TEMA 1 OS SERES VIVOS
Os seres vivos
1.-Os seres vivos:
1.1.-Funcións vitais: nutrición, relación, reproducción.
1.2.-Tamaño: microscópicos (microorganismos) y macroscópicos.
2.-A Célula:unidade de vida
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal
3.-A organización dos seres vivos: seres unicelulares e pluricelulares
1.1.-Funcións vitais:
Os seres vivos realizan unha serie de funcións, chamadas funcións vitais. Son as funcións de nutrición, relación e reprodución.
Nutrición: A función de nutrición consiste en transformar os alimentos en substancias máis sinxelas, chamadas nutrientes, e en enerxía.
Relación : a función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e reaccionar antes eles.
Reprodución: permite aos seres vivos ter descendentes parecidos a eles.
Reprodución: permite aos seres vivos ter descendentes parecidos a eles.
Algúns seres vivos, como as plantas, fabrican os seus propios nutrientes coa axuda da luz. Outros, como os animais, aliméntanse doutros seres vivos.
A función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e reaccionar ante eles (estímulos e respostas).
A función de reprodución permite aos seres vivos ter descendentes parecidos a eles.
1.2.-Tamaño:
Os seres que se distinguen a simple vista chámanse seres macroscópicos. Os que non se ven chámanse seres microscópicosou microorganismos. Para observalos necesitamos un instrumento chamado microscopio.
2.-A célula: unidade de vida.
A célula é a parte máis pequena dos seres vivos que ten vida propia, xa que realiza as tres funcións vitais: nútrese, relaciónase e reprodúcese. Todos os seres vivos estamos formados por células
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal.
As células animais e vexetais parécense moito. Ambas teñen: membrana celular, citoplasma, orgánulos e núcleo.
As células vexetais posúen, ademais,cloroplastos e parede celular.
Partes da célula:
- A membrana celular é a envoltura externa da célula, e participa na función de relación.
- O citoplasma ocupa o interior da célula. É un líquido viscoso no que flotan os orgánulos.
- Os orgánulos realizan algunhas funcións da célula, como fabricar substancias e obter enerxía.
- O núcleo contén o material necesario para reproducirse e dirixe as actividades da célula. Nas células animais e vexetais o núcleo está separado do citoplasma por unha membrana.
- Os cloroplastos son uns orgánulos verdes que captan a luz e fabrican os nutrientes.
- A parede celular é unha estrutura ríxida que rodea a membrana celular e protexe a célula.
3.-A organización dos seres vivos:
-Seres unicelulares:
Os seres vivos que están formados por unha soa célula chámanse seres unicelulares. A súa única célula realiza todas as funcións necesarias para vivir.
Ex. o paramecio que vive nas charcas ou estanques.
-Seres pluricelulares:
Os seres vivos formados por dúas ou máis células, chámanse seres pluricelulares. Nestes seres vivos todas as células se coordinan para que o organismo poida realizar as funcións vitais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario