sábado, 13 de febrero de 2021

 T4: "A saúde, un ben común".

1.1.-A saúde e a enfermidade Que é a saúde Que é a enfermidade1.2.-Tipos de enfermidades
2.- Unha vida saudable2.1.-Hábitos saudables2.2.-Outros hábitos
3.- Que prexudica a nosa saúde3.1.-As drogas3.2.-O abuso das novas tecnoloxías
4.-Os primeiros auxilios.4.1.-Protocolo e medidas contra o Covid (opcional)
5.-Os avances da ciencia que melloran a saúde.5.1.-Os avances na alimentación5.2.-Os avances na mediciña e tecnoloxía
1.-A saúde e a enfermidade:
1.1.-A saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social.  

Algúns factores dos que depende a saúde son:

  • As características persoais. Son factores hereditarios, como a miopía. Estas características poden evitar ou favorecer o desenvolvemento de determinadas enfermidades. 

  • O contorno que nos rodea. A escaseza de auga e de alimentos, a contaminación, a violencia, a falta de cultura ou a pobreza poden deteriorar a saúde. 

  • O estilo de vida. Os hábitos saudables protexen e melloran a nosa saúde (evitamos infeccións, previmos accidentes e achegamos ao noso organismo todo o necesario para funcionar correctamente). 

  • A atención sanitaria. É máis fácil estar san se temos un amplo sistema de protección da saúde, con centros sanitarios, hospitais e campañas de prevención e vacinación no país.

1.2.-Que é a enfermidade:

A enfermidade é a diminución ou a perda da saúde. Percibimos os síntomas da enfermidade que se padece, como dor, cansazo, malestar ou proído. Algúns efectos da enfermidade pódense detectar ou medir. Son os signos da enfermidade.

1.3.-Tipos de enfermidades:

Enfermidades infecciosas. Son causadas, principalmente, por axentes infecciosos que invaden o noso corpo e producen danos. Estes axentes poden ser virus, bacterias, fungos ou protozoos.

Virus. Son os causantes da gripe, Covid19, a rubéola, a sida ou a hepatite. 

Bacterias. Son as responsables da meninxite e o tétano. 

Fungos. Provocan o pé de atleta e algunhas dermatites. 

Protozoos. Orixinan a malaria e a toxoplasmose. 

Enfermidades non infecciosas. Están causadas por un mal funcionamento dos órganos do noso corpo, como a diabetes, orixinada por problemas nunha glándula do aparato dixestivo chamada páncreas.

Algunhas destas enfermidades poden afectar ao comportamento das persoas. Un exemplo é a anorexia, un trastorno que consiste en que, para estar delgado, a persoa afectada non come o necesario e acaba perdendo a saúde.

Outro tipo de enfermidades non infecciosas son as enfermidades sociais. Orixínanse pola influencia do medio no que vivimos, como carencias económicas, de afecto, de educación ou de seguridade. 

2.-Unha vida saudable: como coidar o noso corpo

“Máis vale previr ca curar” Significa que non convén esperar a que esteamos enfermos para coidar a nosa saúde.

Tamén, a saúde depende de un. Existen comportamentos ou hábitos que axudan a que estar san. Estes hábitos saudables reducen o risco de accidentes e enfermidades.

2.1.- Debemos incorporar hábitos saudables (costumes) na nosa vida, así o noso corpo funcionará mellor. Algúns hábitos saudables son:

  • Durmir entre 8 e 10 horas diarias.

  • Comer 5 veces ao día, sen esquecer o almorzo.

  • Protexer do sol a túa pel mediante cremas solares.

  • Escoitar música a un volume adecuado para que non lesione os teus oídos.

  • Respirar aire limpo evitando lugares cerrados nos que haxa moito fume.

Ademais que outros comportamentos nos axudan a estar sans? a postura,

2.2.- Outros hábitos para previr enfermidades:

Existen outros comportamentos que nos axudan a previr algunhas enfermidades:

  • As revisións médicas e a vacinación (periodicamente). Para previr certas enfermidades infecciosas, como o xarampón, a varicela, a meninxite ou a polio, debemos vacinarnos.

    (Solo para ler, non copiar): Cando nos poñen unha vacina, introdúcennos un axente infeccioso morto ou moi debilitado. Como resposta, o noso organismo fabrica defensas fronte a ese axente, de forma que se volvemos entrar en contacto con el, o noso corpo pode defenderse e evitar a infección.

  • Previr accidentes. Debemos tomar as precaucións adecuadas sempre. Por exemplo, antes de facer deporte debemos facer un quecemento; respectar as normas de circulación, e ser moi prudentes ao utilizar ferramentas ou aparatos eléctricos.

  • Evitar factores de risco. Outro é non inxerir substancias tóxicas que producen graves danos no noso organismo, como o alcohol, o tabaco ou as drogas.

3.-Que prexudica a nosa saúde

Algunhas persoas consomen substancias que sabemos que provocan graves enfermidades, e que incluso poden ocasionar a morte.

3.1.-As drogas, son substancias químicas que inflúen na vontade das persoas que as consomen e fan que se volvan dependentes, é dicir, que necesiten tomar esas substancias para sentirse ben. O tabaco e o alcohol tamén son drogas moi daniñas para a nosa saúde. 

-O tabaco: O tabaco contén nicotina, un compoñente que provoca adicción (difícil deixar de fumar). 

*Non copiar, só para ler: Contén outros compostos tóxicos, como o alcatrán, o arsénico e o amoníaco, que poden provocar graves enfermidades, como o cancro. O fume do tabaco dana tanto os fumadores activos como os pasivos, é dicir, as persoas non fumadoras que respiran o fume do tabaco dos fumadores. Outros efectos negativos do tabaco son o envellecemento da pel e o mal alento. Ademais, fai que os dentes amareleen.

-O alcohol: é a droga máis consumida no mundo e tamén provoca adicción.

*Non copiar, só para ler: Tomar grandes cantidades en pouco tempo produce intoxicación etílica e incluso a morte. Ademais, a metade dos accidentes de tráfico están provocados polo consumo de alcohol

Os efectos prexudiciais do alcohol son maiores nos máis novos, pequenas cantidades producen no seu corpo grandes danos. Hoxe en día o consumo de bebidas alcohólicas está aumentando entre moitos adolescentes, que a miúdo teñen pouca conciencia do perigoso que é.

3.2.-O abuso das novas tecnoloxías (NNTT)

A tecnoloxía, como internet, as redes sociais (ex: tik tok), os móbiles, as videoconsolas (ex: Fortnite)…, utilizada con moderación pode divertirnos, facilitar as relacións entre as persoas e o acceso á información. Porén, é común que, por falta de autocontrol, o seu uso provoque adicción e se transforme nunha dependencia.

Adicarlle demasiado tempo pode illarte da familia e do contacto con outras persoas, diminuír a actividade física .......(ter un círculo cerrado de amigos).

4.-Os primeiros auxilios

Debemos saber que facer ante os accidentes máis comúns que poden suceder na casa, na rúa ou no colexio. 

Algunhas actuacións básicas fronte aos accidentes leves máis frecuentes (ver imaxe). Serven para aliviar a dor en cada caso e evitar que o dano producido sexa maior. Se os accidentes son graves, debemos acudir ao centro de saúde.



5.-Avances da ciencia que melloran a saúde
Houbo unha evolución (aumento) da esperanza de vida en España ao longo dun século, desde o ano 1900 ata o ano 2000. A esperanza de vida son os anos que, en xeral, se espera que viva unha persoa. 

5.1.-Os avances na alimentación: os avances na hixiene dos alimentos e da auga foron decisivos para que as persoas esteamos máis sas e para que a nosa esperanza de vida sexa cada vez maior.

  • Os alimentos: existen e utilízanse distintas técnicas de conservación. Algunhas son antigas, como a salga e a conservación en vinagre, e outras son máis recentes, como a ultraconxelación, o envasado ao baleiro e o uso de aditivos conservantes.
    Ademais, as etiquetas dos alimentos envasados infórmannos da súa composición, da data de consumo preferente e, no seu caso, da data de caducidade.

*Non copiar, ler: A data de consumo preferente indica que, se se pasa desa data, o alimento perderá a súa calidade orixinal, é dicir, pode sufrir cambios de olor, de sabor ou de aspecto.
A data de caducidade indica que se comemos os alimentos despois desa data poderían causar danos á nosa saúde.

  • A auga potable. Para que poidamos bebela sen risco de contraer enfermidades sufre un tratamento. Este proceso consta de distintas fases e chámase potabilización.

5.2.-Avances na mediciña


Os avances médicos son outro dos factores que permitiron que a esperanza de vida das persoas aumente

Grazas a estes avances pódense previr numerosas enfermidades, diagnosticalas de maneira temperá e tratalas con eficacia.

-Vacinas: permitiron erradicar graves enfermidades, como a varíola. Ademais, axudan a previr numerosas enfermidades infecciosas, como a gripe, a varicela, o xarampón e hoxe en día, o Covid19. 

-Técnicas diagnósticas: Técnicas como as análises clínicas (coma a biopsia líquida ) permiten diagnosticar antes as enfermidades. Algunhas, como as radiografías, as ecografías e os escáneres, ofrecen imaxes do interior do organismo. 

-Medicinas: Os antibióticos como a penicilina, descuberta por Alexander Fleming, e os antitérmicos para baixar a febre axudaron a curar ou a aliviar os síntomas de moitas enfermidades. 

-Técnicas cirúrxicas: A anestesia e novas técnicas, como a cirurxía con láser, os transplantes ou os implantes, supuxeron un grande avance no tratamento dalgunhas enfermidades.

martes, 2 de febrero de 2021

Tema 5 " A empresa e o traballo"

Temporalización: febreiro-primeiros de marzo 2021.

Tarefas a realizar (individual e cooperativo): ata o 28 de febreiro.
A) Cuestionario previo e final (KPSI) (Socrative ou outra ferramenta)
B) Guión e esquema-resumo (coas ferramentas vistas, ou no caderno) (ata o 25/02)
C) Copiar imaxes páxs: 76-77-79-80.
C) Anuncio publicitario (equipo cooperativo ou individualmente).Debedes ver a rúbrica para saber como facer, guón, estructura, etc. Está na cortiza da aula.

Tema 5 A empresa e o traballo (guión)
1.-O diñeiro
1.1.-Os ingresos: gasto e aforro
1.2.-As formas de pagamento
2.-As empresas
2.1.-Tipos de empresa
2.2.-A organización empresarial
3.-A publicidade
3.1.-Estratexias publicitarias

Resumo: apuntes do tema
1.-O diñeiro
Hai moitos anos existia o troco, intercambio de produtos. O diñeiro pon prezo aos produtos. É o conxunto de billetes e moedas que se empregan como medio de pago legal.
1.1.-Os ingresos: gasto e aforro
O diñeiro obtense a cambio dun traballo, da venda de produtos e servizos ou a partir dun préstamo. O conxunto de todo isto forma parte dos ingresos.
O diñeiro podemos gastalo, aforralo ou investilo. ( nos apuntamentos copiar imaxe da páx. 76, distribución dos ingresos)
Ingresos: cantidade de diñeiro que se gaña regularmente por algún concepto. Utilízase para: gasto, aforro e/ou investimento.
Gasto: diñeiro que se emprega para comprar algo ou satisfacer necesidades e desexos.
Aforro: diñeiro que se garda ou reserva para unha necesidade futura.
Investimento: diñeiro que se arrisca en algo coa esperanza de obter un beneficio.
 1.2.- As formas de pagamento
O diñeiro é un medio de pagamento que permite o intercambio ou troco de mercadorías e servizos. Existen diferentes mecanismos de pago:
-Diñeiro en efectivo: moedas e billetes
-Tarxeta bancaria: ferramenta magnética que permite pagar sin levar diñeiro en efectivo (de crédito ou débito*).
-Cheque bancario: documento de pago, unha peroa con conta nun banco, ordea o pago.
-Pagamento electrónico: operación de pago por internet.
Importante: planificar, gastar o que se precise (necesidades), e aforrar (para máis adiante).
O orzamento persoal é unha ferramenta que organiza o diñeiro disponible. Existen tamén, apps para levar o control e planificación.

2.-As empresas
Todos os bens e servizos que consumimos son o resultado das actividades económicas xeradas polas empresas e o traballo humano.
2.1.-A empresa é unha organización que fabrica produtos e/ou ofrece servizos (supermercado, restaurante, cine,..) a cambio dun beneficio económico.Para iso necesitan recursos materiais (materias primas e ferramentas), humanos (persoas) e financieiros (diñeiro).
Existen outras organizacións (fundacións) cuxo principal obxectivo non é a obtención de diñeiro, senón facer un ben social.
2.2.-Tipos de empresas: criterios de clasificación
a) Sector económico ao que pertencen:
Sector primario, secundario ou terciario.
b) O tamaño: nº de traballadores
-Microempresas (1 a 10 traballadores)
-Pequenas empresas (entre 10 e 50)
-Medianas empresas (50 e 250)
-Grandes empresas (máis de 250 traballadores).
2.3.-A organización empresarial
Existen segundo o tamaño, propiedade diferentes formas de organización.
-Unha persoa soa: dirixe todas as actividades e é o propietario do negocio.
-Varias persoas: organízanse en departamentos como : dirección, produción, marketing (dar a coñecer o produto ou servizo), comercial (vende), finanzas, recursos humanos.

3.-A publicidade
As empresas utilizan mensaxes publicitarios para vender, convencer dos beneficios dun produto ou servizo. Utilízanse os medios de comunicación para elo. Medios escrito, visual, auditivo, audiovisual,..). Os elementos son:
-O emisor é a empresa ou institución que transmite unha mensaxe para dar a coñecer un produto ou servizo
-A mensaxe é a información que se transmite. O elemento máis importante é o slogan, frase curta, con rima, apegadiza,...
-O destinatario é o conxunto de persoas ou empresas ás que vai dirixida a mensaxe.
3.1.-Estratexias publicitarias: debe captar a atención, impactar, espertar o desexo, para que o cliente o compre. Utilízanse diferentes técnicas: repetición, esaxeración dos beneficios do produto e a asociación da imaxe (personaxe, canción, sentimento..)


Tarefa a realizar individualmente ou equipo cooperativo online: (antes do 7 de marzo)
-Facer un anuncio publicitario sobre un produto ou servizo. (Debe incluir algún destes elementos: slogan, música ou canción, imaxe, texto, etc.. 
A estructura: 1.-Titular ou encabezamento, 2.-Mensaxe (corpo), 3.-eslogan e 4.-cerre/firma.
Ver a rúbrica na aula para ter orientacións sobre a avaliación (e do proceso).

miércoles, 20 de enero de 2021

A reprodución humana T3

 





Actividades de repaso da unidade:

1.-Vocabulario:

Bolsa amniótica: Cavidade chea de líquido amniótico na que se desenvolve e está protexido o bebé antes do seu nacemento. 

Cordón umbilical: Conduto que une a placenta da nai co ventre do feto. 

Placenta: Órgano de tecido esponxoso que se desenvolve no interior do útero no embarazo.


Cigoto: óvulo fecundado. Célula que resulta da unión das células sexuais masculina e feminina a partir da cal se desenrola o embrión. O cigoto comeza a dividirse, diferenciarse e vai creando e formando diferentes órganos e tecidos.


Embrión: é etapa inicial do desenrolo de un ser vivo, desde a fecundación, o cigoto (contiene el ADN de los dos progenitores) ata o feto (aprox. 11 semanas). Es el ser vivo en sus etapas iniciales do seu desenrolo.


Feto: embrión a partir das 12 semanas. Nome que recibe o embrión a partires do 1º trimestre (terceiro mes)


Aclarando términos:

Seguindo coa nosa especie, vale a pena recordar ca concepción prodúcese cando un espermatozoide (gameto masculino) logra fecundar un óvulo (gameto femenino), formando un cigoto que combina o ácido desoxirribonucleico (ADN) dos dous proxenitores. Ese cigoto, no seu desenrolo, denomínase embrión ata o terceiro mes de xestación. Logo convertirase en feto ata o momento do parto, cando o bebé xa xestado sae do útero materno e inicia a súa vida independente. 


2.-Do libro de texto: Repasa a unidade ( páxs 60-61 da nº 23 á nº 30).

3.-Lectura páxs: 62-63


lunes, 11 de enero de 2021

Tema 4: Os sectores económicos

 Sectores económicos:"fabricando"

No segundo trimestre abordaremos os seguintes tres temas:
Tema 4: "As actividades económicas" (xaneiro)
Tema 5: "A empresa e o traballo" (febreiro)
Tema 6: "A industrialización". (marzo-abril)

Tema 4: "As actividades económicas"
1.-O sector primario en España.
2.-O sector secundario en español.
3.-O sector terciario en España.
4.-As actividades económicas en Europa.

T4: As actividades económicas.
1.-O sector primario en España.
Agrupa todos os traballos relacionados coa obtención de produtos da natureza (agricultura, gandaría e pesca) ou materias primas (minaría).
1.1.-A agricultura:
Moi mecanizada, novas técnicas e aparatos empregados coma (a rega automática, invernadoiros, os drons, colleitadoras, sistemas domóticos, control de plagas, o acolchado ou mulching, cultivos ecolóxicos, investigación e innovación sementes,....)
Tipos de cultivos: 
-Secaño: cereais (trigo, cebada, avea, centeno), oliveira, viñedo, legumes (garavanzos, fabas..), amendoeiro,
-Regadío: hortalizas, cítricos, froiteiras, arroz, millo,...

1.2.-A gandaría:
Tipos de gando:
-Porcino, ovino, bovino, avícola, animais de granxa (coellos, galiñas, visóns,pavos, ..)
Modernizouse moito (tecnoloxía, pensos,..) e de forma intensiva.

1.3.-A pesca e a minaría:
Tipos:
-Pesca de altura (zona Atlántico, Pacífico,): pescada, atún, peixe sapo, peixe espada, bacallau,...
-Pesca de baixura (no Mediterráneo, Cantábrico, ou na costa de Galicia.). sardiñas, xarda, atún, luras, xurelo,...
 Minaría: é escasa e pouco importante.Carbón, ferro, cobre, chumbo, e rochas como: granito, mármore, xeso, lousa,...

Localización en España do sector primario (onde):
España húmida (norte): predominan bosques, pastos, e a gandaría.
España interior: cultivos de cereais, vide, oliveira, hortalizas preto dos ríos. Gando ovino, porcino e bovino.
España mediterránea: terras de cereais, vide, oliveira, cítricos. Gando porcino e avícola.
Canarias: Regadíos no litoral, e secaño no interior. Produtivos os cultivos de invernadoiro. Gando as cabras.

2.-O sector secundario español:
Agrupa todas as industrias que se dedican á transformación dos produtos naturais.
2.1.-A industria en España: principais actividades industriais
-Industria alimentaria (conservas, galletas, doces,..)
-A siderúrxia (obtención de aceiro a partir do ferro) e a de produtos metálicos (ferramentas, pezas, maquinaria,..)
-A derivada do petróleo (pinturas, plásticos) e a química (medicamentos).
-A dos transportes (automóbiles, camións, pezas trens, avións,..).
2.2.-A construción: foi moi importante para outros sectores, servizos e empresas. Por ex: albaneis, arquitectos, carpinteiros, pintores, fontaneiros, electricistas,...
2.3.-A enerxía: as máis utilizadas son petróleo, gas natural, uranio, carbón, (fontes non renovables) e fontes renovables coma: a enerxía eólica, auga e enerxía solar.

Localización en España: 
As zonas de meirande concentración industrial están en Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid. En Galicia: a zona costeira coma Vigo, A Coruña

2.4.-O percorrido dun produto é:
-A extracción da materia prima
-A produción, a transformación (tecnoloxía e traballo humano)
-A comercialización (ata o consumidor, almacenaxe, distribución. transporte ata o comerciante, venda ao consumidor).

3.-O sector terciario en España:
Chamado tamén dos servizos está formado polas actividades que non crean ningún produto, senón que lle prestan servizos a outras persoas (comercio, transporte, turismo, sanidade, educación),...
3.1.-A prestación de servizos (son sanidade, educación, servizos comunitarios, administracións : Estado, Comunidade, Concello,, finanzas, bancos, actividades culturais e deportivas,..)
3.2.-O comercio interior e exterior: grazas o desonvolvemento do transporte, a U. Europea,,,,
3.3.-O transporte: a mellora favoreceu desenvolvemento doutras actividades: turismo, comercio, industria,..Rede de estradas, ferrocarrís, transporte marítimo, aeroportos,...
3.4.-O turismo: España é un país turístico, atractivo de España polo clima, praias, gastronomía, cultura,...

En que traballa a poboación española?.Antes aclarar uns conceptos:
-Poboación activa: conxunto de persoas maiores de 16 e menores de 65 (67) que traballan ou buscan traballo remunerado.
-Poboación ocupada: é a que ten traballo remunerado.
-Poboación en paro: e a que busca un traballo remunerado pero non o atopa.
-Poboación non activa: a que non realiza un traballo remunerado por diversas causas (estudantes maiores de 16, persoas dedicadas ao fogar, persoas discapacitadas,etc..).

4.4.-As actividades económicas en Europa
1.-O sector primario: escaso peso na economía europea.
-Agricultura moi productiva, mecanizada: cereais, hortalizas, froitas..
-Gandaria: é intensiva no centro e norte de Europa, extensiva no sur.
-A pesca é unha actividade destacada en Europa debido a extensión da costa.

2.-O sector secundario: actividades industriais: Gran rexión industrial, tecnolóxico e moi avanzado. Moi variada. Produtos de alta tecnoloxía, siderúrxia, aeronaútica, química, automóbiles, electrónica,..

3.-Unha economía de servizos: e a que produce maior riqueza en Europa. Empresas, finanzas, comercio,...

 No tema: "As actividades económicas" de Ciencias Sociais abordamos os sectores económicos e actividades, dende o sector primario ata o terciario ou sector servicios, vamos a ver un video para comprender mellor o proceso da fabricación dun producto dende a súa orixe, materia prima (sector primario), ata a súa comercialización (sector terciario), como chega finalmente ao consumidor, aos nosos fogares. Estade atentos!!.




Exemplo de cuestións de repaso do T4-T5 "Actividades económicas"

1.- Esquema dos sectores económicos ( primario, secundario e terciario) en España.


2.- Ordena de maior a menor os sectores económicos segundo a poboación ocupada neles en España.

Sector Primario. Sector secundario. Sector terciario


3.-Imaxina que compras un zume de laranxa embotellado, que sectores interviñeron nel?


4.- Cal é o sector máis importante polo número de persoas, actividades, en España? Xustifica a túa resposta


5.- Indica si son verdadeiras ou falsas estas afirmacións

- Unha empresa fabrica produtos ou ofrece servizos..:........

- O principal da empresa é facer un ben social...

- Todas as empresas pertencen ao mesmo sector económico

- As empresas pódense clasificar segundo o número de traballadores que teñen.

- A agricultura pode ser de secaño, baixura e regadío.

- Na Europa Atlántica predomina a gandaria bovina, porcina e aves de corral.

- Na Europa mediterránea cultívase o trigo, a vide, a oliveira, hortalizas e froitas


6.- Di algúns tipos de industria en España


7.- Nomea algúns tipos de industria en Europa que saibas.


8.- Escribe os recursos que precisa unha empresa e os seus tipos de departamentos.


9.-Di que tipo de actividades do sector primario destacan na rexión agraria da Europa continental.


10.-Cales son os cultivos da España interior?


11.-Que actividades económicas do sector secundario destacan na Europa mediterránea?


12.-Que é a poboación activa?


13.-Di cales son os tipos de empresas segundo o seu tamaño e sector.


14.-Cales son os principais atractivos turísticos de España?


15.-Cales son as principais zonas turísticas de España? e cidades máis turísticas?




Fonte: Apuntamentos propios e contidos do libro de texto de Vicens Vives 6º EP. (Galicia)

miércoles, 9 de diciembre de 2020

Tema 3: A reprodución

 Tema 3: A reprodución

1.1-As etapas da vida.:

A longo da nosa vida, as persoas atravesamos tres etapas: a infancia, a adolescencia e a idade adulta.

  • A infancia desde o nacemento ata os 12 anos de idade, aproximadamente. Crecemos moi rapidamente e adquirimos múltiples habilidades, como camiñar, falar e ler, ( habilidades motoras, cognitivas,..máis autónomos).

  • A adolescencia desde os 12 ata os 19 anos de idade, aproximadamente. 

-A puberdade entre os 11 e os 15 anos, etapa na que os aparatos reprodutores de rapaces e rapazas alcanzan a súa madurez e capacidade fértil. Aparición de diferenzas físicas claras entre os rapaces e as rapazas.

  • A idade adulta, desde os 19 anos ata a fin da vida, e divídese en tres etapas: a xuventude, a madurez e a ancianidade.

1.2.-Os caracteres sexuais

Diferencian os homes e as mulleres, poden ser de dous tipos:

  • Caracteres sexuais primarios: son os órganos reprodutores feminino e masculino.Permiten diferenciar se un bebé acabado de nacer é unha nena ou un neno.

  • Caracteres sexuais secundarios: son diferenzas físicas entre os homes e as mulleres que se fan máis evidentes durante a puberdade. Nesta etapa, o corpo experimenta unha serie de cambios, como a aparición de peluxe na pube e nas axilas. Ademais, prodúcense cambios específicos en cada sexo:

  • Nos rapaces, a voz vólvese máis grave, anchean os ombros, a noz faise máis evidente e comeza a crecer o bigote e a barba.

  • Nas rapazas, desenvólvense as mamas e as súas cadeiras van ancheando.

2.-Os óganos reproductores: masculino e feminino

O aparato reprodutor masculino está formado polos seguintes órganos: os testículos, os condutos deferentes, as vesículas seminais, a uretra e o pene. 

O aparato reprodutor feminino está formado polos seguintes órganos: os ovarios, as trompas de Falopio, o útero, a vaxina e a vulva. 

Curiosidade:

O símbolo masculino representa o Deus Marte, Deus da guerra na mitoloxía romana. O símbolo representa o escudo e a lanza que usaban os homes cando saían a cazar.

alt_text

O símbolo feminino representa a deusa Venus, deusa do amor, a beleza e a fertilidade na mitoloxía romana. O símbolo está formado por un círculo unido a unha cruz e representa a deusa cun espello na man.

alt_text




3.-As células sexuais e a fecundación

Os seres humanos realizamos as tres funcións vitais: a de nutrición, a de relación e a función de reprodución. 

Coa función de reprodución, orixinamos outros seres semellantes a nós (= continuidade da nosa especie). Temos un tipo de reprodución sexual; é necesario que se produza a unión de dúas células sexuais, unha feminina e outra masculina, é dicir, un óvulo e un espermatozoide. Este momento da reprodución recibe o nome de fecundación.

3.1.-As células sexuais:

O aparato reprodutor masculino produce espermatozoides, e o aparato reprodutor feminino produce óvulos. Estas dúas células sexuais son moi diferentes.

-Os espermatozoides: son as células reprodutoras masculinas. Tamén reciben o nome de gametos masculinos.

O seu tamaño é moi pequeno e ten tres partes: a cabeza, o pescozo e a cola ou flaxelo. Grazas ao seu flaxelo estas células poden moverse. Os espermatozoides comezan a formarse nos testículos durante a puberdade. 

-Os óvulos son as células reprodutoras femininas. Tamén se chaman gametos femininos

Teñen forma arredondada, o seu tamaño é moito maior ca o dos espermatozoides e non teñen capacidade de moverse.

No momento do nacemento, as nenas teñen no seu aparato reprodutor un gran número de óvulos inmaturos.

Estas células madurarán na puberdade (estarán preparadas para ser fecundadas).


3.2.- A fecundación: é a unión dun óvulo e un espermatozoide nunha das trompas de Falopio (cada 28 días, aproximadamente, un ovario libera un óvulo, é arrastrado a través das trompas de Falopio cara ao útero). Se durante ese percorrido o óvulo se encontra cun espermatozoide, pode ser fecundado. A fecundación prodúcese cando o espermatozoide alcanza o óvulo e consegue entrar nel. 

A partir dese momento, o óvulo fecundado ou cigoto comeza a dividirse e recibe o nome de embrión. Cando o embrión chega ao útero, fíxase nas súas paredes, é dicir, implántase, e segue crecendo.

Video: A odisea da vida e vídeo curto: A vida en 9 meses


4.-O embarazo e o parto: O embarazo dura aproximadamente nove meses e termina co parto. Durante este tempo prodúcense moitos cambios, tanto no embrión como no corpo da muller.

-A formación da placenta:

Durante as primeiras fases do desenvolvemento do embrión créase un tecido na parede do útero onde se produciu a implantación. Este tecido, que se chama placenta, encárgase de captar o osíxeno e os nutrientes do sangue da nai. O cordón umbilical une a placenta co bebé e a través del viaxan os nutrientes e o osíxeno que capta a placenta.

Tamén se forma a bolsa amniótica. No seu interior está o líquido amniótico, que rodea e protexe o embrión.

-Do embrión ao feto:

Durante os nove meses que dura o embarazo, o embrión evoluciona e prepárase para o momento do nacemento. Os cambios máis importantes que ocorren durante este período son:

  • Primeiro trimestre. Durante os dous primeiros meses, aproximadamente, o cerebro do futuro bebé comeza a desenvolverse, o seu corazón latexa e aparecen uns pequenos vultos que, co tempo, serán os seus brazos e as súas pernas. Ao final do primeiro trimestre o embrión recibe o nome de feto. Nese momento ten xa formados os órganos, que comezan a funcionar, a excepción dos pulmóns, que se estrearán no parto.

  • Segundo trimestre. Neste período o feto xa pode oír, chupa o dedo, abre e cerra os ollos, e a súa nai comeza a sentir como se move.

  • Terceiro trimestre. nos últimos meses, o feto crece e gaña peso,no 8 mes xa entre dous quilos e medio e tres quilos. Os seus órganos maduraron, polo que está listo para poder vivir fóra do ventre materno. Os bebés que nacen antes dese momento considéranse prematuros e, xeralmente, necesitan coidados especiais despois do parto.

O parto: é o momento do nacemento do bebé e desenvólvese en tres etapas: a dilatación, a expulsión e o libramento.

  • Durante a dilatación, a zona do útero que se une á vaxina dilátase pouco a pouco ata alcanzar un diámetro duns 10 centímetros. Ademais, prodúcense contraccións rítmicas que empuxan o feto cara á vaxina.

  • A fase da expulsión consiste na saída do feto ao exterior a través da vaxina. (córtase o cordón umbilical). Despois duns segundos, o bebé inspira aire por primeira vez e chora.

  • O libramento é a última fase do parto. Nela prodúcese a saída da placenta ao exterior.