No segundo trimestre abordaremos os seguintes tres temas:
Tema 4: "As actividades económicas"
Tema 5: "A empresa e o traballo"
Tema 6: "A industrialización".
Tema 4: "As actividades económicas"
1.-O sector primario en España.
2.-O sector secundario en español.
3.-O sector terciario en España.
4.-As actividades económicas en Europa.
T4: As actividades económicas.
1.-O sector primario en España.
Agrupa todos os traballos relacionados coa obtención de produtos da natureza (agricultura, gandaría e pesca) ou materias primas (minaría).
1.1.-A agricultura:
Moi mecanizada e novas técnicas (rega automática, invernadoiros,..)
Tipos de cultivos:
-Secaño: cereais, oliveira, mais, viñedo,...
-Regadío: hortalizas, cítricos, froiteiras, arroz, millo,...
1.2.-A gandaría:
Tipos de gando:
-Porcino, ovino, bovino, avícola, animais de granxa (coellos, galiñas, ..)
Modernizouse moito (tecnoloxía, pensos,..) e de forma intensiva.
1.3.-A pesca e a minaría:
Tipos:
-Pesca de altura (zona Atlántico, Pacífico,): pescada, atún, peixe sapo, peixe espada,bacallau,...
-Pesca de baixura (no Mediterráneo, Cantábrico, ou na costa de Galicia.). sardiñas, xarda, atún, luras, xurelo,...
Minaría: é escasa e pouco importante.Carbón, ferro, cobre, chumbo, e rochas como: granito, mármore, xeso, lousa,...
Localización en España do sector primario:
España húmida (norte): predominan bosques, pastos, e a gandaría.
España interior: cultivos de cereais, vide, oliveira, hortalizas preto dos ríos.Gando ovino, porcino e bovino.
España meidterránea: terras de cereais, vide, oliveira, cítricos. Gando porcino e avícola.
Canarias: Regadíos no litoral, e secaño no interior. Produtivos os cultivos de invernadoiro. Gando as cabras.
2.-O sector secundario español:
Agrupa todas as industrias que se dedican á transformación dos produtos naturais.
2.1.-A industria en España: principais actividades industriais
-Industria alimentaria (conservas, galletas, doces,..)
-A siderúrxia (obtención de aceiro a partir do ferro) e a de produtos metálicos (ferramentas, pezas, maquinaria,..)
-A derivada do petróleo (pinturas, plásticos) e a química (medicamentos).
-A dos transportes (automóbiles, camións, pezas trens, avións,..).
2.2.-A construción: foi moi importante para outros sectores, servizos e empresas. Por ex: albaneis, arquitectos, carpinteiros, pintores, fontaneiros, electricistas,...
2.3.-A enerxía: as máis utilizadas son petróleo, gas natural, uranio, carbón, (fontes non renovables) e fontes renovables coma: a enerxía eólica, auga e enerxía solar.
Localización en España:
As zonas de meirande concentración industrial están en Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid. En Galicia: a zona costeira coma Vigo, A Coruña
2.4.-O percorrido dun produto é:
-A extracción da materia prima
-A produción, a transformación (tecnoloxía e traballo humano)
-A comercialización (ata o consumidor, almacenaxe, distribución. transporte ata o comerciante, venda ao consumidor).
3.-O sector terciario en España:
Chamado tamén dos servizos está formado polas actividades que non crean ningún produto, senón que lle prestan servizos a outras persoas (comercio, transporte, turismo, sanidade, educación),...
3.1.-A prestación de servizos (son sanidade, educación, servizos comunitarios, administracións : Estado, Comunidade, Concello,, finanzas, bancos, actividades culturais e deportivas,..)
3.2.-O comercio interior e exterior: grazas o desonvolvemento do transporte, a U. Europea,,,,
3.3.-O transporte: a mellora favoreceu desenvolvemento doutras actividades: turismo, comercio, industria,..Rede de estradas, ferrocarrís, transporte marítimo, aeroportos,...
3.4.-O turismo: España é un país turístico, atractivo de España polo clima, praias, gastronomía, cultura,...
En que traballa a poboación española?.Antes aclarar uns conceptos:
-Poboación activa: conxunto de persoas maiores de 16 e menores de 65 (67) que traballan ou buscan traballo remunerado.
-Poboación ocupada: é a que ten traballo remunerado.
-Poboación en paro: e a que busca un traballo remunerado pero non o atopa.
-Poboación non activa: a que non realiza un traballo remunerado por diversas causas (estudantes maiores de 16, persoas dedicadas ao fogar, persoas discapacitadas,etc..).
4.4.-As actividades económicas en Europa
1.-O sector primario: escaso peso na economía europea.
-Agricultura moi productiva, mecanizada: cereais, hortalizas, froitas..
-Gandaria: é intensiva no centro e norte de Europa, extensiva no sur.
-A pesca é unha actividade destacada en Europa debido a extensión da costa.
2.-O sector secundario: actividades industriais: Gran rexión industrial, tecnolóxico e moi avanzado. Moi variada. Produtos de alta tecnoloxía, siderúrxia, aeronaútica, química, automóbiles, electrónica,..
3.-Unha economía de servizos: e a que produce maior riqueza en Europa.Empresas, finanzas, comercio,...
No tema: "As actividades económicas" de Ciencias Sociais abordamos os sectores económicos e actividades, dende o sector primario ata o terciario ou sector servicios, vamos a ver un video para comprender mellor o proceso da fabricación dun producto dende a súa orixe, materia prima (sector primario), ata a súa comercialización (sector terciario), como chega finalmente ao consumidor, aos nosos fogares. Estade atentos!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario