jueves, 31 de enero de 2013

Tema "A materia: experimentos dos alumn@s"

Despois de celebrar este mércores o día da Paz, continuamos e volvemos a normalidade do curso.
En coñecemento estamos a ver o tema 6 A materia e que prácticamente estamos a rematar.
Hoxe xoves e mañan venres os nenos están a realizar no laboratorio e na aula unha serie de experimentos en relación co tema que nos compete actualmente.
Dividos nos grupos de referencia elaboran unha ficha cos materiais, procedemento e conclusión do experimentos ou experimentos que van a facer.
Porei aqui algún deles, ven en video ou imaxes. Hai verdadeiros "pequenos científicos" neles!!.
Está resultando unha actividade moi divertida e moi moi educativa!!.
Nos experimentos están a constatar a teoría exposta no tema: cambios de estado, separación de mesturas (diferentes técnicas) e reaccións químicas (combustións, oxidacións..), e incluso se "colou" algún experimento máis "amplo" en canto a contidos e teorías.

Continuará!!!!


Antroido 2013
Coa celebarción este ano do Antroido, venres 8 de febreiro, os profesores deste ciclo ocurrísenos facer un homenaxe a música. E cada grupo de 5º e 6º vaise a disfrazar de diferentes modas musicais: rockeros, hippies, movida dos 80,....
Ao grupo de 5ºA, a miña titoria, tocoulle de hippies.Trátase de disfrazarse, divertirse e ter unha xornada lúdica, por iso queremos que os disfraces sexan o máis económicos, prácticos posibles!!.É un vestuario fácil de conseguir, cómodo e divertido.Porei algunha imaxe para daros ideas!!!.
Será o venres 8 de febreiro dende a entrada a hora de saida.Faremos, si o tempo acompaña un pasacalles co resto dos grupos de Primaria. Ireivos contando as novas aqui.


domingo, 27 de enero de 2013

Titoria Día da Paz 2013

Este mércores 30 de xaneiro celebramos o día da Paz,que neste ano o lema será " Os coidados", cun acto conxunto dende infantil ata 6º de Primaria.
Será no pavillón ás 16:15 h. e aberto a toda a comunidade educativa.
Haberá diferentes actuacións formando un todo polos diferentes niveis.
Leérase un manifesto e farase a represenatción a continuación.

A canción estrela é a de Macaco, "Seguiremos", fai referencia no video aos coidados de nenos enfermos....

Durante esta semana levaremos acabo diversas actividades, reflexións e tratamento do significado de Paz (nas diferentes áreas e como non na titoria), non a ausencia de guerra ou violencia (en sentido negativo), senón no seu significado e sentido positivo.Podemos dicir que é un estado de quietude, tranquilidade ou de felicidade incluso cos demáis e cun mesmo, o respecto, de xustiza (Ghandi)....

Cando a paz  refírese ao plano individual, polo xeral fai referencia a un estado interior desprovisto de sentimentos negativos como o odio ou a furia. Un suxeito en paz é aquel que está tranquilo consego mesmo e, polo tanto, cos demáis.

Para a relixión, a paz é tamén unha salutación, xa que é un valor que un desexa para sí mesmo e para o próximo. Por eso empréganse expresións como “a paz esté contigo” e, en algunhas misas, inclúe un bico no rostro á persoa que se ten ao lado.



Este venres pasado e nos vindeiros días continuremos coa reflexiónA paz como presenza de xustiza (inspirada na paz xudía e hindú).

Esta é unha perspectiva da paz positiva; a paz non se define pola ausencia de guerra ou de conflitos senón pola presenza da xustiza social e o benestar, pola satisfacción das necesidades básicas de todas as persoas e grupos sociais, tanto en sentido espiritual como material. A paz é vista como un proceso, algo que hai que construír. 
Gandhi dicía "non hai un camiño para chegar á paz, a paz é o camiño".

Abaixo imaxes e frases de Ghandi
nado en Porbandar (Guxarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Delio 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución.

Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela. Frecuentemente Gandhi afirmaba a simplicidade dos seus valores, derivados da crenza tradicional hindú: verdade (satya) e non violencia (ahimsa).











Johan Galtung define a paz como "a capacidade de resolver os conflitos con empatía, noviolencia e creatividade". Neste sentido, a paz é o contexto e as condicións que permiten a transformación creativa e noviolenta dos conflitos; "creamos paz na medida que somos capaces de cambiar os conflitos en cooperación, de forma positiva e creadora, recoñecendo os opoñentes como persoas e utilizando o método do diálogo".
O mesmo Galtung, ao igual que outros autores, fala dun concepto amplo e positivo de paz que significa a ausencia de todo tipo de violencia, tanto directa (física ou verbal) como estrutural e cultural, ademais da posibilidade de que as persoas e os grupos sociais se liberen de todo o que lles impide levar unha vida minimamente humana, é dicir, que lles garanta a satisfacción das súas necesidades básicas para vivir dignamente. Este concepto de paz refírese a unha vida social onde exista cada vez máis xustiza e menos violencia nas relacións entre persoas, grupos sociais e nacións.

O sociólogo noruego é profesor sobre Estudos sobre a Paz na Universidade de Hawai, mediador de conflictos, escritor (máis de 50 libros: "O triángulo da violencia"  que fala de outros tipos de violencia estructural, cultural, explotación marxinal....entre outros), matemático, analista, asesor, pensador...



Outro luchador, defensor da paz, da marxinación, Martin Luther King, Jr. Foi un pastor estadounidense da igrexia bautista que desenrolou unha labor crucial nos Estados Unidos ao frente do "Movemento polos dereitos civís para os afroamericanos" e que, ademáis, participou como activista en numerosas protestas contra a Guerra de Vietnam e a pobreza en xeral.
Por esa actividade encaminada a terminar co apartheid estadounidense e a discriminación racial a través dos medios non violentos, foi condecorado co Premio Nobel da Paz en 1964. Catro anos despois, nunha época na que a súa labor orientárase especialmente cara á oposición á guerra e a loita contra a pobreza, foi asasiñado en Memphis, cando preparábase para liderar unha manifestación






Aqui podedes ver o video da canción:


Seguiremos de Macaco

martes, 22 de enero de 2013

Tema A materia: Substancias

Continuando co tema da materia, esta semana e a que ven, trataremos o punto 3 e 4 (substancias e reaccións químicas).Para a finais do mes facer a proba escrita.
Faremos o esquema correspondente e as actividades do libro e algunha a maiores.
Tamén seguindo co traballo cooperativo cada grupo deberá preparar un experimento de algún dos puntos tratados no tema: estados da materia e cambios, mesturas e separación (técnicas).

A estructura do experimento indicareina na aula cunha ficha que deberán cumprimentar todos os compoñentes do grupo e anotala na libreta. Podería ter a ficha os seguintes campos recomendables para organizar a información na que se describe o experimento:

-Autores e titulo, materiais, ano de publicación :
-Teoría o contexto teórico no que se produce: coñecemento dos supostos teóricos básicos da teoria.
-Hipotese: predicción do que vai o ocorrer
-Resultados. Explicación:


6.3. Substancias puras e mesturas
A materia da lugar a dous tipos diferentes de substancias: as substancias puras e as mezclas.

6.3.1.-As substancias puras están formadas por un solo tipo de materia e non se poden separar en outras.
Ex: o ouro, o ferro, o sal, a auga e os minerais. (Unha substancia é pura se non se pode separar noutra substancia).


6.3.2.-As mesturas están formadas por varias substancias puras diferentes.
Podemos distinguir dous tipos de mesturas: as mezclas heteroxéneas e as mezclas homoxéneas.
As mesturas son substancias formadas por dous ou máis compoñentes.

6.3.2.1.-Mesturas homoxéneas: as mesturas homoxéneas ou disolucións son mesturas nas que non se distinguen os seus compoñentes. Ex: a auga do mar, o aire, o leite....

6.3.2.2.-Mesturas heteroxéneas: son mesturas nas que se poden distinguir os seus compoñentes. Ex: o granito, unha ensalada,

Outro tipo de mesturas como as de algúns metais chámanse aleacións. As aleacións son mesturas homoxéneas nas que unha ou varias substancias son metais.
Por exemplo o bronce e o aceiro.

6.3.3.- Separación de mesturas:
Para separar as distintas substancias de unha mestura empléanse diferentes técnicas:
- Filtración.
- Decantación.
- Evaporación.
- Separación magnética.

A filtración serve para separar mesturas as heteroxéneas dun sólido e un líquido.
Faise pasar a mestura por unha malla que reten o sólido e deixa pasar o líquido.
Separar arena e auga.

A decantación: empleáse para separar mesturas heteroxéneas de substancias con distinta densidade.
Deixase reposar a mestura e a substancia máis densa deposítase no fondo.
Ex: Separar auga e aceite. Auga e area, auga e arxila....

A evaporación empléase para separar mesturas homoxéneas. Consiste en evaporar a parte líquida. Ex: Separa o sal da auga salgada.

A separación magnética utilízase cando un dos elementos da mestura é de ferro e o outro non.
Ex: úsase un imán que atrae aos elementos metálicos.


sábado, 12 de enero de 2013

Tema 6 "A materia"

Comezamos o 2º trimestre e por tanto a 2º avaliación, dende 0 8 de xaneiro ata finais de marzo.
Os temas son dende o 6 ao 10 inclusive.
Nos primeiros quince dias trataremos o tema 6 " A materia".

A materia: nesta semana faremos:
Introducción e lectura do tema. Búsqueda do vocabulario.
Realización do esquema conceptual e algunha actividade do libro.
Consulta do blog e veremos algún experimento dos cambios da materia.
Coñecemneto dalgún cientifico da Ilustración, como Lavossier.



TEMA 6 A MATERIA

A materia:
É todo o que ten masa e ocupa un lugar no espazo. É decir ten masa e volume.
Está integrada por átomos (que son partículas diminutas, é a menor cantidade dun elemento químico que ten existencia propia). Os átomos combinanse formando moléculas.
Por exemplo unha molécula de auga está constituida por átomos de oxiseno e hidróxeno (H2O)

A química é a ciencia que estuda a súa  natureza,composición e transformación.
Existen tres estados de agregación da materia: sólido, líquido e gaseoso que varian según a presión e temperatura que se somete un corpo.
estado sólido, que é cando as partículas elementais se atopan fortemente ligadas, e o corpo posúe tanto forma canto volume definidos; o estado líquido, no cal as partículas elementais están unidas máis debilmente do que no estado sólido, e no cal o corpo só posúe volume definido; e o estado gaseoso, no cal as partículas elementais se atopan moi debilmente ligadas, non tendo o corpo nin forma nin volume definidos (coma o gas, que ocupa todo o recipiente).

6.1. Propiedades da materia
Existen dous tipos de propiedades, as propiedades xerais que están presentes en tódolos tipos de materia e as propiedades específicas que distinguen as substancias.

      6.1.1.- Xerais: masa e volume. Tamén: impernetrabilidade (onde se atopa un corpo non pode haber outro),inercia,divisibilidade...
Masa: é a cantidade de materia, mídese en kg ou grs.
Volume é o espazo que ocupa, mídese en metros cúbicos ou litros

     6.1.2.- Específicas:
-Dureza/fráxil: si é difícil raiala.
-Impermeabilidade: aquela que non permite que pase un líquido.
-Elasticidade: aquela materia que recupera a súa forma.
-Densidade: é a relación entre a masa e o volume.
-Capacidade para deixar pasar a luz: transparente (opaco, translúcido.)

6.2.- A Materia cambia:
A materia sofre cambios constantemente.Poden ser:

6.2.1.-Físicos: a súa composición non varía e si o seu aspecto, tamaño ou temperatura.

    2.1.1.- Irreversibles: a materia non recupera o seu estado inicial.
    2.1.2.- Reversibles: a materia pode recuperar o seu estado inicial. Ex: polo calor!!.
                - Variación de temperatura.
                - Variación de volume (aumento chámase dilatación, e se diminúe o seu volume chámase contracción).
                - Os cambios de estado: a calor pode producir outros cambios reversibles, coma os cambios de estado.
                        #Fusión: paso de sólido a líquido.
                        #Vaporización ou evaporización: paso de líquido a gaseoso.A calquer temperatura chámase evaporación. Ebulición é un caso especial da evaporación, é o paso de líquido a gas a unha temperatura determinada e en toda a masa do líquido.
                        #Condensación: é o paso de gas a líquido.
                        #Solidificación: é o paso de líquido a sólido.









6.2.2.-Químicos: cando a materia se transforma noutra.


Para ver!!!, páxina moi interesante. Experimento para comprender os estados da materia.


6.2.-CAMBIOS DE ESTADO: REVERSIBLES. SÓLIDO,LÍQUIDO E GASEOSO.
Pincha aqui debaixo.!!!.


iniciacion interactiva dos estados da materia