viernes, 15 de marzo de 2019

Reciclar (video Ambilamp). Anuncio publicitario T5.Proxecto


Reflexión sobre o que nos quere transmitir. Moito e tan pouco tempo.
Exemplo de anuncio TV para facer o voso anuncio publicitario!!

jueves, 7 de marzo de 2019

Liña do tempo de Historia de España

Aquí tedes unha liña do tempo das etapas da Historia de España para 5º ou 6º de Ed. Primaria feita con word e paint. Pode servir para situarnos e orientarnos á hora de dar comezo ao estudo da Historia neste nivel educativo. Aparecen datas e acontecementos ou feitos relevantes para comprender a división das etapas históricas.
Vamos intentar facer un cada un de vós co diverso material que temos na aula ou na casa.Esta é moi sinxela pero creo vos pode valer. Tamén ensinareivs ao igual que o ano pasado, ou mellor dito, recórdovos algunha ferramenta dixital para facelas como: Timeline por exemplo.
Tarefa 1
Facede unha no caderno ou noutro documento co material dito (cartóns, cartolinas, goma eva, folios cores,....).


lunes, 25 de febrero de 2019

Tema 6 A industrialización (SOC)

Temporalización: Marzo
Esquema-guión do Tema "A Industrialización"
A industrialización
A Revolución agrícola e Industrial.
1.1.-Transformacións agrícolas
1.2.-O nacemento da industria
1.3.-O crecemento da poboación.
-A revolución dos transportes
2.-Como era o traballo nas fábricas
3.-Una nova organización económica e social.
3.1.-A sociedade de clases
3.2.-O capitalismo
3.3.-As novas ideas sociais
4.-Unha cidade industrial 
5.-A industrialización española
5.1.-Unha débil industrialización
-Unha industrialización en Galicia.
5.2.-O crecemento da poboación.
5.3.-O mantenemento da sociedade tradicional.
6.1-O século de ferro e o aceiro
6.2.-A fotografía e o cine.

Planteamiento: (tratamento)
Facemos memoria, chuvia de ideas.Etapas da Historia.
Infografía, imaxe ou liña do tempo para situarnos.
Características económicas, sociais e políticas da Idade Media e Moderna (liñas xerais).
Investigamos un pouco.
Visualización videos. Reflexión grupal.
Palabras clave: revolución agrícola, revolución industrial, excedentes, máquina vapor, burguesía, capitalismo, clase obrera, ferrocarril, millo e pataca (novos cultivos), rotación cultivos, novas máquinas, ...


Introdución:
A Revolución Agrícola, se dí tamén, que foi unha evolución rápida nos métodos de cultivoque conlevou o gran incremento da productividade agrícola
Tamén é o período no que se asentan e popularizan novas forraxeiras e outros cultivos procedentes de América (millo e papa entre eles) que inflúe neste proceso.

Describe tamén un período de desenrolo agrícola en Gran Bretaña que abarca desde o século XVIII ata mediados do S. XIX, período durante o cal existíu un incremento moi alto da productividade agrícola, do rendemento e da producción total. Estes feitosprovocaron un aumento da población sen precedentes, liberando do campo a un significante porcentaxe da población, que constituíu a man de obra da Revolución Industrial.



1.-A revolución agrícola e industrial
Desde finais do século XVIII, unha serie de innovacións científicas e técnicas transformaron a agricultura e propiciaron o nacemento da industria moderna. Este conxunto de transformacións constitúen a revolución agrícola e industrial.

1.1.-As transformacións agrícolas
Novas técnicas e novos cultivos (aforro de man de obra e mellora e aumenta a produción de alimentos.Entre elas:
-Inicio da rotación de cultivos (sistema barbeito+cultivo de plantas forraxeiras ou legumes)
-Introdución uso de fertilizantes (mellora a produtividade)
-Cultivos de América xeneralizanse: millo, pataca,
-Novas máquinas para: arar, sementar, segar, mallar,...

Foi posible a industrialización grazas a,  e conlevou: (ver imaxe)


Exemplo do sistema de rotación e novos cultivos:

1.2.- O nacemento da industria

Pasamos da forza do ser humano e animal o da natureza (vento, auga) a finais do S. XVIII, a invención da máquina de vapor (carbón coma combustible principal), movía máquinas coa forza do vapor de auga. Grazas a isto se produciron gran cantidade de bens coas novas fontes de enerxía (chámase insdustrialización).

-Novos transportes grazas a máquina de vapor: o ferrocarril (vías, estacións..)

1.3.- O crecemento da poboación

Grazas a mellor alimentación permitíu o aumento da poboación. Os nacementos superaron as defuncións. Houbo éxodo rural cara as cidades (búsqueda de traballo) que creceron.


2.-Unha nova organización económica e social.
-O capitalismo
-Nova organización social: nova sociedade de clases: A burguesía e a clase obrera (obreiros).Prodúcese novas desigualdades sociais e xurden novas organizacións obreiras: sindicatos e os partidos socialistas (critican o capitalismo e defenden un sistema baseado na igualdade social (revolución para por fin o capitalismo e implantar unha nova sociedade sin clases sociais (socialismo)).

3.-As cidades industriais. Características:novas actividades económicas e industriais, fábricas, comercio, finanzas, (bancos) transportes....Novos barrios, mellora de infraestructuras (ilumninación, sumidoiros, pavimento.Novos transportes (ferrocarril, tranvías, e o metro).Novos entretenementos (teatros, casinos, cafés, salóns de baile..)

4.-A industrialización española: foi débil, con retraso e lenta.Xa que a terra seguía en mans de poucos e grandes propietarios (nobles e burgueses).A xente seguía adicada a agricultura.Excepto no País Vasco (finais do XIX coa industria siderúrxica) e Cataluña coa industria textil a partires de 1830, e as minas de carbón de Asturias.
-A industrialización en Galicia.Cambios a final do s.XIX e comezos do s.XX na tradicional industria pesqueira. Pásase das salgaduras á industria conservera que xerou outras modificacións en outros sectores (barcos, portos,..). 
-Crecemento da poboación no s.XIX, menor ca en Europa polo lento proceso de industrialización, agricultura atrasada,alimentación deficiente, e expansión de enfermidades.Éxodo rural.
-Mantenemento da sociedade tradicional (nobreza).Nova burguesía agraria e industrial.Maioría poboación campesiña e nº obreiros son escasos excepto en Cataluña e País Vasco.

Século do Ferro e do Aceiro (e vidro): arte (enxeñeiros,arquitectos, novos edificios, a fotografía, o cinematógrafo (o cine)

O cine:xurde a finais do s.XIX. Aproveitaremos este arte para tratar o tema
A través do cine estudaremos esta etapa da historia, cos fragmentos do film Oliver Twist da novela de Charles Dickens, que reflexa e recolle dun xeito veraz o traballo infantil, as miserias, a delicuencia, o comezo da industrialización, da migración do campo a cidade,
 en definitiva a Inglaterra victoriana.




A SOCIEDADE: Organización social S.XVIII-XIX
Pasase dunha sociedade ou organización social estamental privilexiados e non privilexiados a unha sociedade de clases (altas, medias e baixas) onde o diñeiro da a posición e fai que ascendan ou descendan no seus privilexios (mobilidade).Pódese comprar os títulos co diñerio e non co nacemento coma era anteriormente.Van desaparecendo os privilexios no Antiguo Reximén do S. XVIII.
As novas clases sociais que xurden tras a Revolución agrícola e industrial a finais do S.XVIII e XIX
Estas diferenzas e desigualdades sociais producirán enfrentamentos e conflictos.





sábado, 9 de febrero de 2019

Tema 5 A empresa e o traballo

Temporalización: febreiro.
Tarefas a realizar (individual e cooperativo): ata o 28 de febreiro.
A) Cuestionario previo e final (KPSI) (Socrative ou outra ferramenta)
B) Esquema-resumo (coas ferramentas vistas, ou no caderno) (ata o 21/02)
C) Copiar imaxes páxs: 76-77-79-80.
C) Anuncio publicitario (equipo cooperativo).Debedes ver a rúbrica para saber como facer, guón, estructura, etc.Está na parede da aula.

Tema 5 A empresa e o traballo
1.-O diñeiro
1.1.-Os ingresos: gasto e aforro
1.2.-As formas de pagamento
2.-As empresas
2.1.-Tipos de empresa
2.2.-A organización empresarial
3.-A publicidade
3.1.-Estratexias publicitarias

1.-O diñeiro
Hai moitos anos existia o troco, intercambio de produtos. O diñeiro pon prezo aos produtos. É o conxunto de billetes e moedas que se empregan como medio de pago legal.
1.1.-Os ingresos: gasto e aforro
O diñeiro obtense a cambio dun traballo, da venda de produtos e servizos ou a partir dun préstamo. O conxunto de todo isto forma parte dos ingresos.
O diñeiro podemos gastalo, aforralo ou investilo. ( nos apuntamentos copiar imaxe da páx. 76, distribución dos ingresos)
Ingresos: cantidade de diñeiro que se gaña regularmente por algún concepto. Utilízase para:
gasto, aforro e/ou investimento.
Gasto: diñeiro que se emprega para comprar algo ou satisfacer necesidades e desexos.
Aforro: diñeiro que se garda ou reserva para unha necesidade futura.
Investimento: diñeiro que se arrisca en algo coa esperanza de obter un beneficio.
 1.2.- As formas de pagamento
O diñeiro é un medio de pagamento que permite o intercambio ou troco de mercadorías e servizos. Existen diferentes mecanismos de pago:
-Diñeiro en efectivo: moedas e billetes
-Tarxeta bancaria: ferramenta magnética que permite pagar sin levar diñeiro en efectivo (de crédito ou débito*).
-Cheque bancario: documento de pago, unha peroa con conta nun banco, ordea o pago.
-Pagamento electrónico: operación de pago por internet.
Importante: planificar, gastar o que se precise (necesidades), e aforrar (para máis adiante).
O orzamento persoal é unha ferramenta que organiza o diñeiro disponible.Existen tamén, apps para levar o control e planificación.

2.-As empresas
Todos os bens e servizos que consumimos son o resultado das actividades económicas xeradas polas empresas e o traballo humano.
2.1.-A empresa é unha organización que fabrica produtos e/ou ofrece servizos (supermercado, restaurante, cine,..) a cambio dun beneficio económico.Para iso necesitan recursos materiais (materias primas e ferramentas), humanos (persoas) e financieiros (diñeiro).
Existen outras organizacións (fundacións) cuxo principal obxectivo non é a obtención de diñeiro, senón facer un ben social.
2.2.-Tipos de empresas: criterios de clasificación
a) Sector económico ao que pertencen:
Sector primario, secundario ou terciario.
b) O tamaño: nº de traballadores
-Microempresas (1 a 10 traballadores)
-Pequenas empresas (entre 10 e 50)
-Medianas empresas (50 e 250)
-Grandes empresas (máis de 250 traballadores).
2.3.-A organización empresarial
Existen según o tamaño, propiedade diferentes formas de organización.
-Unha persoa soa: dirixe todas as actividades e é o propietario do negocio.
-Varias persoas: organízanse en departamentos como
Dirección, produción, marketing (dar a coñecer o produto ou servizo), comercial (vende), finanzas, recursos humanos.

3.-A publicidade
As empresas utilizan mensaxes publicitarios para vender, convencer dos beneficios dun produto ou servizo. Utilízanse os medios de comunicación para elo. Medios escrito, visual, auditivo, audiovisual,..). Os elementos son:
-O emisor é a empresa ou institución que transmite unha mensaxe para dar a coñecer un produto ou servizo
-A mensaxe é a información que se transmite. O elemento máis importante é o slogan, frase curta, con rima, apegadiza,...
-O destinatario é o conxunto de persoas ou empresas ás que vai dirixida a mensaxe.
3.1.-Estratexias publicitarias: debe captar a atención, impactar,espertar o desexo, para que o cliente o compre.Utilízanse diferentes técnicas: repetición, esaxeración dos beneficios do produto e a asociación da imaxe (personaxe, canción, sentimento..)


Tarefa a realizar co equipo cooperativo: (antes do 1 de marzo)
-Facer un anuncio publicitario sobre un produto ou servizo. (Debe incluir algún destes elementos: slogan, música ou canción, imaxe, texto, etc.. 
A estructura: 1.-Titular ou encabezamento, 2.-Mensaxe (corpo), 3.-eslogan e 4.-cerre/firma.
Ver a rúbrica na aula para ter orientacións sobre a avaliación e proceso.


jueves, 17 de enero de 2019

TEMA 3 A REPRODUCIÓN (6º)

2º TRIMESTRE:
T3: A REPRODUCIÓN (xaneiro-febreiro)
T4: A SAÚDE, UN BEN COMÚN. (febreiro-marzo)

*1ª Proba escrita: na primeira semana de febreiro (tema 3: a reprodución)

TEMA 3 A REPRODUCIÓN
1.- As etapas da vida e os caracteres sexuais
1.1.-As etapas da vida.
-Infancia.
-Adolescencia: puberdade
-Adulta: xuventude, madurez, ancienidade.
1.2.-Os caracteres sexuais.
-Caracteres primarios: órganos reprodutores
-Caracteres secundarios: diferenzas físicas (puberdade)

2.-Os aparatos reprodutores
-Aparato reprodutor masculino.
-Aparato reprodutor feminino.

3.-As células sexuais e a fecundación.
3.1.-As células sexuais:
-Espermatozoide.
-Óvulo.
3.2.-A fecundación
-Óvulo fecundado ou cigoto-embrión.

4.-O embarazo e o parto.
4.1.-Formación da placenta
4.2.-De embrión a feto:
-Primeiro trimestre
-Segundo trimestre
-Terceiro trimestre
4.3.-O parto:fases
-Dilatación
-Expulsión.
-Libramento.


1.-As etapas da vida e os caracteres sexuais.
As características físicas que distinguen os homes e as mulleres chámanse caracteres sexuais. Estas diferenzas fanse máis ou menos evidentes segundo a fase ou etapa da vida na que nos encontremos.
1.1.-As etapas da vida:
As persoas atravesamos tres etapas: a infancia, a adolescencia e a idade adulta.
-infancia abarca desde o nacemento ata os 12 anos de idade, aproximadamente.
-adolescencia comprende desde os 12 ata os 19 anos de idade, aproximadamente. Entre os 11 e os 15 anos ten lugar a puberdade, etapa na que os aparatos reprodutores de rapaces e rapazas alcanzan a súa madurez e capacidade fértil. (aparición de diferenzas físicas claras entre os rapaces e as rapazas).
-idade adulta abarca, aproximadamente, dos 19 anos ata a fin da vida, e divídese en tres etapas: a xuventude, a madurez e a ancianidade.

1.2.-Os caracteres sexuais (diferencian)
Poden ser de dous tipos:
-Primarios: son os aparatos reprodutores (masculino e feminino), xa desde o nacemento.
-Secundarios: son as diferenzas físicas muller/home evidentes na puberdade. Exs: cambios segundo o sexo: voz máis grave, ombros, bigote, barba (rapaces), peluxe (pube e axilas), ensanchamento de cadeiras e crecen as mamas ( mulleres)

2.-Os aparatos reprodutores
-O aparato reprodutor masculino está formado polos seguintes órganos: os testículos, os condutos deferentes, as vesículas seminais, a uretra e o pene.


-O aparato reprodutor feminino está formado polos seguintes órganos: os ovarios, Trompas de Falopio, útero, vaxina e vulva



3.-As células sexuais e a fecundación.
Os seres humanos realizamos as tres funcións vitais: a función de nutrición, a función de relación e a función de reprodución. 
Grazas á función de reprodución, os seres humanos orixinamos outros seres semellantes a nós e así aseguramos a continuidade da nosa especie. 
Os seres humanos temos un tipo de reprodución sexual (é necesario que se produza unión de dúas células sexuais, unha feminina e outra masculina, é dicir, un óvulo e un espermatozoide = chámase fecundación).


3.1.-As células sexuais:
-Espermatozoides:son as células reprodutoras masculinas (ou gametos masculinos). O seu tamaño é moi pequeno e neles pódense diferenciar tres partes: a cabeza, o pescozo e a colaou flaxelo. Grazas ao seu flaxelo estas células poden moverse. Fórmanse nos testículos na puberdade.
-Óvulos: son as células reprodutoras femininas (ou gametos femininos). Teñen forma arredondada, o seu tamaño é moito maior ca o dos espermatozoides e non teñen capacidade de moverse.No momento do nacemento, as nenas teñen no seu aparato reprodutor un gran número de óvulos inmaturos. Estas células madurarán na puberdade. A partir dese momento, estarán preparadas para ser fecundadas.
3.2.- A fecundación
Cada 28 días, aproximadamente, un ovario libera un óvulo, que é arrastrado a través das trompas de Falopio cara ao útero. Se durante ese percorrido o óvulo se encontra cun espermatozoide, pode ser fecundado. fecundación prodúcese cando o espermatozoide alcanza o óvulo e consegue entrar nel. A partir dese momento, o óvulo fecundado ou cigoto comeza a dividirse e recibe o nome de embrión. Cando o embrión chega ao útero, fíxase nas súas paredes, é dicir, implántase, e segue crecendo
4.-O embarazo e o parto: Dura 9 meses e finaliza co parto. Neste tempo a prodúcense moitos cambios tanto no embrión coma na muller.
4.1.-A formación da placenta
Durante as primeiras fases do desenvolvemento do embrión créase un tecido na parede do útero. Este tecido, que se chama placenta, encárgase de captar o osíxeno e os nutrientes do sangue da nai (substancias que necesita o bebé para crecer e desenvolverse). O cordón umbilical une a placenta co bebé e a través del viaxan os nutrientes e o osíxeno que capta a placenta.
Ao mesmo tempo que se desenvolve a placenta, tamén se forma a bolsa amniótica. No seu interior está o líquido amniótico, que rodea e protexe o embrión.
4.2.-De embrión a feto:
-Primeiro trimestre: Durante os dous primeiros meses, aproximadamente, o cerebro do futuro bebé comeza a desenvolverse, o seu corazón latexa e aparecen uns pequenos vultos que, co tempo, serán os seus brazos e as súas pernas. Ao final do primeiro trimestre o embrión recibe o nome de feto. Nese momento ten xa formados os órganos, que comezan a funcionar, a excepción dos pulmóns, que se estrearán no parto.
-Segundo trimestre:Neste período o feto xa pode oír, chupa o dedo, abre e cerra os ollos, e a súa nai comeza a sentir como se move.
-Terceiro trimestre: Ao longo dos tres últimos meses, o feto crece e gaña peso, de modo que, durante o oitavo mes pesa xa entre dous quilos e medio e tres quilos. Os seus órganos maduraron, polo que está listo para poder vivir fóra do ventre materno. Os bebés que nacen antes dese momento considéranse prematuros e, xeralmente, necesitan coidados especiais despois do parto.
4.3.-O parto: é o momento do nacemento do bebé e desenvólvese en tres etapas: a dilatación, a expulsión e o libramento
-A fase de dilatación, a zona do útero que se une á vaxina dilátase pouco a pouco ata alcanzar un diámetro duns 10 centímetros. Ademais, prodúcense contraccións rítmicas que empuxan o feto cara á vaxina.
-A fase da expulsión consiste na saída do feto ao exterior a través da vaxina. Cando o bebé sae ao exterior, a persoa que atende o parto corta o cordón umbilical. Despois duns segundos, o bebé inspira aire por primeira vez e chora.
-O libramento é a última fase do parto. Nela prodúcese a saída da placenta ao exterior.

Fonte: Ed. SM

viernes, 11 de enero de 2019

Sectores económicos:"fabricando"

No segundo trimestre abordaremos os seguintes tres temas:
Tema 4: "As actividades económicas"
Tema 5: "A empresa e o traballo"
Tema 6: "A industrialización".

Tema 4: "As actividades económicas"
1.-O sector primario en España.
2.-O sector secundario en español.
3.-O sector terciario en España.
4.-As actividades económicas en Europa.

T4: As actividades económicas.
1.-O sector primario en España.
Agrupa todos os traballos relacionados coa obtención de produtos da natureza (agricultura, gandaría e pesca) ou materias primas (minaría).
1.1.-A agricultura:
Moi mecanizada e novas técnicas (rega automática, invernadoiros,..)
Tipos de cultivos: 
-Secaño: cereais, oliveira, mais, viñedo,...
-Regadío: hortalizas, cítricos, froiteiras, arroz, millo,...

1.2.-A gandaría:
Tipos de gando:
-Porcino, ovino, bovino, avícola, animais de granxa (coellos, galiñas, ..)
Modernizouse moito (tecnoloxía, pensos,..) e de forma intensiva.

1.3.-A pesca e a minaría:
Tipos:
-Pesca de altura (zona Atlántico, Pacífico,): pescada, atún, peixe sapo, peixe espada,bacallau,...
-Pesca de baixura (no Mediterráneo, Cantábrico, ou na costa de Galicia.). sardiñas, xarda, atún, luras, xurelo,...
 Minaría: é escasa e pouco importante.Carbón, ferro, cobre, chumbo, e rochas como: granito, mármore, xeso, lousa,...

Localización en España do sector primario:
España húmida (norte): predominan bosques, pastos, e a gandaría.
España interior: cultivos de cereais, vide, oliveira, hortalizas preto dos ríos.Gando ovino, porcino e bovino.
España meidterránea: terras de cereais, vide, oliveira, cítricos. Gando porcino e avícola.
Canarias: Regadíos no litoral, e secaño no interior. Produtivos os cultivos de invernadoiro. Gando as cabras.

2.-O sector secundario español:
Agrupa todas as industrias que se dedican á transformación dos produtos naturais.
2.1.-A industria en España: principais actividades industriais
-Industria alimentaria (conservas, galletas, doces,..)
-A siderúrxia (obtención de aceiro a partir do ferro) e a de produtos metálicos (ferramentas, pezas, maquinaria,..)
-A derivada do petróleo (pinturas, plásticos) e a química (medicamentos).
-A dos transportes (automóbiles, camións, pezas trens, avións,..).
2.2.-A construción: foi moi importante para outros sectores, servizos e empresas. Por ex: albaneis, arquitectos, carpinteiros, pintores, fontaneiros, electricistas,...
2.3.-A enerxía: as máis utilizadas son petróleo, gas natural, uranio, carbón, (fontes non renovables) e fontes renovables coma: a enerxía eólica, auga e enerxía solar.

Localización en España: 
As zonas de meirande concentración industrial están en Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid. En Galicia: a zona costeira coma Vigo, A Coruña

2.4.-O percorrido dun produto é:
-A extracción da materia prima
-A produción, a transformación (tecnoloxía e traballo humano)
-A comercialización (ata o consumidor, almacenaxe, distribución. transporte ata o comerciante, venda ao consumidor).

3.-O sector terciario en España:
Chamado tamén dos servizos está formado polas actividades que non crean ningún produto, senón que lle prestan servizos a outras persoas (comercio, transporte, turismo, sanidade, educación),...
3.1.-A prestación de servizos (son sanidade, educación, servizos comunitarios, administracións : Estado, Comunidade, Concello,, finanzas, bancos, actividades culturais e deportivas,..)
3.2.-O comercio interior e exterior: grazas o desonvolvemento do transporte, a U. Europea,,,,
3.3.-O transporte: a mellora favoreceu desenvolvemento doutras actividades: turismo, comercio, industria,..Rede de estradas, ferrocarrís, transporte marítimo, aeroportos,...
3.4.-O turismo: España é un país turístico, atractivo de España polo clima, praias, gastronomía, cultura,...

En que traballa a poboación española?.Antes aclarar uns conceptos:
-Poboación activa: conxunto de persoas maiores de 16 e menores de 65 (67) que traballan ou buscan traballo remunerado.
-Poboación ocupada: é a que ten traballo remunerado.
-Poboación en paro: e a que busca un traballo remunerado pero non o atopa.
-Poboación non activa: a que non realiza un traballo remunerado por diversas causas (estudantes maiores de 16, persoas dedicadas ao fogar, persoas discapacitadas,etc..).

4.4.-As actividades económicas en Europa
1.-O sector primario: escaso peso na economía europea.
-Agricultura moi productiva, mecanizada: cereais, hortalizas, froitas..
-Gandaria: é intensiva no centro e norte de Europa, extensiva no sur.
-A pesca é unha actividade destacada en Europa debido a extensión da costa.

2.-O sector secundario: actividades industriais: Gran rexión industrial, tecnolóxico e moi avanzado. Moi variada. Produtos de alta tecnoloxía, siderúrxia, aeronaútica, química, automóbiles, electrónica,..

3.-Unha economía de servizos: e a que produce maior riqueza en Europa.Empresas, finanzas, comercio,...

 No tema: "As actividades económicas" de Ciencias Sociais abordamos os sectores económicos e actividades, dende o sector primario ata o terciario ou sector servicios, vamos a ver un video para comprender mellor o proceso da fabricación dun producto dende a súa orixe, materia prima (sector primario), ata a súa comercialización (sector terciario), como chega finalmente ao consumidor, aos nosos fogares. Estade atentos!!.


lunes, 3 de diciembre de 2018

T.3 A intervención

Tema 3 " A intervención humana no medio "
Actividades a realizar para logo realizar os proxectos sobre o tema: informáticos, tecnolóxicos, audiovisuais,...
-Resumo-esquema da unidade cos contidos máis relevantes.(no cuaderno do alumno)
-Proxecto cooperativo: Desenrolar un punto do tema e presentalo en equipo cooperativo aos demáis compañeiros en calquera formato dos que dixemos na aula.




ANTECEDENTES. Investigamos:

Obxectivos de Desenrolo Sostible. O 25 de setembro de 2015, 193 líderes mundiais compremetéronse con 17 Obxectivos Mundiais para acadar 3 cousas extraordinarias nos próximos 15 anos. "Erradicar a pobreza extrema. Combatir a desigualdade e a inxustiza":