jueves, 18 de octubre de 2012

Orientacións e metodoloxía para 5º Primaria

A dinámica das sesións de coñecemento do medio son así:

1. METODO DE TRABALLO BASE
- Creación de clima. Motivación. Captar a atención.
- Comprobar si a anterior sesión quedou aclarada ou con dudas.
- Prelectura da materia a explicar, chuvia de ideas (cooperativo ), posta en común, ideas previas...
- Explicación do profesor, utilizando sempre apoios: pizarra dixital ou outros medios.
- Lectura e comprobación do explicado, mediante sondeos continuos.Atención, motivación..
- Posibles dudas, por parte dos alumnos, curiosidades
- Traballo en conxunto, equipos base e voz alta, de algún exercicio tipo.
- Traballo individual, corrección e posta en común.
- Pequeno esquema a memorizar, puntos a tratar do tema, estructura do tema, pasar a libreta (os seus apuntes)
- Autocontrois de fácil corrección. Monitorías.

2. TÉCNICAS DE ESTUDO E TRABALLO
- Observación : utilizarase ao principio da clase para poder expresarse oralmente e adquirir vocabulario.
- Escoitar: farase fincapé ao máximo en atender ás explicacións do profesor e dos compañeiros, para potenciar que o que atende, entenda.
- Prelectura : farase ao inicio de cada novo tema para ter unha visión xeneral do tema a tratar.
- Subraiado : iniciaráselles paulatinamente nesta técnica, para ser capaces de subraiar eles sos, sabendo encontrar as palabras clave.
- Resumen. Ao finalizar cada tema o realizarán eles sos.
- Esquema : Para sintetizar os temas  iniciaranse nesta técnica.
- Memorización : apoiarase nas técnicas de subraiado e esquemas para interiorizar o fundamental.
- Autoavaliación. Comprobar os alumnos os seus fallos na tarea diaria.Poñense notas en cada actividade que se corrixe.
- Hábítos de estudo persoal do alumno:
- Uso da axenda
- Uso de apuntes e esquemas á hora de estudar.
- Limitación do seu tempo de traballo, estudo e xogo.

Algúns dos obxectivos para este ciclo son tamén:
- Iniciarse na utilización para a aprendizaxe das tecnoloxías da información e a comunicación, desenrolando un espíritu crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.(C. Aprender a Aprender).

- Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respetar os dereitos humáns, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática. (C.Social e Cidadá).

- Desenrolar hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en sí mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interés e creatividade na aprendizaxe. (C.S e C, Aprender a Aprender, e Autonomía e I.Persoal).

- Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflictos, que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan. (C.Social e C., C.A.I.P).

- Coñecer, comprender e respetar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade. (C.S.e C., C.Artistica e Cultural, e C.A.I.P)

En todo este proceso temos en conta:
Dependendo das diferencias individuais (maduración, estilo cognitivo, situación afectiva, adaptación á escola, etc.), danse situacións e ritmos de aprendizaxe diversos, o que fai necesario un adecuado tratamento da diversidade, todo esto está reflexado no departamento de Orientación (Plan de Atención á Diversidade que conta o Centro.

Resumindo, nesta etapa:
a) O tratamento axeitado dos alumnos e alumnas no estadio evolutivo no que se atopan, en cheo proceso de maduración e cambio profundo de estructuras de relación e coñecemento, é fundamental para o desenrolo integral da súa personalidade presente e futura.
b) O tipo de aprendizaxes que se adquiren supón a base instrumental coa que deben manexarse posteriormente, tanto no resto do periodo de educación institucional coma na súa vida adulta. Ao finalizar a etapa, os alumnos e alumnas contarán co fundamento principal para as súas futuras aprendizaxes e desenvolvemento funcional na sociedade.

Temos en conta as características dos alumnos, requerida por todas elas na determinación dos seus elementos: obxectivos, contidos, competencias básicas, metodoloxía e avaliación.

É importante, á hora de determinar o modo máis axeitado de actuación pedagóxica no aula, coñecer de forma pormenorizada as características psicoevolutivas do alumnado a quen ésta se dirixe e as circunstancias sociofamiliares dos alumnos. Dado que a Educación Primaria estructúrase en ciclos, óptase por definir de forma máis concreta os rasgos evolutivos do alumnado. De este xeito establécese unha relación directa entre as características psicopedagóxicas do alumnado e os obxectivos, contidos e criterios de avaliación propuestos para cada un dos ciclos.



1 comentario: