2º TRIMESTRE:
T3: A REPRODUCIÓN (xaneiro-febreiro)T4: A SAÚDE, UN BEN COMÚN. (febreiro-marzo)
*1ª Proba escrita: na primeira semana de febreiro (tema 3: a reprodución)
TEMA 3 A REPRODUCIÓN
1.- As etapas da vida e os caracteres sexuais1.1.-As etapas da vida.
-Infancia.
-Adolescencia: puberdade
-Adulta: xuventude, madurez, ancienidade.
1.2.-Os caracteres sexuais.
-Caracteres primarios: órganos reprodutores
-Caracteres secundarios: diferenzas físicas (puberdade)
2.-Os aparatos reprodutores
-Aparato reprodutor masculino.
-Aparato reprodutor feminino.
3.-As células sexuais e a fecundación.
3.1.-As células sexuais:
-Espermatozoide.
-Óvulo.
3.2.-A fecundación
-Óvulo fecundado ou cigoto-embrión.
4.-O embarazo e o parto.
4.1.-Formación da placenta
4.2.-De embrión a feto:
-Primeiro trimestre
-Segundo trimestre
-Terceiro trimestre
4.3.-O parto:fases
-Dilatación
-Expulsión.
-Libramento.
1.-As etapas da vida e os caracteres sexuais.
As características físicas que distinguen os homes e as mulleres chámanse caracteres sexuais. Estas diferenzas fanse máis ou menos evidentes segundo a fase ou etapa da vida na que nos encontremos.
1.1.-As etapas da vida:
As persoas atravesamos tres etapas: a infancia, a adolescencia e a idade adulta.
-A infancia abarca desde o nacemento ata os 12 anos de idade, aproximadamente.
-A adolescencia comprende desde os 12 ata os 19 anos de idade, aproximadamente. Entre os 11 e os 15 anos ten lugar a puberdade, etapa na que os aparatos reprodutores de rapaces e rapazas alcanzan a súa madurez e capacidade fértil. (aparición de diferenzas físicas claras entre os rapaces e as rapazas).
-A idade adulta abarca, aproximadamente, dos 19 anos ata a fin da vida, e divídese en tres etapas: a xuventude, a madurez e a ancianidade.
1.2.-Os caracteres sexuais (diferencian)
Poden ser de dous tipos:
-Primarios: son os aparatos reprodutores (masculino e feminino), xa desde o nacemento.
-Secundarios: son as diferenzas físicas muller/home evidentes na puberdade. Exs: cambios segundo o sexo: voz máis grave, ombros, bigote, barba (rapaces), peluxe (pube e axilas), ensanchamento de cadeiras e crecen as mamas ( mulleres)
2.-Os aparatos reprodutores
-O aparato reprodutor masculino está formado polos seguintes órganos: os testículos, os condutos deferentes, as vesículas seminais, a uretra e o pene.
-O aparato reprodutor feminino está formado polos seguintes órganos: os ovarios, Trompas de Falopio, útero, vaxina e vulva
3.-As células sexuais e a fecundación.
Os seres humanos realizamos as tres funcións vitais: a función de nutrición, a función de relación e a función de reprodución.
Grazas á función de reprodución, os seres humanos orixinamos outros seres semellantes a nós e así aseguramos a continuidade da nosa especie.
Os seres humanos temos un tipo de reprodución sexual (é necesario que se produza a unión de dúas células sexuais, unha feminina e outra masculina, é dicir, un óvulo e un espermatozoide = chámase fecundación).
3.1.-As células sexuais:
-Espermatozoides:son as células reprodutoras masculinas (ou gametos masculinos). O seu tamaño é moi pequeno e neles pódense diferenciar tres partes: a cabeza, o pescozo e a colaou flaxelo. Grazas ao seu flaxelo estas células poden moverse. Fórmanse nos testículos na puberdade.
-Óvulos: son as células reprodutoras femininas (ou gametos femininos). Teñen forma arredondada, o seu tamaño é moito maior ca o dos espermatozoides e non teñen capacidade de moverse.No momento do nacemento, as nenas teñen no seu aparato reprodutor un gran número de óvulos inmaturos. Estas células madurarán na puberdade. A partir dese momento, estarán preparadas para ser fecundadas.
3.2.- A fecundación
Fonte: Ed. SM
Cada 28 días, aproximadamente, un ovario libera un óvulo, que é arrastrado a través das trompas de Falopio cara ao útero. Se durante ese percorrido o óvulo se encontra cun espermatozoide, pode ser fecundado. A fecundación prodúcese cando o espermatozoide alcanza o óvulo e consegue entrar nel. A partir dese momento, o óvulo fecundado ou cigoto comeza a dividirse e recibe o nome de embrión. Cando o embrión chega ao útero, fíxase nas súas paredes, é dicir, implántase, e segue crecendo.
4.-O embarazo e o parto: Dura 9 meses e finaliza co parto. Neste tempo a prodúcense moitos cambios tanto no embrión coma na muller.
4.1.-A formación da placenta
Durante as primeiras fases do desenvolvemento do embrión créase un tecido na parede do útero. Este tecido, que se chama placenta, encárgase de captar o osíxeno e os nutrientes do sangue da nai (substancias que necesita o bebé para crecer e desenvolverse). O cordón umbilical une a placenta co bebé e a través del viaxan os nutrientes e o osíxeno que capta a placenta.
Ao mesmo tempo que se desenvolve a placenta, tamén se forma a bolsa amniótica. No seu interior está o líquido amniótico, que rodea e protexe o embrión.
4.2.-De embrión a feto:
-Primeiro trimestre: Durante os dous primeiros meses, aproximadamente, o cerebro do futuro bebé comeza a desenvolverse, o seu corazón latexa e aparecen uns pequenos vultos que, co tempo, serán os seus brazos e as súas pernas. Ao final do primeiro trimestre o embrión recibe o nome de feto. Nese momento ten xa formados os órganos, que comezan a funcionar, a excepción dos pulmóns, que se estrearán no parto.
-Segundo trimestre:Neste período o feto xa pode oír, chupa o dedo, abre e cerra os ollos, e a súa nai comeza a sentir como se move.
-Terceiro trimestre: Ao longo dos tres últimos meses, o feto crece e gaña peso, de modo que, durante o oitavo mes pesa xa entre dous quilos e medio e tres quilos. Os seus órganos maduraron, polo que está listo para poder vivir fóra do ventre materno. Os bebés que nacen antes dese momento considéranse prematuros e, xeralmente, necesitan coidados especiais despois do parto.
4.3.-O parto: é o momento do nacemento do bebé e desenvólvese en tres etapas: a dilatación, a expulsión e o libramento
-A fase de dilatación, a zona do útero que se une á vaxina dilátase pouco a pouco ata alcanzar un diámetro duns 10 centímetros. Ademais, prodúcense contraccións rítmicas que empuxan o feto cara á vaxina.
-A fase da expulsión consiste na saída do feto ao exterior a través da vaxina. Cando o bebé sae ao exterior, a persoa que atende o parto corta o cordón umbilical. Despois duns segundos, o bebé inspira aire por primeira vez e chora.
-O libramento é a última fase do parto. Nela prodúcese a saída da placenta ao exterior.
Fonte: Ed. SM
No hay comentarios:
Publicar un comentario