martes, 31 de octubre de 2017

Probas escritas Tema 1 Sociais e C.Natureza

As probas escritas dos temas 1 de: o venres 10, será o de Ciencias Sociais e o martes 14 de novembro o de Ciencias da Natureza..

jueves, 26 de octubre de 2017

TEMA 1 AS PLANTAS: Resumo

Aquí tedes en imaxes o resumo dos contidos da unidade 1: As plantas.
As ideas principais e as palabras clave.
1.-Clasificación de las plantas:
-Plantas con flores: Ximnospermas (sen froitos e con sementes) e Anxiospèrmas (con froitos)
-Plantas sin flores.








2.-A nutrición:





Partes dunha flor hermafrodita (con estames e pistilo, con órgano masculino e feminino)




5.-Relación das plantas co contorno: Movementos das plantas
Tropismos e nastias

martes, 24 de octubre de 2017

TEMA 1: AS PLANTAS (5º)

TEMA 1: AS PLANTAS:
Esquema ou guón da unidade.(Posible data da proba escrita 1ª ou 2ª semana de novembro).
  1. 1. Características das plantas (enlace ao libro dixital)
  2. 1.1.-Partes dunha planta.
  3. 1.2.-Clasificación das plantas:
    1. Plantas con flores: Anxiospermas e ximnospermas.
    2. Plantas sen fores: Fentos e musgos.
  4. 2. A nutrición das plantas: fotosintese.
  5. 3. A reprodución sexual das plantas.
  6. 4. A reprodución asexual nas plantas
  7. 5. A relación das plantas co contorno.

1.-CARACTERÍSTICAS das plantas:
Existe unha gran variedade de plantas. Todas teñen en común que fabrican o seu propio alimento, pero o seu aspecto pode ser moi distinto porque depende do medio no que viven.
1.1.-Partes dunha planta: 
A maioría das plantas posúan raíz, talo e follas.
-Raíz. É o órgano que fixa a planta ao solo. Absorbe a auga cos sales minerais disolvidos e, en ocasións, tamén serve como almacén de substancias.

-Follas. Son os órganos que captan a luz do sol e o dióxido de carbono. Xunto coa auga e os sales minerais do solo, utilízanos para fabricar o alimento.

-Talo. É o órgano que sostén a planta e comunica as súas distintas partes a través de dous tipos de condutos:
  • Os vasos leñosos conectan as raíces coas follas.
  • Os vasos liberianos conectan as follas con toda a planta.
1.2.-Clasificación das plantas:
 Ademais de raíz, talos e follas, moitas plantas posúen tamén flores, froitos e sementes. Estes órganos sérvenlles para reproducirse, e coñecelos permítenos clasificalas en dous grupos:

1.2.1.-Plantas con flores:  reprodúcense mediante sementes.

a) Anxiospermas: Teñen froitos e no seu interior hai sementes. Ex. foto debaixo: maceira 
( as sementes se atopan no interior dos froitos).


b) Ximnospermas: Non teñen froitos, pero si sementes. Ver foto debaixo, ex: piñeiro (as piñas non son os froitos, no interior están as sementes, os piñons).

(non teñen froitos pero si teñen sementes)

1.2.2.-Plantas sen flores: non producen sementes. Reprodúcense mediante esporas

Os fentos posúen raíces, follas e condutos polos que circula o zume, e os musgos, en cambio, non.
Exs:
Fentos:Teñen raíces, follas e condutos.
MusgosNon teñen raíces, follas nin condutos.

2.- A NUTRICIÓN:
As plantas, como os demais seres vivos, necesitan alimento e enerxía para crecer, e obtéñenos mediante a nutrición. Nas plantas, a nutrición ten dúas fases:
  • Fabricación do seu propio alimento nas follas mediante un proceso que se chama fotosíntese. Neste proceso despréndese osíxeno.

    Na fotosíntese as plantas utilizan auga, sales minerais, dióxido de carbono e a enerxía da luz do sol captada mediante a clorofila, unha substancia de cor verde que está nas follas.
  • Obtención de enerxía. As plantas respiran. Ao respirar toman o osíxeno do aire a través das follas. O osíxeno do aire e os alimentos que se fabricaron na fotosíntese únense e prodúcese enerxía. Neste proceso despréndese un gas, dióxido de carbono.

Repasamos a nutrición (=alimento,fotosíntese + enerxía), consiste en fabricación do seu propio alimento e obter enerxía:
a) Función nutrición:
  • As plantas absorben dióxido de carbono a través duns poros das follas chamados estomas.
  • As raíces absorben do solo auga con sales minerais disoltos. Esta mestura constitúe zume bruto. O zume bruto ascende cara ás follas a través dos vasos leñosos.
  • Nas follas prodúcese a fotosíntese. Nelas zume bruto e o dióxido de carbono transfórmanse en alimento grazas á luz solar. Neste proceso despréndese osíxeno.
  • O alimento forma o zume elaborado. O zume elaborado distribúese por toda a planta a través dos vasos liberianos. Así, a planta crece.

b) Obtención de enerxía

Tanto de día como de noite as plantas necesitan enerxía. Para iso utilizan os alimentos que produciron e osíxeno do aire.
Neste proceso, chamado respiración, despréndese dióxido de carbono.
A conclusión sería:
  • As plantas obteñen o alimento para crecer e vivir mediante afotosíntese. Neste proceso libérase osíxeno.
  • As plantas obteñen enerxía mediante a respiración. Neste proceso despréndese dióxido de carbono.

3.-A REPRODUCIÓN das plantas: A reproducción SEXUAL:
As plantas poden reproducirse de forma SEXUAL mediante a unión dun gran de pole e un óvulo. Este tipo de reprodución é diferente segundo a planta teña ou non teña flor e, nela, a nova planta é similar aos seus proxenitores.
3.1.-Plantas con flores:
1.1.-Flores hermafroditas: 
flor é o órgano reprodutor da maioría das plantas. En moitas plantas, as flores teñen pistilo, que é o órgano reprodutor feminino,estames, que son os órganos reprodutores masculinos. Este tipo de flores, como as da amendoeira, chámanse flores hermafroditas (teñen os dous órganos).
Nestas flores o pole dos estames e os óvulos do pistilo non se desenvolven á vez. Por iso, para que teña lugar a reprodución, o pole dunha flor ten que chegar ao pistilo da flor doutra planta. Este proceso, chamado polinización, prodúcese grazas a que o vento e algúns animais, como os insectos, transportan o pole.
Unha vez no pistilo da flor, o pole chega ao ovario e únese a un óvulo. Tras a unión, chamada fecundación, o ovario transfórmase nun froito e o óvulo fecundado, nunha semente.
Cando a semente cae ao chan e xermina dá lugar a unha nova planta.
1.2.-Flores masculinas ou femininas:
Nalgunhas plantas, como a aciñeira, os órganos reprodutores masculinos e femininos están en flores distintas, é dicir, existen flores masculinas e flores femininas.
3.2.-Plantas sen flores:
Por exemplo os fentos e musgos non teñen flores, a fecundación ten lugar no exterior, é dicir, fóra da planta.
O fento: posúe uns pequenos avultamentos (saquiños), chamados soros, que producen miles de esporasCando as esporas caen ao chan húmido, xerminan e forman un pequeno órgano. Nese órgano terá lugar a fecundación e orixínase unha nova planta (fento).
Fento reprodúcese por esporas que están nos soros (saquiños).
4.-A REPRODUCIÓN ASEXUAL das plantas:
Algunhas plantas tamén poden reproducirse de forma ASEXUAL a partir dun fragmento delas mesmas (obtense unha copia idéntica).Exemplos dos diferentes fragmentos:
Tubérculos (= talo subterráneo, ex: patacas, remolacha..)
Rizomas (= talo subterráneo, ex: grama, lirio..)
Bulbos (= follas modificadas,formado por capas.Ex: cebolas, allo, tulipán..)
Estolóns (= talo superficial, ex: amorodo..)
Escallos (= fragmento de talo, ex: vide, xeranio, hortensia..)
  Resultado de imagen de REPRODUCCION ASEXUAL NAS PLANTAS EJEMPLOS
5.-Relación das plantas co entorno (o medio).
As plantas relaciónanse co medio que os rodea e tamén reaccionan ante certos estímulos como os cambios no medio. Así, as variacións ambientais de luz, de temperatura e de humidade inflúen nos seus ciclos vitais.(ex: coas estacións do ano).
As plantas móvense:
As plantas reaccionan ante certos estímulos de dúas maneiras:
5.1.-Mediante movementos que implican crecemento: Tropismos
Tropismos: 
-Fototropismo (as plantas crecen cara á luz).
-Gravitropismo (raíz cara abaixo e o talo, cara arriba).
-Hidrotropismo (raices cara ás zonas húmidas)
5.2.-Mediante movementos que NON implican crecemento: Nastias
Nastias:
-Fotonastia (oriéntanse cara ao Sol, ex: xirasoles)
-Tigmonastia (Ex: plantas carnívoras, abren o cerrar as follas)
-Termonastia (Ex: os tulipáns ábrense ou cérranse dependendo da temperatura).


Conclusión: Por tanto, podemos dicir que:
As plantas reaccionan ante a luz, o contacto, a gravidade, a humidade, o número de horas de luz e a temperatura.

Para saber máis:

Neste enlace temos o Calendario de siembra

domingo, 22 de octubre de 2017

Curiosidades: plantas e Froitos exóticos

Pitahaya, Escaramujo,Fisalis,...son algúns dos froitos exóticos que estanse a cultivar na nosa Comunidade ou no norte de España. Poseen numerosas propiedades para a saúde.Si queredes saber máis, pinchade nos enlaces.
Pitahaya
Escaramujo
Fisalis

domingo, 15 de octubre de 2017

T1 AS PLANTAS

Esta imaxe interactiva agocha información sobre as plantas: características, partes dunha planta (raiz, talo e follas), nutrición (fotosintese) e respiración, clasificación (con flores e sen flores)... Serve para completar os vosos apuntamentos e estudar tamén.

sábado, 14 de octubre de 2017

Proxecto Os planetas.

O seguinte vídeo recolle o traballo dos grupos cooperativos sobre o proxecto dos planetas.Nel pódese intuir o emprego das metodoloxías activas que vimos utilizando desde comezos do curso.

viernes, 13 de octubre de 2017

Aprendemos construíndo: Os planetas

Grazas as novas tecnoloxías e as apps coma esta, podemos levar a cabo un proxecto coma o dos planetas e o Universo, empregando FERRAMENTAS e dinámicas de metodoloxías ACTIVAS dunha maneira manipulativa (construcción), colaborativa (Traballo cooperativo), respetuosa co medio ambiente (empregamos materiais de refugallo),  divertida, e sobre todo que aprendemos FACENDO.

Proxecto feito por Ilduara,Jorge S., Eugenia, Uxío, Jorge M., (equipo "CIAROCKETS")

jueves, 12 de octubre de 2017

A Terra.

Tema 1: A Terra.
A partires da imaxe da Terra e do seu satélite, a Lúa, podemos coñecer e estudar un pouco máis sobre o noso planeta. Tocade nos puntos da imaxe e veredes o q esconde.

domingo, 8 de octubre de 2017

Tema 1 O universo

Imaxe interactiva feita con unha apliación moi interesante: Thingkink.
Podedes atopar información agochada nesta imaxe da Lúa sobre o Universo e os Planetas correspondente ao tema 1 de C.Sociais de 5* de Primaria.

jueves, 5 de octubre de 2017

Esquema Tema 1 As Plantas

Aquí tedes o esquema resumo das Plantas (tema 1 de C.da Natureza de 5*) feito por Vanesa e q compartiu con nos e que aproveito para publicar neste blog (axudarannos á hora de elaborar os nosos apuntamentos da unidade).Moitas grazas Vane!!!

A NUTRICIÓN DAS PLANTAS