martes, 18 de junio de 2013

Videos da Idade Antiga( Hispania Romana), Idade Medieval (Visigodos,musulmáns e Reconquista)

Aquí podedes ver uns videos destas dúas etapas da Historia. Historia Antiga dende a chegada dos Romanos, ata a Idade Media coas invasións Bárbaras e Musulmáns, asi como a Reconquista da Península polos Reinos Cristiáns do norte.

Video sobre a conquista de Roma da Península Ibérica.


A Hispania Romana:

 
 
 
Grandes civilizacións: Roma
 



IDADE MEDIA!!
Crise do Imperio Romano.Invasións bárbaras (pobos xermánicos, visigodos) e conquista do Al-Andalus (musulmáns).



A invasión musulmana:





REINOS CRISTIÁNS: A RECONQUISTA DA PENÍNSULA

r
 
 
Terra de castelos-



A Reconquista: reinos cristiáns!!!.

 
 

 
 

Expansión dos reinos cristiáns de Castela e Aragón!!!










Proxecto Cooperativo Historia.Máis orientacións!!

 
Aqui podedes ver e buscar a información sobre historia da humanidade, con esta web interactiva.
Hai información e contidos moi sinxelos de calquera das etapas.Só tedes que pinchar na idade correspondente e ahí abrirá máis xanelas que conteñen outros contidos de ampliación.
Debedes leer, investigar, atopar e seleccionar a información intersante, en definitiva sintetizala, de acordo os vosos criterios e contidos do tema a expoñer o xoves 20 de xuño.
Nos servirá para ampliar os vosos coñecementos dun xeito entretido e claro.

Pinchade aqui debaixo!!!!!

Viaxe pola Historia.Etapas.


Máis contidos:
APUNTES

A Historia da humanidade dividese en dous periodos: a Prehistoria e a Historia.

   A Prehistoria, que abarca varios millóns de anos, é o periodo comprendido entre a aparición dos homes e a invención da escritura. Este periodo é coñecido pola interpretación dos restos (utensilios, construccións, pinturas rupestres, etc) deixados polos nosos antepasados. 

   A Historia é o periodo comprendido entre a aparición da escritura, fai aproximadamente 5000 anos, e a actualidade. O chamado periodo histórico coñécese, ademáis de polos restos que se conservan, polos textos escritos onde se narran as formas de vida das civilizacións que nos precederon e os principais sucesos que nelas se deron.
 
A aparición dos primeiros homínidos.Tipos.

Etapas da Prehistoria

Liña do tempo das idades ou etapas da Historia da humanidade.
 
 
PALEOLÍTICO NA PENÍNSULA IBÉRICA:
 
 
-Parece ser que os primeiros seres humanos que habitaron a Península Ibérica chegaron, procedentes de África, fai aproximadamente 1 millón de anos.
-Viven ao aire libre en covas, ou en sinxelas cabañas construidas con ramas e peles animais. Se alimentan de lo que encuentran en la naturaleza: recolectan frutos silvestres y raíces, pescan peces y moluscos, cazan ciervos, bisontes, mamuts, ...
-Alimentábanse do que atopaban na natureza: recolectan froitos silvestres e raíces, pescan peixes e moluscos, cazan cervos, bisontes, mamuts, ...
-Visten con peles, coñecen o lume,
-Viven en pequenos grupos, tribus, formados por varias familias.
-Fabrican ferramentas con ósos: agullas, arpóns para pescar, hachas, coitelos, puntas de frecha, etc.

 
Migracións dos primeiros homínidos dende o Rift Valley á Península


 
 
 
 Aparecen os primeros artistas. Pintan animais e escenas de caza en paredes e teitos de as covas, obtendo as pinturas de minerais que machacaban e mesturaban con grasa de animais. Tamén fan 
pequenas esculturas.
 
 
 
Esquema en castelán do Paleolítico:


 
 
 
 

 


 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


Video de Prehistoria da Península, Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.
Pobos prerrománicos.
 













 
 






 

martes, 11 de junio de 2013

Proxecto Historia.Orientacións e guión.

Continuando co proxecto de traballo cooperativo de historia, e vendo as dificultades xurdidas na sesión de hoxe, colgarei aqui neste blog algúns contidos das diferentes etapas para consultar.
A sesión de hoxe tivo dúas partes:
1ª parte: Abrir un documento de open writer para escribir e gardar a información atopada. Elaborar un guión (podedes ter coma referencia o libro do alumno de coñecemento de SM).
2ª parte: Consistíu en buscar (co netbook), nos contidos de Abalar ou en outros enlaces información referente a época da historia correspondente. Contidos de historia para 5º de Primaria, ou na área de coñecemento do  medio.
Mañan mércores continuaremos con esta sesión.
Aquí abaixo podedes ver algún recurso educativo máis, de aquelas etapas nas que temos menos contidos na rede ou do espazo Abalar.

Guións
1.-Paleolítico: 
-Período. feitos.
-A vida no Paleolítico.Características.Restos en Galicia.


2.-Neolítico:
-Período.Feitos.
-Vida nesta etapa.
-Megalitismo


3.-Idade dos Metais en Galicia:
-Período. Etapas.
-Características ou rasgos xerais en Galicia.Castros.


4.-Historia Antiga:
-Período que comprende (séculos), feitos.
-Pobos da Península antes da chegada dos romanos.Celtas,Iberos e Tartesos.Características.
-Colonizadores: Fenicios, gregos e cartaxineses.Características.
-Conquista romana.Provincias de Hispania.Sociedade.Romanización.Crise do Imperio.

5.-Historia Medieval. Idade Media Alta e Baixa
-Invasións bárbaras, pobos xermánicos: Suevos, Vándalos, Alanos e Visigodos (Reino de Toledo).
-Conquista e invasión do pobo do Al-Andalus, musulmáns.
-Reconquista dos reinos cristiáns.Camiño de Santiago.
-Características da sociedade medieval.
-Reis Católicos, feitos.Descubrimento do Novo Mundo. Colón.

6.-Historia Moderna de España.
-Conquista de América.
-Reino de Carlos I, Felipe II, o Imperio Español.Creación do estado español.
-Século de Ouro.Arte e cultura.
-Sociedade moderna: rei, nobres, clero,3º estado (burgueses,artesáns,campesiños)
-Características: Monarquía absoluta, avances técnicos (imprenta),cambios económicos,novos cultivos..
-En Galicia: 7 provincias, novas institucións (Real Audiencia, Xuntas do reino).Novos cultivos.A vida nos pazos,fidalgos (novo grupo social), gremios, arte barroco....






lunes, 10 de junio de 2013

Proxecto final de Historia

Para rematar o curso, faremos un proxecto basado no traballo cooperativo cos grupos de referencia.
Consiste en escoller unha etapa da Historia e buscar, seleccionar, compartir e expoñer os contidos ao resto dos compañeiros.Comezaremos mañan martes 11.
Na sesión de hoxe houbo unha presentación e explicación do traballo a realizar ademáis os alumnos escolleron as etapas da Historia a desenrolar. Haberá sesións de tipo individual e a maioría serán en grupo.
Comezamos hoxe, luns 10, ata o martes 18, e dicir 6 sesións.
A estructura será a seguinte:

1ª e 2ª Sesións: mañan martes será indiviual: cada un deberá buscar a información sobre a etapa do seu grupo e anotará ou gardará os datos no pen drive ou no netbook.Para iso debe consultar diferentes páxinas, webs, blogs, videos etc..que se atopan no programa Abalar ou neste blog.Podese anotar na libreta tamén.

3ª Sesión en grupo: posta en común da información e estructuración da etapa escollida. Clasificación. Ampliación. Pódese empregar tamén os netbook no grupo para ampliar ou modificar os datos recollidos.

4ª Sesión en grupo: Sintesis da información, elaboración do proxecto final e anotación (todos os compoñnetes) na libreta das características da etapa a estudar a modo apuntes.

5ª Sesión: en grupo tamén como presentar ou expoñer o proxecto aos demáis.Darlle a forma definitiva.

6ª Sesión: exposición ao resto dos compañeiros do traballo elaborado.

Esta estructura pode sufrir algunha variación ou modificación en función das dificultades ou imprevistos que poidan xurdir.
Tamén xa quedou explicado hoxe que non haberá proba escrita destes temas (13 e 14), e serán avaliados con este proxecto.
Valoramos tanto o traballo individual coma en grupo. A capacidade de traballo de cada un e como funciona o grupo e no grupo, ademáis da presentación- exposición final e os apuntes  recollidos na libreta que deberá seguir as pautas coma sempre: boa presentación, (orden, limpeza, caligrafía,ortografía,) e contidos adecuados e correctos a época escollida.

domingo, 9 de junio de 2013

Fin de curso.Proxecto cooperativo Historia.

Xa estamos a punto de rematar o curso 2012-13 e continuando coa programación de Coñecemento do Medio, e por tanto coa Historia, faremos ao longo desta semana un proxecto por grupos cooperativos (6) .
Comezaremos mañán luns ata a semana que ven.
Cada grupo escollera unha destas etapas da Historia:
1.-Prehistoria: Paleolítico
2.-Prehistoria: Neolítico
3.-Prehistoria: Idade dos Metais
4.-Historia Antiga de Galicia
5.-Historia Medieval de Galicia
6.-Historia Moderna de Galicia ou España.
Cada grupo poderá empregar os netbooks de Abalar, libro do alumno, ou outros libros de consulta, asi coma calquer material que estimen oportuno para buscar e seleccionar a información necesaria.
Deberán preparar e presentar ao resto dos grupos a súa etapa da Historia, ben por escrito, por oral, con un guión, "representación semiteatral", exposición etc...
Na aula estos días darei algunas orientacións máis ou ideas para facilitar a comprensión do traballo que se pretende e que buscamos sexa o máis didáctico e lúdico posible.
Tamén porei aquí anexos, enlaces e imaxes de historia referentes aos temas 13 e 14, que serán de axuda para unha mellor comprensión e aprendizaxe das idades da historia a estudar neste curso.

Para ver!!!.
Contenidos Educativos Dixitais Historia Medieval


PREHISTORIA
Interesante pincha aquí: Blog de Coñecemento





 
 






jueves, 30 de mayo de 2013

A introdución a Prehistoria

A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar o seu comezo ao mesmo tempo en todo o mundo, en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil anos, no Medio Oriente algo menos dun millón oitocentos mil anos, en Asia e Europa arredor dun millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo dos 50.000 anos.

Os restos arqueolóxicos son a principal fonte de información e utiliza diferentes ciencias, técnicas e disciplinas auxiliares para estudar esta etapa da humanidade. A metodoloxía que se emprega é a arqueoloxía. A Prehistoria é por tanto unha especialidade da Historia.

Os primeiros homínidos apareceron fai 4.000.000 de anos aproximadamente.Ver esta imaxe:

Escala en millóns de anos
As etapas das especies marcadas cun * son estimadas.


RECURSO EDUCATIVO:
Pincha aquí, podedes ver e comprender as etapas da:

martes, 28 de mayo de 2013

Introducción á Historia

Nesta semana estamos a celebrar a competición das probas deportivas de Sta.Xoana 2013.
Mañan mércores 29 e venres 31 en horario de mañan faremos ditas probas, atletismo e deportes.
Por tanto o xoves 30 comezaremos a introducción á Historia, a súas etapas ou idades, dende a aparición do home ata hoxe (temas 14 e 15).
A Historia a tratar neste curso é moi xeral, e fará referencia a Historia de Galicia, para no curso seguinte introducirnos na Hª de España. Debemos comezar a dominar os procedementos de adquisición de aprendizaxes-ensinanza.
A primeira sesión consitirá nunha chuvia de ideas e un pequeno repaso de ideas previas ou conceptos adquiridos anteriores, dúbidas e curiosidades sobre a historia das civilizacións.
A continuación realizaremos unha liña do tempo con algún acontecemento que identifique as etapas ou idades.Primeiro entre todos e despois de xeito individual e autónomo, para comprobar a capacidade de sintese e coñecemento dos esquemas e mapas conceptuais, tan traballados neste curso, a hora de adquirir as técnicas e os hábitos de estudo.

Resumindo a sesión do xoves:
1.-Introducción a Historia arredor de 15/20 minutos. Lectura previa do texto.
2.-Explicación e elaboración dunha liña do tempo da Historia: etapas, idades,acontecementos, datas, feitos..
3.-Video sobre a Prehistoria: Paleolítico e Neolítico, Idade dos Metais.(consulta do blog,aqui poreinos).
4.-A visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre (Campo Lameiro,Pontevedra) o xoves 13 de xuño, esta en relación co tema que comezamos este xoves 30 de maio. Comprobaremos en situ o aprendido e estudado sobre a Prehistoria nestes días (Paleolítico (Inferior,Suoerior),Mesolítico,Neolítico, Idade dos Metais,Megalitismo, a vida nos castros e comezos da Historia Antiga (Romanización,...) etc.....


Exemplos de esquemas das etapas da Historia (en castelán). Podedes elixir algún modelo para facer o voso esquema (non vale copialo!!!!!, é só unha referencia ou exemplo!!!,dende un sinxelo a máis completo, vos debedes "tunealo"!!!, personalizadeo!!!, non vale facer coma os chinos,xa que eso xa sabedes facelo dende os cursos inferiores!!,de acordo?.



Modelo de esquema máis sinxelo







Este é un esquema ou mapa conceptual máis elaborado ou completo.









viernes, 24 de mayo de 2013

Tarefas Tema 12 para avaliar.

As tarefas programadas e comezadas na aula, son as seguintes:
Comezo hoxe ás 13:04 h. e remate, entrega ou presenatción o martes 28, ás 10:30 h.

-Actividades 4 e 6 da páxina 163.
-Actividade nº 4, páxina 159.
-Breve descrición, información sobre unha tradición galega: festas, romarías , canción , baile..da túa cidade, pobo, aldea....Máis de 8 liñas.Podedes ver algún xornal do fin de semana, xa que nestas datas case sempre se celebra algunha.Debedes facer unha redación detallada, incluso aportar algún recorte, foto...
A información podedes buscala tamén en internet senón coñecedes algunha o consultar a familiares.

E para realizar na aula o martes 28 (tamén para avaliar) unha actividade de competencias sobre a poboación distribución e densidade de poboación.Será un exercicio de razoamento matemático para interpretar datos  concretamente estadísticos (abordará as seguintes suxestións: interpretación dunha táboa, comprensión literal, comprensión interpretativa, comprensión crítica.)



jueves, 23 de mayo de 2013

Orientacións didácticas da ensinanza-aprendizaxe

A modo de recordo e seguindo a liña comezada neste curso 2012/13, sobre a titoria e orientacións didácticas para o 3º ciclo, expoño aquí a estructura das unidades didácticas e a súa aprendizaxe-ensinanza que levamos cabo.
Neste caso fai referencia a Coñecemento do Medio 5º de Primaria.
Como xa sabedes os obxectivos acadaránse en dous anos ou curso académicos é dicir, dispomos de 7 avaliacións (contando a derradeira ou global), ou 6 trimestres. Sendo a avalición continua.

Unha unidade didáctica ten por tanto a seguinte estructura a grandes rasgos:

-Competencias básicas: tratamento, interdisciplinar... 
-Obxectivos didácticos
-Criterios de avaliación: mínimos, indicadores,(logros), descritores...(CC.BB)
-Contidos: é aquí hai q suliñar que son: conceptos (saber), procedementos (saber hacer),actitudes (ser) e educación en valores.
-Temporalización: cada 15 dias aproximadamente.
-Materiais e recursos didácticos: atención a diversidade, reforzo, ampliación, Plan Abalar, blog.....

Farei unha exposición máis extensa e concreta coa metodoloxía do ciclo e da área para que podades comprender o proceso de ensinanza-aprendizaxe do grupo.

Metodoloxía:

A área de Coñecemento do medio natural, social e cultural constitúe un ámbito formativo
esencial na Etapa de Primaria, en xeral, e nos cursos do terceiro ciclo, en particular. Se
presenta integrada por disciplinas que lle achegan un substrato epistemolóxico relacionado co
coñecemento de si, do medio físico e natural, do ámbito social, cultural, económico e
tecnolóxico. Vai permitir preparar os alumnos para relacionarse estes ámbitos e
desenvolverse axeitadamente neles. Así, o medio entenderase como o conxunto de
elementos, fenómenos e procesos que teñen lugar no ámbito das persoas e, onde ao seu
vez, a vida e a acción das persoas teñen lugar e adquiren sentido.
O medio condiciona a actividade humana, e esta inflúe, á súa vez, nel, polo que a
interacción entre o home e o seu ámbito é un elemento clave para poder chegar a unha correcta conceptualización deste. O alumno debe tomar conciencia desta interacción e aprender a actuar en consecuencia.
A nosa intervención educativa debe partir do coñecemento que o neno ten da realidade, por
incompleto, subxectivo, inmaturo e distorsionado que este sexa. Realizamos actividades que nos permitan informarse sobre os conceptos previos que posúen os alumnos da realidade que se vai estudar, tanto para poder axustarse de forma realista ao seu nivel de desenvolvemento como para coñecer as diferenzas individuais e actuar en consecuencia.
Esto é clave!!.
Un dos aspectos esenciais do noso labor é a de axudar aos alumnos a modificar os seus esquemas de coñecemento previos, desbotando os erros que estes poidan conter e aproximándose a unha visión máis realista e obxectiva.
Outro aspecto fundamental é o que se refire ao desenvolvemento de capacidades básicas que se van a materializar en competencias (no noso proxecto, específicas) que permitan os alumnos afondar por si mesmos no coñecemento do medio e resolver autonomamente as dificultades que vaian xurdindo. Para iso, resulta imprescindible achegar aos alumnos o
coñecemento científico, apoiándose na construción de conceptos cada vez máis abstractos e
complexos (respectando as limitacións que as características psicoevolutivas impoñen) e na
adquisición de procedementos para observar, explorar e analizar a realidade, e de actitudes de interese, curiosidade, rigor, afán por coñecer, etc.O achegamento á devandita realidade deberá facerse da actividade tanto manipulativa como
reflexiva dos alumnos. A formulación de problemas reais e o desenvolvemento das
capacidades de observación e exploración son recursos sumamente eficaces neste sentido.
Nesta actividade, os procedementos cobran especial relevancia, sendo necesaria a reflexión sobre que procedementos se vai pedir aos alumnos que poñan en xogo e, especialmente, sobre como os imos traballar con eles.
Hai que sinalar que o medio é unha realidade tan complexa, que son necesarias varias disciplinas para poder dar explicacións satisfactorias que axuden a comprendelo en toda a súa amplitude. Este feito fai necesario un tratamento globalizador que axude aos alumnos a integrar ditas disciplinas nunha visión sintética que terá sido precedida por unha análise conducida por nós. Os recursos metodolóxicos adaptados á psicoloxía dos alumnos procederán do concreto ao abstracto, do próximo ao remoto, do global sincrético, ao analítico e estruturado sen perder unha perspectiva integradora.
Por último, a metodoloxía da nosa programación baséase nuns principios de
intervención educativa que teñen como finalidade que os alumnos sexan, gradualmente, capaces de aprender de forma autónoma:

a) Partir do nivel de desenvolvemento do alumno para construír, a partir de ahí, outros
aprendizaxes que favorezan a evolución deste.
b) Necesidade de estimular o desenvolvemento de capacidades xerais e de competencias
básicas e específicas por medio do traballo das áreas.
c) Prioridade á comprensión dos contidos fronte á aprendizaxe mecánica.
d) Propiciar oportunidades para poñer en práctica os novos coñecementos, de modo que o alumno poida comprobar o interese e a utilidade do aprendido.
e) Fomentar a reflexión persoal sobre o realizado e a elaboración de conclusións con
respecto ao que se aprendeu, de modo que o alumno poida analizar o seu progreso
respecto aos seus coñecementos


E sobre a avaliación podemos dicir:
A avaliación debe abranguer tanto a actividade de ensino coma a de aprendizaxe e que debe
ser constituír un proceso continuo, sistemático, flexible e integrador. Este proceso ten como obxectivos:
- Coñecer a situación de partida dos compoñentes que inciden no proceso no momento
en que se propón a avaliación.
- Facilitar a formulación dun modelo de actuación axeitado ao contexto, en función dos
datos anteriores.
- Seguir a evolución do desenvolvemento e aprendizaxe dos alumnos.
- Tomar as decisións necesarias para adecuar o deseño e desenvolvemento da nosa acción
educadora ás necesidades e logros detectados nos alumnos nos seus procesos de
aprendizaxe.


Sobre a avaliación contínua:
Engloba a observación sistemática e directa do traballo diario dos alumnos na aula
(preguntas de clase, caderno,..) atención, participación e interese (procedementos, actitudes). Terá un valor do 60 % aproximadamente na cualificación final.


Avaliación programada
Fai referencia ás distintas probas escritas de cada unidade didáctica e a valoración
dos traballos realizados tanto a nivel persoal como de grupo (cooperativo). Terá un valor do 40
% na cualificación final


Competencias
O traballo e desenvolvemento das competencias básicas na aula debe ser tamén avaliado
xa que determinan os criterios de promoción do alumno. Para iso quedan detalladas en
as diferentes unidades didácticas, así como nos contidos, as diferentes competencias que serán avaliadas.


Podemos dicir:
A formulación metodolóxica determinará a secuencia de actividades que propoñamos. Cando falamos de método estámonos a referir a unha estratexia de acción, á toma de decisións antes, durante e despois da actuación. É o principio didáctico que vertebra todos os demais elementos curriculares. Nos referimos sempre a como facelo, como crear situacións de aprendizaxe na aula para que sexan posibles as aprendizaxes.
Existen unha serie de principios básicos que non debemos esquecer, que hai que citar e
cos que hai que actuar en consecuencia cando se desenvolvan as actividades.
Estes son:
- Partir do nivel de desenvolvemento do alumno, dos seus coñecementos previos, de
as súas motivacións e intereses.
- Asegurar a construción de aprendizaxes significativas (conectar o novo
co que sabe, actitude positiva, aprendizaxe funcional aplicable e
generalizable)
- Aprender a aprender, que os alumnos realicen aprendizaxes significativas
por si sós.
- Que os alumnos modifiquen os seus esquemas de coñecemento


Noutra orde de cousas recalco o seguinte: pódense incluír na metodoloxía o como facelo? (agrupamentos, relacións de comunicación, actividades), onde?, cando?, con que? Polo que sería viable incluír na metodoloxía os agrupamentos, os tempos, os espazos, as actividades e os recursos.
Unha proposta metodolóxica coherente que estou a expoñer e que é o que se recolle na normativa vixente comprendería tres momentos:
Primeiro: Pártese do que os alumnos coñecen, a actividade é compartida polo grupo clase.
Segundo: Créase no alumno/a un conflito cognitivo e debe xurdir a motivación. Aquí é clave o como ensinar.
Terceiro: O aprendido debe ser comunicado.


Proximamente porei os criterios de avaliación de 5º.

sábado, 18 de mayo de 2013

TEMA 12 POBOACIÓN

Para introducirnos no tema de poboación, veremos primeiro unha serie de termos que fan referencia ao concepto de poboación e estadística.Cabe recordar que:
"Galicia é unha comunidade autónoma española. Está situada ao noroeste da Península Ibérica e formada polas provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, as cales dividense en 315 concellos que se agrupan en 53 comarcas. Xeográficamente, limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao oeste co océano Atlántico e ao este co Principado de Asturias e coa comunidade de Castela e León (provincias de Zamora e de León)".
Galicia posee uns 2.795.422 habitantes (INE, 1 de enero de 2011), cunha distribución poblacional que aglomera a maior parte nas franxas costeiras comprendidas entre Ferrol e A Coruña no noroeste e entre Vilagarcía e Vigo no suroeste. Santiago de Compostela é a capital de Galicia, dentro da provincia de A Coruña. Vigo, que se atopa na provincia de Pontevedra, é o concello máis poblado de Galicia con 297.241 habitantes (INE 1 de enero de 2011).

Galicia está definida no artículo primeiro do seu Estatuto de Autonomía (do 6 de abril de 1981) como unha "nacionalidade histórica"

Datos do IGE (Instituto Galego de Estadística) do ano 2013

Poboación total:    2.781.498    Homes: 1.343.328    Mulleres: 1.438.170

Aqui podemos ver os datos referentes a poboación e interpretalos dun xeito práctico:
Instituto Galego de Estadística

Vamos a estudar e buscar o significado termos como: (datos da túa cidade, comunidade, ou aldea):
-Densidade de poboación: nº de habitantes/km cadadro)
-Censo (os datos da poboación que se recollen cada 10 anos) ou padrón: reconto da poboación anual polo concello.
-Tasa de natalidade: 7.7 %o
-Tasa de mortadalidade
-Esperanza de vida: 82,4
-Poboación activa:
-Tasa de paro: 22,3%
-Estadística.
-Piramide de poboación:  é unha represenatción gráfica da distribución por idade e sexo dunha poboación.
Ver aqui  piramide población

Elaboración dunha piramide:  Como se elabora unha pirámide

Estudio da poboación xogando:  xogo do estudio población


1.-Poboación de Galicia actualmente:estudo, evolución e situación hoxe
A emigración foi o factor que máis influíu na evolución da poboación no século XX.Emigramos entre 1900-1980 un millón de galegos (a outras zonas de España, América e Europa),por exemplo: Madrid, Pais Vasco,Cataluña,Arxentina,Venezuela,México,Brasil,Suiza,Paises Baixos,Alemaña,Francia,Inglaterra...

2.-Distribución da poboación.
A poboación galega permanece paralizada cerca de tres millóns, polo descenso de nacementos.
Poboación por sexos: viven máis mulleres ca homes aqui.
Poboación por grupos de idade: a maioría é adulta (entre 15 e 65 anos, anciáns..).Máis da metade é adulta.

O poboamento é o proceso de asentamento dun grupo de persoas nun lugar determinado.Se están as vivendas esparcidas é un poboamento disperso (baixa densidade).
Se é unha localidade con edificios agrupados nun lugar é poboamento concentrado.(alta densidade).
Hai dous tipos de localidades:
Aldeas: menos 10.000 habitantes.Poboamento concentrado na maioría dos casos.Agricultura, gandería.
As cidades: máis de 10.000 habitantes.Tamén presentan un poboamento concentrado.Industria e servizos.

A densidade de Galicia é de 94 hab/km cadadro.
No século XX padeceu un éxodo rural (Lugo e Ourense) cara as cidades da costa ou a zonas urbanas.
Por iso as zonas máis poboadas están situadas na costa, como Vigo, Coruña,Ferrol,Pontevedra,Vilagarcía..
Mellor comunicadas (transporte por carretera, mar, tren e aeroportos,), dispón das mellores vías de comunicación e está máis industrializada e no sector servizos.
Estas cidades e as que a rodean forman áreas metropolitanas.



viernes, 17 de mayo de 2013

Programación ata final do curso (xuño 2013).

Seguindo coa programación de coñecemento do medio deste curso, e despois da miña incorporación esta semana (dende o luns 13),deixovos aqui o traballo e tarefas que trataremos ata mediados de xuño.

Semana do 13 ao 16 de maio:

-Entrega de resultados dos temas 10 e 11. O relevo terrestre e as paisaxes de Galicia.
-Elaboración das actividades do tema 11.
-Reflexión crítica e comprensión dos apartados de CC.básicas.Analizar e interpretar a información contida nun artigo xornalístico para extraer conclusións e manifestar opinións.(C.A.I.P, e C.T.I. dixital).Adquirir conciencia da importancia de conservar os recursos e espazos naturais,e propoñer solucións que propicien a súa conservación.
-Interpretación de mapas: de relevo, climas, orografía, fauna e vexetación.Vocabulario específico da unidade 11.
-Recollida de libretas e revisión. Avaliación da mesma: contidos, presentación,actividades,apuntes....

Semana do 20 ao 24 e do 27 ao 31 de maio.

Abordaremos os temas 12 e 13, para comezar en xuño co 13 e 14.
-Tema 12 "A poboación e as institucións".Introdución ao tema e pequeno repaso.Características  e distribución da poboación, institucións e as tradicións da Comunidade.
Interpretación dunha piramide de poboación e datos estadísticos.
Elaborar un esquema-resumo do tema.
Non haberá proba escrita do tema 12. A avaliación desta unidade será a través da libreta ou de xeito oral na aula.

Coas unidades seguintes, faremos a introdución a Historia de Galicia, dende a Prehistoria a Idade Moderna cos temas 13 e 14, e daremos por rematado o temario, xa que queda un mes xusto de clase e dificilmente trataremos o tema 15.
Xa irei comentando aqui a distribución do traballo e as tarefas a realizar destes temas 13 e 14.
Haberá dúas probas escritas que serán as derradeiras do presente curso nesta área.Unha do tema 13 e outra do tema 14.




lunes, 29 de abril de 2013

O relevo de Galicia


Que imos aprender?
Ao longo deste tema traballaremos e situaremos no mapa as principais formas de relevo: serras, chairas, depresións, costas e ríos de Galicia.

Que ferramentas necesitaremos?
O Atlas e o libro de texto

MOI IMPORTANTE

Localizar e situar no mapa os diferentes nomes que vaian aparecendo no estudo do tema.


Se trazas unha linea seguindo o recorrido das Serras Centrais e as Serras Setentrionais te darás conta de que estas e aquelas forman un muro que separa a zona do interior das influencias mariñas.
Por iso diferenciamos dúas zonas de relevo:

A ZONA COSTEIRA

A ZONA INTERIOR



AS MONTAÑAS GALEGAS

O MACIZO GALAICO está formado por un sistema de serras e montañas de Galicia que limitan cos Montes de León (Macizo Galaico-leonés) .É precisamente nesas serras onde se achegan as máxunas altitude(Pena Trevinca 2047m).

Distinguimos 3 grandes unidades de relevo ademáis dun conxunto de Serras Litorais .

1.-As Serras Setentrionais: forman unha barreira co Mar Cantábrico.
-Serra do Xistral co Pico Cadramón
-Serra da Capelada, Serra da Faladoira



2.-As Serras Centrais: atravesan de N a S separando as provincias de Pontevedra-A Coruña respecto de Lugo-Ourense.
-Serra do Faro co Pico do Faro(1177)
-Serra da Loba

-Serra Cova da Serpe
-Serra do Suído


3.-As Serras Orientais e Surorientais: separadas polo río Sil.

-Serras Orientais:  Ao Norte as: Serra dos Ancares,( co Pico de Penarrubia(1826)), Serra do Courel


-Serras Surorientais: Serra do Eixe (Pena Trevinca), Sª da Queixa (Cabeza Manzaneda), Sª S.Mamede. Tamén Serra do Xurés ao oeste.




Este mapa  para estudar!!!







domingo, 28 de abril de 2013

Formación e evolución da orografía da Península Ibérica

Neste video podemos saber ou ter unha pequena idea de como se formou o relevo da Península Ibérica.Deste xeito podemos entender un pouco máis a xeografía, ríos, cordilleiras, chairas ou climas de España.

lunes, 22 de abril de 2013

O RELEVO DE GALICIA: webs, bogs

Aqui están algunhas páxinas e enlaces para estudar ou tratar os temas sobre xeografia de Galicia correspondentes o 3º trimestre ou a 3ª avaliación.
Dende as paisaxes de Galicia, relevo, rios, chairas,a poboación e institucións de Galicia (temas 11 e 12).Tamén irei colgando aqui os contidos referentes sobre historia de Galicia: Prehistoria (T13),Idade Media e Moderna (T14) e o derredeiro tema 15, a Idade Contemporánea.

Nesta páxina web temos contidos sobre xeografía de Galicia, con xogos e actividades. Moi válida.

1.- http://www.educalim.com/biblioteca/xeohisgal08/xeohisgal08.html


Mapas interactivos de Galicia: para estudar e xogar.Dous enlaces:

2.-http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/Relevo-de-Galicia-Onde-esta-/50bc8ad7-3bec-4ae2-976c-4b56de3329a4


3.-http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galirelieve2ga.html


Outro blog.
4.-o-relevo-de-galicia


5.-viaxeaitaca.com -o-relevo



Mini atlas interactivo sobre Galicia:


6.-Vexetaciondegalicia.es e relevo


7.-Educaplay.com recursos educativos

jueves, 11 de abril de 2013

Programación e tarefas do 12 ao 17 abril

Deixo aquí as tarefas correspondes ao periódo de mañan venres 12 ao venres 17 de abril.Para os meus compañeiros ou sustituto nestes días de baixa. Prefiro enumerar as tarefas xa que grazas aos compis do departamento, Pedro e Carmen, organizamos as sesións nestes días e quizás algunha xa esté feita.

Podedes facer o seguinte esquema para estudar:
http://cmapspublic2.ihmc.us/rid=1K8GRWXVV-1P0YD7K-18WK/Rochas%20e%20minerais.cmap


TAREFAS
Venres 12 e luns 15:

1.-Copiar na libreta a modo "apuntes" os recadros amarelos dende a páxina 126 á 131. Son nove en total. Serviralles para repasar e estudar o tema 10.

2.-Lectura comprensiva e compartida da páxina 134 e posta en común coa resposta das cuestións e anotación delas na libreta. A continuación lectura tamén da páx: 135, solución de actividades en común e voz alta sen anotar na libreta (a modo reflexión conxunta ou comprensión crítica).

3.-Lectura individual da páxina 132 e copiar Aprende a aprender,  "Lembra" e os tres recadros. Neste caso sirvelles para estudar na aula xa que as veces na casa non o fan!!!


Luns 15/ Martes 16/ Mércores 17.

4.- Dúas partes: páx. 133
a).- Xuntaranse en grupos cooperativos ou de referencia (xa saben eles) para repartir as actividades (dende a nº 2 a 10) ou sexa son 2 ou 3 actividades para cada membro do grupo (xa que son de 4 ou 5 nenos) e teñen que resolvelas entre eles (cada un debe anotar a súas na súa libreta).Farán unha posta en común no mesmo grupo.Limitar o tempo a 30 minutos máximo.

b).- Cada grupo elabora 4 preguntas ou 5 para preguntarlle aos membros dos outros grupos.Tipo concurso de preguntas, faranse as preguntas libremente aos membros que elixan doutros grupos sen repetir. Tamén serve a modo repaso dos contidos.

5.-Farán a proba escrita o martes 16 ou mércores 17, do dito tema 10 o relevo terrestre,segundo vexan Pedro e Carmen.