As probas escritas dos temas 1 de: o venres 10, será o de Ciencias Sociais e o martes 14 de novembro o de Ciencias da Natureza..
martes, 31 de octubre de 2017
viernes, 27 de octubre de 2017
jueves, 26 de octubre de 2017
TEMA 1 AS PLANTAS: Resumo
Aquí tedes en imaxes o resumo dos contidos da unidade 1: As plantas.
As ideas principais e as palabras clave.
1.-Clasificación de las plantas:
-Plantas con flores: Ximnospermas (sen froitos e con sementes) e Anxiospèrmas (con froitos)
-Plantas sin flores.
2.-A nutrición:


Partes dunha flor hermafrodita (con estames e pistilo, con órgano masculino e feminino)
As ideas principais e as palabras clave.
1.-Clasificación de las plantas:
-Plantas con flores: Ximnospermas (sen froitos e con sementes) e Anxiospèrmas (con froitos)
-Plantas sin flores.
2.-A nutrición:

Partes dunha flor hermafrodita (con estames e pistilo, con órgano masculino e feminino)
5.-Relación das plantas co contorno: Movementos das plantas
Tropismos e nastias
martes, 24 de octubre de 2017
TEMA 1: AS PLANTAS (5º)
TEMA 1: AS PLANTAS:
Esquema ou guón da unidade.(Posible data da proba escrita 1ª ou 2ª semana de novembro).

3.-A REPRODUCIÓN das plantas: A reproducción SEXUAL:
Conclusión: Por tanto, podemos dicir que:
Esquema ou guón da unidade.(Posible data da proba escrita 1ª ou 2ª semana de novembro).
- 1. Características das plantas (enlace ao libro dixital)
- 1.1.-Partes dunha planta.
- 1.2.-Clasificación das plantas:
- Plantas con flores: Anxiospermas e ximnospermas.
- Plantas sen fores: Fentos e musgos.
- 2. A nutrición das plantas: fotosintese.
- 3. A reprodución sexual das plantas.
- 4. A reprodución asexual nas plantas
- 5. A relación das plantas co contorno.
1.-CARACTERÍSTICAS das plantas:
Existe unha gran variedade de plantas. Todas teñen en común que fabrican o seu propio alimento, pero o seu aspecto pode ser moi distinto porque depende do medio no que viven.
1.1.-Partes dunha planta:
A maioría das plantas posúan raíz, talo e follas.
-Raíz. É o órgano que fixa a planta ao solo. Absorbe a auga cos sales minerais disolvidos e, en ocasións, tamén serve como almacén de substancias.
-Follas. Son os órganos que captan a luz do sol e o dióxido de carbono. Xunto coa auga e os sales minerais do solo, utilízanos para fabricar o alimento.
-Talo. É o órgano que sostén a planta e comunica as súas distintas partes a través de dous tipos de condutos:
- Os vasos leñosos conectan as raíces coas follas.
- Os vasos liberianos conectan as follas con toda a planta.
Ademais de raíz, talos e follas, moitas plantas posúen tamén flores, froitos e sementes. Estes órganos sérvenlles para reproducirse, e coñecelos permítenos clasificalas en dous grupos:
1.2.1.-Plantas con flores: reprodúcense mediante sementes.
a) Anxiospermas: Teñen froitos e no seu interior hai sementes. Ex. foto debaixo: maceira
( as sementes se atopan no interior dos froitos).



b) Ximnospermas: Non teñen froitos, pero si sementes. Ver foto debaixo, ex: piñeiro (as piñas non son os froitos, no interior están as sementes, os piñons).




(non teñen froitos pero si teñen sementes)

1.2.2.-Plantas sen flores: non producen sementes. Reprodúcense mediante esporas
Os fentos posúen raíces, follas e condutos polos que circula o zume, e os musgos, en cambio, non.
Exs:
Fentos:Teñen raíces, follas e condutos.
Musgos: Non teñen raíces, follas nin condutos.
2.- A NUTRICIÓN:
As plantas, como os demais seres vivos, necesitan alimento e enerxía para crecer, e obtéñenos mediante a nutrición. Nas plantas, a nutrición ten dúas fases:
- Fabricación do seu propio alimento nas follas mediante un proceso que se chama fotosíntese. Neste proceso despréndese osíxeno.
Na fotosíntese as plantas utilizan auga, sales minerais, dióxido de carbono e a enerxía da luz do sol captada mediante a clorofila, unha substancia de cor verde que está nas follas. - Obtención de enerxía. As plantas respiran. Ao respirar toman o osíxeno do aire a través das follas. O osíxeno do aire e os alimentos que se fabricaron na fotosíntese únense e prodúcese enerxía. Neste proceso despréndese un gas, dióxido de carbono.
Repasamos a nutrición (=alimento,fotosíntese + enerxía), consiste en fabricación do seu propio alimento e obter enerxía:
a) Función nutrición:
- As plantas absorben dióxido de carbono a través duns poros das follas chamados estomas.
- As raíces absorben do solo auga con sales minerais disoltos. Esta mestura constitúe o zume bruto. O zume bruto ascende cara ás follas a través dos vasos leñosos.
- Nas follas prodúcese a fotosíntese. Nelas o zume bruto e o dióxido de carbono transfórmanse en alimento grazas á luz solar. Neste proceso despréndese osíxeno.
- O alimento forma o zume elaborado. O zume elaborado distribúese por toda a planta a través dos vasos liberianos. Así, a planta crece.
b) Obtención de enerxía
b) Obtención de enerxía
Tanto de día como de noite as plantas necesitan enerxía. Para iso utilizan os alimentos que produciron e o osíxeno do aire.
Neste proceso, chamado respiración, despréndese dióxido de carbono.
A conclusión sería:
- As plantas obteñen o alimento para crecer e vivir mediante afotosíntese. Neste proceso libérase osíxeno.
- As plantas obteñen enerxía mediante a respiración. Neste proceso despréndese dióxido de carbono.
3.-A REPRODUCIÓN das plantas: A reproducción SEXUAL:
As plantas poden reproducirse de forma SEXUAL mediante a unión dun gran de pole e un óvulo. Este tipo de reprodución é diferente segundo a planta teña ou non teña flor e, nela, a nova planta é similar aos seus proxenitores.
3.1.-Plantas con flores:
1.1.-Flores hermafroditas:
A flor é o órgano reprodutor da maioría das plantas. En moitas plantas, as flores teñen pistilo, que é o órgano reprodutor feminino, e estames, que son os órganos reprodutores masculinos. Este tipo de flores, como as da amendoeira, chámanse flores hermafroditas (teñen os dous órganos).
Nestas flores o pole dos estames e os óvulos do pistilo non se desenvolven á vez. Por iso, para que teña lugar a reprodución, o pole dunha flor ten que chegar ao pistilo da flor doutra planta. Este proceso, chamado polinización, prodúcese grazas a que o vento e algúns animais, como os insectos, transportan o pole.
Unha vez no pistilo da flor, o pole chega ao ovario e únese a un óvulo. Tras a unión, chamada fecundación, o ovario transfórmase nun froito e o óvulo fecundado, nunha semente.
Cando a semente cae ao chan e xermina dá lugar a unha nova planta.
1.2.-Flores masculinas ou femininas:
Nalgunhas plantas, como a aciñeira, os órganos reprodutores masculinos e femininos están en flores distintas, é dicir, existen flores masculinas e flores femininas.


3.2.-Plantas sen flores:
Por exemplo os fentos e musgos non teñen flores, a fecundación ten lugar no exterior, é dicir, fóra da planta.
O fento: posúe uns pequenos avultamentos (saquiños), chamados soros, que producen miles de esporas. Cando as esporas caen ao chan húmido, xerminan e forman un pequeno órgano. Nese órgano terá lugar a fecundación e orixínase unha nova planta (fento).
![]() |
Fento reprodúcese por esporas que están nos soros (saquiños). |
4.-A REPRODUCIÓN ASEXUAL das plantas:
Algunhas plantas tamén poden reproducirse de forma ASEXUAL a partir dun fragmento delas mesmas (obtense unha copia idéntica).Exemplos dos diferentes fragmentos:
Tubérculos (= talo subterráneo, ex: patacas, remolacha..)
Rizomas (= talo subterráneo, ex: grama, lirio..)
Bulbos (= follas modificadas,formado por capas.Ex: cebolas, allo, tulipán..)
Estolóns (= talo superficial, ex: amorodo..)
Escallos (= fragmento de talo, ex: vide, xeranio, hortensia..)



5.-Relación das plantas co entorno (o medio).
As plantas relaciónanse co medio que os rodea e tamén reaccionan ante certos estímulos como os cambios no medio. Así, as variacións ambientais de luz, de temperatura e de humidade inflúen nos seus ciclos vitais.(ex: coas estacións do ano).
As plantas móvense:
As plantas reaccionan ante certos estímulos de dúas maneiras:
5.1.-Mediante movementos que implican crecemento: Tropismos
Tropismos:
-Fototropismo (as plantas crecen cara á luz).
-Gravitropismo (raíz cara abaixo e o talo, cara arriba).
-Hidrotropismo (raices cara ás zonas húmidas)
5.2.-Mediante movementos que NON implican crecemento: Nastias
Nastias:
-Fotonastia (oriéntanse cara ao Sol, ex: xirasoles)
-Tigmonastia (Ex: plantas carnívoras, abren o cerrar as follas)
-Termonastia (Ex: os tulipáns ábrense ou cérranse dependendo da temperatura).
![]() |
Conclusión: Por tanto, podemos dicir que:
As plantas reaccionan ante a luz, o contacto, a gravidade, a humidade, o número de horas de luz e a temperatura.
lunes, 23 de octubre de 2017
Educación medioambiental.Contaminación
O plástico, vídeo para ter en conta á hora de empregalo.
Video A era do plástico (Equipo de Investigación da Sexta)
Video A era do plástico (Equipo de Investigación da Sexta)
domingo, 22 de octubre de 2017
Curiosidades: plantas e Froitos exóticos
Pitahaya, Escaramujo,Fisalis,...son algúns dos froitos exóticos que estanse a cultivar na nosa Comunidade ou no norte de España. Poseen numerosas propiedades para a saúde.Si queredes saber máis, pinchade nos enlaces.
Pitahaya
Escaramujo
Fisalis
Pitahaya
Escaramujo
Fisalis
viernes, 20 de octubre de 2017
Noticias do Universo
Nos dous enlaces, podemos coñecer un pouco máis dos asteroides e o recente paso preto da Terra, así coma das distancias entre planetas e o Sol.
Asteroides
Distancia entre a Lúa e a Terra
Asteroides
Distancia entre a Lúa e a Terra
domingo, 15 de octubre de 2017
T1 AS PLANTAS
Esta imaxe interactiva agocha información sobre as plantas: características, partes dunha planta (raiz, talo e follas), nutrición (fotosintese) e respiración, clasificación (con flores e sen flores)...
Serve para completar os vosos apuntamentos e estudar tamén.
sábado, 14 de octubre de 2017
Proxecto Os planetas.
O seguinte vídeo recolle o traballo dos grupos cooperativos sobre o proxecto dos planetas.Nel pódese intuir o emprego das metodoloxías activas que vimos utilizando desde comezos do curso.
viernes, 13 de octubre de 2017
Aprendemos construíndo: Os planetas
Grazas as novas tecnoloxías e as apps coma esta, podemos levar a cabo un proxecto coma o dos planetas e o Universo, empregando FERRAMENTAS e dinámicas de metodoloxías ACTIVAS dunha maneira manipulativa (construcción), colaborativa (Traballo cooperativo), respetuosa co medio ambiente (empregamos materiais de refugallo), divertida, e sobre todo que aprendemos FACENDO.
Proxecto feito por Ilduara,Jorge S., Eugenia, Uxío, Jorge M., (equipo "CIAROCKETS")
jueves, 12 de octubre de 2017
A Terra.
Tema 1: A Terra.
A partires da imaxe da Terra e do seu satélite, a Lúa, podemos coñecer e estudar un pouco máis sobre o noso planeta. Tocade nos puntos da imaxe e veredes o q esconde.
A partires da imaxe da Terra e do seu satélite, a Lúa, podemos coñecer e estudar un pouco máis sobre o noso planeta. Tocade nos puntos da imaxe e veredes o q esconde.
domingo, 8 de octubre de 2017
Tema 1 O universo
Imaxe interactiva feita con unha apliación moi interesante: Thingkink.
Podedes atopar información agochada nesta imaxe da Lúa sobre o Universo e os Planetas correspondente ao tema 1 de C.Sociais de 5* de Primaria.
Podedes atopar información agochada nesta imaxe da Lúa sobre o Universo e os Planetas correspondente ao tema 1 de C.Sociais de 5* de Primaria.
jueves, 5 de octubre de 2017
Esquema Tema 1 As Plantas
Aquí tedes o esquema resumo das Plantas (tema 1 de C.da Natureza de 5*) feito por Vanesa e q compartiu con nos e que aproveito para publicar neste blog (axudarannos á hora de elaborar os nosos apuntamentos da unidade).Moitas grazas Vane!!!
A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)