O luns 24, levaredes para facer na casa o proxecto de C. Sociais (do tema 2: "A representación da Terra"). Debe ser entregado con data tope o 12 de decembro 2014.
O proxecto debe entregarse co plano da cidade de Santiago, a folla coas tareas e as respostas a estas tareas noutra o noutras follas que precisedes.
Trata de orientación, planos, mapas, recorridos, trazados, rutas pola cidade, momentos, museos,(lenda) e todo o relacionado coa nosa cidade monumental.
Para calquer dúbida aclararémola na aula. Repito e para facer na casa.
Podedes consultar en internet, ou en Turismo de Santiago para elaborar as rutas solicitadas ou, visitas, paseos, xardíns, edificios de interese etc...
No hay comentarios:
Publicar un comentario