lunes, 25 de noviembre de 2019

Táboa Ecosistemas 5º Tema 2

Así podería ser a táboa dos ecosistemas terrestres e acuáticos. Empregando word, cores, ou no caderno podemos crear uns apuntes sinxelos e fáciles de comprender.(técnicas de estudo, xa comentadas na aula neste 1º trimestre).

viernes, 15 de noviembre de 2019

Tarefas T2 C. Natureza 5º

As tarefas programadas para a unidade 2 de c. da Natureza (dende o 15 de novembro ao 15 de decembro): Os ecosistemas, son as seguintes:
-Realizar no caderno o esquema do tema (ver páxs:  )
-Rematar os apuntes do tema, ben desde o libro ou desde o blog (son 5 puntos)
-Elaborar unha táboa cos ecosistemas terrestres e acuáticos (explicado na aula), empregar cores, palabras claves ou simbolos ou pictogramas. (lenda). táboa con 7 filas e 6 columnas.
Fila 1: Ecosistemas/Temperaturas/Precipitacións-Chuvias/Vexetación/Fauna/Localización (que corresponden ás 6 columnas.
Fila 2: Deserto frío
Fila 3: Taiga
Fila 4: Bosque temperado
Fila 5: Sabana
Fila 6: Deserto cálido
Fila 7: Selva
Outra táboa cos ecosistemas acuáticos.Características.
-Actividades do libro no caderno a modo repaso.
-Boceto do proxecto sobre o ecosistema a traballar no equipo cooperativo.Reparto de tarefas, traballo grupal e creación cunha das ferramentas expostas na aula. Finalmente tocaría :plasmalo cunha app vista, un PPT, presentación e exposición.
-Revisión de cadernos e puntuación.(T1 e T2) nas primeiras semanas de decembro.

Proba escrita (neste caso será cunha app, cos IPADS, tipo test: resposta curta e múltiple, V ou F), alá polo mes de decembro (entre o 10 e 15).

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Resumo T2 A representación da Terra

TEMA 2 A REPRESENTACIÓN DA TERRA
2.1.- As coordenadas xeográficas.
As coordenadas xeográficas son unhas liñas imaxinarias que se trazan sobre un globo terráqueo ou un mapa e serven para localizar puntos sobre a superficie terrestre. Clasifícanse por:
Paralelos:
  • Indican a latitude (distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o Ecuador). 
  • Son círculos imaxinarios que dividen a esfera terrestre en toros ou rodas. 
  • O paralelo principal ou 0º chámase Ecuador e divide a Terra en dúas partes: hemisferio Norte e hemisferio Sur. 
Meridianos:
  • Indican a lonxitude (distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o meridiano de Greenwich). 
  • Son semicírculos imaxinarios que van do Polo Norte ao Polo Sur. 
  • O meridiano principal é o de Greenwich o 0º. l Serven para establecer as divisións dos fusos horarios. 
Para localizar un punto nun mapa precísase saber que meridiano e que paralelo pasan exactamente polo devandito punto.
Xogo para repasar as coordenadas xeográficas:
recursos educativos (coordenadas xeográficas)
2. Por que ocorre...
Todos os países temos a mesma hora?
Os fusos horarios creáronse para saber que horario lles corresponde aos distintos puntos do noso planeta:
– Que son os fusos horarios?:
  • A Terra está dividida en 24 zonas ou fusos horarios. 
  • Os fusos horarios son liñas imaxinarias en forma de fuso de fiar. 
  • Todos os lugares situados nun mesmo fuso horario teñen a mesma hora
Como funcionan os fusos horarios?:
  • Os 24 fusos horarios coinciden cos meridianos. 
  • Cada fuso horario mide 15º de lonxitude e representa 1 h. 
  • A partir do meridiano de Greenwich súmanse (Leste) ou réstanse (Oeste) as horas
As illas Canarias teñen unha hora menos que no resto do Estado porque se sitúan nun fuso horario ao Oeste do meridiano de Greenwich. 

3. Os mapas e os planos xeográficos  
-Podemos representar a Terra en forma de esfera (globo terráqueo) ou sobre unha superficie plana (mapa). 
-Os mapas planisferios plasman a Terra enteira ou parte dela.
-Os planos xeográficos representan con detalle un territorio pequeno.
-Cada mapa ou plano leva unha lenda cos símbolos, cores ou signos convencionais que se representaron nel.
-A escala dun mapa ou plano é o informe sobre cantas veces se reduciu unha superficie real para poder ser debuxada no mapa ou no plano. Pode ser:
  • Numérica 
  • Gráfica 
4. Os tipos de mapas 
Segundo a información que conteñen os mapas, poden ser:
Físicos: representan o relevo terrestre. 
Políticos: amosan a organización dun territorio.
Temáticos: reflicten un aspecto ou feito concreto da realidade. 
Un atlas é unha colección de mapas que poden ser de diferentes tipos e ter diferentes soportes.
Para ler un mapa é básico saber localizar e interpretar a información que contén.

5. Como é... O planisferio físico 
O planisferio físico é o mapa de toda a superficie da Terra nun só plano onde se mostran as características físicas ou accidentes xeográficos.

6. Como é... O planisferio político
O planisferio político é a representación de todos os países do mundo nun só plano.



Para saber máis!!
Xeografia física A Terra:meridianos e paralelos

Repasamos océanos e continentes!!!









lunes, 11 de noviembre de 2019

Tema 2: Os ecosistemas

Tema 2 "Os ecosistemas"

1.1.-Que necesitamos para vivir:
Os elementos principais serían: a auga, o solo,o aire, os seres vivos, a luz solar,...

1.2.-Os compoñentes dun ecosistema
"Todos os elementos que nos rodean: o aire,a auga, a temperatura, a luz, o solo, os seres vivos, etc constitúen un ECOSISTEMA".
Compoñentes dun ecosistema :
-O medio físico aqueles elementos q non posúen vida.
-Os seres vivos aqueles elementos q posúen vida.O conxunto de seres vivos que poden reproducirse entre sí e ter descendencia fértil chámase especie. Os organismos dunha mesma especie constitúen unha poboación.
O conxunto de distintas especies forman unha comunidade. 

1.3.- O papel dos seres vivos
-Os productores son os seres vivos que fabrican o seu propio alimento mediante a fotosintese.
(Plantas, algas, plantas acuáticas,..fabrican materia viva para outros.)
Pincha neste enlace e poderás ver: Mapa satelital da nasa muestra como as plantas brillan en todo o mundo: fotosintese

-Os consumidores son aqueles q se alimentan de outros seres vivos. Hainos primarios e secundarios.

-Os descompoñedores nútrense dos restos doutros seres vivos (transforman a materia orgánica en inorgánica, alimento para os productores). (Fungos, bacterias, miñocas, algúns insectos,..)


2.- As cadeas e as redes alimentarias..
2.1.-A relación que indica quen serve de alimento a quen nun ecosistema chámase cadea alimentaria ( é a relación lineal que...)

2.2.-Uns seres vivos aliméntanse doutros e son como elos ("eslabóns ") dunha cadea.
As distintas cadeas relaciónanse formando unha rede que se chama rede alimentaria.

2.3.-O equilibrio entre os seres vivos.
Nas redes alimentarias non falta nin sobra ningún grupo de seres vivos. A mínima variación deles pode alterar ou afectar ao demáis. Este equilibrio chámase equilibrio ecolóxico.
Os cambios graves nos ecosistemas pode alteralo e perder o equilibrio ata chegar a ocasionar a extinción de especies.


3. Tipos de ecosistemas:

3.1.- Ecosistemas terrestres:
Existen diferentes ecosistemas terrestres polas diferencias de luz, auga, solo, temperatura,....
-Deserto frío: Características: precipitacións moi escasas en forma de neve, temperaturas moi baixas, vexetación inexistente.Fauna: animais con moita grasa para combatir o frio.Vida depende do mar.

-Taiga: temperaturas baixas (só supreran os 0º no verán), precipitacións escasas en forma de neve, chuvia no verán.Bosques de abetos e piñeiros. Fauna: lobos, renos, lebres, (migran ou invernan)..



-Bosque temperado: temperaturas baixas en inverno e suaves en verán.Vexetación folla caduca a maioría e fauna variada que pode emigrar segundo a época (migracións).Exs: bosques de Galicia.

-Deserto cálido:temperaturas elevadas polo día e baixas de noite. Chuvias inexistentes, vexetación moi escasa, animáis adaptados.


-Sabana: temperaturas elevadas, chuvias escasas, (excepto época de chuvia), vexetación dispersa: herbas, arbustos, árbores, e fauna variada.

Imaxe da sabana africana: rica fauna e vexetación dispersa


-Selva: temperaturas elevadas, precipitacións abundantes todo o ano.Vexetación moi rica.Gran variedade de seres vivos.


4.- Ecosistemas acuáticos: dependen da cantidade de luz (profundidade), a temperatura, as substancias disolvidas na auga como osíxeno e sales mineriais.
Nos ecosistemas acuáticos existen organismos produtores, consumidores e descompoñedores, igual que nos ecosistemas terrestres.
Poden ser (dependen da cantidade de sales disolvidas):
-Auga doce: ríos, lagos. Moi ricos, moita luz, e por tanto riqueza de produtores.
-Auga salgada: mares, oceános. Luz ata os 200m, hai produtores e consumidores.Na profundidade só consumidores (non chega a luz)

A vida nos ecosistemas mariños: os seres vivos varían segundo a profundidade.
Tipos de ecosistemas mariños:
-Litoral: é a zona de transición entre os ecosistemas terrestres e os mariños (exs: acantilado, areal (praia), zona húmida costera).

-Superficie mar aberto: gran cantidade de seres vivos

-Nas profundidades dos mares( profundidade mariña ) ou oceános: viven poucos seres vivos, moitos descoñecidos. Restos de seres vivos no fondo.

5. Accións do ser humano no  medio: (fomos deteriorando o medio cada vez máis)
Hai 10.000 anos a poboación humana non era moi numerosa, dedicábanse a cazar e recolectar froitos (hai maioría de animais e plantas), non se modificou o medio.

Hai 2.000 anos coa agricultura e gandería fixo que aumentase a poboación humana e se transformase o o ecosistema inicial.

Hai 200 anos apareceu a industria e segue a xerar residuos e contaminación. Accións negativas do ser humano sobre o medio natural.(Contaminación)

Existen solucións:
Os recursos da natureza esgótanse, desaparecen especies, pérdese biodiversidade, contaminación aire, auga, incendios,deforestacións, residuos,... Debemos reducir os efectos negativos que a nosa forma de vida ocasiona no medio.
Todos xuntos podemos desenvolver accións positivas (exs: as 3R= Reducir, Reutilizar, Reciclar,) repoboar

Esquema Resumo T2 OS ECOSISTEMAS




Dicionario científico

Fitoplancto: Microorganismos acuáticos que realizan a fotosíntese.
Organismos descompoñedores: Organismos microscópicos e fungos que se nutren dos restos doutros organismos e dos seus residuos.
Zooplancto: Pequenos organismos acuáticos consumidores que se alimentan de fitoplancto.