martes, 30 de octubre de 2018

Tarefas e probas a realizar próximamente

Estas son as tarefas que imos realizar na aula durante 4 ou 5 sesións dende a derradeira semana de outubro e a primeiras dúas de novembro (dende o 29 outubro ao 12 de novembro)
En C.Sociais
-Elaborar táboa do relevo de España no caderno, ou en Word , PPT, ou coa ferramenta GoConqr que xa expliquei e comentei hai  uns días na clase e voltarei a ensinar (debedes ter un pendrive na aula)
-Completar o mapa mudo de España, na clase ( a partires desta táboa do relevo).
(Xa publiquei a miña táboa para comprobar os datos q teñen q aparecer na vosa).
Xa suliñaremos no libro os datos ou contidos a estudar.(Ver páxs. 22 á 27 para elaborar a táboa ou os apuntes que tedes no caderno).
Revisión de tarefas os luns 12 de novembro.
A proba escrita será o luns 19 de novembro para 6ºB, sobre o relevo de España (táboa 1), e para 6ºA e 6º C (seguramente xoves 22 ou venres 23) está sen decidir, sería tamén nesa 3ª semana de novembro.

C. da Natureza
Dúas probas: concurso por equipos é individualmente tamén. Son probas avaliables) coa ferramenta ou app Socrative, o xoves 8 de novembro.
Revisión libretas na semana do 5 ao 9 de novembro.Resumo esquema T1, e táboa-esquema reinos dos seres vivos.
Proba escrita o venres 9 de novembro.

martes, 16 de octubre de 2018

Proba escrita T 1 O medio físico de Europa

O venres 26 de outubro haberá a proba escrita do tema 1 de C. Sociais, " O medio físico de Europa"
Consta de dúas partes:
-Práctica (valor de 4 ptos): situar nun mapa físico mudo os datos xeográficos vistos no tema (montes ou cordilleiras, penínsulas, illas, mares ou oceános, límites de Europa, ríos e vertentes ).
-Teórica (6 ptos): Tres preguntas curtas sobre o anterior (apuntamentos caderno ou libro).


lunes, 8 de octubre de 2018

T1: Os ríos de Europa

Continuando co tema 1 de Ciencias Sociais:
Tema 1: O medio físico de Europa
1.-O relevo de Europa
1.1.-Os límites xeográficos
1.2.-As principais unidades de relevo.

No punto 3, veremos:
1.3.-Os ríos e lagos de Europa: 
(Debedes completar a vosa táboa coas vertentes hidrográficas e os seus ríos vistos na aula estos días, dun xeito igual ou semellar. Serán os vosos apuntamentos para estudar. Recomendo o uso de cores!! e as técnicas de estudo que estamos a repetir dende 5º curso.!!)



lunes, 1 de octubre de 2018

Tema O relevo de Europa

Tarefas: para a 1ª semana de outubro
No caderno ou libreta: apuntamentos do relevo de Europa e elaborar o esquema (visto na clase).Completar coa lectura do tema o mapa mudo físico de Europa con mares, illas, penínsulas, montes ou cordilleiras (ver máis abaixo).
Na segunda semana de outubro corrección e puntuación do feito por cada un.

Recordade: No mapa mudo físico de Europa e cos apuntes do esquema, imos complétalo cos seguintes datos que temos para estudar e coñecer para a proba escrita.

O relevo de Europa
1.1.-Limites: ao norte océano Glacial Ártico, ao leste os Montes Urais e Asia, ao oeste o Océano Atlántico, ao sur o norte de África, mar Mediterráneo e Asia.

Mares e oceános:
Océano  Glacial Ártico, mar de Barents, mar Branco, mar do Norte, océano Atlántico, mar Cantábrico, mar Mediterráneo, mar Tirreno, mar Adriático, mar Exeo, mar Negro, mar Caspio (12).

1.2.-Montes e cordilleiras:
Pódese distinguir entre montes ou macizos vellos (con menor altitude, máis gastados pola erosión debido a unha formación máis antigua) e as cordilleiras novas máis elevadas e máis recentes.
Montes Escandinavos, Gran Chaira Europea, Macizo Central Francés, 
Cordilleiras novas: Pireneos, Alpes (Pico Montblanc 4810 m.), Apeninos, Cárpatos, Balcáns, Cáucaso (Pico Elbrus 5633m.), Montes Urais (10).

1.3.-Penínsulas:
Escandinava, Ibérica, Itálica, Balcánica, (4), (non entra na proba a de Kola, Xutlandia)

1.4.-Illas: Islandia, Británicas, Canarias, Baleares, Córsega, Sardeña, Sicilia, Malta, Chipre (9).


Para practicar:
Recurso interactivo:mapa de Europa


Fai clic no enlace de abaixo para saber máis: