martes, 6 de abril de 2021

Historia de España. S. XIX

Ideas claves: (importante para comprender o s. XVIII-XIX)

Absolutismo: é un sistema de goberno no que o monarca, considerado coma o representante de Deus na Terra (de orixe divina), concentraba na súa persoa todos os poderes:

-Elaboraba leis. -Facía cumprir as leis segundo a súa clase social. -Controlaba o exército e a administración

-Gobernaba os súbditos que non tiña ningún poder.

A nobreza e o clero eran os grupos sociais privilexiados, porque eran os propietarios da terra, non pagaban impostos e as leis facíanse para defender os seus intereses.

Ilustración: é un movemento cultural do S.XVIII que defendía a liberdade individual, a igualdade de dereitos e o progreso fundamental na razón e na educación.

Liberalismo: é unha forma de goberno baseado na soberanía nacional (que os cidadáns teñen o dereito a elixir os seus gobernantes mediante o sufraxio (dereito a voto nas eleccións). O poder provén do pobo.), na Constitución e na división de poderes (segundo no liberalismo, nun Estado debe haber tres poderes: 

-Poder executivo. É o encargado de facer cumprir as leis. En man do rei e do goberno.

-Poder lexislativo. Elabora as leis. Ocúpase o Parlamento (hoxe: Congreso e Senado).

-Poder xudicial. Imparte xustiza a través dos tribunais.

As revolucións liberais foron impulsadas pola burguesía, e contaron co apoio do pobo chan, campesiños, artesáns e comerciantes. A intención da burguesía era chegar ao poder, que estaba en mans do rei e da nobreza.

Sufraxio censitario: é aquel no que soamente poden votar os cidadáns (homes) que teñan un determinado nivel de riqueza.

Un súbdito está sometido ao poder absoluto dun monarca.

Un cidadán ten dereitos (é un individuo libre que ten dereitos ante a lei e o Estado).

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario