miércoles, 10 de octubre de 2012

TEMA 2:
OS ANIMAIS VERTEBRADOS

2.- AVES:

As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, chimpan ou fican ergueitas sobre as súas extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores están modificadas como ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, son adaptacións para voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo recuberto de plumas e, as aves actuais posúen un peteiro córneo sen dentes. Para reproducirse poñen ovos, que chocan até a eclosión.

 Orixe das aves.
Confuciusornis, un paxaro cretácico de China.
Baseándose en evidencias fósiles e biolóxicas, a maioría dos científicos aceptan que as aves son un subgrupo especializado de dinosauros terápodos.Cos novos descubrimentos de terápodos non aviares estreitamente vencellados coas aves, a previamente clara distinción entre aves e non aves atópase cada vez máis difusa. Descubrimentos recentes na provincia chinesa de Liaoning, demostraron que moitos dinosauros terópodos tiñan plumas, o que contribúe a esta ambigüídade.
A opinión consensuada contemporánea da paleontoloxía, é que as aves, son os parentes máis achegados aos deinonychosauros, que inclúe aos dromaeosauridos e trodóntidoss. Xuntos, estos tres xuntos forman un grupo chamado Paraves. O Microraptor, é un dromaesauro basal, con trazos que quizais lle permitiron voar ou planear. A maioría dos deinonychosauros basais son moi pequenos. Esta evidencia medra a posiblidade de que o devanceiro das paraves fose arborícola, e/ou quen de planear.
O Archaeopteryx, fosil do xurásico superior, é ben coñecido coma un dos primeiros fósiles de transición descubertos que achegou apoio á teoría da evolución de finais do século XIX. Archaeopteryx amosa trazos claramente reptilianos: dentes, poutas, e unha longa cola semellante á dos lagartos, porén, no fosil aprécianse ás con plumas semellantes ás das aves modernas. Non é considerado un devanceiro directo das aves modernas, sen embargo considérase o membro máis vello coñecido das aves ou Avialae, e probablemente atópase vencellado de preto co seu antergo.

Teorías alternativas e controversias
Existen moitas controversias no estudo da orixe das aves. Os primeiros desacordos incluíron se as aves evoluíron a partir dos dinosauros ou dos máis primitivos arcosauros. Dentro do eido dos dinosauros existiron desacordos en referencia a se os ornitísquios ou os terópodos foron os parentes máis achegados.
Algúns científicos suxiren que as aves non son dinosauros, evolucionando a partir dos primeiros arcosauros.

Ascendencia das Aves
Así como os mamíferos, as aves son descendentes dos réptiles. Son, no entanto, descendentes de liñaxes distintas. As aves descenden de réptiles Diapsida, ao paso que os mamíferos descenden da liñaxe Sinapsida. O Archaeopteryx é o máis antigo fósil coñecido de ave e data de aproximadamente 140 millóns de anos atrás, do período Xurásico. O arqueopterix era un pouco maior que unha pomba e posuía rabo longo, percorrido pola columna vertebral, como os réptiles, alén de dentes, dedos individualizados con garras e, como característica máis marcante, penas do corpo e penas de voo asimétricas (indicios de que ese animal era capaz de voar). As aves pertencen ao mesmo grupo dos dinosauros, sendo que xa foron descubertas penas (ou estruturas semellantes, máis primitivas) noutros grupos de Dinosauria. Por tanto, actualmente acéptase o grupo aves non como Clase , mais un grupo bastante diversificado e actual de Dinosauria. Hai cerca de 65 millóns de anos, coa extinción da maioría dos grandes grupos de réptiles, ocorreu unha gran radiación adaptativa e consecuente diversificación das aves, que pasaron a poboar practicamente todos os ambientes terrestres. Actualmente acéptanse dous grandes grupos de aves: Paleornithes (ratitas) e Neornithes (carinatas).






Distribución:

As aves viven e aniñan na maioría dos hábitats terrestres e están presentes en todos os continentes,
 A maior diversidade de aves dáse nas rexións tropicais, e o país co maior número de especies no mundo é Colombia,seguido polo Perú e o Brasil. Outras avifaunas notables pola súa cantidade de son as de Nova Zelandia, Madagascar e Australia.
 A rexión bioxeográfica con maior número de especies, cunhas 3.700 (máis da terceira parte mundial), é o Neotrópico (inclúe América do Sur, América Central, terras baixas de México e as Antillas).
Numerosas familias de aves adaptáronse a vivir no mar, algunhas especies de aves mariñas só recalan na terra para aniñar, e sábese que algúns pingüíns chegan a mergullarse até a 300 m de profundidade.
Moitas especies de aves establecéronse en rexións onde foron introducidas polo home. Algunhas destas introducións foron deliberadas; o faisán común, por exemplo, foi introducido como especie para a caza por boa parte do mundo. Outras introducións foron accidentais, este é o caso de varias especies de papagaios, a cotorra arxentina que a partir de exemplares cativos fuxidos estableceuse en numerosas cidades de Norteamérica, Sudamérica e Europa.

Dieta e alimentación

 Adaptacións dos bicos para a alimentación
A dieta das aves inclúe unha gran cantidade de tipos de alimentos como néctar, froitas, plantas, sementes, prea, e diversos animais pequenos, incluídas outras aves.Como as aves non teñen dentes, o seu aparato dixestivo está adaptado a procesar alimentos sen mastigar que a ave traga enteiros.
As aves chamadas xeralistas son as que empregan moitas e diferentes estratexias para conseguir alimentos dunha ampla variedade de tipos, mentres que as que se concentran nun espectro reducido de alimentos ou teñen unha única estratexia para conseguir comida son consideradas especialistas.
As estratexias de alimentación das aves varían segundo a especie. Algunhas cazan insectos lanzándose sorpresivamente dende unha póla. As especies que se alimentan do néctar, coma os colibríes, os suimangas e os loris, teñen linguas pelosas e formas de bico especialmente adaptadas para axustarse ás plantas das que se alimentan.Os |kiwis e as aves limícolas teñen longos bicos que empregan para sondar o chan en busca de invertebrados; no caso das limícolas, os seus bicos presentan diferentes lonxitudes e curvaturas, xa que cada especie ten un nicho ecolóxico diferente.
As mobellas, parrulos mergulladores, pingüíns e álcidos perseguen ás súas presas baixo a auga, empregando as súas ás e/ou os seus pés para propulsarse, mentres que os mascatos, picapeixes e carrán son predadores aéreos que se mergullan en picado en busca da súa presa. Os flamengos, tres especies de petreis, e algúns parrulos, aliméntanse filtrando a auga. Outras aves, como os gansos e os patos nadadores, aliméntanse principalmente pastando. Algunhas especies, entre as que se inclúen as fragatas, as gaivotas, e os págaos, son cleptoparasitas, é dicir, rouban comida a outras aves. Suponse que con isto logran un suplemento adicional, pero non unha parte importante da súa dieta xeral.Hai outras aves que son carroñeiras, algunhas das cales, como os voitres, están especializados en comer cadáveres, mentres que outras, como as gaivotas, os córvidos ou algunhas aves de presa fano só como oportunistas.









No hay comentarios:

Publicar un comentario