lunes, 23 de noviembre de 2015

viernes, 20 de noviembre de 2015

Pico Teide.Meta, superación e valor

Ed.medioambiental: Invernaderos.Mar de Plástico


El mar de plásticos de Almería

Visionamos este video e comprenderemos mellor o aproveitamento da terra, do solo, da augua, do clima para facer dunha actividade agrícola un negocio sostible, respeto a natureza, ecolóxico etc..Aproveitaremos esta experiencia para poñer en marcha iniciativas e estudos no noso horto escolar e na programación este curso das ciencias naturais e sociais de 6º de Primaria.

martes, 17 de noviembre de 2015

Datas das probas C.Naturais e Sociais

Finalmente faremos as probas escritas dos temas 2:
**Ciencias da Natureza (tema 2) "A Nutrición" o xoves 3 de decembro.

**Ciencias Sociais (Tema 2) " O relevo de España" o luns 30 de novembro.

Dende o luns 23:
-Comezamos a exposicións, presentacións dos proxectos de C.da Natureza e de C. Sociais.(Grabación en video, presentación en word, PPT, ou cartolinas).
-Entrega de mapas de Sociais (ríos e montañas, serras)
-Revisión y calificación de libretas tamén.
-Revisión dos diarios de equipo.(A.Cooperativo)

viernes, 13 de noviembre de 2015

Apuntes Tema 2 de Ciencias da Natureza

Deixovos aquí, algúns dos apuntes do tema 2, sobre "A Nutrición".Son imaxes e esquemas que podedes consultar, ben para estudar ou facer os proxectos nos que estades traballando na unidade dúas.
Recordade que son para rematar na semana do 23 de novembro, a finais de mes ou primeiros de decembro faremos unha proba escrita sobre o tema, moi sinxela.





/

jueves, 12 de noviembre de 2015

Tareas Tema 2 de Sociais

Que facer?
Durante o mes de novembro imos traballar cos mapas de unidades de relevo de España, e os ríos e vertentes hidrográficas, así coma o clima, vexetación e as paisaxes da Península Ibérica.
Nun primeiro momento elaboraredes o mapa das unidades de relevo partindo da Meseta e a súas divisións en dúas submesetas: norte e sur. haberá que facer un mapa mudo onde situaremos por cores ou numeracións as principais unidades do relevo como xa explicamos na clase.É dicir:
-Unidades interiores da Meseta
-Unidades que rodean a Meseta
-Unidades exteriores a Meseta
-Unidades insulares de España. 
Cos seus picos, serras, cordilleiras, montes ou portos.

Noutro mapa mudo anotaredes as tres vertentes por cores e o seus ríos (algún afluente como xa vos indiquei). Servenos para practicar e saber utilizar unha ferramenta e estratexias de aprendizaxe máis visuais (cores), que vos facilitarám o estudo dos contidos desta unidade ou seguintes, noutros curso superiores.
Si tedes algunha dúbida facedema chegar.

Apuntes dos ríos: elaborar os voso apuntes empregando os netbooks (programas word ou PPT), por parellas. Creade unha tabla como xa vimos na aula.Con 5 columnas chegan: nome, cidades polas que pasa, afluentes, desembocadura, vertente.
Tamén pode ser na libreta, cartolina....

Resumindo:
-Mapa de relevo: empregar cores e letras ou números.
-Mapa de ríos: o mesmo co anterior.
-Apuntes por parellas, cartolina, libreta ..
Podedes ver a imaxe que vos puxen na entrrada anterior do blog para facervos unha idea-

Cando?
Do 3 de novembro ao 23 de novembro.

Data de entrega ou revisión: Entregar ata o 23 de novembro.

Proba escrita o 26 de novembro.

Os mapas no exame serán deste tipo:




Apuntes para consultar e para o proxecto neste enlace:
Principais rios de España


martes, 10 de noviembre de 2015

O corpo humano.Aplicación

Impresionante aplicación sobre o corpo humano.Imaxes, videos con uns detalles de altísimo nivel.
Observade: debemos darnos de alta cun usuario de correo electrónico.Está en inglés e en 3D
Biodigital.Corpo humano

El corazón, ¿cómo funciona?

El funcionamiento del sistema respiratorio

SISTEMAS DEL CUERPO HUMANO : DOCUMENTAL COMPLETO

La alimentacion como parte de la nutricion

Ferramentas para Ciencias da Natureza

Neste blog tedes apuntes, actividades, xogos, imaxes sobre varios dos temas que veremos neste curso de Ciencias da Natureza.Pode ser un bo recurso para atopar toda aquela información que imos tratar nos temas de 6º curso este ano.
Moodle de Ciencias

TEMA 2 O RELEVO DE ESPAÑA

Neste mapa podemos ver un esquema das unidades de relevo da Península Ibérica, que corresponden co tema 2 do libro.


jueves, 5 de noviembre de 2015

Sistemas da nutrición


O proceso da nutrición ten varias fases e prodúcese nos diferentes sistemas:

1.-Unha vez que se produce a inxesta de alimentos pola boca, transformanse no aparato dixestivo
e parte deles saen polo aparato excretor (feces, ouriños, suor..)
2.-Parte dos nutrientes dos alimentos pasan ao sangue e de ahí ao resto do corpo.O aparato respiratorio obten osíxeno e expulsa dióxido de carbono, que son transportados polo sangue.




Nutrición dos animais: o proceso é o seguinte.







Podemos resumilo no seguinte:



martes, 3 de noviembre de 2015

Aparatos e sistemas do ser humano

O corpo humano realiza unha serie de funcións a través dos diferentes aparatos e sistemas.Aquí tedes un esquema deles en castelán.







A RESPIRACIÓN:


Mapas para practicar

Aplicación para aprender e coñecer a xeografía de España, as comunidades, provincias dun xeito lúdico.
mapasflash