viernes, 30 de septiembre de 2016

Probas escritas Temas 1 de C.Naturais e C. Sociais (outubro 2016)

Como xa comentamos na aula nos días pasados, teremos proximamente as probas escritas dos temas 1 de Naturais e Sociais, é dicir "Os seres vivos" de Naturais e " O medio físico de Europa" en Sociais.

O martes 18: tema 1 de C. Naturais. Avaliarei a maiores o traballo elaborado co material alternativo da célula.

O xoves 27: Tema 1 de C. Sociais. Haberá tamén un tarefa sobre Europa en equipos cooperativos .Partes a estudar: Punto 1, 3, 5 e as paisaxes

martes, 27 de septiembre de 2016

Apuntes Tema 1 Os seres vivos

Os seres vivos
1.-Os seres vivos
1.1.-Funcións vitais: nutrición, relación, reproducción.
1.2.-Tamaño: microscópicos (microorganismos) y macroscópicos.

2.-A Célula:unidade de vida
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal

3.-A organización dos seres vivos: seres unicelulares e pluricelulares


1.1.-Funcións vitais:
Os seres vivos realizan unha serie de funcións, chamadas funcións vitais. Son as funcións de nutriciónrelación e reprodución.


NutriciónA función de nutrición consiste en transformar os alimentos en substancias máis sinxelas, chamadas nutrientes, e en enerxía. 
Relación : a función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e reaccionar antes eles.
Reprodución: permite aos seres vivos ter descendentes parecidos a eles.


:
Algúns seres vivos, como as plantas, fabrican os seus propios nutrientes coa axuda da luz. Outros, como os animais, aliméntanse doutros seres vivos.
función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e reaccionar ante eles (estímulos e respostas).
función de reprodución permite aos seres vivos ter descendentes parecidos a eles
1.2.-Tamaño:
Os seres que se distinguen a simple vista chámanse seres macroscópicos. Os que non se ven chámanse seres microscópicosou microorganismos. Para observalos necesitamos un instrumento chamado microscopio.
2.-A célula: unidade de vida.
A célula é a parte máis pequena dos seres vivos que ten vida propia, xa que realiza as tres funcións vitais: nútrese, relaciónase e reprodúcese. Todos os seres vivos estamos formados por células
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal.
As células animais e vexetais parécense moito. Ambas teñen: membrana celular, citoplasma, orgánulos núcleo.
As células vexetais posúen, ademais,cloroplastos parede celular
Partes da célula:
  • membrana celular é a envoltura externa da célula, e participa na función de relación. 
  • citoplasmocupa o interior da célula. É un líquido viscoso no que flotan os orgánulos
  • Os orgánulos realizan algunhas funcións da célula, como fabricar substancias e obter enerxía. 
  • O núcleo contén o material necesario para reproducirse e dirixe as actividades da célula. Nas células animais e vexetais o núcleo está separado do citoplasma por unha membrana.
  • Os cloroplastos son uns orgánulos verdes que captan a luz e fabrican os nutrientes. 
  • parede celular é unha estrutura ríxida que rodea a membrana celular e protexe a célula.
3.-A organización dos seres vivos:
-Seres unicelulares:
Os seres vivos que están formados por unha soa célula chámanse seres unicelulares. A súa única célula realiza todas as funcións necesarias para vivir.
Ex. o paramecio que vive nas charcas ou estanques.
-Seres pluricelulares:
Os seres vivos formados por dúas ou máis células, chámanse seres pluricelulares. Nestes seres vivos todas as células se coordinan para que o organismo poida realizar as funcións vitais.
As células dun mesmo tipo agrúpanse formando tecidos
Tipos de células:
Células nerviosas                         Células musculares                       Células epiteliais

As células nerviosas son estreladas e con prolongacións. Estas células encárganse de establecer conexións e de transmitir información a todas as partes do corpo.
As células musculares teñen forma alongada. Estas células, e os tecidos que forman, contráense e estíranse. Isto permite que os músculos se movan.
As células epiteliais adoitan ser aplanadas. Estas células planas recobren determinadas zonas do corpo, como a pel. Illano corpo e protéxeno.
4.-Fungos, algas e protozoos.
Os fungos son seres vivos que nalgúns aspectos se parecen ás plantas e noutros se parecen aos animais. Non son capaces de desprazarse, como lles ocorre ás plantas. Ademais, non poden fabricar o seu propio alimento e, polo tanto, non necesitan a luz do sol para alimentarse, como tampouco a necesitan os animais.
Para reproducirse os fungos producen esporas.
Segundo a súa estrutura podemos distinguir distintos tipos de fungos: fungos con cogomelos, mofos e fermentos.

Fungos con cogomelos

Os fungos con cogomelos son seres pluricelulares. As súas células agrúpanse formando uns longos filamentos que se chaman hifas.
O cogomelo é a parte destes fungos que vemos sobre o solo. Nel prodúcense as esporas. Algúns destes fungos son comestibles, como os champiñóns, e outros son moi velenosos.

Existen fungos pluricelulares, como os cogomelos e os mofos, e unicelulares, como os fermentos.
Os fungos non posúen nin tecidos nin órganos. Non fabrican o seu alimento, senón que se alimentan de restos doutros seres vivos. Ademais, os fungos, igual que lles ocorre ás plantas, non poden desprazarse.

Mofos

Algúns fungos pluricelulares non producen cogomelos, senón que as hifas forman agrupacións con aspecto de algodón. Os mofos viven sobre restos de seres vivos e sobre a materia en descomposición, como por exemplo, a froita estragada.
Dalgúns mofos pódense obter antibióticos, como a penicilina.

Fermentos

Existe un tipo de fungos microscópicos que se chaman fermentos. Os fermentos son fungos unicelulares. Non forman hifas e, polo tanto, non teñen o aspecto filamentoso que teñen os mofos. Como son unicelulares, tampouco forman cogomelos.

Os fermentos úsanse na industria alimentaria para a elaboración do pan, do queixo ou do viño.


Os protozoos e as algas

As amebas pertencen ao grupo dos protozoos.
Os protozoos, como os paramecios ou as amebas, son seres vivos unicelulares tan pequenos que non podemos velos a simple vista, nin sequera cunha lupa. Para observalos utilizamos o microscopio.
As algas poden ser unicelulares e pluricelulares. As células das algas pluricelulares non forman verdadeiros tecidos.

As bacterias

As bacterias son seres unicelulares. A maioría teñen parede celular pero carecen de membrana nuclear, polo que o material do núcleo se encontra disperso no citoplasma. Algunhas son beneficiosas, como as que transforman o leite en iogur, e outras, causan enfermidades.

5.-CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS

Para clasificalos utilízanse criterios como o tipo de alimentación e a estrutura das células. Segundo estes criterios existen cinco reinosplantasanimais, fungosalgas protozoos, e bacterias
As células do reino das bacterias diferéncianse do resto porque o seu núcleo non está separado do citoplasma por unha membrana.


Apuntes Tema 1 Os seres vivos

Os seres vivos
1.-Os seres vivos
1.1.-Funcións vitais: nutrición, relación, reproducción.
1.2.-Tamaño: microscópicos (microorganismos) y macrocóspicos.

2.-A Célula:unidade de vida
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal

3.-A organización dos seres vivos: seres unicelulares e pluricelulares


1.1.-Funcións vitais:
Os seres vivos realizan unha serie de funcións, chamadas funcións vitais. Son as funcións de nutriciónrelación e reprodución.


Nutrición
A función de nutrición consiste en transformar os alimentos en substancias máis sinxelas, chamadas nutrientes, e en enerxía. 

Algúns seres vivos, como as plantas, fabrican os seus propios nutrientes coa axuda da luz. Outros, como os animais, aliméntanse doutros seres vivos.

Relación

función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e reaccionar ante eles (estímulos e respostas).

Reprodución

función de reprodución permite aos seres vivos ter descendentes parecidos a eles
1.2.-Tamaño:
Os seres que se distinguen a simple vista chámanse seres macroscópicos. Os que non se ven chámanse seres microscópicosou microorganismos. Para observalos necesitamos un instrumento chamado microscopio.
2.-A célula: unidade de vida.
A célula é a parte máis pequena dos seres vivos que ten vida propia, xa que realiza as tres funcións vitais: nútrese, relaciónase e reprodúcese. Todos os seres vivos estamos formados por células
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal.
As células animais e vexetais parécense moito. Ambas teñen: membrana celular, citoplasma, orgánulos núcleo.
  • membrana celular é a envoltura externa da célula, e participa na función de relación. 
  • citoplasmocupa o interior da célula. É un líquido viscoso no que flotan os orgánulos
  • Os orgánulos realizan algunhas funcións da célula, como fabricar substancias e obter enerxía. 
  • O núcleo contén o material necesario para reproducirse e dirixe as actividades da célula. Nas células animais e vexetais o núcleo está separado do citoplasma por unha membrana.
As células vexetais posúen, ademais,cloroplastos parede celular
  • Os cloroplastos son uns orgánulos verdes que captan a luz e fabrican os nutrientes. 
  • parede celular é unha estrutura ríxida que rodea a membrana celular e protexe a célula.
:
3.-A organización dos seres vivos:
-Seres unicelulares:
Os seres vivos que están formados por unha soa célula chámanse seres unicelulares. A súa única célula realiza todas as funcións necesarias para vivir.
Ex. o paramecio que vive nas charcas ou estanques.
-Seres pluricelulares:
Os seres vivos formados por dúas ou máis células, chámanse seres pluricelulares. Nestes seres vivos todas as células se coordinan para que o organismo poida realizar as funcións vitais.
As células dun mesmo tipo agrúpanse formando tecidos
Tipos de células:
Células nerviosas                         Células musculares                       Células epiteliais

As células nerviosas son estreladas e con prolongacións. Estas células encárganse de establecer conexións e de transmitir información a todas as partes do corpo.
As células musculares teñen forma alongada. Estas células, e os tecidos que forman, contráense e estíranse. Isto permite que os músculos se movan.
As células epiteliais adoitan ser aplanadas. Estas células planas recobren determinadas zonas do corpo, como a pel. Illano corpo e protéxeno.


5.-CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS
Para clasificalas utilízanse criterios como o tipo de alimentación e a estrutura das células. Segundo estes criterios existen cinco reinosplantasanimais, fungosalgas protozoos, e bacterias
As células do reino das bacterias diferéncianse do resto porque o seu núcleo non está separado do citoplasma por unha membrana.