Proba escrita ou dixital será o 20 ou 21 de maio 2019.
Haberá unha proba de recuperación final no caso de non acadar un resultado satisfactorio, no mes de xuño ( entre os días 12 e 18 do mes).
Tarefas:
1.-Liña do tempo feita conTimeline nas aulas, dende primeiros de abril.Entrega data tope o 3 de maio.
2.-Recoméndase elaborar os apuntamentos coa mesma liña do tempo ou no caderno ( ver máis abaixo tamén ).

Proba de repaso na semana do 13 ao 15 de maio.
Proba de avaliación o 20 ou 21 de maio do tema 9.
Apuntamentos:
España s-XIX
Antecedentes: Revolución francesa de 1789, triunfo do Liberalismo (coas novas ideas da Ilustración).Gobernou en Francia, Napoleón Bonaparte.
Goberno en España: reis-monarcas e outras formas de goberno.
*Carlos IV, foi rei de España desde o 14 de decembro de 1788 até o 19 de marzo de 1808 cando, como consecuencia do golpe de Estado que pasou á historia como o motín de Aranjuez, abdicou en favor do seu fillo Fernando (sería posteriromente Fernando VII), príncipe de Asturias.
Era fillo e sucesor de Carlos III e da súa esposa María Amalia de Saxonia.
O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola Guerra da Independencia (1808) e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas Guerras Carlistas (1833).
En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador (perda da maioría das colonias americanas) en América latina, que rematará a finais do século XIX.
Etapas do seu reinado:
-Sexenio absolutista (1814-1820)
-Trienio Liberal (1820-1823), non goberna Fernando VII, senón o coronel Riego). Invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, exército francés, para someter á España liberal e rexarcirse da derrota na Guerra de Independencia.
-Década Ominosa (ou II Restauración do Absolutismo) (1823-1833).
Fernando VII, fai pública no ano 1830, a Pragmática Sanción do seu pai Carlos IV de 1789, que abolía a Lei Sálica (impedía o goberno das mulleres)
*Trienio Liberal ou Constitucional: 1820-23.Pronunciamento do coronel Riego, para acatar a Constitución de 1812, e convocar eleccións.Etapas do seu reinado:
-Sexenio absolutista (1814-1820)
-Trienio Liberal (1820-1823), non goberna Fernando VII, senón o coronel Riego). Invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, exército francés, para someter á España liberal e rexarcirse da derrota na Guerra de Independencia.
-Década Ominosa (ou II Restauración do Absolutismo) (1823-1833).
Fernando VII, fai pública no ano 1830, a Pragmática Sanción do seu pai Carlos IV de 1789, que abolía a Lei Sálica (impedía o goberno das mulleres)
Rei Fernando VII obrigado a xurar a Constitución de 1812 e suprimir a Inquisición.
*Reinado de Isabel II (1833-1868)
-1ª etapa dende 1833-1840 Monarquía liberal coa Rexencia da súa nai Mª Cristina de Borbón.
-2ª etapa dende 1841-1843. Regencia de Espartero.
***Constitución de 1837-Constitución 1845
-3ª etapa: reinado de Isabel II (1843-1868) ata o exilio (de Isabel II) en 1868. ***Revolución de 1868.
*Sexenio Democrático (ou revolucionario) dende (1868-1874).
-Goberno Provisional (1868-1871) de Serrano. Constitución de 1869 establecía unha monarquía constitucional.
-Reinado de Amadeu I de Savoia dende 18671-1873. Houbo a II guerra Carlista ( tamén chamada a III) en 1872 ata 1876 en oposición a los monárquicos afonsinos partidarios do fillo de Isabel II.
-I República (1873-1874) co pronunciamento do xeneral Martínez Campos.
*Restauración borbónica (monarquía moderada): 1875-1902 (realmente duraría ata 1931).
1ª etapa co reinado de Afonso XII (1874-1885) e asentada nos catro pilares: Rei, Cortes, Constitución e quenda (turno: alternancia pacífica entre dous partidos: conservadores (de Cánovas) e liberais (de Sagasta) a través do caciquismo ou "pucherazo")).Foi unha etapa de oligarquía,centralismo e onde a Iglesia gañou poder de novo.Partidos políticos, sindicatos ou ideoloxías por ex: PSOE (1879), Anarquismo, Socialismo,UXT, CNT,....
2ª etapa: Rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902) ata que o seu fillo, Afonso XIII, cumpre os 16 anos en 1902, e xura a Constitución de 1876.
Feitos relevantes: perda das derradeiras colonias españolas: Cuba, Porto Rico e Filipinas en 1898.
jueves, 25 de abril de 2019
T5 A MATERIA
A MATERIA:
1.-A materia: clasificación
1.1.Estados da materia: sólido, líquido, gasoso
1.2.Cambios de estado.
1.3.substancias puras e mesturas.
2.-A separación de mesturas:
2.1.Métodos de separación de mesturas.
3.-A materia sofre cambios
3.1.Cambios físicos
3.2.Cambios químicos.
3.3.Reaccións químicas
3.3.1.Reaccións químicas na natureza.
4.-A luz e a calor son formas de enerxía.
4.1.Que é a luz
4.2.A calor e temperatura.
5.O comportamento da materia ante a enerxía
5.1.A materia ante a luz.
5.2.A luz e as cores
5.3.Comportamento dos materiais ante a calor
1.-A materia:
A materia forma todo o que existe no universo. Todo o que nos rodea, e incluso o noso corpo, está formado por materia, que ten masa e volume.
1.1.-Os estados da materia:
É a evolución da materia entre varios estados de agregación sin que ocorra un cambio de composición. É un cambio físico. Os cambios de estado son reversibles.
Os tres estados máis coñecidos na Terra son o sólido, líquido e gasoso. O cuarto sería o plasma no Universo (composición das estrelas ).
Dado que os estados son tres (sólido, líquido e gasoso), os cambios de estado son seis, tres parellas en dúas direccións:
1.-A materia: clasificación
1.1.Estados da materia: sólido, líquido, gasoso
1.2.Cambios de estado.
1.3.substancias puras e mesturas.
2.-A separación de mesturas:
2.1.Métodos de separación de mesturas.
3.-A materia sofre cambios
3.1.Cambios físicos
3.2.Cambios químicos.
3.3.Reaccións químicas
3.3.1.Reaccións químicas na natureza.
4.-A luz e a calor son formas de enerxía.
4.1.Que é a luz
4.2.A calor e temperatura.
5.O comportamento da materia ante a enerxía
5.1.A materia ante a luz.
5.2.A luz e as cores
5.3.Comportamento dos materiais ante a calor
1.-A materia:
A materia forma todo o que existe no universo. Todo o que nos rodea, e incluso o noso corpo, está formado por materia, que ten masa e volume.
1.1.-Os estados da materia:
En xeral, ao noso redor podemos encontrar a materia en tres estados: sólido, líquido ou gasoso.
- A materia en estado sólido, como o xeo, ten forma propia e ocupa sempre o mesmo espazo, é dicir, mantén o seu volume.
- A materia en estado líquido, como a auga, carece de forma propia, xa que adquire a do recipiente que a contén, pero mantén o seu volume.
- A materia en estado gasoso, como o vapor de auga, non mantén a súa forma, xa que se adapta á do recipiente que a contén, e tampouco mantén o seu volume.
É a evolución da materia entre varios estados de agregación sin que ocorra un cambio de composición. É un cambio físico. Os cambios de estado son reversibles.
Os tres estados máis coñecidos na Terra son o sólido, líquido e gasoso. O cuarto sería o plasma no Universo (composición das estrelas ).
Dado que os estados son tres (sólido, líquido e gasoso), os cambios de estado son seis, tres parellas en dúas direccións:
- de sólido a líquido, fusión; (+Temperatura)
- de sólido a gas, sublimación;
- de líquido a gas, evaporación;
e os seus inversos:
- de líquido a sólido, conxelación; (-Temperatura)
- de gas a sólido, licuación
- de gas a líguido, condensación
Segundo o número de compoñentes, clasificamos a materia en substancias puras e mesturas.
2.-A separación de mesturas:
Mesturas homoxéneas:
1-Líquido e sólido. Método: evaporación. Ex: sal e auga
2.-Líquido e líquido con distinta temperatura de ebulición. Método: Destilación.
Mesturas heteroxéneas:
1.-Dous líquidos con distinta densidade. Método: Decantación. (Ex: auga-aceite).
2.-Líquido e sólido. Método: filtración. Ex: area e auga.
3.-A materia sofre cambios:
4.-A luz e a calor son formas de enerxía
domingo, 21 de abril de 2019
PROXECTO INTERDISCIPLINAR DO 3º TRIMESTRE
Aquí tedes o proxecto interdisciplinar do 3º trimestre do curso, que xa comezou nas últimas semanas de marzo.
Lede con atención, establecede as pautas, tempos e organización para levalo a cabo. Ollo aos tempos e datas de entrega, así como aos formatos. Creade un porfolio individual e de equipo cooperativo para recoller as tarefas solicitadas.Moi importante a xestión do tempo e a organización!!.Animo e sorte.
Para calquer consulta estamos os profes supervisando as tarefas.
Lede con atención, establecede as pautas, tempos e organización para levalo a cabo. Ollo aos tempos e datas de entrega, así como aos formatos. Creade un porfolio individual e de equipo cooperativo para recoller as tarefas solicitadas.Moi importante a xestión do tempo e a organización!!.Animo e sorte.
Para calquer consulta estamos os profes supervisando as tarefas.
jueves, 28 de marzo de 2019
TEMA 5 A MATERIA E A ENERXÍA 6ºCURSO
Tema 5 "A MATERIA E A ENERXÍA"
1.-Clasificamos a materia: estados da materia e cambios de estado (físicos)2.-As mesturas: separación
3.-Cambios da materia
4.-A luz e o calor: formas de enerxía.
5.-Comportamento da materia ante a enerxía.
1.-Clasificamos a materia:
A materia forma todo o que existe no universo. Todo o que nos rodea, e incluso o noso corpo, está formado por materia, que ten masa e volume.
1.1.-A materia: preséntase en diferentes estados.
Sólido: ten forma propia e ocupa sempre o mesmo espazo, é dicir mantén o seu volume.
Líquido: carece de forma propia, xa que adquire a do recipiente que a contén, pero mantén o seu volume.
Gasoso: non mantén a súa forma, xa que se adapta á do recipiente que a contén, e tampouco mantén o seu volume.
1.2.-Os cambios de estado:
Os cambios de estado son reversibles, é dicir, a materia pode recuperar o seu estado inicial.
Fusión:paso de sólido a líquido (ou derretimento) Sublimación(sólido a gasoso)
Solidificación: paso de líquido a sólido. Cristalización(gasoso a sólido)
Condensación: paso de gasoso a líquido (ou licuación)
1.3.-Substancias puras e mesturas:
As substancias puras están formadas por un só compoñente. Exs: ouro, auga, sal,...
As mesturas: están formadas por máis de un compoñente e poden ser:
-Mesturas homoxéneas: os compoñentes non se aprecian a simple vista. Ex:biscoito chocolate
-Mesturas heteroxéneas: os compoñentes distínguese claramente. Ex: macedonia
2.-Métodos de separación de mesturas
Dependendo de como sexa a mestura e das substancias que queremos obter, utilízanse distintos métodos de separación de mesturas. Estes son os métodos máis habituais:
Para mesturas homoxéneas:
-Evaporación:
Utilízase cando a mestura é homoxénea e está formada por un líquido e un sólido, como o sal disolvido en auga. Consiste en colocar a mestura nun lugar seco e deixar evaporar a auga. No fondo irán aparecendo os cristais de sal. Este sistema utilízase industrialmente para extraer o sal do mar nas salinas.
-Destilación:
É o sistema que se utiliza para separar unha mestura homoxénea de dous líquidos que teñen distinta temperatura de ebulición, por exemplo, alcohol e auga.
Ao quentar a mestura, o compoñente que se evapora antes, é dicir, o que ten unha temperatura de ebulición máis baixa, pasa a estado gasoso. Cando, a través dun tubo, chega unha zona máis fría, condénsase e volve a estado líquido, e recóllese nun recipiente.
Mesturas heteroxéneas
-Filtración: Utilízase cando temos unha mestura heteroxénea formada por un líquido e un sólido, como auga e area. Consiste en colocar un papel poroso nun embude e botar a mestura. O líquido cae e o papel retén o sólido.
-Decantación: Mediante este sistema podemos separar mesturas heteroxéneas formadas por dous líquidos con distinta densidade e que non se mesturan, como por exemplo, auga e aceite. Ao deixar repousar a mestura, o líquido máis denso queda na parte inferior e o menos denso flota.
Outros métodos: imán (ex: área e metais), coador (ex: fariña e garabanzos),..
3.-A materia sofre cambios: cambios físicos e químicos
A materia pode mudar de aspecto, forma (sería só un cambio físico) ou transformarse noutra distinta substancia (por tanto sofrería un cambio químico (da súa composición)).
3.1.-Cambios químicos ou reaccións químicas:
As substancias chamadas reactivos transfórmanse noutras chamadas produtos.
Sempre interven enerxía e a masa total das substancias non varía.
As reaccións químicas están presentes en moitos casos da nosa vida cotiá: produtos, conservación alimentos, obtención de novas substancias, (conservación e producción substancias: textís, plásticos, medicamentos,...).
Algúns tipos de reaccións químicas:
-Oxidación: substancia + osíxeno do aire= óxido (nova substancia).Exs: corrosión metais, oxidación da froita (ese cor castaño)..
-A combustión:
-A fermentación:
4.-A luz e a calor son formas de enerxía:
3.-A materia sofre cambios: cambios físicos e químicos
A materia pode mudar de aspecto, forma (sería só un cambio físico) ou transformarse noutra distinta substancia (por tanto sofrería un cambio químico (da súa composición)).
3.1.-Cambios químicos ou reaccións químicas:
As substancias chamadas reactivos transfórmanse noutras chamadas produtos.
Sempre interven enerxía e a masa total das substancias non varía.
As reaccións químicas están presentes en moitos casos da nosa vida cotiá: produtos, conservación alimentos, obtención de novas substancias, (conservación e producción substancias: textís, plásticos, medicamentos,...).
Algúns tipos de reaccións químicas:
-Oxidación: substancia + osíxeno do aire= óxido (nova substancia).Exs: corrosión metais, oxidación da froita (ese cor castaño)..
-A combustión:
-A fermentación:
Para que todos os cambios (de estado, movemento, de forma,...) sexan posibles fai falta enerxía. A maior fonte de enerxía para a Terra é o sol, que nos proporciona luz e calor.
4.1.-A luz: é unha forma de enerxía, por iso produce cambios nos corpos.
Podemos ver os obxectos porque emiten luz, é dicir, porque son fontes luminosas, ou porque a reflicten. A luz que emiten as fontes luminosas propágase ata que chega a un corpo. Estas son as características da propagación da luz:
- Propágase en liña recta ata que choca cun corpo.
- Viaxa en todas as direccións desde o lugar onde se emite.
- Viaxa a gran velocidade: percorre 300.000 quilómetros cada segundo.
A luz branca do sol está composta polas sete cores do arco da vella.
5.-O comportamento da materia ante a enerxía
A enerxía produce cambios na materia. Como se comporta a materia ante a luz e a calor?.
Comportamento da materia ante a luz:
Segundo como se comportan ante a luz, os materiais poden ser de distinto tipo:
- Transparentes, como o aire, a auga , o vidro, que deixan pasar toda a luz ou gran parte da luz que lles chega.
- Translúcidos, como algúns plásticos ou o vidro esmerilado, que deixan pasar só parte da luz. Cando os raios de luz atravesan estes materiais, dispérsanse. Por iso non podemos ver claramente os obxectos que están detrás deles.
- Opacos, como as rochas ou a madeira, que non deixan pasar a luz, absórbena ou reflíctena, e impídennos ver o que hai detrás deles.
Cando os raios de luz chegan a un corpo, chocan con el, rebotan e cambian de dirección, é dicir, reflíctense.
A reflexión é unha propiedade da luz que nos permite usar os espellos e ver os obxectos que non emiten luz.
A reflexión é unha propiedade da luz que nos permite usar os espellos e ver os obxectos que non emiten luz.
Cando a luz pasa dun material a outro distinto, como do aire ao vidro, os raios desvíanse e dan lugar a un fenómeno chamado refracción, que permite deseñar lentes, como as lupas ou os cristais das lentes graduadas.
REFLEXIÓN DA LUZ (As lentes converxentes xuntan os raios da luz)
REFRACCIÓN (As lentes diverxentes separan os raios da luz)
6.-A luz e as cores:
Os obxectos non teñen cor, é a luz, que está formada por sete cores, a que fai que os vexamos dunha cor ou doutra.
Cando a luz choca cun corpo, parte dos raios son absorbidos por este corpo, mentres que outros son reflectidos e chegan aos nosos ollos, facendo que o vexamos dunha cor determinada.
6.1.-Comportamento da materia ante a calor:
Cando un corpo recibe enerxía en forma de calor sofre cambios: aumenta a súa temperatura e, como consecuencia, dilátase ou pode cambiar de estado:
- A dilatación é o aumento do tamaño dun corpo debido ao incremento da temperatura. Os gases e os líquidos son os que máis se dilatan. Os sólidostamén sofren este cambio; algúns dilátanse bastante, como os metais, e outros moi pouco, como o vidro. Cando os corpos arrefrían prodúcese o fenómeno contrario, a contracción.
- A materia atópase en tres estados: sólido, líquido e gasoso, e pode cambiar dun a outro por efecto da calor.
Ao recibir enerxía calorífica, os corpos empezan a aumentar de temperatura ata que chegan a un punto no que, a pesar de seguir recibindo calor, a temperatura permanece constante. Isto débese a que nese momento a calor se emprega en que o corpo cambie de estado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





