sábado, 13 de febrero de 2021

 T4: "A saúde, un ben común".

1.1.-A saúde e a enfermidade Que é a saúde Que é a enfermidade1.2.-Tipos de enfermidades
2.- Unha vida saudable2.1.-Hábitos saudables2.2.-Outros hábitos
3.- Que prexudica a nosa saúde3.1.-As drogas3.2.-O abuso das novas tecnoloxías
4.-Os primeiros auxilios.4.1.-Protocolo e medidas contra o Covid (opcional)
5.-Os avances da ciencia que melloran a saúde.5.1.-Os avances na alimentación5.2.-Os avances na mediciña e tecnoloxía
1.-A saúde e a enfermidade:
1.1.-A saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social.  

Algúns factores dos que depende a saúde son:

  • As características persoais. Son factores hereditarios, como a miopía. Estas características poden evitar ou favorecer o desenvolvemento de determinadas enfermidades. 

  • O contorno que nos rodea. A escaseza de auga e de alimentos, a contaminación, a violencia, a falta de cultura ou a pobreza poden deteriorar a saúde. 

  • O estilo de vida. Os hábitos saudables protexen e melloran a nosa saúde (evitamos infeccións, previmos accidentes e achegamos ao noso organismo todo o necesario para funcionar correctamente). 

  • A atención sanitaria. É máis fácil estar san se temos un amplo sistema de protección da saúde, con centros sanitarios, hospitais e campañas de prevención e vacinación no país.

1.2.-Que é a enfermidade:

A enfermidade é a diminución ou a perda da saúde. Percibimos os síntomas da enfermidade que se padece, como dor, cansazo, malestar ou proído. Algúns efectos da enfermidade pódense detectar ou medir. Son os signos da enfermidade.

1.3.-Tipos de enfermidades:

Enfermidades infecciosas. Son causadas, principalmente, por axentes infecciosos que invaden o noso corpo e producen danos. Estes axentes poden ser virus, bacterias, fungos ou protozoos.

Virus. Son os causantes da gripe, Covid19, a rubéola, a sida ou a hepatite. 

Bacterias. Son as responsables da meninxite e o tétano. 

Fungos. Provocan o pé de atleta e algunhas dermatites. 

Protozoos. Orixinan a malaria e a toxoplasmose. 

Enfermidades non infecciosas. Están causadas por un mal funcionamento dos órganos do noso corpo, como a diabetes, orixinada por problemas nunha glándula do aparato dixestivo chamada páncreas.

Algunhas destas enfermidades poden afectar ao comportamento das persoas. Un exemplo é a anorexia, un trastorno que consiste en que, para estar delgado, a persoa afectada non come o necesario e acaba perdendo a saúde.

Outro tipo de enfermidades non infecciosas son as enfermidades sociais. Orixínanse pola influencia do medio no que vivimos, como carencias económicas, de afecto, de educación ou de seguridade. 

2.-Unha vida saudable: como coidar o noso corpo

“Máis vale previr ca curar” Significa que non convén esperar a que esteamos enfermos para coidar a nosa saúde.

Tamén, a saúde depende de un. Existen comportamentos ou hábitos que axudan a que estar san. Estes hábitos saudables reducen o risco de accidentes e enfermidades.

2.1.- Debemos incorporar hábitos saudables (costumes) na nosa vida, así o noso corpo funcionará mellor. Algúns hábitos saudables son:

  • Durmir entre 8 e 10 horas diarias.

  • Comer 5 veces ao día, sen esquecer o almorzo.

  • Protexer do sol a túa pel mediante cremas solares.

  • Escoitar música a un volume adecuado para que non lesione os teus oídos.

  • Respirar aire limpo evitando lugares cerrados nos que haxa moito fume.

Ademais que outros comportamentos nos axudan a estar sans? a postura,

2.2.- Outros hábitos para previr enfermidades:

Existen outros comportamentos que nos axudan a previr algunhas enfermidades:

  • As revisións médicas e a vacinación (periodicamente). Para previr certas enfermidades infecciosas, como o xarampón, a varicela, a meninxite ou a polio, debemos vacinarnos.

    (Solo para ler, non copiar): Cando nos poñen unha vacina, introdúcennos un axente infeccioso morto ou moi debilitado. Como resposta, o noso organismo fabrica defensas fronte a ese axente, de forma que se volvemos entrar en contacto con el, o noso corpo pode defenderse e evitar a infección.

  • Previr accidentes. Debemos tomar as precaucións adecuadas sempre. Por exemplo, antes de facer deporte debemos facer un quecemento; respectar as normas de circulación, e ser moi prudentes ao utilizar ferramentas ou aparatos eléctricos.

  • Evitar factores de risco. Outro é non inxerir substancias tóxicas que producen graves danos no noso organismo, como o alcohol, o tabaco ou as drogas.

3.-Que prexudica a nosa saúde

Algunhas persoas consomen substancias que sabemos que provocan graves enfermidades, e que incluso poden ocasionar a morte.

3.1.-As drogas, son substancias químicas que inflúen na vontade das persoas que as consomen e fan que se volvan dependentes, é dicir, que necesiten tomar esas substancias para sentirse ben. O tabaco e o alcohol tamén son drogas moi daniñas para a nosa saúde. 

-O tabaco: O tabaco contén nicotina, un compoñente que provoca adicción (difícil deixar de fumar). 

*Non copiar, só para ler: Contén outros compostos tóxicos, como o alcatrán, o arsénico e o amoníaco, que poden provocar graves enfermidades, como o cancro. O fume do tabaco dana tanto os fumadores activos como os pasivos, é dicir, as persoas non fumadoras que respiran o fume do tabaco dos fumadores. Outros efectos negativos do tabaco son o envellecemento da pel e o mal alento. Ademais, fai que os dentes amareleen.

-O alcohol: é a droga máis consumida no mundo e tamén provoca adicción.

*Non copiar, só para ler: Tomar grandes cantidades en pouco tempo produce intoxicación etílica e incluso a morte. Ademais, a metade dos accidentes de tráfico están provocados polo consumo de alcohol

Os efectos prexudiciais do alcohol son maiores nos máis novos, pequenas cantidades producen no seu corpo grandes danos. Hoxe en día o consumo de bebidas alcohólicas está aumentando entre moitos adolescentes, que a miúdo teñen pouca conciencia do perigoso que é.

3.2.-O abuso das novas tecnoloxías (NNTT)

A tecnoloxía, como internet, as redes sociais (ex: tik tok), os móbiles, as videoconsolas (ex: Fortnite)…, utilizada con moderación pode divertirnos, facilitar as relacións entre as persoas e o acceso á información. Porén, é común que, por falta de autocontrol, o seu uso provoque adicción e se transforme nunha dependencia.

Adicarlle demasiado tempo pode illarte da familia e do contacto con outras persoas, diminuír a actividade física .......(ter un círculo cerrado de amigos).

4.-Os primeiros auxilios

Debemos saber que facer ante os accidentes máis comúns que poden suceder na casa, na rúa ou no colexio. 

Algunhas actuacións básicas fronte aos accidentes leves máis frecuentes (ver imaxe). Serven para aliviar a dor en cada caso e evitar que o dano producido sexa maior. Se os accidentes son graves, debemos acudir ao centro de saúde.



5.-Avances da ciencia que melloran a saúde
Houbo unha evolución (aumento) da esperanza de vida en España ao longo dun século, desde o ano 1900 ata o ano 2000. A esperanza de vida son os anos que, en xeral, se espera que viva unha persoa. 

5.1.-Os avances na alimentación: os avances na hixiene dos alimentos e da auga foron decisivos para que as persoas esteamos máis sas e para que a nosa esperanza de vida sexa cada vez maior.

  • Os alimentos: existen e utilízanse distintas técnicas de conservación. Algunhas son antigas, como a salga e a conservación en vinagre, e outras son máis recentes, como a ultraconxelación, o envasado ao baleiro e o uso de aditivos conservantes.
    Ademais, as etiquetas dos alimentos envasados infórmannos da súa composición, da data de consumo preferente e, no seu caso, da data de caducidade.

*Non copiar, ler: A data de consumo preferente indica que, se se pasa desa data, o alimento perderá a súa calidade orixinal, é dicir, pode sufrir cambios de olor, de sabor ou de aspecto.
A data de caducidade indica que se comemos os alimentos despois desa data poderían causar danos á nosa saúde.

  • A auga potable. Para que poidamos bebela sen risco de contraer enfermidades sufre un tratamento. Este proceso consta de distintas fases e chámase potabilización.

5.2.-Avances na mediciña


Os avances médicos son outro dos factores que permitiron que a esperanza de vida das persoas aumente

Grazas a estes avances pódense previr numerosas enfermidades, diagnosticalas de maneira temperá e tratalas con eficacia.

-Vacinas: permitiron erradicar graves enfermidades, como a varíola. Ademais, axudan a previr numerosas enfermidades infecciosas, como a gripe, a varicela, o xarampón e hoxe en día, o Covid19. 

-Técnicas diagnósticas: Técnicas como as análises clínicas (coma a biopsia líquida ) permiten diagnosticar antes as enfermidades. Algunhas, como as radiografías, as ecografías e os escáneres, ofrecen imaxes do interior do organismo. 

-Medicinas: Os antibióticos como a penicilina, descuberta por Alexander Fleming, e os antitérmicos para baixar a febre axudaron a curar ou a aliviar os síntomas de moitas enfermidades. 

-Técnicas cirúrxicas: A anestesia e novas técnicas, como a cirurxía con láser, os transplantes ou os implantes, supuxeron un grande avance no tratamento dalgunhas enfermidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario