martes, 22 de enero de 2013

Tema A materia: Substancias

Continuando co tema da materia, esta semana e a que ven, trataremos o punto 3 e 4 (substancias e reaccións químicas).Para a finais do mes facer a proba escrita.
Faremos o esquema correspondente e as actividades do libro e algunha a maiores.
Tamén seguindo co traballo cooperativo cada grupo deberá preparar un experimento de algún dos puntos tratados no tema: estados da materia e cambios, mesturas e separación (técnicas).

A estructura do experimento indicareina na aula cunha ficha que deberán cumprimentar todos os compoñentes do grupo e anotala na libreta. Podería ter a ficha os seguintes campos recomendables para organizar a información na que se describe o experimento:

-Autores e titulo, materiais, ano de publicación :
-Teoría o contexto teórico no que se produce: coñecemento dos supostos teóricos básicos da teoria.
-Hipotese: predicción do que vai o ocorrer
-Resultados. Explicación:


6.3. Substancias puras e mesturas
A materia da lugar a dous tipos diferentes de substancias: as substancias puras e as mezclas.

6.3.1.-As substancias puras están formadas por un solo tipo de materia e non se poden separar en outras.
Ex: o ouro, o ferro, o sal, a auga e os minerais. (Unha substancia é pura se non se pode separar noutra substancia).


6.3.2.-As mesturas están formadas por varias substancias puras diferentes.
Podemos distinguir dous tipos de mesturas: as mezclas heteroxéneas e as mezclas homoxéneas.
As mesturas son substancias formadas por dous ou máis compoñentes.

6.3.2.1.-Mesturas homoxéneas: as mesturas homoxéneas ou disolucións son mesturas nas que non se distinguen os seus compoñentes. Ex: a auga do mar, o aire, o leite....

6.3.2.2.-Mesturas heteroxéneas: son mesturas nas que se poden distinguir os seus compoñentes. Ex: o granito, unha ensalada,

Outro tipo de mesturas como as de algúns metais chámanse aleacións. As aleacións son mesturas homoxéneas nas que unha ou varias substancias son metais.
Por exemplo o bronce e o aceiro.

6.3.3.- Separación de mesturas:
Para separar as distintas substancias de unha mestura empléanse diferentes técnicas:
- Filtración.
- Decantación.
- Evaporación.
- Separación magnética.

A filtración serve para separar mesturas as heteroxéneas dun sólido e un líquido.
Faise pasar a mestura por unha malla que reten o sólido e deixa pasar o líquido.
Separar arena e auga.

A decantación: empleáse para separar mesturas heteroxéneas de substancias con distinta densidade.
Deixase reposar a mestura e a substancia máis densa deposítase no fondo.
Ex: Separar auga e aceite. Auga e area, auga e arxila....

A evaporación empléase para separar mesturas homoxéneas. Consiste en evaporar a parte líquida. Ex: Separa o sal da auga salgada.

A separación magnética utilízase cando un dos elementos da mestura é de ferro e o outro non.
Ex: úsase un imán que atrae aos elementos metálicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario