TEMA 7: DO ABSOLUTISMO AO LIBERALISMO
Proba repaso con Socrative na semana do 13 ao 15 de maio.Proba escrita ou dixital será o 20 ou 21 de maio 2019.
Haberá unha proba de recuperación final no caso de non acadar un resultado satisfactorio, no mes de xuño ( entre os días 12 e 18 do mes).
Tarefas:
1.-Liña do tempo feita conTimeline nas aulas, dende primeiros de abril.Entrega data tope o 3 de maio.
2.-Recoméndase elaborar os apuntamentos coa mesma liña do tempo ou no caderno ( ver máis abaixo tamén ).
Proba de repaso na semana do 13 ao 15 de maio.
Proba de avaliación o 20 ou 21 de maio do tema 9.
Apuntamentos:
España s-XIX
Antecedentes: Revolución francesa de 1789, triunfo do Liberalismo (coas novas ideas da Ilustración).Gobernou en Francia, Napoleón Bonaparte.
Goberno en España: reis-monarcas e outras formas de goberno.
*Carlos IV, foi rei de España desde o 14 de decembro de 1788 até o 19 de marzo de 1808 cando, como consecuencia do golpe de Estado que pasou á historia como o motín de Aranjuez, abdicou en favor do seu fillo Fernando (sería posteriromente Fernando VII), príncipe de Asturias.
Era fillo e sucesor de Carlos III e da súa esposa María Amalia de Saxonia.
O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola Guerra da Independencia (1808) e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas Guerras Carlistas (1833).
En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador (perda da maioría das colonias americanas) en América latina, que rematará a finais do século XIX.
Etapas do seu reinado:
-Sexenio absolutista (1814-1820)
-Trienio Liberal (1820-1823), non goberna Fernando VII, senón o coronel Riego). Invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, exército francés, para someter á España liberal e rexarcirse da derrota na Guerra de Independencia.
-Década Ominosa (ou II Restauración do Absolutismo) (1823-1833).
Fernando VII, fai pública no ano 1830, a Pragmática Sanción do seu pai Carlos IV de 1789, que abolía a Lei Sálica (impedía o goberno das mulleres)
*Trienio Liberal ou Constitucional: 1820-23.Pronunciamento do coronel Riego, para acatar a Constitución de 1812, e convocar eleccións.Etapas do seu reinado:
-Sexenio absolutista (1814-1820)
-Trienio Liberal (1820-1823), non goberna Fernando VII, senón o coronel Riego). Invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, exército francés, para someter á España liberal e rexarcirse da derrota na Guerra de Independencia.
-Década Ominosa (ou II Restauración do Absolutismo) (1823-1833).
Fernando VII, fai pública no ano 1830, a Pragmática Sanción do seu pai Carlos IV de 1789, que abolía a Lei Sálica (impedía o goberno das mulleres)
Rei Fernando VII obrigado a xurar a Constitución de 1812 e suprimir a Inquisición.
*Reinado de Isabel II (1833-1868)
-1ª etapa dende 1833-1840 Monarquía liberal coa Rexencia da súa nai Mª Cristina de Borbón.
-2ª etapa dende 1841-1843. Regencia de Espartero.
***Constitución de 1837-Constitución 1845
-3ª etapa: reinado de Isabel II (1843-1868) ata o exilio (de Isabel II) en 1868. ***Revolución de 1868.
*Sexenio Democrático (ou revolucionario) dende (1868-1874).
-Goberno Provisional (1868-1871) de Serrano. Constitución de 1869 establecía unha monarquía constitucional.
-Reinado de Amadeu I de Savoia dende 18671-1873. Houbo a II guerra Carlista ( tamén chamada a III) en 1872 ata 1876 en oposición a los monárquicos afonsinos partidarios do fillo de Isabel II.
-I República (1873-1874) co pronunciamento do xeneral Martínez Campos.
*Restauración borbónica (monarquía moderada): 1875-1902 (realmente duraría ata 1931).
1ª etapa co reinado de Afonso XII (1874-1885) e asentada nos catro pilares: Rei, Cortes, Constitución e quenda (turno: alternancia pacífica entre dous partidos: conservadores (de Cánovas) e liberais (de Sagasta) a través do caciquismo ou "pucherazo")).Foi unha etapa de oligarquía,centralismo e onde a Iglesia gañou poder de novo.Partidos políticos, sindicatos ou ideoloxías por ex: PSOE (1879), Anarquismo, Socialismo,UXT, CNT,....
2ª etapa: Rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902) ata que o seu fillo, Afonso XIII, cumpre os 16 anos en 1902, e xura a Constitución de 1876.
Feitos relevantes: perda das derradeiras colonias españolas: Cuba, Porto Rico e Filipinas en 1898.
No hay comentarios:
Publicar un comentario