martes, 3 de marzo de 2015

Tema 4 A materia e os materiais

Tema 4 "A materia e os materiais"
4.1.- A materia
É todo aquilo que ocupa un espazo, é dicir, que ten masa e volume.

As propiedades xerais da materia: (son características que posúe toda a materia).
-A masa: é a cantidade de materia que ten un corpo. Mídese en quilogramos (kg) ou gramos (g).
Calcúlase coa balanza ou báscula.
-Volume: e o espazo que ocupa un corpo. Midese en litros (l) e en mililitros (ml).Utilízase para medilo recipientes graduados.

4.2.-Propiedades específicas da materia
Son aquelas que diferencian unhas materias de outras.Algunhas son:
-Dureza: resulta dificil raiar
-Fraxilidade: rompe con facilidade.
-Elasticidade:si despois de aplicar unha forza sobre ela, recupera a súa forma inicial.
-Densidade: é a relación entre masa e volume.
Por ex. un corpo afundese se é máis denso ca o líquido no que se encontra e flota se é menos denso ca ese líquido.

4.3.-Forzas por todas partes:
A forza é a interación entre dous corpos. Permite modificar o movemento dun obxecto, deformalo ou rompelo.As forzas producen distintos efectos.

4.4.-Os materiais
Ás materias que utilizamos para fabricar obxectos chamámoslle materiais. Para saber que material é o máis adecuado para cada uso fixámonos nas súas prpoiedades. Algunhas son:
-Conductividade térmica: paso de calor, electricidade, dise que é conductor.Impide o paso é illante.
-Opacidade ou transparencia: opaco si impide o paso da luz. Si deixa pasar é transparente ou traslucido (pouco).
-Impermeabilidade: se non permite o paso dun liquido a través del é impermeable.

Materiais na arquitectura:
-Formigón (cemento, area e auga), nas estructuras, cimentos, vigas,
-Ladrillos arxila: illantes
-Ventás: exteriores, cristais (transparentes, paso da luz)
-Madeira e cerámica: illantes interiores
-Tubaxes: plástico, cobre e outros materiais impermeables.

Proxecto Invernadoiro (Horto escolar)
Materiais para o invernadoiro: (pautas, ideas).
Madeira: (listóns) Ter en conta: tipo, grosor, medidas,precios, reciclado?, colocación e distribución
Barras de metal: materiais, Ter en conta: grosor, forma, medidas (aros, forma?)
Tubaxes de plástico, PVC, outros. (Forma de aros)
Plástico: grosor, (galgas), transparencia, medidas, tamaño, precios (kg)....

No hay comentarios:

Publicar un comentario