jueves, 9 de abril de 2015

3º Trimestre C. Sociais 5º

Programación para o 3º trimestre
Nesta 3ª avaliación abordaremos a parte de Historia do temario correspondente a este curso.
Faremos unha sesións de introducción aos inicios da Historia (Prehistoria incluída) e as súas partes ou divisións, empregando recursos e estratexias como o cineclip, video e a metodoloxía das clases invertidas por exemplo, xa que coa LOMCE, temos que comezar o seu estudo dende a etapa das invasións musulmanas do Al-Andalus (unidade 6).
Nesta 1ª sesión realizarán un liña do tempo no caderno, de este tipo para unha mellor comprensión temporal das etapas da Historia.








Esta liña e máis completa:




Quedaría unha cousa así pero máis completa con algunha data ou acontecemento importante.



Proxecto Sociais Historia I:
1.-Tarea: (a realizar no caderno ou nunha cartulina, folla, etc..)
Crear, elaborar a liña do tempo das etapas da Historia con feitos máis destacados, empregando o manual de consulta, netbooks, ordenador da aula, enciclopedías, revistas, etc..(en dúas sesións máximo), dun empregando a aprendizaxe cooperativo (equipos cooperativos da aula).

2.-Búsqueda de información dunha etapa da Historia (elaborar fichas), grabación audio e video do traballo, apuntes, ficha, datos, e elaborar un video-titorial para aloxar no blog e presentar ao resto dos equipos cooperativos.(Xa o explicarei con máis detalle na clase, e os recursos, metodoloxía e os criterios de avaliación previstos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario