miércoles, 23 de octubre de 2019

Resumo do Tema 1: O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR

TEMA 1. O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR
1.-Como é .....O Universo:
-Hai uns 14000 millóns de anos, por mor dunha grande explosión (Big Bang), orixinouse o Universo. O Universo é un gran conxunto formado por todos os corpos celestes e o espazo que os contén (millóns de galaxias, estrelas, planetas, satélites, cometas, etc.).

-As estrelas son xigantescas bólas de gas moi quente. O seu interior produce moita enerxía, que se desprende en forma de luz e calor. No Universo hai milleiros de millóns de estrelas, todas diferentes entre si. O Sol é a estrela máis próxima á Terra.

-As estrelas agrúpanse formando galaxias; no Universo hai centos de millóns de galaxias. A galaxia onde se atopan o Sol e a Terra é a Vía Láctea, que ten forma de espiral.

2. A Terra forma parte do Sistema Solar 
-O Sistema Solar está formado por todos os astros que xiran ao redor do Sol, entre eles a Terra. O Sol ten un diámetro cen veces maior ao da Terra e é a fonte de luz e calor que permite a existencia de vida no noso planeta.

-Os planetas son os corpos celestes máis importantes que xiran ao redor do Sol, realizando un percorrido case circular chamado órbita. No Sistema Solar hai oito planetas principais: Mercurio, Venus, Terra, Marte (os cartro son os planetas interiores porque están máis preto do Sol), Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno (son os 4 planetas exteriores), e algúns planetas ananos.

-Ademais dos planetas, no Sistema Solar hai outros corpos celestes:
* Os asteroides: grandes corpos rochosos que xiran ao redor do Sol.
* Os satélites: astros que xiran ao redor dun planeta.
* Os cometas: masas de xeo, po e rochas cunha chamativa cola.
* Os meteoroides: anacos de asteroides ou cometas que viaxan polo espazo. Se un meteoroide impacta sobre a Terra chámase meteorito.

Os planetas 
No Sistema Solar hai dous grandes grupos de planetas:
Os planetas interiores son os catro planetas máis próximos ao Sol. Caracterízanse por unha composición rochosa, un tamaño relativamente pequeno e por ter poucos satélites:
Mercurio. É o máis próximo ao Sol; a súa superficie está chea de cráteres e non ten satélites.
Venus. A súa superficie ten unha temperatura moi elevada e tampouco ten satélites.
Terra. Ten tres cuartas partes da súa superficie cubertas de auga e unha capa de aire que a rodea e mantén unha temperatura que permite a vida. Ten un satélite, a Lúa.
Marte. Na súa atmosfera ás veces aparecen nubes; ten dous satélites.

Os planetas exteriores son os catro planetas máis afastados do Sol. Están formados na súa meirande parte por gas, aínda que se cre que teñen un núcleo sólido. Adoitan ter moitos satélites:
Xúpiter. É o planeta máis grande do Sistema Solar e ten 17 satélites.
Saturno. Caracterízase polo sistema de aneis que o rodea; ten polo menos 18 satélites.
Urano. Coma Saturno, tamén posúe aneis; ten 15 satélites.
Neptuno. Ten moita enerxía interna e emite tres veces máis calor da que recibe do Sol; ten oito satélites.

3. A Terra, o planeta azul 
A Terra, que se formou hai uns 4650 millóns de anos, está composta por catro elementos:
Xeosfera. Son as rochas e minerais que forman a parte sólida, os continentes.
Hidrosfera. É o conxunto de augas que forman océanos, mares, ríos e lagos, e o xeo.
Atmosfera. É a mestura de gases (principalmente nitróxeno e osíxeno) que envolve a Terra e a mantén a unha temperatura apropiada para que exista a vida. 
Biosfera. Todos os seres vivos (animais e plantas) do planeta. 

A Terra divídese en tres capas concéntricas:
Codia. É a capa máis externa e delgada. Está formada polas rochas que forman os continentes e o fondo dos océanos. 
Manto. É a capa intermedia. Ten unha temperatura moi elevada, polo que as rochas que o forman están fundidas.
Núcleo. É a parte máis interna e de maior grosor. Está formada por un 80% de ferro e por iso o noso planeta se comporta coma un xigantesco imán.

4. Por que ocorre... A sucesión do día e da noite 
Para podermos coñecer e situarnos ben na Terra, os científicos dividírona cunhas liñas imaxinarias. As liñas imaxinarias máis importantes son:
O eixe terrestre: atravesa a Terra de Norte a Sur, lixeiramente inclinada. Os dous extremos do eixe son os polos xeográficos: Polo Norte e Polo Sur.

O Ecuador: divide a Terra en dúas partes ou hemisferios; hemisferio Norte e hemisferio Sur.

- Os Trópicos: círculos paralelos ao Ecuador, o de Cáncer, no hemisferio norte ou boreal(sobre Canarias) e o de Capricornio no hemisferio sur ou tamén chamado austral.

-Círculos Polares: Norte e sur.
-Meridianos: Greenwich (0º)

Resultado de imagen de lineas imaginarias de la tierra

A Terra xira constantemente ao redor do seu eixe: é o movemento de rotación. A rotación prodúcese de Oeste a Leste, no sentido oposto ás agullas do reloxo. A Terra tarda 24 horas (un día) en dar unha volta enteira sobre si mesma. 

Na parte da Terra que está iluminada polo Sol é de día, e na zona non iluminada polo Sol é de noite. A duración do día e da noite varía ao longo do ano pola inclinación do eixe da Terra. 

5. A Terra xira ao redor do Sol 
Ademais de xirar sobre o seu propio eixe, a Terra xira ao redor do Sol formando unha órbita elíptica: é a translación. A Terra tarda 365 días, 6 horas e 9 minutos en completar unha volta ao Sol. 

Por mor da inclinación do eixe da Terra, nas diferentes épocas do ano os raios do Sol quentan máis ou menos a superficie terrestre: por iso teñen lugar as estacións do ano. Ademais, os dous hemisferios reciben a intensidade dos raios do Sol de forma moi diferente, e por iso cando no hemisferio Norte é inverno, no Sur é verán (e viceversa).

Cando os raios solares inciden na Terra de forma máis oblicua, vai frío e é inverno; e cando inciden de forma máis perpendicular, vai calor e é verán. Durante a primavera e o outono, a incidencia dos raios do Sol é igual nos dous hemisferios.

A Lúa (é o único satélite da Terra): fases e a súa influencia na Terra 
A Lúa realiza dous movementos ao mesmo tempo: de rotación sobre o seu propio eixe e de translación ao redor da Terra. Ambos os dous movementos tardan 28 días en completar unha volta. No seu percorrido ao redor da Terra, o Sol ilumina a Lúa de distintas formas, e por iso desde a Terra vemos as diferentes fases lunares.

As eclipses danse cando o Sol ou a Lúa non se poden ver (de forma total ou parcial) desde a Terra. As eclipses prodúcense cando a Terra, a Lúa e o Sol están aliñados, e a Terra ou a Lúa se interpoñen entre os outros dous astros.
Eclipse lunar só en fase de Lúa chea.
Eclipse solar só pode pasar en fase de Lúa nova.

As mareas son ascensos e descensos da auga do mar debidos á atracción da Lúa e, en menor medida, do Sol.

Gráfico de cómo se produce un eclipse solar total en la Tierra

ECLIPSE LUNAR E SOLAR


OLLO!!
Proba escrita do Tema 1: será o mércores 6 de novembro do 2019.

Palabras clave sobre a Terra o Sol e os movementos



viernes, 4 de octubre de 2019

TEMA 1 AS PLANTAS

A FOTOSINTESIS & A RESPIRACIÓN nas plantas.


Técnicas de estudo: 
Como xa falamos estes días na aula,  o emprego de certas técnicas de estudo, axúdanos a mellorar entre outras cousas: a comprensión dos contidos, a memorización ou a mellora do seu estudo... Unha das estratexias ou técnicas empregadas e o suliñado (das palabras clave), as cores, a numeración,...e a partires delas, podemos "construir", elaborar ou desenrolar un tema, un contido, unha noción ou idea, un argumento, unha expresión oral ou escrita, a súa comprensión, exposición,.... do aprendido, escoitado ou lido nese momento.
Aquí tedes un exemplo de emprego de palabras clave e algún dos seus usos. Empregando unha ferramentas dixital.

Ex: Palabras clave sobre: A NUTRICIÓN DAS PLANTAS (feito cunha app (móbil)).



4.- A REPRODUCIÓN ASEXUAL NAS PLANTAS