jueves, 28 de marzo de 2019

TEMA 5 A MATERIA E A ENERXÍA 6ºCURSO


Tema 5 "A MATERIA E A ENERXÍA"
1.-Clasificamos a materia: estados da materia e cambios de estado (físicos)
2.-As mesturas: separación
3.-Cambios da materia
4.-A luz e o calor: formas de enerxía.
5.-Comportamento da materia ante a enerxía.

1.-Clasificamos a materia:
materia forma todo o que existe no universo. Todo o que nos rodea, e incluso o noso corpo, está formado por materia, que ten masa e volume.

1.1.-A materia: preséntase en diferentes estados.
Sólido: ten forma propia e ocupa sempre o mesmo espazo, é dicir mantén o seu volume.
Líquido: carece de forma propia, xa que adquire a do recipiente que a contén, pero mantén o seu volume.
Gasoso: non mantén a súa forma, xa que se adapta á do recipiente que a contén, e tampouco mantén o seu volume.

1.2.-Os cambios de estado:

Os cambios de estado son reversibles, é dicir, a materia pode recuperar o seu estado inicial.
Fusión:paso de sólido a líquido (ou derretimento)  Sublimación(sólido a gasoso)
Solidificación: paso de líquido a sólido.      Cristalización(gasoso a sólido)

Vaporización: paso de líquido a gasoso (ou ebulición)
Condensación: paso de gasoso a líquido (ou licuación)
1.3.-Substancias puras e mesturas:
As substancias puras están formadas por un só compoñente. Exs: ouro, auga, sal,...
As mesturasestán formadas por máis de un compoñente e poden ser:
-Mesturas homoxéneas: os compoñentes non se aprecian a simple vista. Ex:biscoito chocolate
-Mesturas heteroxéneas: os compoñentes distínguese claramente. Ex: macedonia

2.-Métodos de separación de mesturas
Dependendo de como sexa a mestura e das substancias que queremos obter, utilízanse distintos métodos de separación de mesturas. Estes son os métodos máis habituais:
Para mesturas homoxéneas:
-Evaporación:
Utilízase cando a mestura é homoxénea e está formada por un líquido e un sólidocomo o sal disolvido en auga. Consiste en colocar a mestura nun lugar seco e deixar evaporar a auga. No fondo irán aparecendo os cristais de sal. Este sistema utilízase industrialmente para extraer o sal do mar nas salinas.
-Destilación:
É o sistema que se utiliza para separar unha mestura homoxénea de dous líquidos que teñen distinta temperatura de ebulición, por exemplo, alcohol e auga. 
Ao quentar a mestura, o compoñente que se evapora antes, é dicir, o que ten unha temperatura de ebulición máis baixa, pasa a estado gasoso. Cando, a través dun tubo, chega unha zona máis fría, condénsase e volve a estado líquido, e recóllese nun recipiente.
Mesturas heteroxéneas
-FiltraciónUtilízase cando temos unha mestura heteroxénea formada por un líquido e un sólido, como auga e area. Consiste en colocar un papel poroso nun embude e botar a mestura. O líquido cae e o papel retén o sólido.
-Decantación: Mediante este sistema podemos separar mesturas heteroxéneas formadas por dous líquidos con distinta densidade e que non se mesturan, como por exemplo, auga e aceite. Ao deixar repousar a mestura, o líquido máis denso queda na parte inferior e o menos denso flota.
Outros métodos: imán (ex: área e metais), coador (ex: fariña e garabanzos),..

3.-A materia sofre cambios: cambios físicos e químicos
A materia pode mudar de aspecto, forma (sería só un cambio físico) ou transformarse noutra distinta substancia (por tanto sofrería un cambio químico (da súa composición)).

3.1.-Cambios químicos ou reaccións químicas:
As substancias chamadas reactivos transfórmanse noutras chamadas produtos.
Sempre interven enerxía e a masa total das substancias non varía. 
As reaccións químicas están presentes en moitos casos da nosa vida cotiá: produtos, conservación alimentos, obtención de novas substancias, (conservación e producción substancias: textís, plásticos, medicamentos,...).
Algúns tipos de reaccións químicas:
-Oxidación: substancia + osíxeno do aire= óxido (nova substancia).Exs: corrosión metais, oxidación da froita (ese cor castaño)..
-A combustión:
-A fermentación:



 4.-A luz e a calor son formas de enerxía:
Para que todos os cambios (de estado, movemento, de forma,...) sexan posibles fai falta enerxía. A maior fonte de enerxía para a Terra é o sol, que nos proporciona luz calor.
4.1.-A luzé unha forma de enerxía, por iso produce cambios nos corpos.
Podemos ver os obxectos porque emiten luz, é dicir, porque son fontes luminosas, ou porque a reflicten. A luz que emiten as fontes luminosas propágase ata que chega a un corpo. Estas son as características da propagación da luz:
  • Propágase en liña recta ata que choca cun corpo. 
  • Viaxa en todas as direccións desde o lugar onde se emite. 
  • Viaxa a gran velocidade: percorre 300.000 quilómetros cada segundo.
A luz branca do sol está composta polas sete cores do arco da vella.
5.-O comportamento da materia ante a enerxía
A enerxía produce cambios na materia. Como se comporta a materia ante a luz e a calor?.
Comportamento da materia ante a luz:
Segundo como se comportan ante a luz, os materiais poden ser de distinto tipo:
  • Transparentes, como o aire, a auga , o vidro, que deixan pasar toda a luz ou gran parte  da luz que lles chega.
  • Translúcidos, como algúns plásticos ou o vidro esmerilado, que deixan pasar só parte da luz. Cando os raios de luz atravesan estes materiais, dispérsanse. Por iso non podemos ver claramente os obxectos que están detrás deles.
  • Opacos, como as rochas ou a madeira, que non deixan pasar a luz, absórbena ou reflíctena, e impídennos ver o que hai detrás deles.
Cando os raios de luz chegan a un corpo, chocan con el, rebotan e cambian de dirección, é dicir, reflíctense. 
reflexión é unha propiedade da luz que nos permite usar os espellos e ver os obxectos que non emiten luz.

Cando a luz pasa dun material a outro distinto, como do aire ao vidro, os raios desvíanse e dan lugar a un fenómeno chamado refracción, que permite deseñar lentes, como as lupas ou os cristais das lentes graduadas.

REFLEXIÓN DA LUZ (As lentes converxentes xuntan os raios da luz)



REFRACCIÓN (As lentes diverxentes separan os raios da luz)

6.-A luz e as cores:
Os obxectos non teñen cor, é a luz, que está formada por sete cores, a que fai que os vexamos dunha cor ou doutra. 
Cando a luz choca cun corpo, parte dos raios son absorbidos por este corpo, mentres que outros son reflectidos e chegan aos nosos ollos, facendo que o vexamos dunha cor determinada.
6.1.-Comportamento da materia ante a calor:
Cando un corpo recibe enerxía en forma de calor sofre cambios: aumenta a súa temperatura e, como consecuencia, dilátase ou pode cambiar de estado:
  • dilatación é o aumento do tamaño dun corpo debido ao incremento da temperatura. Os gases e os líquidos son os que máis se dilatan. Os sólidostamén sofren este cambio; algúns dilátanse bastante, como os metais, e outros moi pouco, como o vidro. Cando os corpos arrefrían prodúcese o fenómeno contrario, a contracción.
  • A materia atópase en tres estados: sólidolíquido e gasoso, e pode cambiar dun a outro por efecto da calor.
Ao recibir enerxía calorífica, os corpos empezan a aumentar de temperatura ata que chegan a un punto no que, a pesar de seguir recibindo calor, a temperatura permanece constante. Isto débese a que nese momento a calor se emprega en que o corpo cambie de estado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario