miércoles, 17 de octubre de 2012

Obxectivos aprendizaxe cooperativo en 5º e titoria entre iguais

Aprendizaxe cooperativo
A calidade educativa ten moito que ver coa capacidade que un centro ten para dar resposta á diversidade de alumnos e alumnas que atende. Isto esixe respostas axeitadas a necesidades diferentes. Nesta liña a relevancia do aprendizaxe en grupo é moi alta. É difícil atender necesidades diferentes se non é propiciando relacións grupales nas cales as respostas axeitadas non partan só do educador senón que se facilitan dende os mesmos alumnos.
Por outro lado, socialmente cada vez é maior a esixencia de persoas capaces de traballar en grupo e de manter relacións positivas e fluídas cos seus semellantes. Ata tal punto que unha persoa corre serio risco de non se incorporar ao mercado laboral se non é minimamente competente para relacionarse e colaborar cos outros.

A interacción entre os alumnos permítelles confrontar ideas, intercambiar informacións, modificar
conceptos previos, coñecer e compartir estratexias de aprendizaxe distintas das persoais, confrontar puntos de vista diferentes». Aprender, así pois, vai ligado a facelo en grupo, facilítase a tarefa a todos os alumnos e, por engadido, mellórase a calidade educativa.

Algúns obxectivos son:
- Colaborar con outras persoas para resolver de forma creativa, integradora e construtiva os interrogantes e problemas identificados a partir da experiencia diaria utilizando os coñecementos e os recursos materiais
dispoñibles» .
- Actuar con autonomía e responsabilidade nas actividades habituais e as relacións de grupo, desenvolvendo as posibilidades de tomar iniciativas e de madurar no establecemento de relacións persoais.
- Colaborar na planificación e realización de actividades en grupo, aceptar as normas e regras que oportunamente se establezan, articular os obxectivos e intereses propios cos dos outros membros do grupo,
respectando puntos de vista distintos e asumir as responsabilidades que correspondan.
- Obrar de acordo aos valores básicos que rexen a vida e a convivencia humana de forma habitual e apreciar a súa importancia».

Aprendizaxe cooperativa: falamos de estrutura de aprendizaxe cooperativa cando se organizan tarefas nas que a cooperación é a condición para realizalas. Son tarefas de aprendizaxe que non se poden realizar se non é colaborando entre os compañeiros. Non se pode ter éxito se os compañeiros non o teñen. Lígase o éxito propio ao éxito do resto.
Este tipo de aprendizaxe posibilta que se desenrolen habilidades comunicativas (respecto de quendas, escoitar, entender, preguntar...) para facer posible o traballo en grupo.

Por tanto tamén, hai xa algún tempo que sabemos que os estudantes poden actuar como mediadores, isto é dicir, pode "mediar entre a actividade mental dun compañeiro e a nova información que este trata de aprender. Poden, polo tanto, actuar como profesores dos seus compañeiros. Pola súa banda, o proceso de axuda que un alumno ofrece a un compañeiro pode xerar oportunidades de aprendizaxe para él, porque como ben sabemos os docentes ensinar é a mellor maneira de aprender.

Unhas pequenas reflexións apunto aquí, despois de ler, buscar recursos educativos de aprendizaxe na didáctica contemporánea, sobre dúas metodoloxías actuais así como imprendiscibles.

Últimamente, as ciencias da educación dan moita importancia á interacción, como elemento principal responsable do aprendizaxe. É a través da interacción cos outros cando ábrensenos conflictos cognitivos que nos fan aprender. É a través da interacción entre o novo coñecemento e o profesor (mediador) cando aprendemos (como ben dicíame o meu amigo José Pantoja, "aprendizaxes significativos", que razón tiña!!) . Pero ademáis, sabemos que en determinadas circunstancias os propios alumnos poden facer de mediadores. Todos aprendemos de compañeiros do colexio, ou do traballo (sempre decía Dª. Ana García Agudín: "aprendemos todolos días algo de todos", aprendizaxe permanente").
Algúns autores sosteñen que, as veces, os alumnos poden ser mellores mediadores (profesores) que os propios adultos. O xustifican dicindo que os alumnos son aprendices recentes dos contidos e, por tanto, son sensibles aos puntos de máis axuda. Ademáis empregan unha linguaxe máis directa, cercana e contan coa ventaxa de compartir referentes culturais e lingüísticos. Pero sobretodo, a principal ventaxa que a mediación dun alumno ten sobre a mediación dun profesor é que o alumno pode prestar axuda individual, a un só alumno. Mentras que o profesor, xeralmente, ten que repartila entre os numerosos alumnos da aula.

Dentro do aprendizaxe cooperativo temos a titoría entre iguais que chega a ser un instrumento de atención a diversidade, moi útil,e que moviliza a capacidade mediadora dos alumnos (de darse apoio para aprender) e que saca partido das diferencias de nivel entre alumnos (que tanto parecen molestar a algúns docentes (pequena autocrítica)).

Un deses métodos de aprendizaxe cooperativo é a titoría entre iguales, basado na creación de parellas, cunha relación asimétrica (derivada da adopción do rol respectivo de titor o titorado), cun obxectivo común coñecido e compartido (a adquisición dunha competencia curricular) que  lógrase a través da relación planificada polo profesor (segundo Durany Vidal, 2004). A titoría entre iguais é amplamente utilizada en moitos países (baixo a denominación de peer tutoring), en tódolos niveis educativos e áreas curriculares, e é recomendada polos expertos en educación (a propia UNESCO) como unha práctica altamente efectiva para a ensinanza inclusiva. Hai unha experiencia nos países anglosaxóns, experiencia escocesa, neste caso, de titoría entre iguais, que xa falarei máis adiante.

Si queredes saber máis recurride a este monográfico:
Duran, D (coord.) (2006): “Tutoría entre iguales, algunas prácticas”. Monográfico de Aula de Innovación Educativa, 153-154, 7-39.

No hay comentarios:

Publicar un comentario