lunes, 29 de abril de 2013

O relevo de Galicia


Que imos aprender?
Ao longo deste tema traballaremos e situaremos no mapa as principais formas de relevo: serras, chairas, depresións, costas e ríos de Galicia.

Que ferramentas necesitaremos?
O Atlas e o libro de texto

MOI IMPORTANTE

Localizar e situar no mapa os diferentes nomes que vaian aparecendo no estudo do tema.


Se trazas unha linea seguindo o recorrido das Serras Centrais e as Serras Setentrionais te darás conta de que estas e aquelas forman un muro que separa a zona do interior das influencias mariñas.
Por iso diferenciamos dúas zonas de relevo:

A ZONA COSTEIRA

A ZONA INTERIOR



AS MONTAÑAS GALEGAS

O MACIZO GALAICO está formado por un sistema de serras e montañas de Galicia que limitan cos Montes de León (Macizo Galaico-leonés) .É precisamente nesas serras onde se achegan as máxunas altitude(Pena Trevinca 2047m).

Distinguimos 3 grandes unidades de relevo ademáis dun conxunto de Serras Litorais .

1.-As Serras Setentrionais: forman unha barreira co Mar Cantábrico.
-Serra do Xistral co Pico Cadramón
-Serra da Capelada, Serra da Faladoira



2.-As Serras Centrais: atravesan de N a S separando as provincias de Pontevedra-A Coruña respecto de Lugo-Ourense.
-Serra do Faro co Pico do Faro(1177)
-Serra da Loba

-Serra Cova da Serpe
-Serra do Suído


3.-As Serras Orientais e Surorientais: separadas polo río Sil.

-Serras Orientais:  Ao Norte as: Serra dos Ancares,( co Pico de Penarrubia(1826)), Serra do Courel


-Serras Surorientais: Serra do Eixe (Pena Trevinca), Sª da Queixa (Cabeza Manzaneda), Sª S.Mamede. Tamén Serra do Xurés ao oeste.




Este mapa  para estudar!!!







domingo, 28 de abril de 2013

Formación e evolución da orografía da Península Ibérica

Neste video podemos saber ou ter unha pequena idea de como se formou o relevo da Península Ibérica.Deste xeito podemos entender un pouco máis a xeografía, ríos, cordilleiras, chairas ou climas de España.

lunes, 22 de abril de 2013

O RELEVO DE GALICIA: webs, bogs

Aqui están algunhas páxinas e enlaces para estudar ou tratar os temas sobre xeografia de Galicia correspondentes o 3º trimestre ou a 3ª avaliación.
Dende as paisaxes de Galicia, relevo, rios, chairas,a poboación e institucións de Galicia (temas 11 e 12).Tamén irei colgando aqui os contidos referentes sobre historia de Galicia: Prehistoria (T13),Idade Media e Moderna (T14) e o derredeiro tema 15, a Idade Contemporánea.

Nesta páxina web temos contidos sobre xeografía de Galicia, con xogos e actividades. Moi válida.

1.- http://www.educalim.com/biblioteca/xeohisgal08/xeohisgal08.html


Mapas interactivos de Galicia: para estudar e xogar.Dous enlaces:

2.-http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/Relevo-de-Galicia-Onde-esta-/50bc8ad7-3bec-4ae2-976c-4b56de3329a4


3.-http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galirelieve2ga.html


Outro blog.
4.-o-relevo-de-galicia


5.-viaxeaitaca.com -o-relevo



Mini atlas interactivo sobre Galicia:


6.-Vexetaciondegalicia.es e relevo


7.-Educaplay.com recursos educativos

jueves, 11 de abril de 2013

Programación e tarefas do 12 ao 17 abril

Deixo aquí as tarefas correspondes ao periódo de mañan venres 12 ao venres 17 de abril.Para os meus compañeiros ou sustituto nestes días de baixa. Prefiro enumerar as tarefas xa que grazas aos compis do departamento, Pedro e Carmen, organizamos as sesións nestes días e quizás algunha xa esté feita.

Podedes facer o seguinte esquema para estudar:
http://cmapspublic2.ihmc.us/rid=1K8GRWXVV-1P0YD7K-18WK/Rochas%20e%20minerais.cmap


TAREFAS
Venres 12 e luns 15:

1.-Copiar na libreta a modo "apuntes" os recadros amarelos dende a páxina 126 á 131. Son nove en total. Serviralles para repasar e estudar o tema 10.

2.-Lectura comprensiva e compartida da páxina 134 e posta en común coa resposta das cuestións e anotación delas na libreta. A continuación lectura tamén da páx: 135, solución de actividades en común e voz alta sen anotar na libreta (a modo reflexión conxunta ou comprensión crítica).

3.-Lectura individual da páxina 132 e copiar Aprende a aprender,  "Lembra" e os tres recadros. Neste caso sirvelles para estudar na aula xa que as veces na casa non o fan!!!


Luns 15/ Martes 16/ Mércores 17.

4.- Dúas partes: páx. 133
a).- Xuntaranse en grupos cooperativos ou de referencia (xa saben eles) para repartir as actividades (dende a nº 2 a 10) ou sexa son 2 ou 3 actividades para cada membro do grupo (xa que son de 4 ou 5 nenos) e teñen que resolvelas entre eles (cada un debe anotar a súas na súa libreta).Farán unha posta en común no mesmo grupo.Limitar o tempo a 30 minutos máximo.

b).- Cada grupo elabora 4 preguntas ou 5 para preguntarlle aos membros dos outros grupos.Tipo concurso de preguntas, faranse as preguntas libremente aos membros que elixan doutros grupos sen repetir. Tamén serve a modo repaso dos contidos.

5.-Farán a proba escrita o martes 16 ou mércores 17, do dito tema 10 o relevo terrestre,segundo vexan Pedro e Carmen.










martes, 9 de abril de 2013

Fotos da NASA

Seguindo co tema do relevo e dos volcáns máis concretamente, aqui tedes a foto gañadora do concurso anual da axencia espacial e do observatorio da Terra (NASA) 2012, do sur da illa de El Hierro e o seu volcán submarino, tomada dende o satélite Voyager 1.

A gañadora do concurso na fase final tras desbancar a unha recreación da ruptura do glaciar Pine Island na Antártida.

Buscábase a imaxen ou o gráfico máis impactante, a fotografía máis bonita ou a máis curiosa e os internautas teñen a palabra. A competición estaba divida en catro seccións: a terra de noite, eventos, datos e imáxenes tomadas en color verdadeiro, pero foron os usuarios os que decidiron o gañador.
A imaxen do satélite tomada da erupción do volcán da A Restinga en El Hierro, participaba na sección de Eventos e compitiu nas primeiras fases con dúas imáxenes do Furacán Sandy tomadas nos Estados Unidos, unha diurna e outra nocturna e tamén superou a unha imaxen do satélite de unha nova illa que comenzou a formarse a finais de 2011 no Mar Rojo mediante unha erupción submarina alrededor de 60 kilómetros da costa de Yemen.

A imaxen da A Restinga, obra de Jesse Allen e Robert Simmon, é unha fotografía tomada o 10 de febreiro do 2012 na que se observa dende o ceo o lugar da erupción preto da costa pesqueira do municipio, no color natural que adquiriu o mar durante aqueles días. O tono turquesa da auga é reflexo da alta concentración de material volcánico e o color marrón que se distingue na fotografía indica o lugar no que se atopa o cono volcánico. A imaxen que participa na competición foi tomada co Advanced Land Imager (ALI) situado no satélite Earth Observing-1 (EO-1).

Podedes ver o resto das fotos do concurso neste enlace:

Nasa concurso

http://earthobservatory.nasa.gov/Vote/grid.php


Hai imaxes moi interesantes coma esta das luces de noite na Terra.





sábado, 6 de abril de 2013

Algo máis sobre terremotos

Aquí podemos escoitar , ver e comprender mellor a formación do relevo terrestre, as rochas, o movemento das placas tectónicas (teoría da Tectónica e a deriva continental de fai 200 millóns de anos (Panxea) que falamos o outro día) e claro está como se forman os terremotos.

Video moi interesante e curto

 


Teoría da téctónica de placas



 
 
 
 

E aquí una recreación de como foi e estará a Terra dentro de 100 millóns de anos!!!

 
 
 
O relevo do fondo mariño (topografía ou batimetría) sen auga sería asi, podese ver as montañas, fosas mariñas, e rifts, grietas..
 
 
 
 
Para cursos superiores xa continuaredes coa profundización destas teorías: http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/profesor/4eso/1.htm
 
 

viernes, 5 de abril de 2013

Volcáns



Videos de volcáns en erupción.




DOCUMENTAL SOBRE OS VOLCÁNS: moi intersante!!



Tipos de Volcáns: poden ser de dous tipos de fisura ou centrais.


Volcán da illa El Hierro




Documental sobre o Instituto e Museo Geomineiro de España que se atopa en Madrid, un dos mellores do mundo no estudio e tratamento das rochas e minerais!!.







Videos corto de como se crean os volcáns:




 
Nos só hai volcáns no planeta Terra. Os volcáns máis famosos do mundo e de outros planetas:


 


jueves, 4 de abril de 2013

Tareas tema: "O relevo terrestre"

Hola rapaces!!
Xa estou de volta no blog despois de pasar esta mañan polo Clinico para unha pequena intervención.
Estarei unhas tres o catro semanas de baixa, e mentras ireivos informando por este canle o referente a coñecemento.Estos días comezamos o tema 10, e os meus sustitutos teñen un guión para ir traballando no tema do relevo, e aquí tamén irei poñendo o traballo semanal ou as tareas, tamén.
Despois da exposición brillante de Javier sobre os minerais e rochas, continuaredes co principio do tema.

Programación "aproximada":
Xoves 4 e venres 5:
-Faredes unha primeira lectura dos textos das páxinas 124,125,126 e 127, para facer unha posta en común e comprobar as ideas previas do grupo. Mesa redonda
-Actividades: páx: 125.
-Relectura e subraiado das páxinas 126, 127. Para que serve? debedes elaborar uns pequenos apuntes co texto subraiado!!!, copiao na libreta. Acompañao con dous debuxos das páxs: 126 e 127.(volcán e terremoto), ou facede un libremente, diferente ao do libro de texto.
-Actividade nº 1 páx 127.


Luns 8  e martes 9 abril.( mércores posible tamén)

- Elaborar esquema-resumo páx.128 2 129 (repito: facede dúas lecturas previas antes e despois o subraiado co lápis das palabras en negrita e aquelas que complementen a idea principal de cada párrafo!!
 -Si traballades co netbook ollade os esquemas e apuntes do blog na entradas anteriores.
-Actividades na libreta páx.129 (nº 2,3,4)
-Reflexión escrita na libreta coa lectura e comprensión do recadro da páxina 129 " A corta de árbores..".Pequena redacción crítica de 8 ou 10 lineas.

Todo debe estar recollido na libreta, con fecha e nome das tareas (apuntes, actividades).Recordade boa presentación, letra, ortografía, debuxos con color, puntuación.... etc...Uns bos e coloridos apuntes axudan a estudalos mellor!!.

Xa vos irei informando de máis tareas deste tema ou os profesores que me sustitúan nestes días.De acordo?, ata pronto, un aperta a tod@s!!!. Sede vos si podedes!!!.


lunes, 1 de abril de 2013

Tema "O relevo terrestre"

Comezaremos neste mes de abril cun tema de xeografía e xeoloxía, que fai referencia aos procesos internos e externos da Terra, da formación do relevo terrestre.Para introducirnos nos contidos veremos primeiro que é a xeografía, a xeoloxía, a tectónica de placas, volcáns, terremotos, e a formación básica de rochas.Será a continuación do estudo das capas da Terra, da codia máis en concreto así como da atmosfera e a hidrosfera.
Trátase de comprender e asimilar os conceptos básicos da dinámica xeolóxica interna e externa, do modelaxe da paisaxe, do relevo para finalizar coa identificación, coñecemento e clasificación de algunhas rochas e minerais.
Nas primeiras sesións empregaremos o diccionario para buscar información previa que nos axudará a comprender algúns termos da unidade.

Diccionario:
-Xeografía: é unha ciencia que ten por obxectivo o estudo da superficie terrestre e a distribución espacial de fenómenos significativos en paisaxe. Tamén estuda a relación recíproca entre a superficie terrestre e a lúa e o sol (Xeografía matemática), e entre o medio ambiente e o home (Xeografía humana). Un dos temas centrais da xeografía é a relación home-natureza. A natureza enténdese aquí como as forzas que xeraron ou contribúen a moldear o espazo xeográfico, é dicir, a dinámica e interaccións que existen entre a atmosfera, litosfera, hidrosfera e biosfera.

-Xeoloxía:é a ciencia que estuda a Terra, a súa composición, estrutura, propiedades físicas e químicas, historia e os procesos que a formaron.

-Relevo terrestre:  refírese ao conxunto das diferentes formas que adopta a superficie da Terra. É o obxecto de estudo da xeomorfoloxía. O relevo orixínase ou transfórmase pola interferencia de dous tipos de axentes, os endóxenos (internos), como o vulcanismo e a tectónica de placas, e os esóxenos (externos), como a meteorización(descomposición) e a antropicidade

-Xeomorfoloxía: rama da xeografia e a ciencia que estuda a forma do relevo da Terra.(do grego: xeos,morfo e logos)

-Meteorización:(física ou química) é a descomposición das rochas, solos e os minerais terrestres a través do contacto directo coa atmosfera do planeta. A meteorización ocorre in situ, ou "sen movemento", e, polo tanto, non debe ser confundida coa erosión, que implica o movemento de rochas e minerais por axentes como a auga, xeo, vento e gravidade.


Para saber máis:

A tectónica de placas é unha teoría científica que establece que a litosfera (a porción superior máis fría e ríxida da Terra) está fragmentada nunha serie de placas ou baldosas que se desprazan sobre o manto terrestre fluído (astenosfera). Esta teoría tamén describe o movemento das placas, as súas direccións e interaccións.(Apoiada na teoría da deriva continental de Wegener principios s.XX, quebracabezas do continente orixinal Panxea).
As diferentes placas desprázanse con velocidades da orde de 5 cm/ano o que é, aproximadamente, a velocidade con que crecen as uñas das mans. Dado que se desprazan sobre a superficie finita da Terra, estas interaccionan unhas con outras ó longo das súas fronteiras ou límites (ver abaixo) provocando intensas deformacións na codia e litosfera da Terra, o que da lugar a grandes cadeas montañosas (v.g. os Andes e Alpes) e grandes sistemas de fallas asociadas con estas (v.g. o sistema de fallas de San Andrés). O contacto por fricción entre os límites das placas é responsable da maior parte de terremotos.
Identificáronse 12 placas grandes e numerosos "bloques" de dimensións menores. As principais placas son: Africana, Norte América, América do Sur, Placa do Pacífico, Placa de Nazca, Euroasiática, Cocos, Caribe, Antártica, Australiana, de Arabia e das Filipinas.



TEMA 1O " O RELEVO TERRESTRE
Consta das seguintes partes (3):

0.-Introducción: ideas previas, chuvia de ideas, lectura do texto narrativo e da ilustración.Posta en común. Diccionario de termos: búsqueda.Exemplos: erosión, magma, sedimentación,terremoto,ondas sísmicas....


1.-Procesos internos:

1.1.Volcáns
1.2.Terremotos.


2.-Procesos externos:
2.1.Accións dos procesos externos:
-Erosión
-Transporte
-Sedimentación

2.2.Axentes xeolóxicos:
-O vento
-A auga (ríos, océanos, mares,augas subterráneas, glaciares...)

2.3.Modelar a paisaxe:formas
-Vales en V
-Vales en U
-Praias.


3.- As rochas e os minerais

3.1.Rochas sedimentarias

3.2.Rochas magmáticas

3.3.Rochas metamórficas

3.4.Os minerais




TEMA 10 O RELEVO TERRESTRE
0.-Introducción:
A codia terreste sofre procesos internos e externos-Os internos producen volcáns e terremotos. Os procesos externos son producidos polos axentes xeolóxicos (vento, auga....)
A codia terrestre está formada por rochas (formadas por minerais) que poden ser de tres tipos segundo a súa orixe (sedimentarias, magmáticas e metamórficas).


1.- Os procesos internos
No interior da Terra as altas temperaturas provocan que a xeosfera tamén se mova moi lentamente, estos procesos internos maniféstanse mediante volcáns e terremotos.Modifican por tanto, o relevo da Terra.
O volcán: é unha parte da xeosfera que comunica o manto coa superficie, e por onde se expulsan as rochas fundidas e gases ou magma.Ten tres partes: cheminea, cráter, e cono volcánico. Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta (non só hay volcáns na Ter
ra, en Venus hay millóns,Marte (ten un de 27 km de altura), en satélites (lúa de Xúpiter e Neptuno).

A cheminea: é a fenda pola que ascende o magma ata a superficie.
O cráter: é orificio polo que sae a lava (mestura de rochas, gases e anacos).
Cono volcánico: é a montaña formada por rochas e lava sólida que se acumula preto do cráter.







Terremotos:
Son sacudidas do terreo que se producen na codia terrestre a unha determinada profundidade. Tamén se chaman sismos ou tremores.
Ten lugar nun punto concreto do interior que se chama hipocentro ou foco sísmico, e transmítese de xeito vertical ata a superficie.O primeiro punto da superficie que sofre o tremor chámase epicentro.

O movemento sísmico propágase por ondas "elásticas" similares ao son.Hai tres tipos: lonxitudinais P,primarias, de velocidade 8-13 km/s, secundarias ou S (4-8 km/s), e as superficiais, as máis lentas
(3,5 km/s) son as que producen máis danos e as últimas que se rexistran nos sismógrafos.
No fondo mariño producen tsunamis (grandes ondas producidas pola sacudida do oceáno) coma o do 2004 no Indico, Sri Lanka e Sumatra.




primarias: Son las más rápidas y son capaces de atravesar elementos sólidos, líquidos y gaseosos. Su máxima velocidad la alcanzan en los sólidos
S o secundarias: Son más lentas que las ondas P y no atraviesan elementos líquidos
L, largas o superficiales: Son lentas, ondulantes y sólo se mueven en la corteza terrestre o capa superior de la Tierra.



Para saber máis!!

http://www.portalciencia.net/geoloter.html



2.- Os procesos externos

Por culpa do aire e a calor prodúcese o movemento do vento, a chuvia, a neve, saraibas,e estes procesos modifican o relevo terrestre.Estes procesos externos realizan accións:

2.1.-Accións dos procesos externos:
-Erosión: é o desgaste das rochas pola acción da auga e o vento.En rios, regatos,costas, montañas..
-Transporte: os fragmentos producidos pola erosión son transportados polas correntes de auga e vento.
-Sedimentación: son os depósitos ou acumulación destes materiais, en zonas baixas dos continentes ou en fondos mariños.
Os procesos externos producen erosión, transporte e sedimentación de materiais.

2.2.- Os axentes xeolóxicos
Son aqueles que causan a erosión, transporte e sedimentación. Son:
-O vento: acción máis intensa en zonas con pouca vexetación. Eficaz para levar materiais finos. Ex: dunas.
-A auga:a súa acción é variada:
*Ríos e regatos: erosionan o terreo formando vales, e transporte de materiais por ex. ata o mar.
*Oceános e mares: as ondas erosionan,transportan area: praias, fondos...
*Augas subterráneas: disolven as rochas, ex:estalactitas..
*Glaciares: masas de xeo que se desprazan,erosionan a paisaxe, poden arrastrar rochas.

2.3.- Modelar a paisaxe
Os axentes xeolóxicos modelan a paisaxe, sofren cambios dunha forma determinada.Por exemplo a auga modela en formas de modelaxe como:
-Vales en forma de V: prodúcese nos ríos, máis no fondo do leito maior profundidade.
-Vales en forma de U: producidos nos glaciares. O xeo erosiona o fondo do val e as súas paredes.
-Praias:producidas polas ondas do mar.



3.- As rochas e minerais
O manto e a codia están formados por rochas. Segundo a súa orixe poden ser:

3.1.Sedimentarias: formadas xeralmente por restos doutras rochas ou de seres vivos.Ex: lodo, area e grava, e ademáis algunhas conteñen fósiles.
Por lodo son arxilas.
Por area: areniscas
Por grava: conglomerado
E outras por substancias disoltas na auga (orixe químico) de mares e lagos: ex, calcaria.





3.2. Rochas magmáticas: cando se arrefría o magma fórmanse de dous tipos.
3.2.1.Volcánicas: cando o magma se arrefría no exterior rápidamente.Ex: basalto, pedra pómez..
3.2.2.Plutónicas: cando o magma arrefría no interior lentamente. Ex: granito, sienita

3.3. Rochas Metamórficas: son aquelas que sofren no interior da codia terrestre, transformacións por mor das altas temperaturas e da presión sen chegar a fundirse.
Arxilas en lousas.
Areniscas en cuarcitas..
Calcarias en mármore.
O xeso en alabastro



3.1.- SEDIMENTARIAS










Xeso



3.2.- MAGMÁTICAS

PLUTÓNICAS






VOLCÁNICAS: no exterior arrefrían rápidamente




Pedra Pómez ou "Pumita"







3.3.-METAMÓRFICAS


Lousa ("pizarra")







Alabastro: