TEMA 1 " COMO CHEGAMOS AO MEU DESTINO"
Corresponde ao tema 3 do libro de texto ed. Anaya (páxs: 50 ata 67).
Temporalización: de setembro a outubro.
Actividades fóra do centro:
-Convivencia venres 20 setembro. Roteiro peatonal dende o Monte do Gozo, camiño de Santiago ata o colexio (seguridade viaria, normas circulación ..)Actividades na natureza (EF)
-Visita ao Parlamento de Galicia (prevista para o 4 de outubro).
-Pendente visita ao Concello.
Guión do tema 1:
1.- Territorios sostibles. Axenda Urbana Española (AUE) e os 10 obxectivos. ODS 20230
2.-Organización política e territorial de España e Galicia
A Constitución de 1978 (6 de decembro).
Estatuto de Autonomía de Galicia (1981).
Provincias (50) e Comunidades Autónomas de España (17) e Cidades Autónomas (2).
Concellos de España (8.132). Concellos de Galicia (313).
Ollo: Estudar dos puntos,só o que está en cor (negrita, vermello etc)
1.- Territorios sostibles.Axenda Urbana Española (AUE, creada no ano 2019).
É a folla de ruta (con plans de accións) que vai marcar a estratexia e as accións a levar a cabo ata o ano 2030 (Axenda Europea 2030) para facer dos nosos territorios (pobos, cidades, barrios,..) lugares de convivencia amables, acolledores, saudables, concenciados co medio ambiente etc..para acadar un desenrolo xusto, sostible, equitativo,....tras o analise a través de un DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades ) dos territorios.
Por ex: accións en parques, mobilidade e transporte (emisións de gases, restriccións tráfico, carril bici, xardíns, arquitectura, tratamento de augas,....).
Cidades: son espazos de convivencia, dereitos (culturas, razas). existe diversidade cultural, lingüística etc
2.- Organización TERRITORIAL e politicamente de ESPAÑA e GALICIA
En ESPAÑA:
A Constitución española de 1978. Símbolos nacionais: escudo, bandeira, himno, idioma..
É a norma suprema do ordeamento xurídico dos poderes públicos e cidadáns españois (dereitos, liberdades e deberes).
Foi ractificada o 6 de decembro (é a culminación da transición á democracia, o fin da Ditadura de Franco). Estableceu a Nación ou patria común española , indivisible (sí en autonomías das nacionalidades e rexións), unha organización territorial basada en concellos, en provincias e nas comunidades autónomas. Por tanto, España é un estado autonómico cun rei coma xefe do Estado e refrendado polo presidente do Goberno e do Congreso dos Diputados, ministros (soberanía nacional e sufragio universal nas eleccións cada 4 anos).
Características máis importantes (= unidade, autonomía, solidaridade e igualdade):
-Establece a separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial).
-Presidente investido polo Congreso ten o poder executivo e a administración pública co Consello de Ministros.
-O poder lexislativo recae nas Cortes Xenerais : Congreso dos Deputados (350) e o Senado (208).
-O poder xudicial recae nos xuices e tribunais.
*Poder lexislativo: Presidente (escolleo o Congreso dos Deputados) e ministros (estos escolleos o presidente). Función executar leis.
*Poder executivo: Congreso e Senado (escollidos por sufraxio universal > 18 anos), elabora e aproba leis.
*Poder Xudicial: co Senado de xuíces (elección polo Congreso e Senado, vixía cumpriemnto das leis). Consello do Poder Xudicial e Tribunais Supremos.
En GALICIA:
Estatuto de Autonomía de Galicia (1979-81) ou Estatuto de Galicia.
É a norma que recoñece a Galicia coma unha nacionalidade histórica (aínda non nación*) Os símbolos son: bandeira, escudo, himno e unha lingua propia (galego) cooficial co castelán. Existe un Defensor do Pobo, institucións coma: Parlamento, Facenda propia, Patrimonio...
Para saber máis, visita ao Parlamento:
O Parlamento galego ten 75 deputados (38 maioría absoluta) é onde reside o poder lexislativo.
As súas funcións son: electiva (elixe ao presidente,ao consello...), de control (coas comisións) e lexislativa.
A primeira sede do parlamento foi provisionalmente, no pazo de Xelmirez e de Fonseca na praza de Obradoiro (despois dende o 1989 pasouse para a rúa do Horreo, ía ser facultade de veterinaria e posteriormente foi, un cuartel militar).
O Estatuto de Galicia xa fóra aprobado durante a II República no ano 1931 pero non entrou en vigor pola Guerra Civil do 1936.
O goberno da Comunidade está formado polo presidente e os concelleiros e o Tribunal Superior de Xustiza
Poder lexislativo = reside no Parlamento (ou hemiciclo).
Poder executivo: Xunta de Galicia co presidente e concelleiros.
Poder xudicial: tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
2.1- Organización TERRITORIAL:
Provincias (son 50 e forman Deputacións cun presidente/a e vicepresidentes, a xunta de goberno e o pleno),
Comunidades Autónomas (17) e Cidades Autónomas (2, Ceuta e Melilla).
Concellos, composto pola alcaldesa ou alcalde e as concelleiras ou concelleiros.
![]() |
Fonte: wikipedia.gal |
![]() |
Fonte: elaboración propia |
3.- EUROPA:
Formada por 50 países e 750 millóns de habitantes, actualmente.
3.1.-A Unión Europea (UE): é unha unión económica e política común entre 27 países, actualmente. Entrou en vigor en Maastricht o 1 de novembro de 1993. Anteriormente, foi creada coma Comunidade Económica Europea (CEE) en 1957 no Tratado de Roma polos países fundadores: Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Italia e Luxemburgo (e despois do Acordo do Carbón e Aceiro de 1951) e finalmente a CEE e a Comunidade Europea no 2009 na UE.
Países da UE (27): Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chequia., Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Francia, Finlandia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Rumanía e Suecia.
Ten uns principios e valores iguais para todos, leis e normas: espazo de libre circulación de cidadáns e mercadorías, seguridade e defensa común,moeda común, política exterior e cooperación conxunta, bandeira e símbolo.
Institucións comunitarias:
A Comisión, encargada de formular e administrar as políticas comunitarias. Poder executivo.
O Consello de Ministros, encargada de promulgar leis.
O Parlamento Europeo ou Eurocámara (720), representa aos cidadáns. Lexisla e controla.
A Corte Europea de Xusticia, encargada de interpretar as lexislacións comunitarias e resolver disputas legais.
Curiosidades:
España e Portugal ingresaron no ano 1986.
No ano 1990 uníronse as dúas Alemañas (a RFA e a RDA) nunha única RFA.
O Reino Unido saíu da UE no ano 2020 (coñecido o proceso coma o "Brexit").
A maior ampliación da UE foi en maio do 2004 cando ingresaron 10 países (Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia).
Países da UE no ano 2024 (mapa)
![]() |
Fonte: https://european-union.europa.eu/easy-read_es |
Países de EUROPA (mapa):
![]() |
Fonte: paises.net |
No hay comentarios:
Publicar un comentario