domingo, 27 de marzo de 2016

Temporalización 3ª Avaliación

Ciencias da Natureza 6º Curso:
Temporalización 3º Trimestre do 29 de marzo ao 22 de xuño 2016.
Temas 5 e 6.

TEMA 5:  "A MATERIA E A ENERXÍA"
Este tema irá integrado no proxecto II do horto escolar "Invernadoiros".
-Haberá dúas probas escritas moi sinxelas.
-A presentación do proxecto.
-A valoración da libreta coas actividades propostas e os apuntes.(Debe estar completa, ter orden, limpeza, caligrafía e puntuación, e valorase tamén a ortografía...).
-Esquemas ou apuntes das unidades para os dous temas do trimestre.
-Proxecto de video tutoriais por equipos cooperativos. (Metodoloxía Mobile learning e clase inversa).
-Fabricación de elementos para o horto escolar con materiais de refugallo.

APUNTES:
5.1.-A materia.
5.2.-As mesturas. Métodos de separación.
5.3.-Os cambios físicos e químicos das materias.
5.4.-A luz e o calor (formas de enerxía).
5.5.-Comportamento da materia ante a enerxía.

1.-A materia: 
materia forma todo o que existe no universo. Todo o que nos rodea, e incluso o noso corpo, está formado por materia, que ten masa e volume. Pero na natureza, a materia non sempre se presenta no mesmo estado.
Os estados da materia:
En xeral, ao noso redor podemos encontrar a materia en tres estados sólidolíquido ou gasoso.
SólidoA materia en estado sólido, como o xeo, ten forma propia e ocupa sempre o mesmo espazo, é dicir, mantén o seu volume.

LíquidoA materia en estado líquido, como a auga, carece de forma propia, xa que adquire a do recipiente que a contén, pero mantén o seu volume. 

GasosoA materia en estado gasoso, como o vapor de auga, non mantén a súa forma, xa que se adapta á do recipiente que a contén, e tampouco mantén o seu volume.


TEMA 6 "A ELECTRICIDADE E O MAGNETISMO".
A mesma metodoloxía e avaliación co tema anterior.


No hay comentarios:

Publicar un comentario