jueves, 24 de octubre de 2024

24 DE OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO (actividade)

 24 DE OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Hoxe celebramos o Día Internacional contra o Cambio Climático, cuxo principal obxectivo é concienciar á sociedade sobre as devastadoras consecuencias do cambio climático no noso planeta. Lembramos a importancia nesta data de xerar novas formas de consumo responsable e frear os efectos nocivos da contaminación e concienciar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de minimizar os efectos deste fenómeno que pon data de caducidade ao noso planeta.

 Actividade para 5º e 6º de EP 

Dividimos a sesión en dous momentos:
1º Momento:
Aproveitamos o tratamento na unidade de C.Sociais sobre a Axenda Urbana 
Española (AUE) que recolle a folla de ruta, estratexias e accións ata o 2030
para facer os territorios, as cidades e os espazos sostibles, acolledores e
respetuosos co medio ambiente; para ver un vídeo sobre as cidades do futuro
(que se están a proxectar xa) e a continuación rematar cunha reflexión 
grupal sobre o cambio climático e como minimizalo dende as nosas pequenas 
accións do día a día.
Visionado do vídeo: Cidades do futuro
2º.-Momento:
Reflexión grupal, en base a cuestións coma:
               ¿Que vos pareceu o vídeo? ¿Que vos chamou a atención?         
               ¿Que podemos facer nos para minimizar o cambio climático?
               ¿Sacades algunhas conclusións?
 As cidades do futuro (conclusións)
Serán moi diferentes ás que coñecemos hoxe. Mentres nos enfrontamos ao 
cambio climático, que é o quecemento do planeta provocado pola actividade 
humana, é fundamental pensar en como construír cidades máis sostibles.
1. Arquitectura Verde: Os edificios serán deseñados de xeito ecolóxico, 
utilizando materiais que non danen o medio ambiente. Haberá cubertas verdes
con plantas que axuden a purificar o aire e reducir as temperaturas.
2. Transporte sostible: en lugar de coches contaminantes, veremos máis 
bicicletas, autobuses eléctricos e trens rápidos. As cidades deseñaranse 
para que camiñar ou andar en bicicleta sexa seguro e sinxelo.
3. Enerxías renovables: as cidades do futuro utilizarán fontes solares, 
eólicas e outras fontes renovables para reducir o uso de combustibles fósiles. 
Isto axudará a reducir as emisións de gases que provocan o cambio climático.
4. Espazos Verdes: Haberá máis parques e áreas naturais dentro das cidades,
o que non só embelece o medio ambiente, senón que tamén axuda a mellorar a 
saúde e a biodiversidade das persoas.
5. Tecnoloxía intelixente: Empregaremos a tecnoloxía para facer as nosas 
cidades máis eficientes. Por exemplo, sistemas de iluminación que se apagan
automaticamente cando non hai ninguén, ou aplicacións que axudan aos cidadáns a 
atopar rutas sostibles.
En definitiva, as cidades do futuro deben ser lugares onde a xente viva 
en harmonía coa natureza, utilizando a tecnoloxía para afrontar os retos 
do cambio climático e construír un mundo máis saudable para todos. 
A forma en que deseñamos as nosas cidades hoxe pode marcar a diferenza 
para o futuro!

 

 

 

lunes, 16 de septiembre de 2024

TEMA 1 C. SOCIAIS 6º (2024-25)

 TEMA 1 " COMO CHEGAMOS AO MEU DESTINO"

Corresponde ao tema 3 do libro de texto ed. Anaya (páxs: 50 ata 67).

Temporalización: de setembro a outubro.

Actividades fóra do centro: 

    -Convivencia venres 20 setembro. Roteiro peatonal dende o Monte do Gozo, camiño de Santiago ata o colexio (seguridade viaria, normas circulación ..)Actividades na natureza (EF)

-Visita ao Parlamento de Galicia (prevista para o 4 de outubro).

-Pendente visita ao Concello.

Guión do tema 1:

1.- Territorios sostibles. Axenda Urbana Española (AUE) e os 10 obxectivos. ODS 20230

2.-Organización política e territorial de España e Galicia

A Constitución de 1978 (6 de decembro).

Estatuto de Autonomía de Galicia (1981).

Provincias (50) e Comunidades Autónomas de España (17) e Cidades Autónomas (2). 

Concellos de España (8.132). Concellos de Galicia (313).

Ollo: Estudar dos puntos,só o que está en cor (negrita, vermello etc)

1.- Territorios sostibles.Axenda Urbana Española (AUE, creada no ano 2019).

É a folla de ruta (con plans de accións) que vai marcar a estratexia e as accións a levar a cabo ata o ano 2030 (Axenda Europea 2030) para facer dos nosos territorios (pobos, cidades, barrios,..) lugares de convivencia amables, acolledores, saudables, concenciados co medio ambiente etc..para acadar un desenrolo xusto, sostible, equitativo,....tras o analise a través de un DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades ) dos territorios.

Por ex: accións en parques, mobilidade e transporte (emisións de gases, restriccións tráfico, carril bici, xardíns, arquitectura, tratamento de augas,....).

Cidades: son espazos de convivencia, dereitos (culturas, razas). existe diversidade cultural, lingüística etc

2.- Organización TERRITORIAL e politicamente de ESPAÑA e GALICIA

En ESPAÑA:

A Constitución española de 1978. Símbolos nacionais: escudo, bandeira, himno, idioma.. 

É a norma suprema do ordeamento xurídico dos poderes públicos e cidadáns españois (dereitos, liberdades e deberes).

Foi ractificada o 6 de decembro (é a culminación da transición á democracia, o fin da Ditadura de Franco). Estableceu a Nación ou patria común española , indivisible (sí en autonomías das nacionalidades e rexións), unha organización territorial basada en concellos, en provincias e nas comunidades autónomas. Por tanto, España é un estado autonómico cun rei coma xefe do Estado e refrendado polo presidente do Goberno e do Congreso dos Diputados, ministros (soberanía nacional e sufragio universal nas eleccións cada 4 anos)

Características máis importantes (= unidade, autonomía, solidaridade e igualdade):

-Establece a separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial). 

-Presidente investido polo Congreso ten o poder executivo e a administración pública co Consello de Ministros. 

-O poder lexislativo recae nas Cortes Xenerais : Congreso dos Deputados (350) e o Senado (208).

-O poder xudicial recae nos xuices e tribunais.

*Poder lexislativo: Presidente (escolleo o Congreso dos Deputados) e ministros (estos escolleos o presidente). Función executar leis.

*Poder executivoCongreso e Senado (escollidos por sufraxio universal > 18 anos), elabora e aproba leis.

*Poder Xudicial: co Senado de xuíces (elección polo Congreso e Senado, vixía cumpriemnto das leis). Consello do Poder Xudicial e Tribunais Supremos.

 En GALICIA:

Estatuto de Autonomía de Galicia (1979-81) ou Estatuto de Galicia. 

É a norma que recoñece a Galicia coma unha nacionalidade histórica (aínda non nación*) Os símbolos son: bandeira, escudo, himno e unha lingua propia (galego) cooficial co castelán. Existe un Defensor do Pobo,  institucións coma: Parlamento, Facenda propia, Patrimonio... 

Para saber máis, visita ao Parlamento:

O Parlamento galego ten 75 deputados (38 maioría absoluta) é onde reside o poder lexislativo. 

As súas funcións son: electiva (elixe ao presidente,ao consello...), de control (coas comisións) e lexislativa

A primeira sede do parlamento foi provisionalmente, no pazo de Xelmirez e de Fonseca na praza de Obradoiro (despois dende o 1989 pasouse para a rúa do Horreo, ía ser facultade de veterinaria e posteriormente foi, un cuartel militar).

O Estatuto de Galicia xa fóra aprobado durante a II República no ano 1931 pero non entrou en vigor pola Guerra Civil do 1936.

O goberno da Comunidade está formado polo presidente e os concelleiros e o Tribunal Superior de Xustiza

Poder lexislativo = reside no Parlamento (ou hemiciclo). 

Poder executivo: Xunta de Galicia co presidente e concelleiros.

Poder xudicial: tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

2.1- Organización TERRITORIAL:

Provincias (son 50 e forman Deputacións cun presidente/a e vicepresidentes, a xunta de goberno e o pleno), 

Comunidades Autónomas (17) e Cidades Autónomas (2, Ceuta e Melilla).

Concellos, composto pola alcaldesa ou alcalde e as concelleiras ou concelleiros.

Fonte: wikipedia.gal





Fonte: elaboración propia

3.- EUROPA: 

Formada por 50 países e 750 millóns de habitantes, actualmente.

3.1.-A Unión Europea (UE): é unha unión económica e política común entre 27 países, actualmente. Entrou en vigor en Maastricht o 1 de novembro de 1993. Anteriormente, foi creada coma Comunidade Económica Europea (CEE) en 1957 no Tratado de Roma polos países fundadores: Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Italia e Luxemburgo (e despois do Acordo do Carbón e Aceiro de 1951) e finalmente a CEE e a Comunidade Europea no 2009 na UE.

Países da UE (27): Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chequia., Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Francia, Finlandia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Rumanía e Suecia. 

Ten uns principios e valores iguais para todos, leis e normas: espazo de libre circulación de cidadáns e mercadorías, seguridade e defensa común,moeda común, política exterior e cooperación conxunta, bandeira e símbolo.

Institucións comunitarias:

Curiosidades:

España e Portugal ingresaron no ano 1986.

No ano 1990 uníronse as dúas Alemañas (a RFA e a RDA) nunha única RFA.

O Reino Unido saíu da UE no ano 2020 (coñecido o proceso coma o "Brexit").

A maior ampliación da UE foi en maio do 2004 cando ingresaron 10 países (Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia).

Países da UE no ano 2024 (mapa)


Fonte: https://european-union.europa.eu/easy-read_es

Países de EUROPA (mapa):


Fonte: paises.net

               Fonte: de elaboración propia





lunes, 4 de septiembre de 2023

jueves, 25 de mayo de 2023

Tema 6 : A electricidade e magnetismo

 Tema 6 : A electricidade e magnetismo

1.-A electricidade

1.1.- Electricidade estática

1.2.- Comportamentos dos corpos ante a electricidade

2.-A corrente eléctrica

2.1.- Os circuitos

Compoñentes dos circuitos

2.2.- Condutores e illantes

3.- Magnetismo

3.1.- Os imáns

3.2.- O magnetismo terrestre

4.- A electricidade e o magnetismo

5.- Aplicacións do electromagnetismo

Actividades para avaliar (antes do 13 de xuño):

Resumo-esquema da unidade. Palabras clave

Realiza un Visual thinking da unidade. Recorda: texto (palabras clave), iconos ou debuxos, a cor, e os conectores.

O uso do Visual Thinking require de práctica, se a barreira do "eu non sei debuxar" é moi alta é necesario comezar empregando únicamente texto, para ir engadindo posteriormente a iconografía (debuxos) e finalmente o a cor.

Recorda: práctica, práctica, e máis práctica é o camiño cara a excelencia!!.

Actividades do libro (para antes do 15 de xuño):

Páx: 120 da 24 a nº 31

Páx 126 da 1 ata a nº 9

Revisión de cadernos para a avaliación (ata o 14 de xuño)