Para rematar o curso, faremos un proxecto basado no traballo cooperativo cos grupos de referencia.
Consiste en escoller unha etapa da Historia e buscar, seleccionar, compartir e expoñer os contidos ao resto dos compañeiros.Comezaremos mañan martes 11.
Na sesión de hoxe houbo unha presentación e explicación do traballo a realizar ademáis os alumnos escolleron as etapas da Historia a desenrolar. Haberá sesións de tipo individual e a maioría serán en grupo.
Comezamos hoxe, luns 10, ata o martes 18, e dicir 6 sesións.
A estructura será a seguinte:
1ª e 2ª Sesións: mañan martes será indiviual: cada un deberá buscar a información sobre a etapa do seu grupo e anotará ou gardará os datos no pen drive ou no netbook.Para iso debe consultar diferentes páxinas, webs, blogs, videos etc..que se atopan no programa Abalar ou neste blog.Podese anotar na libreta tamén.
3ª Sesión en grupo: posta en común da información e estructuración da etapa escollida. Clasificación. Ampliación. Pódese empregar tamén os netbook no grupo para ampliar ou modificar os datos recollidos.
4ª Sesión en grupo: Sintesis da información, elaboración do proxecto final e anotación (todos os compoñnetes) na libreta das características da etapa a estudar a modo apuntes.
5ª Sesión: en grupo tamén como presentar ou expoñer o proxecto aos demáis.Darlle a forma definitiva.
6ª Sesión: exposición ao resto dos compañeiros do traballo elaborado.
Esta estructura pode sufrir algunha variación ou modificación en función das dificultades ou imprevistos que poidan xurdir.
Tamén xa quedou explicado hoxe que non haberá proba escrita destes temas (13 e 14), e serán avaliados con este proxecto.
Valoramos tanto o traballo individual coma en grupo. A capacidade de traballo de cada un e como funciona o grupo e no grupo, ademáis da presentación- exposición final e os apuntes recollidos na libreta que deberá seguir as pautas coma sempre: boa presentación, (orden, limpeza, caligrafía,ortografía,) e contidos adecuados e correctos a época escollida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario