lunes, 28 de marzo de 2016

Tema 6 A Industrialización

Ciencias Sociais 6º Curso:
Temporalización: 29 de marzo ao 22 de xuño 2016.

Dende finais do século XVIII ata o século XIX.( anos 1700-1899).
Tema 6 A industrialización.
1.-A revolución agrícola e industrial.
-As transformacións agrícolas:rotación de cultivos, fertilizantes,chegada de productos de América (patata, millo...)
-O nacemento da industria: novas máquinas como a de vapor. Melloras no transporte (ferrocarril).Fábricas, novas fontes de enerxía (carbón) e no s.XIX motores de gasolina (petróleo, coma en coches e avións).Aumento da mecanización, do transporte de mercadorías....
-O crecemento da poboación: mellor alimentación, aumento de poboación e éxodo do rural ás cidades.

2.-Unha nova organización económica e social.
-O capitalismo
-Nova organización social: nova sociedade de clases: A burguesía e a clase obrera (obreiros).Prodúcese novas desigualdades sociais e xurden novas organizacións obreiras: sindicatos e os partidos socialistas (critican o capitalismo e defenden un sistema baseado na igualdade social (revolución para por fin o capitalismo e implantar unha nova sociedade sin clases sociais (socialismo)).

3.-As cidades industriais.Características:novas actividades económicas e industriais, fábricas, comercio, finanzas, (bancos) transportes....Novos barrios, mellora de infraestructuras (ilumninación, sumidoiros, pavimento.Novos transportes (ferrocarril, tranvías, e o metro).Novos entretenementos (teatros, casinos, cafés, salóns de baile..)

4.-A industrialización española: foi débil, con retraso e lenta.Xa que a terra seguía en mans de poucos e grandes propietarios (nobles e burgueses).A xente seguía adicada a agricultura.Excepto no País Vasco (finais do XIX coa industria siderúrxica) e Cataluña coa industria textil a partires de 1830, e as minas de carbón de Asturias.
-A industrialización en Galicia.Cambios a final do s.XIX e comezos do s.XX na tradicional industria pesqueira. Pásase das salgaduras á industria conservera que xerou outras modificacións en outros sectores (barcos, portos,..). 
-Crecemento da poboación no s.XIX, menor ca en Europa polo lento proceso de industrialización, agricultura atrasada,alimentación deficiente, e expansión de enfermidades.Éxodo rural.
-Mantenemento da sociedade tradicional (nobreza).Nova burguesía agraria e industrial.Maioría poboación campesiña e nº obreiros son escasos excepto en Cataluña e País Vasco.

Século do Ferro e do Aceiro (e vidro): arte (enxeñeiros,arquitectos, novos edificios, a fotografía, o cinematógrafo (o cine)

O cine:xurde a finais do s.XIX. Aproveitaremos este arte para tratar o tema 6
A través do cine estudaremos esta etapa da historia, cos fragmentos do film Oliver Twist da novela de Charles Dickens, que reflexa e recolle dun xeito veraz o traballo infantil, as miserias, a delicuencia, o comezo da industrialización, da migración do campo a cidade, en definitiva a Inglaterra victoriana.







No hay comentarios:

Publicar un comentario