martes, 17 de marzo de 2015

Esquemas do tema 5 España na Unión Europea

Tema 5 " España na Unión Europea.
5.1.-España un Estado democrático:
España é un estado democrático de Europa. A lei fundamental do Estado español é a Constitución.

España é un estado democrático (quere dicir que os cidadáns elixen aos seus representantes políticos, poden ser repúblicas ou monarquías parlamentarias. Caracterízanse por ter: sufraxio universal, partidos políticos, respecto dos dereitos humanos e división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial).
Todas as persoas teñen os mesmos dereitos e deberes, todos somos iguais ante a lei (sen distincións por razóns de sexo, raza ou relixión). O "poder" reside no pobo que escolle libremente os gobernantes.

A Constitución española é a lei máis importante de España. Foi votado por tod@s os españois o 6 de decembro de 1978.
Segundo a Constitución o sistema de goberno é unha monarquía parlamentaria.O Rei é o xefe de Estado (agora é Felipe VI), o rei reina pero non goberna. O Rei:
-Representa o Estado español a nivel internacional.
-Axuda no funcionamento dos poderes do Estado
-Exerce o mando superior das Forzas Armadas.
-O seu cargo é hereditario.

A forma de goberno é a democracia ("poder do pobo"), é un estado de dereito (todos iguais) e o Estado ten a obriga de garantir o benestar dos seus cidadáns (=Estado social).

O pobo escolle aos gobernantes mediante o voto (maiores de 18 anos) cada catro anos. Nas eleccións vótase as candidaturas dos partidos políticos (ex: PP, PSOE, BNG; PODEMOS, IU, CIUTADANS e nacionalistas como CIU, ERC, BILDU, PNV, CC, CxG,...)

España ten unha organización territorial descentralizada. O territorio divídese en 17 Comunidades Autónomas e dúas Cidades Autónomas (Ceuta e Melilla)

          
O escudo e a bandeira son os símbolos de España.


5.2.- A división de poderes en España.

A Constitución española establece que os poderes do Estado están divididos en tres: o poder lexislativo, o poder executivo e o poder xudicial. O poder xudicial debe ser independiente dos outros dous poderes.

-O poder lexislativo exérceo o Parlamento (Cortes Xerais).Institución que representa ao pobo español. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados (350 deputad@s) e o Senado (266 senador@s) (escollidos cada 4 anos polos cidadáns maiores de 18 anos).
-O poder executivo exérceo o Goberno (aplicar as leis e gobernar) formado por: Presidente do goberno e ministros.
-O poder xudicial garante o cumprimento das leis. Os xuices e maxistrados exérceno nos xulgados e nos tribunais.
Xulgados (xuiz) de 1ª instancia (de 1ª solicitude nas cidades) e Tribunais de xustiza (maxistrado, xuiz maior rango): Tribunal Constitucional (Constitución, respecto) e o Tribunal Supremo (é o máis importante, recórrese a él cando non se está de acordo coa sentenza do xulgado).




5.3.- A organización territorial de España:
A Constitución española de 1978 estableceu as Comunidades Autónomas como forma de división territorial e de autogoberno descentralizado (Estatuto (leis), competencias de sanidade, educación,...).
Outras formas de división territorial máis antigas que as Comunidades son as provincias e os municipios.

5.3.1.-Comunidade Autónoma: é un territorio de España cunhas características xeográficas, históricas e culturais comúns. Teñen unha capital excepto Canarias que ten dúas. Hai dúas Cidades Autónomas: Ceuta e Melilla. Conta co:

*Estatuto de Autonomía: é a lei máis importante da Comunidade despois da Constitución. (están todas as competencias autonómicas, son aspectos sobre os que pode lexislar e gobernar (ex: educación, medioambiente, cultura, sanidade... ).

*Parlamento autonómico: asemblea dos representantes escollidos polo pobo (elaboran leis).

*Goberno autonómico: dirixe a Comunidade.Presidente e varios conselleiros.










No hay comentarios:

Publicar un comentario