martes, 25 de abril de 2017

Temporalización Ciencias da Natureza 3º Trimestre 6º

Dende finais de marzo dará comezo o tratamento e estudo dos contidos do terceiro trimestre de Ciencias da Natureza que corresponden ás unidades 5 e 6 do libro de SM. ata mediados de xuño.
Tema 5: A materia e a enerxía
Tema 6: A electricidade e o magnetismo
A metodoloxía a empregar será similar ao resto do ano, inclusión nun proxecto (no do patio) e outros. Haberá dinámicas e prácticas tamén no laboratorio programadas no proxecto do horto escolar.
Así como a utilización de dispositivos como os ipads e netbooks e aplicacións como Socrative, Kahoot e Plickers. Proba concurso con una delas e haberá un proba escrita.
Ademáis da valoración do caderno da materia, o diario do equipo cooperativo e unha rúbrica dos proxectos deste trimestre. 
Unha posibilidade de avaliación, poderá ser a creación de contidos con algunha ferramenta ou aplicación: tipo móbil ou ipad, Imovie, Padlet, Mindomo, Book Creator, Genially, Nearpod,...
Apuntes da materia para o caderno (T5: dende finais de abril ata o 19 de maio)

Resumindo: Avaliación será a través dos apuntes do tema recollidos no cuaderno. Unhas prácticas de laboratorio (podedes presentar algunha sobre a materia, cambios de estado, mesturas, separación,...) e o emprego das TICS e TACS: resumo feito cunha ferramenta o apliación sobre o tema 5.(data tope o 19 de maio).Concurso preguntas co Plickers, Socrative ou Kahoot (na aula)-

Tema 5 A MATERIA E A ENERXÍA
1.-Clasificamos a materia: estados da materia e cambios de estado (físicos)
2.-As mesturas: separación
3.-Cambios da materia
4.-A luz e o calor: formas de enerxía.
5.-Comportamento da materia ante a enerxía.

1.-Clasificamos a materia:
materia forma todo o que existe no universo. Todo o que nos rodea, e incluso o noso corpo, está formado por materia, que ten masa e volume.

1.1.-A materia: preséntase en diferentes estados.
Sólido: ten forma propia e ocupa sempre o mesmo espazo, é dicir mantén o seu volume.
Líquido: carece de forma propia, xa que adquire a do recipiente que a contén, pero mantén o seu volume.
Gasoso: non mantén a súa forma, xa que se adapta á do recipiente que a contén, e tampouco mantén o seu volume.

1.2.-Os cambios de estado:
Os cambios de estado son reversibles, é dicir, a materia pode recuperar o seu estado inicial.
Fusión:paso de sólido a líquido (ou derretimento)  Sublimación (sólido a gasoso)
Solidificación: paso de líquido a sólido.      Cristalización (gasoso a sólido)

Vaporización: paso de líquido a gasoso (ou ebulición)
Condensación: paso de gasoso a líquido (ou licuación)



1.3.-Substancias puras e mesturas:
As substancias puras están formadas por un só compoñente. Exs: ouro, auga, sal,...
As mesturas: están formadas por máis de un compoñente e poden ser:
-Mesturas homoxéneas: os compoñentes non se aprecian a simple vista. Ex:biscoito chocolate
-Mesturas heteroxéneas: os compoñentes distínguese claramente. Ex: macedonia

2.-Métodos de separación de mesturas
Dependendo de como sexa a mestura e das substancias que queremos obter, utilízanse distintos métodos de separación de mesturas. Estes son os métodos máis habituais:
Para mesturas homoxéneas:
-Evaporación:
Utilízase cando a mestura é homoxénea e está formada por un líquido e un sólido, como o sal disolvido en auga. Consiste en colocar a mestura nun lugar seco e deixar evaporar a auga. No fondo irán aparecendo os cristais de sal. Este sistema utilízase industrialmente para extraer o sal do mar nas salinas.
-Destilación:
É o sistema que se utiliza para separar unha mestura homoxénea de dous líquidos que teñen distinta temperatura de ebulición, por exemplo, alcohol e auga. 
Ao quentar a mestura, o compoñente que se evapora antes, é dicir, o que ten unha temperatura de ebulición máis baixa, pasa a estado gasoso. Cando, a través dun tubo, chega unha zona máis fría, condénsase e volve a estado líquido, e recóllese nun recipiente.
Mesturas heteroxéneas
-Filtración: Utilízase cando temos unha mestura heteroxénea formada por un líquido e un sólido, como auga e area. Consiste en colocar un papel poroso nun embude e botar a mestura. O líquido cae e o papel retén o sólido.
-Decantación: Mediante este sistema podemos separar mesturas heteroxéneas formadas por dous líquidos con distinta densidade e que non se mesturan, como por exemplo, auga e aceite. Ao deixar repousar a mestura, o líquido máis denso queda na parte inferior e o menos denso flota.
Outros métodos: imán (ex: área e metais), coador (ex: fariña e garabanzos),..

3.-A materia sofre cambios: cambios físicos e químicos
A materia pode mudar de aspecto, forma (sería só un cambio físico) ou transformarse noutra distinta substancia (por tanto sofrería un cambio químico (da súa composición)).
3.1.-Cambios químicos ou reaccións químicas:
As substancias chamadas reactivos transfórmanse noutras chamadas produtos.
Sempre interven enerxía e a masa total das substancias non varía. 
As reaccións químicas están presentes en moitos casos da nosa vida cotiá: produtos, conservación alimentos, obtención de novas substancias, (conservación e producción substancias: textís, plásticos, medicamentos,...).
Algúns tipos de reaccións químicas:
-Oxidación: substancia + osíxeno do aire= óxido (nova substancia).Exs: corrosión metais, oxidación da froita (ese cor castaño)..
-A combustión:
-A fermentación:
 
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario