martes, 1 de diciembre de 2015

Como facer esquemas

Breve e sinxelo video para elaborar os vosos esquemas para estudar de un xeito máis doado.A ver vos serve e por fin podedes facelo vos mesmos!!!.

B

lunes, 23 de noviembre de 2015

viernes, 20 de noviembre de 2015

Pico Teide.Meta, superación e valor

Ed.medioambiental: Invernaderos.Mar de Plástico


El mar de plásticos de Almería

Visionamos este video e comprenderemos mellor o aproveitamento da terra, do solo, da augua, do clima para facer dunha actividade agrícola un negocio sostible, respeto a natureza, ecolóxico etc..Aproveitaremos esta experiencia para poñer en marcha iniciativas e estudos no noso horto escolar e na programación este curso das ciencias naturais e sociais de 6º de Primaria.

martes, 17 de noviembre de 2015

Datas das probas C.Naturais e Sociais

Finalmente faremos as probas escritas dos temas 2:
**Ciencias da Natureza (tema 2) "A Nutrición" o xoves 3 de decembro.

**Ciencias Sociais (Tema 2) " O relevo de España" o luns 30 de novembro.

Dende o luns 23:
-Comezamos a exposicións, presentacións dos proxectos de C.da Natureza e de C. Sociais.(Grabación en video, presentación en word, PPT, ou cartolinas).
-Entrega de mapas de Sociais (ríos e montañas, serras)
-Revisión y calificación de libretas tamén.
-Revisión dos diarios de equipo.(A.Cooperativo)

viernes, 13 de noviembre de 2015

Apuntes Tema 2 de Ciencias da Natureza

Deixovos aquí, algúns dos apuntes do tema 2, sobre "A Nutrición".Son imaxes e esquemas que podedes consultar, ben para estudar ou facer os proxectos nos que estades traballando na unidade dúas.
Recordade que son para rematar na semana do 23 de novembro, a finais de mes ou primeiros de decembro faremos unha proba escrita sobre o tema, moi sinxela.





/

jueves, 12 de noviembre de 2015

Tareas Tema 2 de Sociais

Que facer?
Durante o mes de novembro imos traballar cos mapas de unidades de relevo de España, e os ríos e vertentes hidrográficas, así coma o clima, vexetación e as paisaxes da Península Ibérica.
Nun primeiro momento elaboraredes o mapa das unidades de relevo partindo da Meseta e a súas divisións en dúas submesetas: norte e sur. haberá que facer un mapa mudo onde situaremos por cores ou numeracións as principais unidades do relevo como xa explicamos na clase.É dicir:
-Unidades interiores da Meseta
-Unidades que rodean a Meseta
-Unidades exteriores a Meseta
-Unidades insulares de España. 
Cos seus picos, serras, cordilleiras, montes ou portos.

Noutro mapa mudo anotaredes as tres vertentes por cores e o seus ríos (algún afluente como xa vos indiquei). Servenos para practicar e saber utilizar unha ferramenta e estratexias de aprendizaxe máis visuais (cores), que vos facilitarám o estudo dos contidos desta unidade ou seguintes, noutros curso superiores.
Si tedes algunha dúbida facedema chegar.

Apuntes dos ríos: elaborar os voso apuntes empregando os netbooks (programas word ou PPT), por parellas. Creade unha tabla como xa vimos na aula.Con 5 columnas chegan: nome, cidades polas que pasa, afluentes, desembocadura, vertente.
Tamén pode ser na libreta, cartolina....

Resumindo:
-Mapa de relevo: empregar cores e letras ou números.
-Mapa de ríos: o mesmo co anterior.
-Apuntes por parellas, cartolina, libreta ..
Podedes ver a imaxe que vos puxen na entrrada anterior do blog para facervos unha idea-

Cando?
Do 3 de novembro ao 23 de novembro.

Data de entrega ou revisión: Entregar ata o 23 de novembro.

Proba escrita o 26 de novembro.

Os mapas no exame serán deste tipo:




Apuntes para consultar e para o proxecto neste enlace:
Principais rios de España


martes, 10 de noviembre de 2015

O corpo humano.Aplicación

Impresionante aplicación sobre o corpo humano.Imaxes, videos con uns detalles de altísimo nivel.
Observade: debemos darnos de alta cun usuario de correo electrónico.Está en inglés e en 3D
Biodigital.Corpo humano

El corazón, ¿cómo funciona?

El funcionamiento del sistema respiratorio

SISTEMAS DEL CUERPO HUMANO : DOCUMENTAL COMPLETO

La alimentacion como parte de la nutricion

Ferramentas para Ciencias da Natureza

Neste blog tedes apuntes, actividades, xogos, imaxes sobre varios dos temas que veremos neste curso de Ciencias da Natureza.Pode ser un bo recurso para atopar toda aquela información que imos tratar nos temas de 6º curso este ano.
Moodle de Ciencias

TEMA 2 O RELEVO DE ESPAÑA

Neste mapa podemos ver un esquema das unidades de relevo da Península Ibérica, que corresponden co tema 2 do libro.


jueves, 5 de noviembre de 2015

Sistemas da nutrición


O proceso da nutrición ten varias fases e prodúcese nos diferentes sistemas:

1.-Unha vez que se produce a inxesta de alimentos pola boca, transformanse no aparato dixestivo
e parte deles saen polo aparato excretor (feces, ouriños, suor..)
2.-Parte dos nutrientes dos alimentos pasan ao sangue e de ahí ao resto do corpo.O aparato respiratorio obten osíxeno e expulsa dióxido de carbono, que son transportados polo sangue.




Nutrición dos animais: o proceso é o seguinte.







Podemos resumilo no seguinte:



martes, 3 de noviembre de 2015

Aparatos e sistemas do ser humano

O corpo humano realiza unha serie de funcións a través dos diferentes aparatos e sistemas.Aquí tedes un esquema deles en castelán.







A RESPIRACIÓN:


Mapas para practicar

Aplicación para aprender e coñecer a xeografía de España, as comunidades, provincias dun xeito lúdico.
mapasflash

lunes, 5 de octubre de 2015

Mapas interactivos para xeografía

Con este programa ou apliación podemos xogar e estudar a xeografía fisica dos continentes.Moi válido para 6º curso este ano xa que os primeiros temas corresponden a xeografía fisica e política de Europa e España.

Mapas interactivos. Relevo de Europa

jueves, 17 de septiembre de 2015

Curso 2015-16 Ciencias Naturais e Sociais para 6º

Comezamos un novo curso nas áreas de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais de 6º curso coa Lomce en vixencia. Teremos dúas horas de C.Naturais e 3 h semanais de C.Sociais.
Nestes días porei a temporaliación dos trimestres e os contidos das unidades didácticas.
A metodoloxía máis empregada será a do aprendizaxe cooperativo e o uso do horto escolar polo seu valor didáctico-pedagóxico, na área de Naturais sobre todo.
O primeiro tema é :
Os seres vivos: tipos, funcións, a célula, reinos dos seres vivos etc.
Entre as tarefas deste 1º tema: deberán elaborar unha célula con calquer tipo de material: cartón, froita, chuches, xelatinas, plastilina, etc..
No blog seguinte podemos estudar e saber máis sobre os seres vivos, o tema 1.

Ciencias naturais Os reinos dos seres vivos

lunes, 8 de junio de 2015

Idade Moderna: Os Austrias

O Imperio Español: Idade Moderna











LOS AUSTRIAS MENORES: CARLOS I E FELIPE II
E OS AUSTRIAS MAIORES





Resumo do Reinado de Carlos I (V de Alemaña)




Os Austrias maiores e Borbóns: reinados.Política.



Os Reis Católicos

Esquema resumo do Reinado dos Reis Católicos Isabel de Castela e Fernando de Aragón.
Política interior e exterior.Conquistas.Sociedade....












Proxectos de Historia 5º

Para finalizar o 3º trimestre faredes os proxectos de Historia. Deixovos aquí material, imaxes, contidos, esquemas (a información, sobre o periodo da Historia que tedes que preparar e expoñer nos equipos cooperativos).Sociedade, política, reinados, conquistas, cultura, arte, etapas....
Pode ser material de consulta, para o voso traballo, ou de orientación.

A Idade Media na Península Ibérica:
.-O Reino Visigodo na Península.
Tras varios séculos de presenza romana na Península Ibérica, a situación política e social que existía no Imperio Romano tamén deixouse notar no noso territorio.(Caída do Imperio Romano de Occidente no ano 476 d.C.
Así, dende Centro Europa, chegaron a chan hispánico pobos aos que os romanos -por estar fóra dos seus territorios- lles chamaban BÁRBAROS.
Estes pobos eran os SUEVOS, VÁNDALOS e ALANOS. Chegaron a Hispania tras atravesar media Europa e, entrando polos Pireneos, estendéronse por gran parte da Península.

Mapa das invasións dos pobos xermánicos desde CentroEuropa



Os romanos, xa moi debilitados polas guerras internas polo poder (crise do I.Romano), e polas invasións dos pobos xermánicos, pediron axuda aos VISIGODOS un pobo do Centro de Europa, para que, como os seus aliados viñesen a Hispania para loitar contra estes Bárbaros e devolver o poder a Roma.

Os VISIGODOS, viñeron a loitar por Roma, pero tras derrotar os pobos bárbaros, e ver a riqueza das terras hispanas, romperon os vínculos con Roma (perdendo as súas posesións na Galia) para quedar coas fértiles terras de Hispania. Así comezou a saída dos romanos da Península.

Estes quedaron e adoptaron moitos dos costumes romanos, o que os fixo máis doada a introdución no territorio. Así, baseándose no Dereito Romano, fixeron o seu propio dereito, adoptaron a relixión cristiá (convertíronse ao Catolicismo co Rei Recaredo (fillo de Leovigildo) no ano 589 d.C., deixando o Arrianismo), etc.

Pero non chegaron nunca a ter o mesmo poder e nivel de organización que os romanos. Estas loitas internas polo poder (xa que a súa monarquía non era hereditaria, senón electiva entre os nobres), fixeron que ao cabo duns poucos anos se esborrallase o reino dos Visigodos, coincidindo coa chegada dos musulmáns á Península no ano 711.

A chegada dos musulmáns á Península Ibérica, a rápida conquista do territorio peninsular e a desaparición do reino visigodo produciron un cambio de rumbo na historia deste territorio.

Aínda que a ocupación musulmá foi case total, na parte norte da Península, ao Norte da cordilleira Cantábrica, vivían algúns pobos que dificilmente se asimilaran á cultura romana, e que non se integraran no reino visigodo; eran os astures, cántabros e vascóns, que tampouco se incorporarían a Al Ándalus (nome que os musulmáns deron ao territorio que conquistaron na Península Ibérica).

Polo lado do Pireneo, especialmente nos vales pirenaicos, vivían grupos de poboación que de forma illada conseguiran escapar á dominación musulmá.
Nesas dúas zonas xurdiron os primeiros núcleos de resistencia cristiá, que co paso do tempo e coa participación de novos territorios, daría lugar ao inicio da Reconquista, pola cal os reinos cristiáns volveron conquistar a Península Ibérica.





Mapa da época cos reinos barbaros e visigodo asentados na Península Ibérica.







SOCIEDADE NO REINO VISIGODO





Chegan os musulmáns no ano 711 polo Estreito de Xibraltar:

Península no Século IX






Historia da Idade Media con mapas!!!




Reconquista no século XII: mapa
Os reinos cristiáns foron recuperando as terras conquistadas polos musulmáns no S.VIII-XI







AL-ANDALUS: ETAPAS.POLÍTICA






Comezo da Reconquista polos reinos cristiáns!!Etapas e reinos dende os S.VIII-XV (711-1492)





Nesta imaxe podemos ver as etapas e períodos da invasión musulmán e a reconquista por parte dos reinos cristiáns.





Alta Idade Media (dende os Visigodos ata a Reconquista Crsitiá no s.XII (Camiño de Santiago).
Características desta etapa:Feudalismo, ( o feudo: sistema político económico e social desa época).





Baixa Idade Media: dominio reinos crstiáns, o comercio, cambios políticos, as cidades, a expansión do Camiño de Santiago, Cruzadas, o centro económico é a cidade, os burgueses, gremios, feiras,...





CRONOLOXIA REINOS CRISTIÁNS E AL-ANDALUS:



lunes, 18 de mayo de 2015

Proxectos finais de Historia

Dende o 20 de maio levaremos a cabo o traballo dos proxectos de Historia por equipos cooperativos.
Cada equipo deberá investigar, buscar información, expoñer e coñecer unha etapa da Historia (a escoller de: Reino Visigodo, Al -Andalus, Reinos Cristiáns, Os Reis Católicos e Descubrimento de América, Idade Moderna: Austrias e Borbóns).
A exposición dos traballos será a partires do 8 de xuño ata o 15 de xuño.
Haberá unha proba escrita sobre as exposicións. Sería do 15 ao 17 de xuño.
No caderno haberá que facer un resume, esquema (mapa conceptual do tema que vos toque desenrolar).
Podedes utilizar os miniportátiles para facer un Word, PPTs, Cartulinas etc para a súa realización ou presentación. Ademáis debedes elaborar un diario que recolla as sesións de traballo: dende a hora de inicio, tareas propostas e conseguidas ou finalizadas, así como o reparto de tareas a realizar de cada membro do equipo, para levar e xestionar o tempo de traballo e a calidade.Tamén teredes unha avaliación do equipo (autoavaliación grupal e individual, co-avaliación).


LIÑA DO TEMPO
Para situarse cronolóxicamente aqui tedes esta liña do tempo.




Etapas do Islam na Península.Califato e Reinos de Taifas.







Resume da Idade Media ata a Idade Moderna na Península Ibérica:






Esquema conceptual da Idade Media desde a caída do Imperio Romano ata Os Reis Católicos (1492)