Dende o 20 de novembro comezamos a traballar con mapas e planos de cidades, transporte, temáticos...Para elo, debedes traer a semana que ven un deles (un ou dous por equipos cooperativos )para profundizar e dar sentido ao tema 2 de c. Sociais dun xeito práctico, a representación da Terra (planos, coordenadas, etc). Dacordo?
Un exemplo de como facer unha ficha da nutrición das plantas a través das follas, empregando follas recollidas no parque do colexio. Bo recurso, xa que cada alumno realizou unha ficha, no seu caderno. Unha aprendizaxe máis vivencial e visual (creando o recurso).
Temporalización T2 Arepresentación da Terra
(Primeiros de novembro ata 23).
Vamos a empregar técnicas de estudo para recoller e plasmar estos apuntamentos nos vosos cadernos
Fixádevos (sobre todo no primeiro párrafo) e que cada un sexa capaz de elaborar os seus (recordade os colores e suraiado das palabras clave)
1.- As coordenadas xeográficas Son unhas liñas imaxinarias(paralelos e meridianos) que se trazan sobre un globo terráqueo ou un mapa e nos axudan a localizar un punto exacto sobre a superficie terrestre. 1.1.-Paralelosson círculos imaxinarios que dividen a Terra en hemisferio norte e sur (como rodas ou toros). O principal é o Ecuador, Trópico Cancro e Capricornio e os Círculos Polares. Latitude=distancia dun punto calquera da superficie terrestre ao Ecuador.Pode ser norte ou sur.
1.2.-Meridianos: son semicírculos imaxinariosque van do polo Norte ao Sur.O principal é o de Greenwich (0º).Mide a Lonxitude que é a distancia dende calquera punto da superficie terrestre ao meridiano 0º ou de Greenwich, pode ser Leste ou Oeste.
2.-Os fusos horarios: para crear un sistema de horario común. Son 24, é dicir cada unha das 24 partes en que se divide a Terra (360º:24 = 15 º equivalen a 1 hora).
3.- Os mapas e os planos xeográficos. É unha representación da Terra ou dunha parte dela.A cartografía é a ciencia que se encarga de elaborar planos. Globo terráqueo é unha representación total da Terra (con forma de esfera) Mapa: é unha representación plana da Terra ou parte dela.(mapas planisferios=físicos e políticos) e máis pequenos son os planos xeográficos (cidades,..) Lenda, símbolos (cada un dos elementos do mapa) tamén chamados signos convencionais
(habituais) (cores, liñas, puntos, flechas, círculos...) A escala numérica ou gráfica (redución do tamaño na súa representación)
4.-Tipos de mapas
-Físicos (representan as distintas formas do relevo terrestre)
-Políticos amosan a organización territorial.
-Temáticos reflicten un aspecto ou feito concreto da realidade.De moitos tipos (población, climáticos, económicos..)
-Atlas é unha colección d mapas de diferentes tipos e formato.
Para copiar no voso caderno.Debuxade os globos terráqueos coa seguinte información para recordar. Paralelos e Meridianos:
O resumo ou esquema do tema ben podería ser así: "O Universo e os Sistema Solar" 1.-O Universo.
-As estrelas:
-As galaxias. A nosa galaxia: a Vía Láctea.
2.- A Terra e o Sistema Solar.
-O Sol é a nosa estrela, unha xigantesca bola d gas moi quente e cun diámetro 100 veces maior ca Terra.Co seu calor e luz é posible a vida no noso planeta.
-Os planetas:deben o seu nome a divinidades romanas ou gregas. Temos os planetas interiores rochosos, sólidos e pequenos de densidade alta (Mercurio,Venus, Terra e Marte), os planetas exteriores: máis grandes, gasosos, (Xúpiter, Saturno), Urano e Neptuno de xeo tamén). Planetas ananos que inclúen:(Plutón),o asteroide Ceres, Eris, Makemake,Haumea,Sedna,.Fora de Neptuno está o cinturón de Kuiper e a nube de Oort.
-Outros corpos:Asteroides (grandes corpos rochosos ), satélites, cometas (xeo,po,rochas), meteoroides (anacos de asteroides ou cometas) e meteoritos cando baten coa a Terra.
3.-A Terra, o planeta azul
Formada hai 4650 millóns de anos. É un planeta rochoso, con forma de esfera achatada polos polos. 3.1.- A Terra no Universo:
-Teoría Xeocéntrica: creían antigamente que a Terra era plana, inmóbil e o centro do Universo.
-Teoría Heliocentrica no s.XVI,Sol centro do Sistema Solar e a Terra é os planetas xiraban ao redor do Sol.
3.2.-A Terra formada por 4 elementos:
-Sólido: rochas minerais é o conxunto de continentes chamado Xeosfera.
-Líquido: máis abundante conxunto de augas Hidrosfera.
-Gasoso mestura de gases, nitróxeno e osíxeno.Atmosfera
-Os seres vivos e a Biosfera.
3.3.-As capas da Terra.
-Codia: é a capa máis externa e delgada (rochas,continentes e fondo mariño)
-Manto: é a capa intermedia, temperatura elevada e rochas fundidas.
-Núcleo: é máis interna e de máis grosor.80% Ferro.como un imán.O planeta Terra exerce unha forma de atracción debido a gravidade.
4.- Movementos da Terra: (ten 5 movementos ( rotación, traslación, precesión, nutación y bamboleo de Chandler)ainda que só estudiamos dous).
-ROTACIÓN: movemento sobre o seu eixe.Orixina o día é a noite.Tarda 24 h en xirar sobre si mesma (un día).A sucesión do día é a noite débese ao movemento de rotación.
Móvese de oeste a leste, no sentido oposto ás agullas do reloxo.
O Leste chámase Levante por onde sae o Sol e Poniente ao Oeste, por onde se pon.
Os científicos crearon unhas liñas imaxinarias para coñecer mellor os movementos da Terra e son: o Ecuador que divide a Terra en dúas partes ou hemisferios norte e sur. O eixe terrestre é unha liña que atravesa a Terra de norte a sur, e está lixeiramente inclinado por iso a duración do día e a noite varían ao longo do ano.Os extremos do eixe son Os polos norte e sur.
5.-A Terra xira ao redor do Sol. Movemento de TRASLACIÓN, é ao redor do Sol constantemente seguindo unha órbita elíptica case circular.Tarda 365 días 6 h. e 9 minutos.
Debido a inclinación da Terra polo seu eixe orixinanse as estacións é os raios de Sol,caen de xeito diferente e por tanto a súa intensidade e diferente.(raios oblicuos en inverno, máis perpendiculares en verán ten os días máis longos).
6.- A Lúa É o único satélite da Terra. Realiza dous movementos rotación e traslación (sobre si mesma e sobrea Terra, e tarda o mesmo tempo, 28 días). É iluminada polo Sol de aí as diferentes fases lunares ou caras.
A lúa inflúe na Terra, coas mareas pola forzar de atracción q exerce o Sol é Lúa cuando están aliñados con Terra.
-Eclipsesé a ocultación total ou parcial da Lúa o ou do Sol vista desde a Terra.
Eclipse Solar:
Video sobre os movementos da Terra.
Outras curiosidades: diametros, distancias e un noveno planeta??
Mañan 4 de novembro do 2017, fai 60 anos do envío a órbitar no espazo a cadela atopada na rúa, Laika, que pesaba 6 kilos, branca, sen raza, e que sería o primeiro ser vivo en viaxar ao espazo.Morreu nada máis despegar debido a unha subida d temperatura, e fallar o sistema de refrixeración (máis de 40 graos), e finalmente a nave Sputnik II acabaría desintegrándose aos 6 meses,dando varías miles d órbitas a Terra tamén.
Clica aquí: Nova sobre Laika