jueves, 5 de octubre de 2017

Esquema Tema 1 As Plantas

Aquí tedes o esquema resumo das Plantas (tema 1 de C.da Natureza de 5*) feito por Vanesa e q compartiu con nos e que aproveito para publicar neste blog (axudarannos á hora de elaborar os nosos apuntamentos da unidade).Moitas grazas Vane!!!

A NUTRICIÓN DAS PLANTAS


lunes, 25 de septiembre de 2017

Jardin Botánico: App

Con esta aula virtual do xardín Botánico de Madrid podemos aprender e coñecer máis sobre as plantas.
Museo virtual. CSIC web

viernes, 2 de junio de 2017

Liña do tempo S. XIX e XX en España.

Século XIX e XX en España. Podemos ver as etapas e acontecementos máis importantes e de xeito sinxelo. para ter una lixeira noción dos séculos XIX e XX na Hª de España.



Etapa actual: 
2010 ata hoxe, 2017 Goberno de Mariano Rajoy (Partido Popular, PP.).

miércoles, 24 de mayo de 2017

Século XIX en España

ESPAÑA NO S. XIX 
Do Absolutismo ao Liberalismo
1.-Unha nova forma de gobernar en Europa: o Liberalismo.
2.-A guerra de Independencia. A Constitución de 1812
3.-O reinado de Fernando VII (1814-1833): Trienio Liberal-
4.-O reinado de Isabel II -Rexencia Mª Cristina (nai de Isabel II):Guerra Carlista.1833-1868
5.-O camiño cara á democracia 1868-1902: Sexenio democrático (Goberno provisional-nova monarquía (Amadeo I)-A primeira República- Golpe de Estado do xeneral Martinez Campos, restauración monarquía con Alfonso XII (fillo de Isabel II) e despois Alfonso XIII.

3.- O reinado de Fernando VII (1814-1833)
3.1.-Volta ao Absolutismo: coa derrota de Napoleón, o rei Fernando VII regresou a España.
Anulou as Cortes de Cádiz, a Constitución de 1812 e as ideas liberais. Regresou o Absolutismo a España (concentra todo o poder na súa persoa, o rei)
3.2.-Independencia da maioría das colonias americanas: descontentas co triunfo absolutista, polo atraso económico, cultural e social, falta de reformas económicas e grazas a influencia das ideas liberais da Revolución Francesa, Independencia americana etc, iniciaron o proceso de independencia de España entre 1814 e 1824 (excepto: Cuba, Porto Rico e Filipinas).
3.3.-O Trienio Liberal: moitos liberais quiseron impoñer as súas ideas e foron perseguidos e exiliados.Pero en 1820 triunfou o pronunciamento liberla do coronel Riego e o rei aceptou a Constitución de Cádiz ata 1823.
En 1830, Fernando VII, anulou a Lei Sálica coa que non podían reinar mulleres para que reinase a súa filla máis vella Isabel II.

4.-O reinado de Isabel II (1833-1868).
O rei Fernando VII morreu en 1833, cando a súa filla Isabel tiña 3 anos, a súa nai María Cristina fíxose cargo do goberno (rexencia).
Guerra Carlista: (1833-1840): entre partidarios do Infante Carlos (irmán de Fernando VII) e de signo absolutista e os partidarios de Isabel, liberais, chamados Isabelinos. Acabou co triunfo dos isabelinos (liberais).
Comeza un novo goberno: a monarquía constitucional, un novo goberno liberal que emprendeu unha serie de REFORMAS, para convertir a España nunha MONARQUÍA LIBERAL, CONSTITUCIONAL E PARLAMENTARIA.Houbo novas Cortes,dereito a voto a todos os homes cunha certa riqueza (Voto ou SUFRAXIO CENSITARIO) división de poderes e dúas novas:
-Constitución 1837
-Constitución 1845
Maioria de idade de Isabel en 1843.
Nacen novos partidos políticos: LIBERAIS (moderados e progresistas),  DEMÓCRATAS E REPUBLICANOS.
Houbo unha serie de reformas económicas (supresión dereitos e impostos señoriais, gremios,), inauguración do ferrocarril 1848 Barcelona Mataró e despois Madrid Aranjuez

5.-Etapa dende 1868-1902 Camiño cara á DEMOCRACIA.
Levantamento militar en 1868 promovido por demócratas e republicanos, iniciou unha revolución contra Isabel II.Triunfo da revolta popular e exilio da raiña.
Intentouse democratizar o país e acabar co autoritarismo da monarquía de Isabel II.
-Sexenio Democrático: sucedéronse:
*Goberno Provisional: reformas democráticas, sufraxio universal,ampliación liberdades, prensa,...
*Monarquía de Amadeo I de Saboya (Savoia)(1871-1873) : coroa ofrecida ao principe italiano, democrático.Problemas económicos, pouca aceptación, fixo que renunciara aos dous anos en 1873.
*I República: as Cortes votaron a I República tras a renuncia do rei Amandeo I. Tivo moitos problemas: outra guerra carlista, insurrección en Cuba, oposición monárquicos, divisións de republicanos,...por iso só durou unos meses.Un golpe de Estado do xeneral Martínez Campos en 1874,restableceu a monarquía.

-A Restauración Monárquica:en 1875, o fillo de Isabel II, Alfonso XII, regresou a España e foi proclamado rei. Tivo unha boa acollida polas clases altas (nobreza, burguesía e Iglesia) que desexaban un réxime moderado.Morre en 1885, e sube ao poder o seu fillo Alfonso XIII que aínda era un neno e goberna a súa nai coma rexente, María Cristina.
Grave crise política e moral coa perda das últimas colonias americanas en 1898, Cuba, Puerto Rico e Filipinas
-A quenda dinástica: durante a Restauración formáronse dous grandes partidos que pactaron alternarse no poder:
O Partido conservador (A.Cánovas del Castillo) máis conservador e defendía o sufraxio censitario.
O Partido liberal: (Mateo Sagasta): propoñía reformas sociais e sufraxio universal.
Aprobouse o sufraxio universal masculino en 1890, o sistema político non era moi democrático: manipulacións nas eleccións, persoas influintes presión (caciquismo)...

ARTE:
-Primeiros S.XIX o Romanticismo (prevalece a imaxinación, a expresión de sentimentos e emocións)
-Metade do S. XIX o Realismo (a realidade tal cal é) e Costumismo (usos e costumes populares)
-Finais do s.XIX o Modernismo, rutura cos estilos tradicionais,natureza e formas curvas, unha nova arte. e o Impresionismo:propugnaba o traballo dos aristas ao aire libre (luz, e os seus efectos, percpeción visual subxectiva do artista).

martes, 9 de mayo de 2017

HISTORIA DE ESPAÑA NO S.XIX.

TEMA7: DO ABSOLUTISMO AO LIBERALISMO.
1.-Unha nova forma de gobernar: O LIBERALISMO
Ao longo do s. XVIII difundíronse por Europa unhas ideas que defendían unha nova forma de gobernar chamada LIBERALISMO.
1.1. Crise do ABSOLUTISMO:
Na Idade Moderna impúxose en Europa a monarquía ABSOLUTA, unha forma de gobernar na que o rei concentraba TODO O PODER (co apoio da NOBREZA E O CLERO, os PRIVILEXIADOS = propietarios da terra e riquezas, non pagaban impostos e favorecíanlle as leis aos seus intereses). O resto da poboación (burgueses e campesiños) pagaban impostos e non gozaban de moitos dereitos.
Por iso ao longo do S.XVIII xurdiron novas ideas que defendían a necesidade de cambiar esta situación de inxustiza e poder ter o pobo a posibilidade de escoller aos seus gobernantes. A esta forma de pensar chamóuselle ILUSTRACIÓN.

Antecedentes
Esta liña do tempo, recolle o paso da Idade Moderna a Contemporánea en España, finais do S.XVIII aos comenzos do S.XIX, do reinado dos Borbóns con Carlos IV a invasión francesa e a volta ao Absolutismo con Fernando VII ("O Desexado", rei entre marzo e maio 1808, e de regreso maio 1814 ata 1833 cun período liberal, O Trienio Liberal grazas a un pronunciamento militar (Coronel Riego), desamortización y la restauración da Constitución de Cádiz), no medio gobernou o rei intruso José I Bonaparte (invasión francesa), a partires de 1823, grazas á axuda do continxente francés-español de voluntarios "Cen mil fillos de San Luís", Fernando VII restableceu o poder absolutista ata 1833 que rematou ca guerra Carlista pola sucesión, gobernou a súa filla Isabel II.







martes, 25 de abril de 2017

Temporalización Ciencias da Natureza 3º Trimestre 6º

Dende finais de marzo dará comezo o tratamento e estudo dos contidos do terceiro trimestre de Ciencias da Natureza que corresponden ás unidades 5 e 6 do libro de SM. ata mediados de xuño.
Tema 5: A materia e a enerxía
Tema 6: A electricidade e o magnetismo
A metodoloxía a empregar será similar ao resto do ano, inclusión nun proxecto (no do patio) e outros. Haberá dinámicas e prácticas tamén no laboratorio programadas no proxecto do horto escolar.
Así como a utilización de dispositivos como os ipads e netbooks e aplicacións como Socrative, Kahoot e Plickers. Proba concurso con una delas e haberá un proba escrita.
Ademáis da valoración do caderno da materia, o diario do equipo cooperativo e unha rúbrica dos proxectos deste trimestre. 
Unha posibilidade de avaliación, poderá ser a creación de contidos con algunha ferramenta ou aplicación: tipo móbil ou ipad, Imovie, Padlet, Mindomo, Book Creator, Genially, Nearpod,...
Apuntes da materia para o caderno (T5: dende finais de abril ata o 19 de maio)

Resumindo: Avaliación será a través dos apuntes do tema recollidos no cuaderno. Unhas prácticas de laboratorio (podedes presentar algunha sobre a materia, cambios de estado, mesturas, separación,...) e o emprego das TICS e TACS: resumo feito cunha ferramenta o apliación sobre o tema 5.(data tope o 19 de maio).Concurso preguntas co Plickers, Socrative ou Kahoot (na aula)-

Tema 5 A MATERIA E A ENERXÍA
1.-Clasificamos a materia: estados da materia e cambios de estado (físicos)
2.-As mesturas: separación
3.-Cambios da materia
4.-A luz e o calor: formas de enerxía.
5.-Comportamento da materia ante a enerxía.

1.-Clasificamos a materia:
materia forma todo o que existe no universo. Todo o que nos rodea, e incluso o noso corpo, está formado por materia, que ten masa e volume.

1.1.-A materia: preséntase en diferentes estados.
Sólido: ten forma propia e ocupa sempre o mesmo espazo, é dicir mantén o seu volume.
Líquido: carece de forma propia, xa que adquire a do recipiente que a contén, pero mantén o seu volume.
Gasoso: non mantén a súa forma, xa que se adapta á do recipiente que a contén, e tampouco mantén o seu volume.

1.2.-Os cambios de estado:
Os cambios de estado son reversibles, é dicir, a materia pode recuperar o seu estado inicial.
Fusión:paso de sólido a líquido (ou derretimento)  Sublimación (sólido a gasoso)
Solidificación: paso de líquido a sólido.      Cristalización (gasoso a sólido)

Vaporización: paso de líquido a gasoso (ou ebulición)
Condensación: paso de gasoso a líquido (ou licuación)



1.3.-Substancias puras e mesturas:
As substancias puras están formadas por un só compoñente. Exs: ouro, auga, sal,...
As mesturas: están formadas por máis de un compoñente e poden ser:
-Mesturas homoxéneas: os compoñentes non se aprecian a simple vista. Ex:biscoito chocolate
-Mesturas heteroxéneas: os compoñentes distínguese claramente. Ex: macedonia

2.-Métodos de separación de mesturas
Dependendo de como sexa a mestura e das substancias que queremos obter, utilízanse distintos métodos de separación de mesturas. Estes son os métodos máis habituais:
Para mesturas homoxéneas:
-Evaporación:
Utilízase cando a mestura é homoxénea e está formada por un líquido e un sólido, como o sal disolvido en auga. Consiste en colocar a mestura nun lugar seco e deixar evaporar a auga. No fondo irán aparecendo os cristais de sal. Este sistema utilízase industrialmente para extraer o sal do mar nas salinas.
-Destilación:
É o sistema que se utiliza para separar unha mestura homoxénea de dous líquidos que teñen distinta temperatura de ebulición, por exemplo, alcohol e auga. 
Ao quentar a mestura, o compoñente que se evapora antes, é dicir, o que ten unha temperatura de ebulición máis baixa, pasa a estado gasoso. Cando, a través dun tubo, chega unha zona máis fría, condénsase e volve a estado líquido, e recóllese nun recipiente.
Mesturas heteroxéneas
-Filtración: Utilízase cando temos unha mestura heteroxénea formada por un líquido e un sólido, como auga e area. Consiste en colocar un papel poroso nun embude e botar a mestura. O líquido cae e o papel retén o sólido.
-Decantación: Mediante este sistema podemos separar mesturas heteroxéneas formadas por dous líquidos con distinta densidade e que non se mesturan, como por exemplo, auga e aceite. Ao deixar repousar a mestura, o líquido máis denso queda na parte inferior e o menos denso flota.
Outros métodos: imán (ex: área e metais), coador (ex: fariña e garabanzos),..

3.-A materia sofre cambios: cambios físicos e químicos
A materia pode mudar de aspecto, forma (sería só un cambio físico) ou transformarse noutra distinta substancia (por tanto sofrería un cambio químico (da súa composición)).
3.1.-Cambios químicos ou reaccións químicas:
As substancias chamadas reactivos transfórmanse noutras chamadas produtos.
Sempre interven enerxía e a masa total das substancias non varía. 
As reaccións químicas están presentes en moitos casos da nosa vida cotiá: produtos, conservación alimentos, obtención de novas substancias, (conservación e producción substancias: textís, plásticos, medicamentos,...).
Algúns tipos de reaccións químicas:
-Oxidación: substancia + osíxeno do aire= óxido (nova substancia).Exs: corrosión metais, oxidación da froita (ese cor castaño)..
-A combustión:
-A fermentación: