martes, 24 de mayo de 2016

Rúbrica exemplo dun proxecto

Para avaliar proxectos,productos ou tarefas emprego este tipo de recursos para avaliar eu, autoavaliación deles e o que ou para o que se precise.Deixovos aquí unha tipo que elaborei para C.Sociais e C.da Natureza neste curso.

lunes, 2 de mayo de 2016

Temporalización C. Natureza e C. Sociais: maio 2016. Reválida 6º

Ciencias da Natureza 6º: Reválida 6º
Maio (Preparación, repaso para a proba final ou reválida de 6º da Lomce, que será os días 11, 12 e 13).
A proba de ciencia e tecnoloxía está prevista para o xoves 12 de maio a partires das 12 da mañan. Ditas probas só serán feitas en horario de mañan.

Temporalización:
A finais de abril rematamos o tema 5 e adicamos tempo a repasar os contidos do mesmo e tamén os contidos do resto do curso.Fixemos tamén unha proba estándar de avaliación final do MEC, que nos serviu para recordar e preparar a proba do 12 de maio.
Os contidos son vistos foron entre outros:
A materia. Cambios de estado: sólido, líquido e gasoso. Mesturas: homoxéneas, heteroxéneas.Separción de mesturas: Evaporación, condensación, licuación, solidificación. Cambios químicos. Fermentación, oxidación, combustión.Dilatación e contracción.
A enerxía: A luz e o calor. (Propiedades).Comportamento da materia ante a luz (materiais transparentes, traslúcidos e opacos. Reflexión e refracción. Luz e cores) e ante o calor (dilatción, contracción, cambios de estado). Fontes de enerxía (renovables e non renovables).
Máquinas simples e compostas.
A electricidade. Magnetismo.Circuitos eléctricos: elementos. Xerador (pila, bateria..), cables, receptores, interruptores..Tipos de cargas: positivas, negativas, neutras..
Os reinos dos seres vivos: Animal, vexetal, fungos, protozos e algas, baterias. As plantas.
As funcións vitais: nutricción, relación, reproducción..Órganos, aparatos,
A saúde. Enfermidades. Avances na mediciña. Primeiros auxilios...

Temario 6º
Tema 5:" A materia e a enerxía".(maio)
-Actividade feita no caderno: Rematado o tema, esquema e resumo. Valoración e comprobación da tarea realizada e finalizada (revisión de cadernos a semana do 16 ao 20 de maio).
-Continuación da presentación por equipos cooperativos de experiencias, experimentos e prácticas de laboratorio sobre a materia, cambios de estado, cambios químicos,....(ao longo do mes de maio).Taller de ciencias.
-Visionado de videos sobre a luz e as súas propiedades e o calor, ben dende o blog ou outras plataformas.

Tema 6: "A electricidade e o magentismo". (maio-xuño)
Comezamos este tema a finais de abril para repasar tamén os contidos da proba final de 6º da LOMCE.
Lectura e explicación do tema. Comprobando e recordando o que sabemos ou coñecemos da electricidade e o magnetismo visto tamén, o ano pasado, no 5º curso.
-Elaboración individual no caderno dos apuntes ou esquema da unidade.(ata finais de maio)
-Construcción dun circuito por equipos, grupos, parellas ou individualmente para expoñer e presentar aos compañeiros. Haberá unha exposición de todos os circuitos dos tres cursos de 6º.(ata finais de maio) e ademáis se poderá crear un video con móbil ou tablet sobre o traballo feito ou construído .
-No caderno: actividades prospostas do libro.
-Revisión cadernos na 3ª semana de maio e na 2ª semana de xuño. Avaliación do mesmo.

-Ficha de avaliación a primeiros de xuño sobre os temas 5 e 6.


ALGÚNS APUNTAMENTOS PARA RECORDAR!!!. 
TEMA 5


Combustión: Cambio químico brusco que ocorre cando unha substancia se combina co osíxeno. No proceso despréndese luz e calor. 
Fusión: Cambio de estado no que a materia pasa de sólido a líquido.
Oxidación: Cambio químico que ocorre cando unha substancia se combina co osíxeno e forma outra substancia distinta chamada óxido.