lunes, 25 de noviembre de 2019
Táboa Ecosistemas 5º Tema 2
Así podería ser a táboa dos ecosistemas terrestres e acuáticos. Empregando word, cores, ou no caderno podemos crear uns apuntes sinxelos e fáciles de comprender.(técnicas de estudo, xa comentadas na aula neste 1º trimestre).
viernes, 15 de noviembre de 2019
Tarefas T2 C. Natureza 5º
As tarefas programadas para a unidade 2 de c. da Natureza (dende o 15 de novembro ao 15 de decembro): Os ecosistemas, son as seguintes:
-Realizar no caderno o esquema do tema (ver páxs: )
-Rematar os apuntes do tema, ben desde o libro ou desde o blog (son 5 puntos)
-Elaborar unha táboa cos ecosistemas terrestres e acuáticos (explicado na aula), empregar cores, palabras claves ou simbolos ou pictogramas. (lenda). táboa con 7 filas e 6 columnas.
Fila 1: Ecosistemas/Temperaturas/Precipitacións-Chuvias/Vexetación/Fauna/Localización (que corresponden ás 6 columnas.
Fila 2: Deserto frío
Fila 3: Taiga
Fila 4: Bosque temperado
Fila 5: Sabana
Fila 6: Deserto cálido
Fila 7: Selva
Outra táboa cos ecosistemas acuáticos.Características.
-Actividades do libro no caderno a modo repaso.
-Boceto do proxecto sobre o ecosistema a traballar no equipo cooperativo.Reparto de tarefas, traballo grupal e creación cunha das ferramentas expostas na aula. Finalmente tocaría :plasmalo cunha app vista, un PPT, presentación e exposición.
-Revisión de cadernos e puntuación.(T1 e T2) nas primeiras semanas de decembro.
Proba escrita (neste caso será cunha app, cos IPADS, tipo test: resposta curta e múltiple, V ou F), alá polo mes de decembro (entre o 10 e 15).
-Realizar no caderno o esquema do tema (ver páxs: )
-Rematar os apuntes do tema, ben desde o libro ou desde o blog (son 5 puntos)
-Elaborar unha táboa cos ecosistemas terrestres e acuáticos (explicado na aula), empregar cores, palabras claves ou simbolos ou pictogramas. (lenda). táboa con 7 filas e 6 columnas.
Fila 1: Ecosistemas/Temperaturas/Precipitacións-Chuvias/Vexetación/Fauna/Localización (que corresponden ás 6 columnas.
Fila 2: Deserto frío
Fila 3: Taiga
Fila 4: Bosque temperado
Fila 5: Sabana
Fila 6: Deserto cálido
Fila 7: Selva
Outra táboa cos ecosistemas acuáticos.Características.
-Actividades do libro no caderno a modo repaso.
-Boceto do proxecto sobre o ecosistema a traballar no equipo cooperativo.Reparto de tarefas, traballo grupal e creación cunha das ferramentas expostas na aula. Finalmente tocaría :plasmalo cunha app vista, un PPT, presentación e exposición.
-Revisión de cadernos e puntuación.(T1 e T2) nas primeiras semanas de decembro.
Proba escrita (neste caso será cunha app, cos IPADS, tipo test: resposta curta e múltiple, V ou F), alá polo mes de decembro (entre o 10 e 15).
miércoles, 13 de noviembre de 2019
Resumo T2 A representación da Terra
TEMA 2 A REPRESENTACIÓN DA TERRA
2.1.- As coordenadas xeográficas.As coordenadas xeográficas son unhas liñas imaxinarias que se trazan sobre un globo terráqueo ou un mapa e serven para localizar puntos sobre a superficie terrestre. Clasifícanse por:
– Paralelos:
- Indican a latitude (distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o Ecuador).
- Son círculos imaxinarios que dividen a esfera terrestre en toros ou rodas.
- O paralelo principal ou 0º chámase Ecuador e divide a Terra en dúas partes: hemisferio Norte e hemisferio Sur.
- Indican a lonxitude (distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o meridiano de Greenwich).
- Son semicírculos imaxinarios que van do Polo Norte ao Polo Sur.
- O meridiano principal é o de Greenwich o 0º. l Serven para establecer as divisións dos fusos horarios.
Xogo para repasar as coordenadas xeográficas:
recursos educativos (coordenadas xeográficas)
2. Por que ocorre...
Todos os países temos a mesma hora?
Os fusos horarios creáronse para saber que horario lles corresponde aos distintos puntos do noso planeta:
– Que son os fusos horarios?:
- A Terra está dividida en 24 zonas ou fusos horarios.
- Os fusos horarios son liñas imaxinarias en forma de fuso de fiar.
- Todos os lugares situados nun mesmo fuso horario teñen a mesma hora.
- Os 24 fusos horarios coinciden cos meridianos.
- Cada fuso horario mide 15º de lonxitude e representa 1 h.
- A partir do meridiano de Greenwich súmanse (Leste) ou réstanse (Oeste) as horas.
3. Os mapas e os planos xeográficos
-Podemos representar a Terra en forma de esfera (globo terráqueo) ou sobre unha superficie plana (mapa).
-Os mapas planisferios plasman a Terra enteira ou parte dela.
-Os planos xeográficos representan con detalle un territorio pequeno.
-Cada mapa ou plano leva unha lenda cos símbolos, cores ou signos convencionais que se representaron nel.
-A escala dun mapa ou plano é o informe sobre cantas veces se reduciu unha superficie real para poder ser debuxada no mapa ou no plano. Pode ser:
- Numérica
- Gráfica
Segundo a información que conteñen os mapas, poden ser:
– Físicos: representan o relevo terrestre.
– Políticos: amosan a organización dun territorio.
– Temáticos: reflicten un aspecto ou feito concreto da realidade.
Un atlas é unha colección de mapas que poden ser de diferentes tipos e ter diferentes soportes.
Para ler un mapa é básico saber localizar e interpretar a información que contén.
5. Como é... O planisferio físico
O planisferio físico é o mapa de toda a superficie da Terra nun só plano onde se mostran as características físicas ou accidentes xeográficos.
6. Como é... O planisferio político
O planisferio político é a representación de todos os países do mundo nun só plano.

Para saber máis!!
Xeografia física A Terra:meridianos e paralelos
Repasamos océanos e continentes!!!
lunes, 11 de noviembre de 2019
Tema 2: Os ecosistemas
Tema 2 "Os ecosistemas"
1.1.-Que necesitamos para vivir:
Os elementos principais serían: a auga, o solo,o aire, os seres vivos, a luz solar,...
1.2.-Os compoñentes dun ecosistema
"Todos os elementos que nos rodean: o aire,a auga, a temperatura, a luz, o solo, os seres vivos, etc constitúen un ECOSISTEMA".
Compoñentes dun ecosistema :
-O medio físico aqueles elementos q non posúen vida.
-Os seres vivos aqueles elementos q posúen vida.O conxunto de seres vivos que poden reproducirse entre sí e ter descendencia fértil chámase especie. Os organismos dunha mesma especie constitúen unha poboación.
O conxunto de distintas especies forman unha comunidade.
1.3.- O papel dos seres vivos
-Os productores son os seres vivos que fabrican o seu propio alimento mediante a fotosintese.
(Plantas, algas, plantas acuáticas,..fabrican materia viva para outros.)
Pincha neste enlace e poderás ver: Mapa satelital da nasa muestra como as plantas brillan en todo o mundo: fotosintese
-Os consumidores son aqueles q se alimentan de outros seres vivos. Hainos primarios e secundarios.
-Os descompoñedores nútrense dos restos doutros seres vivos (transforman a materia orgánica en inorgánica, alimento para os productores). (Fungos, bacterias, miñocas, algúns insectos,..)
2.- As cadeas e as redes alimentarias..
2.1.-A relación que indica quen serve de alimento a quen nun ecosistema chámase cadea alimentaria ( é a relación lineal que...)
2.2.-Uns seres vivos aliméntanse doutros e son como elos ("eslabóns ") dunha cadea.
As distintas cadeas relaciónanse formando unha rede que se chama rede alimentaria.
2.3.-O equilibrio entre os seres vivos.
Nas redes alimentarias non falta nin sobra ningún grupo de seres vivos. A mínima variación deles pode alterar ou afectar ao demáis. Este equilibrio chámase equilibrio ecolóxico.
Os cambios graves nos ecosistemas pode alteralo e perder o equilibrio ata chegar a ocasionar a extinción de especies.
3. Tipos de ecosistemas:
3.1.- Ecosistemas terrestres:
Existen diferentes ecosistemas terrestres polas diferencias de luz, auga, solo, temperatura,....
-Deserto frío: Características: precipitacións moi escasas en forma de neve, temperaturas moi baixas, vexetación inexistente.Fauna: animais con moita grasa para combatir o frio.Vida depende do mar.
-Taiga: temperaturas baixas (só supreran os 0º no verán), precipitacións escasas en forma de neve, chuvia no verán.Bosques de abetos e piñeiros. Fauna: lobos, renos, lebres, (migran ou invernan)..
-Bosque temperado: temperaturas baixas en inverno e suaves en verán.Vexetación folla caduca a maioría e fauna variada que pode emigrar segundo a época (migracións).Exs: bosques de Galicia.
-Deserto cálido:temperaturas elevadas polo día e baixas de noite. Chuvias inexistentes, vexetación moi escasa, animáis adaptados.


-Sabana: temperaturas elevadas, chuvias escasas, (excepto época de chuvia), vexetación dispersa: herbas, arbustos, árbores, e fauna variada.
![]() |
Imaxe da sabana africana: rica fauna e vexetación dispersa |

-Selva: temperaturas elevadas, precipitacións abundantes todo o ano.Vexetación moi rica.Gran variedade de seres vivos.


4.- Ecosistemas acuáticos: dependen da cantidade de luz (profundidade), a temperatura, as substancias disolvidas na auga como osíxeno e sales mineriais.
Nos ecosistemas acuáticos existen organismos produtores, consumidores e descompoñedores, igual que nos ecosistemas terrestres.
Poden ser (dependen da cantidade de sales disolvidas):
-Auga doce: ríos, lagos. Moi ricos, moita luz, e por tanto riqueza de produtores.
-Auga salgada: mares, oceános. Luz ata os 200m, hai produtores e consumidores.Na profundidade só consumidores (non chega a luz)
A vida nos ecosistemas mariños: os seres vivos varían segundo a profundidade.
Tipos de ecosistemas mariños:
-Litoral: é a zona de transición entre os ecosistemas terrestres e os mariños (exs: acantilado, areal (praia), zona húmida costera).
-Superficie mar aberto: gran cantidade de seres vivos
-Nas profundidades dos mares( profundidade mariña ) ou oceános: viven poucos seres vivos, moitos descoñecidos. Restos de seres vivos no fondo.
5. Accións do ser humano no medio: (fomos deteriorando o medio cada vez máis)
Hai 10.000 anos a poboación humana non era moi numerosa, dedicábanse a cazar e recolectar froitos (hai maioría de animais e plantas), non se modificou o medio.
Hai 2.000 anos coa agricultura e gandería fixo que aumentase a poboación humana e se transformase o o ecosistema inicial.
Hai 200 anos apareceu a industria e segue a xerar residuos e contaminación. Accións negativas do ser humano sobre o medio natural.(Contaminación)
Existen solucións:
Os recursos da natureza esgótanse, desaparecen especies, pérdese biodiversidade, contaminación aire, auga, incendios,deforestacións, residuos,... Debemos reducir os efectos negativos que a nosa forma de vida ocasiona no medio.
Todos xuntos podemos desenvolver accións positivas (exs: as 3R= Reducir, Reutilizar, Reciclar,) repoboar
Dicionario científico
Fitoplancto: Microorganismos acuáticos que realizan a fotosíntese.
Organismos descompoñedores: Organismos microscópicos e fungos que se nutren dos restos doutros organismos e dos seus residuos.
Zooplancto: Pequenos organismos acuáticos consumidores que se alimentan de fitoplancto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)